04/01/2009

FPLP: Continúan as matanzas contra o noso pobo en Gaza. A Resistencia continúa loitando!

A Fronte Popular para a Liberación de Palestina informou o 3 de xaneiro que as criminais matanzas israelís contra o pobo palestino de Gaza proseguen por terra, mar e aire. 13 palestinos foron asasinados e unha decena máis feridos polas forzas de ocupación israelís no asalto a unha mesquita en Beit Lahiya, cando estaba chega de persoas.

Esta foi a novena mesquita atacada polos ocupantes israelís nunha semana de agresións contra o pobo palestino en Gaza. Persoal médico informou da chegada ao hospital de Al-Shifa de 20 mártires palestinos, e un indeterminado número de feridos, moitos deles mulleres e crianzas.

Malia os ataques criminais en curso contra o pobo palestino, a tenacidade e a resistencia dos palestinos sigue a inspirar e a mobilizar a resistencia. As Brigadas Abu Alí Mustafa, o brazo armado da FPLP, confirmaron o lanzamento de mísiles e morteiros de 60mm contra as forzas invasores, ferindo a varios soldados inimigos e causando baixas, cerca do cruce de Karni. Ademais, as Brigadas AAM lanzaron foguetes na parte occidental de Naqab, Asquelan e Netivot, segundo confirman os medios de comunicación do inimigo. As Brigadas AAM declararon que todos os grupos resistentes están unidos e comprometidos para facer fronte aos ocupantes coas súas armas e as súas vidas.

A FPLP tamén sinalou que, malia as atrocidades cometidas contra o pobo palestino, a resistencia continuará a loita até acadar a vitoria, impedindo que o inimigo acade os seus obxectivos.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.