Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Polémica entre o KKE e o PCE: Marxismo-Leninismo Vs. Reformismo
08/12/2011

Unha análise do KKE sobre o último proceso electoral que tivo lugar no Estado español, publicada o 22 de novembro no xornal do Partido Rizospastis, en que se denunciaba o papel procapitalista da coalición Esquerda Unida (e do PCE), encetou un máis que necesario debate entre as posicións revolucionarias que representa a ideoloxía marxista-leninista e as posicións reformistas dos que hai tempo optaron por seren parella de baile das forzas da oligarquía.

Que sexa o KKE o protagonista deste combate ideolóxico co reformismo do PCE/EU é sumamente importante. Ataques deste estilo, deste posicións coherentemente comunistas, téñense producido decote, máis ao partiren de organizacións pequenas cuantitativamente, o PCE/EU case nunca se molestou en responder, nun exercicio de minusvaloración do opoñente ideolóxico. Mais nesta ocasión, cando os ataques proceden do partido comunista con maior forza de Europa, o PCE/EU non tivo outra que entrar no debate. Os seus xa cansos argumentos contra as organizacións que están á súa esquerda (marxinais, illados, etc.) para evitar o debate, non lle serven nesta ocasión, cando é o KKE, organización cunha implantación e organización moi superiores ao PCE/EU, quen lle di con toda clareza o auténtico papel que está a xogar.

Reproducimos o extracto da reflexión que o KKE fixo das pasadas eleccións onde aparece o ataque ao PCE/EU, a réplica destes e a contrarréplica grega.

Rizospastis. 22 de novembro de 2011:

“... Esquerda Unida (EU) (unha coalición do Partido Comunista con outras formacións máis pequenas como os Ecoloxistas, Iniciativa per Catalunya, que participa no partido Verde Europeo) conseguiu 6,9% (+3,15%) e 11 escanos. Este partido atropou tamén votantes coa ilusión dunha mellor xestión do sistema capitalista...”

2º Carta de EU e o PCE ao KKE

Att. Aleka Papariga, Secretaria Xeral do Partido Comunista de Grecia

Querida camarada:

Limos con preocupación no voso xornal “Radical” de data 22 de novembro as análises dos resultados electorais de España onde afirmades que conseguimos votos coa ilusión dunha mellor xestión do sistema capitalista.

Ao noso xuízo, esa apreciación é errónea e non se corresponde en absoluto co discurso e o programa anticapitalista que defenderon os nosos candidatos e candidatas e o conxunto das e dos afiliados de EU.

Axuntámosche o programa agardando que indiquedes en que parte do mesmo defendemos unha mellor xestión do capitalismo.

En calquera caso, para EU e o PCE, no marco da actual crise provocada pola depredación capitalista que acoso os dereitos conquistados polas persoas traballadoras en todo o mundo, é tempo de unidade da esquerda consecuente para conseguirmos converxer na alternativa para o Socialismo do século XXI.

É por iso que, malia a descualificación de EU aparecida no voso xornal, seguiremos a manter co voso partido relacións bilaterais fraternais ao vos considerar parte indiscutíbel da esquerda anticapitalista. Poñémonos tamén á vosa disposición de desexardes ter un encontro bilateral en Atenas ou Madrid nas próximas datas.

Reiterámosche a nosa solidariedade co pobo grego sometido a un golpe de Estado promovido polos mercados coa complicidade da socialdemocracia, a dereita e ultradereita grega.

O noso éxito electoral porase ao servizo da colaboración e coordinación internacional necesaria para nos mobilizarmos contra o capitalismo na súa actual fase de barbarie organizada.

Ao facerdes pública a vosa valoración negativa do noso programa electoral procederemos a reproducir o voso artigo traducido ao castelán e a resposta que vos enviamos a través desta carta.

Do mesmo xeito e se así o considerades, gustaríanos que reproducirades esta carta no voso xornal “Radical”.

Agardando a vosa resposta, aproveitamos para vos enviar un saúdo no nome de Esquerda Unida e do Partido Comunista de España  co rogo o fagas extensivo a todos os teus camaradas.

