Destacados
A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grecia: PAME irrompe nunha reunión entre patronal e sindicato amarelo
22/01/2012


En Grecia, o pasado 18 de xaneiro reuníanse os representantes da patronal (SEV –Federación Helénica de Empresarios) cos dirixentes do sindicato amarelo GSEE. O obxectivo do encontro era chegar a acordos sobre a perda de dereitos laborais na procura dun fortalecemento da competitividade do capital. Militantes da PAME e doutros sindicatos de clase fixeron acto de presenza, tanto fóra do edificio como na propia sala onde tiña lugar a reunión, algo que obrigou aos protagonistas do “diálogo social” a adiaren a reunión. O presidente do SEV literalmente fuxiu do sala. 

Entre as consignas que se berraron estaban: “Os traballadores non son un custe, os capitalistas son parasitos”, ou “A loita de clases, aquí e agora”.

O SEV emitiu un comunicado atacando ao KKE, pedindo que “todas as forzas políticas, e particularmente os partidos da esquerda democrática, condenen sen reservas ao KKE, e as súas prácticas (a través da PAME) que buscan que vaiamos de maneira violenta a unha época que, sen dúbida, pertence ao pasado”. Noutro parágrafo podemos ler: “A alérxica reacción do KKE contra calquera forma de diálogo social revela a súa obsesión cos métodos e tácticas stalinistas”.

O KKE non tardou en responder ao ataque anticomunista da patronal grega. No comunicado do KKE podemos ler: “O ataque rabioso dos representantes empresariais ao KKE é algo natural do punto de vista de clase. O que eles queren, xunto aos seus partidos e colaboradores sindicais é unha clase traballadora submisa. (...) Isto explica a magnitude do seu odio cando o KKE e a PAME chaman a clase obreira a se levantar e evitar a erradicación dos seus dereitos básicos, a acabar cos sacrificios en beneficio dos seus explotadores, a derrocar o seu poder. (...) Señores, non vos temos medo. A súa clase é un parasito que impide o desenvolvemento social. Vostedes son implacábeis cando de aumentar a súa rendibilidade e protexer os seus intereses se tratar. Pechan as fábricas e transfírenas ao exterior, pateando aos traballdores que explotaron durante anos como se fosen lixo. Exportan miles de millóns de euros, produto de décadas de roubo a través da explotación do traballo dos obreiros, para realizaren investimentos ou para depositalos na seguridade dos bancos. Saquearon os fondos de seguridade social. Gozan de exencións e privilexios fiscais. (...) Vostedes saben moi ben o certo que é o lema: “Traballador, sen ti ningunha peza se pode mover, podes facelo sen os patróns”.
1 Comments:
  • At 1/29/2012 07:21:00 PM, Anonymous Anónimo said…

    Es una pena que el video no tenga traduccion al gallego.

    Grecia nos muestra el norte.

     
Enviar um comentário
<< Início
 

Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Últimas Notas
Arquivo
Pesquisas

Subscrición

Mándenos un email a estoutras@yahoo.com para recibir no seu correo as novidades que publiquemos. Chegaranlle as novidades moito antes que de calquera outra forma e non hai que recorrer a terceiros.

Pola contra,se prefire a través do feed, elixa unha das seguintes opcións:

Reciba as novas entradas no seu correo:

 Ou fágao vía RSS

Antirrepresión


M-L


Sindical


Con Cuba
Blogs Comunistas

A Páxina de...


Annie Lacroix-Riz
Grover Furr
Mario Sousas
Stephen Gowans

Aprender, aprender,
aprender sempre!


Música ESONS
Última actualización (15/05/10):
Himno da Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses – Intersindical Nacional
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (28/01/12):
Mozo, Celso Emilio Ferreiro
Sátira política. DE CHOS!
Última actualización (20/03/10)
O Ministerio de Interior confirma a existencia dunha organización terrorista internacional formada por bombeiros
ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com