Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Inglaterra exixe contratos petroleiros pola axuda militar ofrecida ao CNT libio
09/01/2012

RNV/YVKE

«Favoreceremos os nosos amigos cando outorguemos os contratos de explotación das reservas de petróleo da Libia», declarou Nuri Berruien, presidente da Compañía Nacional de Petróleo da Libia, en Doha (Qatar), o pasado 13 de novembro.

Referíase á compensación que darían pola axuda militar prestada pola “comunidade internacional” liderada por Franza e Inglaterra. O 15 de novembro, os membros do Goberno do Consello Nacional de Transición libio (CNT) animaron os inversores ingleses a “aproveitar” as innumerábeis oportunidades que se presentaban na Libia nunha reunión celebrada nun hotel do centro de Londres.

Segundo o responsábel da Compañía Nacional de Petróleo da Libia, «a produción de petróleo, que actualmente é de 600.000 barrís diarios –en novembro-, retornará aos niveis anteriores á invasión, uns 1,2 millóns a finais de 2012». Libia é o país de maiores reservas do continente africano e o octavo mundial, con 46.000 millóns de barrís por explotar.
 
Pola súa parte, Stephen Green, ministro de Comercio inglés, liderou en setembro de 2011 unha delegación de grandes empresas de Inglaterra en Trípoli para se reunir con ministros do CNT, entre as que estaban as petroleiras BP e Shell e multinacionais como Arup e Mott MacDonald, co propósito de asegurarse a participación inglesa na explotación do petróleo e a reconstrución do país.

A respecto das adxudicacións preferentes de novos contratos que prometeu o CNT e o que espera o goberno inglés, o deputado conservador Daniel Kawczynski, presidente da comisión parlamentar inglesa sobre Libia, escribiu hai pouco que Inglaterra debería ser a primeira en se beneficiar para así recuperar os millóns de libras gastados na intervención militar. «Nestes tempos de dificultade económica, non debería ser pedir demasiado, a un país da riqueza e recursos da Libia, que pague a súa parte da conta.»

Os recentes achegamentos entre gobernos e empresas inglesas e francesas co CNT contrastan a retórica inicial da “comunidade internacional”, que priorizaba a intervención na Libia para a protección de civís, segundo expresou David Cameron, primeiro ministro inglés, tanto durante a súa visita após a toma de Trípoli en setembro como na cimeira de Londres a finais de marzo do pasado ano, previa á intervención.

Inglaterra e Franza lideraron daquela a adopción das resolución 1790 e 1973 polo Consello de Seguridade de Nacións Unidas, fundamentadas na nova doutrina de intervención “humanitaria” denominada “Responsabilidade para Protexer”. A ONU acordou a imposición de sancións ao Executivo da Libia e habilitou a creación dunha zona de exclusión de voos a través da participación da OTAN co obxectivo de «defender o pobo libio de Gaddafi”.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com