Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grecia: Folga Xeral na rexión de Ática. Decisiva intensificación da loita
18/01/2012

Unha masiva e decidida folga contra o empresariado foi organizada esta terza feira, 17 de xaneiro, polos tres Centros de Traballo en toda a rexión de Atenas, despois da forte presión das forzas da PAME. Tamén en Volos, unha das cidades máis grandes do país, onde foi convocada polos sindicatos de base a iniciativa da PAME. O obxectivo da folga era que a clase obreira dera resposta á marea de medidas antiobreiras do goberno da fronte negra, a coalición gobernamental formada polo PASOK, ND; LAOS e a Troika, e as súas medidas para flexibilizaren as relacións laborais, os seus plans para reduciren os salarios en 150-200 €, a supresión dos bonos temporais no sector privado, a individualización da seguridade social baseada no rendemento, as privatización, a salvaxe tributación a través do imposto per cápita que golpea ás familias obreiras e das clases populares, o envío de centos de miles de familias á indixencia, aos comedores populares e a falta de vivenda. É significativo que milleiros de familias non pagaron o imposto per cápita que acompañaba á factura da luz, mentres que o goberno comezou onte a enviar equipos para cortar o subministro eléctrico ás familias dos estratos populares.

Non é casualidade que a folga coincidira coa chegada a Grecia da delegación da Troika para preparar, conxuntamente co goberno, unha nova ofensiva contra os traballadores en beneficio do capital. É indicativo que en poucas semanas o empresariado goce de novos subsidios e outros privilexios, coa provocación que supón a cantidade de empresas subvencionadas e a creación de zonas industrial onde agora, por lei, o capital terá completa inmunidade e onde os salarios dos traballadores serán literalmente propinas, ao tempo que os empresarios navais contan con novos privilexios coa liberación total a través da eliminación da cabotaxe.

A folga, e tamén a súa preparación, tivo unha contribución especial, xa que se levou a cabo en solidariedade coa folga dos obreiros do metal. E nas dúas cidades onde se celebrou a folga, foron os traballadores do aceiro de Helliniki Halivourgia (Siderurxias Gregas), onde pecharon as tres fábricas, os que máis se fixeron notar. Isto foi precedido pola folga do 1 de decembro na rexión de Volvos, no sector do metal, onde se abriu unha segunda fronte a exercer toda a presión posíbel contra un empresariado que xa leva máis de 65 despidos na Helliniki Halivourgia. Os folguistas da fábrica de Atenas e o seu sindicato, que pertence á PAME, levan en pé 80 días, presionando aos propietarios da folga, que viron a segunda folga en cinco días. Até agora, a empresa cubriu as súas perdas da folga en Atenas mediante a duplicación da produción nas outras dúas fábricas.

Os obreiros do metal de Volvos, canda todas as forzas de clase da rexión, libraron unha dura batalla e gañaron; con planificación e determinación contra un mecanismo organizado formado pola policía (o xefe de policía desta rexión de Volvos exixiu aos folguistas os seus nomes), burócratas sindicais, mecanismo creba-folgas, os deputados dos partidos burgueses e os medios de comunicación locais, que afirmaron que «a PAME quere pechar as fábricas».

O 12 de xaneiro foi a primeira vez en 24 anos que todas as máquinas da fábrica de Volos deixaron de funcionar. Isto repetiuse o 17 de xaneiro.

Os empresarios estaban tan furiosos que durante a segunda folga pecharon a unha quenda de traballadores e ordenaron a algúns dos seus lacaios que ondearan faixas en que se lían consignas contra a PAME. Malia estas prácticas creba-folgas, o industrial non foi quen de facer funcionar a fábrica.

Temos que mencionar que o GSEE, o Centro de Traballo de Atenas (EKA) e as direccións reformistas participaron hipocritamente na folga no último momento. Porén, foron esas mesmas forzas sindicais do PASOK e da ND os que se opuxeron á folga nas outras dúas factorías de Helliniki Halivourgia, os mesmos que non puxeron un pé na fábrica durante os 80 días de loita, mentres que o día despois da folga declararon que participarían no diálogo social xunto co goberno e os industriais para negociaren a cantidade de traballadores que van ser despedidos.

A postura do sindicato que representa a SYNASPISMOS (un partido na dirección do Partido da Esquerda Europea) na organización sindical que convocou a folga en Volos foi tamén sintomática. Non votaron pola folga, senón que votaron en branco e fixeron a provocadora afirmación de que «as folgas só benefician os empresarios». Coa súa postura –eles realmente votaron contra a folga- os oportunistas negaron a solidariedade activa coa heroica loita de 80 días dos obreiros do aceiro, malia as súas hipócritas chamadas á solidariedade. Na súa pregunta no Parlamento verbo dos “custos laborais”, o líder de SYNASPISMOS, A. Tsipras, aceptou a lóxica do goberno (é dicir, que o salario dos obreiros é un “custo” –un termo que xustifica o asalto do capital contra os salarios, as pensión e tamén os bonos obreiros temporais).