Willy Meyes, Responsábel de Internacional de EU
Maite Mola, Secretaria Internacional do PCE

 
3º Carta do KKE ao PCE/EU. 5 de decembro de 2011

Ao Partido Comunista de España e a Esquerda Unida

Camaradas;

Lemos a súa carta que xa publicaron e na cal se preguntan en que se basea a estimación do artigo do noso xornal, Rizospastis, publicado o 22 de novembro, sobre as eleccións recentes en España, que mencionaba que "A Esquerda Unida atrapou os votantes en ilusións dunha "mellor xestión" do sistema capitalista".

É certo que a propia participación do Partido Comunista de España na presidencia do chamado "Partido da Esquerda Europea" que aceptou nos seus documentos fundacionais a protección dos "principios da UE" e se basea en posicións que defenden a xestión do capitalismo, contesta a iso.

Con todo, despois da súa carta é necesario expor algúns asuntos básicos citando só algúns extractos dos moitos que se poden atopar no programa electoral da "Esquerda Unida" que documentan e xustifican esta crítica concreta do artigo do noso xornal.

Máis en concreto, no programa da EU:

Non se menciona en absoluto como condición para o benestar do pobo o derrocamento do poder do capital e a construción do socialismo. Ao contrario, fomenta unha serie de ilusións de que dentro da vía de desenvolvemento capitalista pode existir unha saída da crise que sexa a favor do pobo.

O obxectivo da "boa xestión" do sistema declárase claramente na páxina 6 do programa: "non renunciamos á xestión do inmediato". Estratexicamente isto documéntase na páxina 18 mediante a "construción dun novo modelo produtivo", que se basea, sempre, nas antigas e anticuadas relacións de produción explotadoras capitalistas. Na páxina 6 exponse o obxectivo non do derrocamento do capitalismo senón da "superación do modelo social, político e cultural actual dominado polo neoliberalismo". Noutras palabras, o seu enfoque ao problema céntrase nunha forma de xestión do capitalismo (o neoliberalismo) e ponse a favor doutra, supostamente de mellor xestión. Isto é, para falar sen preámbulos, o núcleo do programa da EU que remite á xestión socialdemócrata.

- Promóvese a idea que o Estado capitalista pode ser un escudo para os dereitos da clase obreira e do pobo. Contra a propia realidade que demostra que o Estado capitalista é clasista, serve os monopolios e máis aínda en condicións de liberalización do capital promove decisivamente a barbarie nas relacións laborais, os salarios, golpea todos os dereitos obreiros. No marco do embelecemento do Estado capitalista, o programa menciona na páxina 22: "Propomos o Estado Social Participativo que, mantendo a centralidade do público, promova o interese colectivo, a equidade e a solidariedade".

Na mesma liña: "O Estado debe reequilibrar o mercado, non só corrixilo". É dicir, foméntase a utopía de que a economía capitalista, o sistema capitalista podrecido e a súa anarquía presuntamente poden ser controlado, é posíbel chegar a un “equilibrio” e que os obreiros se beneficiarán diso. Este chamamento crea, sen dúbida, confusións aos traballadores, obstaculiza o esforzo de radicalización e leva á incorporación de forzas populares nos plans das forzas do capital.

Na páxina 7 exponse o obxectivo de: "Crear emprego desde o público, porque hoxe as empresas teñen moitas dificultades para crealo sen axuda". Mentres que a clase obreira é levada á pobreza e á indixencia o programa da EU expresa a súa ansiedade sobre as "moitas dificultades" que teñen os capitalistas e basicamente lexitima os seus pedidos de diñeiro quente do Estado como apoio que constitúe un vehículo para os recortes ou a eliminación de subsidios de paro no nome da subvención do traballo que é un principio da Unión Europea, da que a EU é un defensor firme.

Ademais, non debe de haber ningunha dúbida en canto ás relacións laborais que se aplicarán no emprego como se declara na páxina 7 cos termos que utiliza a Unión Europea e a Asociación dos Industriais: "redistribuír e racionalizar o emprego existente". Todo isto para a clase obreira significa que a EU dá luz verde aos horarios flexibles de traballo, á abolición dos convenios colectivos e a xeneralización do traballo a tempo parcial.

-Reprodúcese a percepción burguesa e oportunista de que a crise capitalista é unha crise de débeda, pero a causa da crise é a sobreacumulación de capitais. A débeda preséntase como un problema que deben tratar a clase obreira e o pobo, polo cal a plutocracia leva a responsabilidade e debe pagalo.

