| O 17 de decembro faleceu o camarada Kim Jon Il, máximo dirixente e líder do Partido do Traballo de Corea, da República Popular Democrática de Corea e do pobo de Corea. O seu deceso concita diversos comentarios e especulacións maliciosas das axencias de noticias reaccionarias e imperialistas e, inclusive, as maquinarias de guerra do Xapón, EUA e Corea do Sur están en “máxima alerta”, e claro, como é costume, non só os abertamente reaccionarios e imperialistas verten o seu veleno, tamén os falsos esquerdistas e falsos anti-imperialistas elevan a voz para se referiren ao falecemento do camarada Kim Jong Il como a morte dun “ditador”, dun “stalinista”. Para os comunistas nunca foi unha ofensa, ás avesas, é unha honra que nos nomeen “stalinistas”. Todos con morbosa expectación buscan “signos de descontento popular”, para así reafirmaren os seus reaccionarios designios e, definitivamente, xustificaren até unha agresión militar imperialista.
Para quen, desde o marxismo-leninismo, asumimos a loita pola liberación nacional, pola democracia popular e o socialismo, o falecemento do camarada Kim Jong Il é motivo de verdadeiro e profundo pesar. Corea Popular, baixo a súa dirección, soubo encarar as manobras agresivas do imperialismo ianqui e dos monicreques de Corea do Sur, sempre procurou o apoio e apoiou a quen ousaban camiñaren cos seus propios pes e usaren as súas propias cabezas, a quen non se someten á hexemonía imperialista. Son moitos os combates resoltos e en todos os terreos nos cales a RPDC, so dirección do camarada Kim Jong Il, deu mostras de dignidade e valor, e de estar a carón dos que loitan e defenden a autodeterminación, o anti-imperialismo e o socialismo.
O camarada Kim Jong Il, amosando unha grande coraxe revolucionaria e internacionalista, non se deixou abater pola traizón revisionista que restaurou o capitalismo na ex URSS e nos demais países da Europa do Leste. Polo contrario, con apego científico e ardor revolucionario, cualificouna de traizón á clase obreira, aos pobos e ao socialismo, defendendo con total clareza que a causa principal radicaba en que os dirixentes deses países se afastaron e renegaron da clase obreira, de Marx, Engels, Lenin e Stalin.
Nestes momentos só podemos unirnos á dor dos traballadores e do pobo de Corea, e xunto a eles, honrarmos a memoria do camarada Kim Jong Il, sendo fieis loitadores pola autodeterminación dos pobos, pola soberanía nacional, polo socialismo, só así poderemos impor a verdade dos traballadores e dos pobos sobre as manipulacións, falsificacións e mentiras dos reaccionarios e imperialistas, só así venceremos!
Honra e gloria ao camarada Kim Jong Il!
Eduardo Artés, Primeiro Secretario do Partido Comunista Chileno (Acción Proletaria) 18 de decembro de 2011 |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.