Destacados
A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Nixeria: Comeza folga xeral indefinida contra aumento da gasolina
09/01/2012

Telesur

Nixerianos encetaron esta segunda feira unha folga xeral indefinida nas principais cidades de Nixeria en protesta contra o aumento da gasolina. O Parlamento exixiu ao Goberno que de marcha atrás na súa decisión para evitar o paro, convocado polos principais sindicatos da nación africana.

O Congreso de Sindicatos (TUC) e o Congreso do Traballo de Nixeria (NLC) chamaron a folga indefinida, con grandes manifestacións, se o Goberno nixeriano non restabelece o subsidio aos prezos do carburante.

A suspensión da axuda económica o pasado 1 de xaneiro provocou que o prezo da gasolina se disparase de 0,40 dólares a 1,30 o litro, co consecuente medre do custe da grande maioría de produtos e servizos, especialmente o transporte.


Perante a convocatoria de folga, a Policía de Nixeria despregou máis de 23 mil axentes en boa parte do país para impedir posíbeis disturbios. Medios locais informaron que o país vive unha forte tensión, despois de que a semana pasada as autoridades foran acusadas de mataren un manifestante durante unha protesta contra o aumento da gasolina.

O presidente nixeriano, Goodluck Jonathan, explicou nun discurso televisada que a decisión de eliminar os subsidios forma parte dun paquete de medidas de axuste. Estas medidas inclúen a redución do 25% do salario base dos empregados públicos e recortes nos gastos sociais.

Este domingo, o Parlamento de Nixeria reclamou o Goberno, nunha votación extraordinaria, que mantivese o subsidio da gasolina e abrise un diálogo sobre o tema. Nixeria, o país máis poboado de África con máis de 150 millóns de habitantes, é o principal produtor de petróleo no continente. Os cidadáns deste país consideran que é un dereito ter un prezo baixo na gasolina por ser unha nación moi rica en petróleo.

O paro desta segunda feira prodúcese nun contexto de inseguridade polos últimos ataques contra igrexas cristiás no norte do país, de maioría musulmá, atribuídos ao grupo islámico Boko Haram.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Início
 

Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Últimas Notas
Arquivo
Pesquisas

Subscrición

Mándenos un email a estoutras@yahoo.com para recibir no seu correo as novidades que publiquemos. Chegaranlle as novidades moito antes que de calquera outra forma e non hai que recorrer a terceiros.

Pola contra,se prefire a través do feed, elixa unha das seguintes opcións:

Reciba as novas entradas no seu correo:

 Ou fágao vía RSS

Antirrepresión


M-L


Sindical


Con Cuba
Blogs Comunistas

A Páxina de...


Annie Lacroix-Riz
Grover Furr
Mario Sousas
Stephen Gowans

Aprender, aprender,
aprender sempre!


Música ESONS
Última actualización (15/05/10):
Himno da Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses – Intersindical Nacional
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (28/01/12):
Mozo, Celso Emilio Ferreiro
Sátira política. DE CHOS!
Última actualización (20/03/10)
O Ministerio de Interior confirma a existencia dunha organización terrorista internacional formada por bombeiros
ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com