Así, de modo enganoso sostense que os pobos poden gañar algo da renegociación da débeda e da emisión de bonos pola Unión Europea (p. 18). Non é isto unha "receita" de xestión para os impases do sistema capitalista? No entanto, o pobo grego ten xa unha experiencia amarga dos préstamos que está chamado a pagar tal como sucedeu co coñecido recorte do 50%, así como coa proposta de sectores da plutocracia de emisión de bonos pola UE.

-O seu programa está firmemente orientado ao apoio da UE imperialista, que é un inimigo dos pobos, e formula a preocupación para a súa salvación e "corrección", non para a súa disolución. Refírese a "un cambio completo no modelo da construción europea" (p.17) e menciónase: "Comprometémonos a cambiar substancialmente a actual Política Exterior" da UE" (p.82) sen cuestionar, nin sequera por un só momento, esta unión interestatal imperialista e, moito máis, sen mencionar a necesidade de retirada de todos os países desta.

De feito, lexitímanse plenamente os criterios de Maastricht e dos pactos de estabilidade que son a panca para a promoción da política antiobreira mediante a proposta de "aumentar o prazo para reducir o déficit ao 3% ao 2016" (p.17). Declárase a lealdade aos criterios que establece o gran capital para reducir aínda máis o prezo da forza de traballo.

Menciónase que: "A Unión Europea debe proceder á compra de débeda soberana dos países membros e emitir bonos propios até onde sexa necesario para impedir a especulación" (p.18). É dicir, foméntase a lóxica de que a UE pode adquirir un carácter pro-popular e que a través desta hai unha saída da crise que pode beneficiar á clase obreira e os sectores populares pobres.

Ao mesmo tempo, é ben sabido que a Unión Europea foi creada polos gobernos burgueses por unha banda para defender os monopolios europeos na súa concorrencia internacional cos monopolios norteamericanos, rusos, xaponeses, chineses etc., e, por outro, para explotar con maior intensidade e de maneira coordinada aos traballadores, protexendo ao poder burgués con novos mecanismos políticos e represivos. Esta é a Unión Europea, unha unión que serve os monopolios! Non se corrixe por dentro porque os monopolios son a súa célula e o poder burgués a súa columna vertebral.

A única perspectiva a prol do pobo para os traballadores é a retirada dos países desta unión e o establecemento do Poder Popular que conducirá á socialización dos medios básicos de produción, á planificación central e ao control obreiro. Soamente este poder pode salvar ao pobo da enorme débeda pública para a cal non ten ningunha responsabilidade. O seu programa chama á Unión Europea a establecer unha excepción á liberdade dos movementos de capitais entre os Estados membros e os paraísos fiscais (p.12). É dicir, non se opón en xeral á liberdade do movemento de capitais (un principio básico do Tratado de Maastricht que o PEE e a súa presidencia, na que participa o Partido Comunista de España, apoian) senón que pide excepcións á regra xeral que, por suposto, mantense válida e é unha ferramenta en mans do capital para esmagar os logros e os dereitos dos traballadores e do pobo. Estas propostas tamén son propostas de xestión e non de derrocamento da barbarie capitalista.

-De feito, o seu programa exonera o capitalismo e promove a idea que o capital e o seu poder que se basean na explotación capitalista poden ser presuntamente "morais" e "xustos". Que máis pode ser a posición seguinte (p.51) se non unha descrición dunha suposta "boa xestión" do capitalismo?: "No caso de que se inicien procesos de privatización EU comprométese a loitar contra eles en colaboración cos sindicatos e movementos sociais, esixindo que esta decisión se adopte, polo menos, con transparencia e de forma democrática coa participación efectiva dos cidadáns afectados" así como na páxina 81 o obxectivo de: "Que nos acordos comerciais da UE se esixa de forma real o cumprimento dos Dereitos Humanos". É dicir, privatizacións, acordos comerciais capitalistas con ética e con transparencia, un "capitalismo moral", que segundo o programa da EU e as posicións do PEE é posible.

Camaradas;

O anteriormente mencionado é só unha mostra das posicións que confirman a crítica do xornal do KKE. Estas posicións non teñen nada que ver coa loita polo derrocamento do poder capitalista; ao contrario, proporcionan unha coartada ao capitalismo, fomentan ilusións e ofrecen servizos para a súa perpetuación, sobre todo nun período no que cada vez máis obreiros, traballadores, danse conta das súas impases e buscan unha saída da barbarie capitalista. Esta saída non pode ser o chamado "Socialismo de século XXI" que constitúe unha negación do socialismo científico, do poder obreiro, da socialización dos medios de produción e da planificación central, e en esencia trátase dun capitalismo humanizado que é imposible existir.

