As cifras actuais da barbarie imperialista en Gaza son sinxelamente aterradoras, 919 mortos e 4.150 feridos, un terzo deles mulleres e crianzas. Neste panorama, o colaboracionista Miguel Ángel Moratinos ofrécese a mandar á Garda Civil (parecía imposíbel que este grupo armado puidera empeorar o seu currículo sanguento) á Franxa de Gaza para “garantir a seguridade dos pasos fronteirizos”, é dicir, impedir o paso de armas para a Resistencia. Tras a vergoñenta, áinda que esperada, votación do Congreso ianqui, na que se condenou a Hamas e apoiouse ao ocupante, e tras o papel colaboracionista da oligarquía árabe, os palestinos só poden agardar de fóra das súas fronteiras a solidariedade internacionalista de todas as persoas antiimperialistas. É responsabilidade de cada un de nós, facer todo o que estea ao noso alcance. Nós, os comunistas, os marxista-leninistas, debemos ser os primeiros en mostrar a nosa solidariedade cos oprimidos polos fascistas sionistas.
Hoxe luns, informa Al Jazeera, os ocupantes bombardearon sen cesar durante 20 minutos o norte de Gaza. Noutras partes de Gaza os combates son cruentos, e todo fai pensar que a fortaleza da Resistencia non é só unha cuestión de propaganda.
Até a Vitoria!
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.