A PAME organizou unha grande manifestación en Atenas en que falaron o presidente sindical na Helliniki Halivourgia, G. Sifonios, e outros cadros da PAME falaron. As forzas con orientación de clase declararon a súa determinación de levaren a cabo unha loita de clases inquebrantábel, continuando a loita en Helliniki Halivourgia, organizando patrullas en todos os barrios obreiros para evitaren cortes do subministro eléctrico a todas as familias da clase obreira e dos estratos populares e intensificaren a loita por unha nova folga xeral.
6 Comments:
  • At 1/19/2012 12:28:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Muy interesante blog, gracias a vosotros estoy empezando a aprender gallego, jeje.

    Perdón por desviar el tema de la entrada, pero estaba leyendo el documento <> y me han surgido algunas dudas. Es en referencia a la confrontación entre John Heartfield y Gustav Klucis. Se consideraba que el primero, en sus composiciones, permitía una mayor identificación en la obra por parte de las masas, a diferencia del segundo. He estado buscando sobre Klucis y la información que he obtenido (por fuentes no demasiado fiables, como Wikipedia) es difusa: en algunos sitios se dice que estuvo en un gulag (aunque no se especifica cuándo, ni se cita ninguna referencia), en otros que <>, etc. Aunque en todos los lugares coinciden en señalar que murió en 1938 (creo que en vuestro trabajo habéis puesto 1944). Os estaría agradecido si supierais i pudierais mostrarme alguna información sobre ello.

    Saludos.

     
  • At 1/19/2012 12:30:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Perdón, mi mensaje no ha salido bien.

    - En el primer <> (intenté entrecomillarlo de esta forma, pero no sé por qué no ha salido), puse: "John Heartfield. Axitador comunista".

    - En el segundo, "se suicidó en extrañas circunstancias".

    Saludos.

     
  • At 1/19/2012 09:12:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Saúdos.

    En canto ao ano da morte de Klutsis, pois realmente aparecen 1944 e 1938, dependendo da fonte. Por exemplo, nun artigo no Proletarian Online, órgano do Partico Comunista de Gran Bretaña, aparece 1944.(http://www.cpgb-ml.org/index.php?art=48&secName=proletarian&subName=display )
    Sobre a disputa con Heartfield, pois como podes comprobar, aparece no artigo traducido de Lieven Soete, polo que non podemos dicir moito.
    De todos xeitos, tentaremos consultar o ano e a causa da morte de Klutsis. Se temos infomación fiábel, poñerémola aquí.

    Moitas grazas polo teu comentario e interese.
    Recebe un saúdo comunista.
    Saúde!

     
  • At 1/20/2012 09:14:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Saúdos.
    Como dixemos, buscaríamos información fiábel sobre a morte de Gustav Klutsis. Pois ben,un sempre amábel Grover Furr infórmanos que, segundo a información que puido conseguir, Gustav Klutsis morreu fusilado o 26 de febreiro de 1938 (temos que editar o artigo sobre Heartfiel). Foi detido o 16 de xaneiro de 1938 (outra fonte fala do verán de 1937) pola NKVD, cando Echov era o seu máximo dirixente. Condenado o 11 de febreiro de 1938. Os cargos presentados pola NKVD foi o de pertenza a unha organización chauvinista e contrarrevolucionaria letona.
    Na edición inglesa da Wikipeia aparece que morreu por orde de Stalin. Isto é falso. Klutsis NON aparece nas listas (“Rasstrel’nye Spiski”) enviadas ao Secretariado do PC(b)U, por suposto Stalin era un deles, entre os anos 1938 e 39. Estas listas non eran listas de persoas a condenar, senón que eran listas para a súa revisión (rassmotrenie) en que o Fiscal pedía o tipo de sentencia no caso de que o Tribunal condenase á persoa. Hai moitos exemplos de persoas que aparecían nestas listas que non foron condenadas.
    Por tanto, Stalin non ordenou a súa morte, algo que na edición rusa de Wikipedia non aparece por ningunha parte.
    O historiador Grover Furr suxire que Klutsis foi unha das moitas vítimas do carniceiro Ezhov, cando este dirixía a NKVD. De Ezhov sabemos agora que formaba parte dun grupo conspirador. Esta persoa cometeu auténticos masacres até a súa detención, condena e execución. Foi Beria, posibelmente a instancia do Stalin, quen iniciou a investigación das actividades criminais de Ezhov.
    Sobre os crimes de Ezhov, dunha gravidade tal que a súa época na NKVD é coñecida como Ezhovshchina, hai unha enorme cantidade de material aquí: http://chss.montclair.edu/english/furr/research/trials_ezhovshchina_update0710.html
    Tamén, no último libro de Grover Furr, As Mentiras de Khrushchev, hai moita información sobre Ezhov.
    Esperando que esta información fose da túa axuda, recebe un saúdo comunista.

     
  • At 1/25/2012 04:07:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Muchísimas gracias a vosotros y al siempre genial Grover Furr. De él ya he leído bastante material, y por ello conocía de las atrocidades del asesino y saboteador Nikolai Yezhov (quien, afortunadamente, tuvo su justo merecido). Al estar fechada la muerte de Klucis en el año 38 (coincidieno con el período en que la NKVD estuvo dirigida por Yezhov, del 36 al 38), ya me sospechaba que detrás de éste crimen estaba la mano de Yezhov.

    Una salutació comunista i internacionalista!

     
  • At 1/25/2012 06:42:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Gràcies a tu per avisar de l'error.
    Salut!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com