Por último, na súa carta dirixida ao noso Partido mencionan que "xa é a hora de unidade da esquerda consecuente co fin de converxer". A liña socialdemócrata de xestión dun capitalismo humanizado, a negación do socialismo construído no século XX mediante posicións anti-científicas, que carecen de base histórica, son a base ideolóxica e política da chamada "unidade da esquerda". Estas posicións pon obstáculos na loita de clases, na concentración de forzas sociais e populares contra a vía de desenvolvemento capitalista. E isto ocorre nunhas condicións nas que a actividade coordinada conxunta da clase obreira, dos traballadores autónomos, dos campesiños pequenos e medianos, das mulleres e da mocidade é imprescindible para fortalecer a alianza popular e a loita polos intereses dos traballadores, polo derrocamento do poder dos monopolios.

Esta liña foi confirmada, ademais, pola nosa experiencia, polo desenvolvemento da loita de clases en Grecia onde, como é sabido, co papel protagonista do PAME organizáronse máis de 22 folgas xerais, numerosas confrontacións clasistas de varias formas baixo consigna "sen ti non se move nin sequera unha engrenaxe, os obreiros poden prescindir dos patróns", centrando a atención na organización da loita nas fábricas, nos centros de traballo.

Camaradas;

Respondendo á súa petición, imos publicar no noso xornal, o Rizospastis, a súa carta e a nosa resposta para que os traballadores se informen das posicións do seu partido e para que saquen as súas propias conclusións.

Sección de Relacións Internacionais do C.C. do KKE
5 Comments:
  • At 12/08/2011 04:10:00 da tarde, Anonymous Viva o KKE! said…

    Maxistral a exposición do KKE. Xa ía sendo hora de que un gran PC lle dixese a esta xentuza todo isto, e que éstes non tiveran máis remedio que respostar. A ver agora o que pasa, seguirei a "polémica" atentamente.

    A todo isto, vergoñento me pareceu a posición adoptada polo PCP. Os portugueses alabaron os resultados de IU/PCE demostrando que a súa liña ainda está moi alonxada de ser verdadeiramente revolucionaria.

    http://www.pcp.pt/sauda%C3%A7%C3%A3o-ao-pc-de-espanha-pelos-resultados-obtidos-nas-elei%C3%A7%C3%B5es-gerais-de-20-novembro

    Moito teñen que aprender os portugueses dos gregos.

     
  • At 12/08/2011 08:40:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    O KKE vive no século pasado. Con ese sectarismo a revolucion a faran nos libros. se toda a esquerda anticapitalista non converxe non temos nada que facer. Hai moita mais vida logo do socialismo cientifico e da planificacion central da economia. Evolucionen xa

     
  • At 12/09/2011 01:03:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Non entendo a mensaxe do Anónimo anterior. Qué queres dicir con que vive no século pasado? Argumenta, por favor, porque eu non sei qué lle ves de sectario, máis ben todo o contrario.
    E si, hai vida fora do Socialismo, e iso é no capitalismo (onde estamos), pero cada vez menos.
    Non coñezo nada máis antagónico ao capitalismo que o socialismo. Ou acaso tes ti fórmulas milagreiras ou inventaches algo novo?

     
  • At 12/09/2011 06:41:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Segun o anonimo"o Partido Comunista Grego vive no seculo pasado".

    O p"c"e e iu estan tan avanzados que acompañan todas as derrotas da clase obreira desde a chamada transicion.

    A pratica diaria corrabora os feitos.

     
  • At 12/11/2011 03:47:00 da tarde, Anonymous Manel said…

    O KKE non ten nada de sectario, pois mantén relacións cordiais con moitísimas organizacións a nivel internacional. O que non hai que confundir é: o manter relacións cordiais; co dereito que ten en facer as críticas que considere axeitadas. Cousa que é de agradecer.
    Parece que hai quen pensa que se tes relacións internacionais non podes exercer o teu dereito á crítica constructiva e educada, defendendo as posicións de clase e comunistass ante os posicionamentos reformistas ou socialdemócratas.
    A min tamén me gustaría saber qué resposta IU (e o PCE), se é que o fai ou pode.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com