20/01/2009

Contra Trotski e o trotskismo (I): Trotski e o FBI



Red Youth*
Lalkar, Marzo-Abril 1997


Un artigo aparecido en The Independent o 25 de novembro de 1993 ofrece detallas dun amigo de Trotsky na súa etapa en México, Diego Rivera, quen proporcionaba información ao FBI sobre aqueles que el coidaba sospeitosos de seren axentes do GPU (servizo de intelixencia da URSS). As súas alegacións dirixíanse directamente contra os que traballaban en organizacións tales como o Partido Comunista Mexicano ou os sindicatos mexicanos. Isto de seu é interesante, porque oficialmente Rivera e Trotski romperon as súas relacións persoais o 31 de maio de 1940. Trotski escribira unha carta ao xefe do Distrito Federal en México, «non teño ningunha relación coas actividades políticas de Diego Rivera. Nós rachamos as nosas relacións persoais hai quince meses.» ( arquivos do National State dos Estados Unidos; Arquivo de Trotski).

Mais moitas persoas eran amigos de ambos os dous, os dous traballaban nas mesmas organizacións como o Comité Americano para a Defensa de León Trotski (ACDLT). Carlos Curtiss era un amigo de Trotski que lle enviou varios informes das súas reunións con Rivera: «Durante a miña visita a México, do 4 de xullo de 1938 a aproximadamente o 15 de xullo de 1939, eu mantiña unha estreita relación con Diego Rivera e León Trotski... Servía como un intermediario entre eles». (Escritos de León Trotski, 1939-40).

Trotski, que por suposto coñecía todo o anterior, axudou así a Rivera no subministro de información ao FBI.

Volvendo ao artigo do The Independent, citaba ao final ao profesor William Chase, da Universidade de Pittsburgh, que declaraba que tiña «información concreta» para demostrar que Trotski era un informante do FBI. Red Youth obtivo posteriormente esta información (a fonte desta revelación son os Arquivos do National State dos Estados Unidos -RG 84- ou do propio profesor Chase. Calquera outra evidencia virá acompañada da súa referencia).

Segundo o profesor Chase, a información coa que Trotski proveu ao FBI era a súa chave para obter un visado estadounidense. Como o profesor sinala: «Provendo ao consulado norteamericano con información sobre inimigos comúns, como comunistas mexicanos e americanos ou axentes soviéticos, Trotski quería demostrar o seu valor a un goberno que non tiña ningún desexo de concederlle un visado.»

As histéricas delacións de Trotski apuntaban a calquera que puidera amosar simpatías coa URSS de Stalin. En América, o ACDLT fixo unha campaña a prol do asilo de Trotski nos Estados Unidos. Durante o Congreso Mundial Contra a Guerra e o Fascismo e o Congreso do Trabalo Latinoamericano, Trotski pediu aos seus partidarios «enviar o antes posíbel os nomes coñecidos de delgados dos congresos que saiban que son axentes do GPU». O profesor Chase admite a ridiculez destas manobras que fan pensar no número de honestos proletarios, de persoas democráticas, cuxos nomes foron subministrados ao FBI. «As acusacións de Trotski de que os liberais e radicais que non compartían os seus puntos de vista eran estalinistas ou axentes do GPU diminuíron o seu apoio nos Estados Unidos.»

Aínda hai máis. Con esta xeira de altisonantes denuncias por bandeira, Trotski aceptou un convite para intervir no ‘Comité Dies’**, como se coñecía ao Comité de Actividades Anti-Americanas do Congreso dos Estados Unidos. Este comité estaba vinculado a figuras abertamente fascistas, realizaba cazas de bruxas e xogaba un papel principal na aprobación de moitas leis contrarias aos traballadores. Tal era a postura antifascista e proletaria de Trotski (afortunadamente, Trotski nunca interveu neste Comité xa que nunca conseguiu un visado, mais, como veremos, el pasou a información ao goberno estadounidense por outras canles). Centrémonos agora no punto chave desta exclusiva da Red Youth: o noivado de Trotski co FBI:

«En xuño [1940], Robert McGregor do Consulado [estadounidense] reuniuse con Trotski na súa casa... reuniuse de novo con Trotski o 13 de xullo... Trotski informou polo miúdo a McGregor de toda a información e evidencias que compilara... Deu a McGregor os nomes de publicacións mexicanas, de líderes políticos e sindicais, e de representantes do goberno presuntamente asociados co Partido Comunista Mexicano [México e a URSS era os dous únicos estados no mundo que apoiaban materialmente a loita contra os fascistas de Franco na Guerra Civil de 1936-39]. El acusou a un membro do Comité Central do PCM, Carlos Contreras, de ser un alto dirixente do Komintern [a Internacional Comunista]. Falou tamén dos presuntos esforzos de Narciso Bassols, o antigo embaixador mexicano en Francia, a quen Trotski acusaba de ser un axente soviético, por conseguir a súa expulsión de México.»

«O Departamento de Estado transmitiu a información de McGregor ao FBI.

«...a información, aínda que nada novo, respondía aos intereses dos dous organismos.»

Isto é o que hai. A natureza anticomunista e antidemocrática dos Estados Unidos foi compartida por Trotski.

Mentres o mundo enteiro sufría o ataque das forzas fascistas, cando a URSS, baixo a dirección do Partido Comunista e do camarada Joseph Stalin, afrontaba este ataque sen axuda de ninguén no nome de toda a humanidade progresista, cando as colonias do imperialismo pulaban pola súa liberación nacional, Trotski e as súas viles organizacións axudaban á reacción en todos os lugares, e continúan a facer hoxe o mesmo traballo. Mentres a Red Youth imprime estas novas evidencias, non é ningunha sorpresa para nós, ou para calquera persoa coñecedora do papel do Trotskismo, que este é o axente da clase dirixente dentro das fileiras da clase obreira, utilizado polos nosos inimigos agora e no pasado. Dun día para outro, moitos dos máis vellos cruzados contra o bolxevismo abandonaron a súa liña pro tsarista e abertamente contrarrevolucionaria, e adoptaron a novo recurso trotskista de atacar á Revolución Rusa ‘desde a esquerda’. Nos posteriores anos, esta estrataxema foi empregada por un Lord Rothermere ou un William Randolph Hearst para acusar a Joseph Stalin de ‘traizoar a revolución’ [aínda podemos ver isto cando nos ensinan que era obvio que Trotski fose o sucesor natural de Lenin, ou como están presentes no sistema educativo libros doutro confidente e trotskista, George Orwell]...

«Adolf Hitler leu a autobiografía de Trotski tan pronto como foi publicada. O biógrafo de Hitler, Konrad Heiden, comenta no Der Fuehrer como o líder nazi sorprendeu ao seu círculo de amigos en 1930 polos seus entusiastas eloxios ao libro de Trotski». (The Great Conspiracy Against Russia, Kahn e Sayers).

Para ser xustos, deixemos a Trotski que fale de si mesmo: «As horríbeis e sistemáticas pelexas provocadas por Lenin, ese experimentado tafur, ese explotador profesional de todo o atrasado no movemento obreiro ruso, coa súa obsesión irracional... Todo o edificio do Leninismo está construído sobre mentiras e falsificacións e porta en si mesmo os elementos velenosos da súa propia descomposición.» (Carta a Chkheidze, 1913).

«”Brillante!”, berrou Hitler, axitando A Miña Vida de Trotski diante dos seus seguidores. “Aprendín moito e todo grazas a ti!”» (The Great Conspiracy Against Russia).


* N.d.E. Organización xuvenil marxista-leninista inglesa.
**N.d.E. Por Martin Dies, o seu primeiro presidente.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.