Comunicado do Comité Comprender e Actuar Contra a Guerra (Marsella)
17/01/09
Contacto: comaguer@orange.fr
http://comaguermarseille.free.fr/
17/01/09
Contacto: comaguer@orange.fr
http://comaguermarseille.free.fr/
Confírmase en Gaza da máis sinistra maneira que o Estado sionista sempre tivo unha única política: eliminar toda presenza palestina na terra de Palestina, revelando ao mundo enteiro á realidade dun Estado guerreiro, racista e reaccionario.
O sufrimento inflixido ao pobo palestino reflicte a horríbel realidade dese Estado (fundado pola ONU e que insulta á ONU permanentemente).
O sufrimento inflixido ao pobo palestino reflicte a horríbel realidade dese Estado (fundado pola ONU e que insulta á ONU permanentemente).
Estado Guerreiro
En guerra permanente, Israel, que con 6 millóns de habitantes representa unha milésima parte da poboación mundial, é un importante actor do negocio mundial das armas: o sexto importador e o undécimo exportador. Incluso estas cifras son cuestionábeis por mor da extrema conexión existente entre o complexo militar-industrial estadounidense e o seu pequeno irmán israelí (conexión organizada e desexada polo poder estadounidense), que posibilita maquillalas.
Por exemplo: General Dynamics, un dos grandes produtores de armas norteamericano, é propietario do 25% de ELBIT, segundo produtor de armas israelí. Hai que imputar o 25% da venda de armas do primeiro ao segundo?
Armas de destrución masiva: Israel dispón de tantas armas nucleares como a India e Paquistán xuntos. Israel dispón de armas químicas e bacteriolóxicas.
Israel dedica un 9% do seu PIB á guerra, unha das porcentaxes máis elevadas do mundo.
Estado Reaccionario
En guerra desde hai 60 anos contra os palestinos e contra os Estados veciños que nun momento ou outro intentaron defendelos, Israel desenvolveu técnicas e industrias militares que vende no mundo enteiro. Esta actividade permanente e constitutiva do Estado sionista toma diversas formas:
- Venda de material militar, policial ou de espionaxe.
- Formación de persoal para a loita antiguerrilleira.
- Responsábeis de milicias paramilitares en países onde o réxime é ameazado por revoltas populares.
Algúns exemplos dos moitos que existen:
- Colombia: a experiencia sionistas púxose ao servizo do narcopresidente Uribe para axudar a destruír á guerrilla das FARC.
- Xeorxia: Asesores do exército israelí prepararon ao exército xeorxiano para atacar Osetia do Sur e Abkhazia, e instalaron no chan xeorxiano bases de mísiles capaces de alcanzar Irán.
- Acerbaixán: formación dos oficiais en Israel.
- A India: Israel é o segundo maior provedor de armas da India e os grupos fundamentalistas hindús están adestrados por axentes israelís para organizar accións terroristas mortais contra a poboación musulmá.
- Paquistán: na actual operación de desestabilización do país, que ten como último obxectivo a destrución das armas nucleares paquistanís que os sionistas chaman “a bomba atómica islámica”, os servizos secretos de Israel desempeñan un papel moi activo.
- Sri Lanka: asesores israelís están axudando ao goberno de Colombo na súa loita por exterminar aos rebeldes támiles.
- Sudán: asesores israelís fomentaron as revoltas do sur do país para axudar a derrocar ao réxime de Khartún, que sempre apoiou aos palestinos.
- Estados Unidos: a vixilancia do muro de 3.500 km que separan os EE.UU. de México é asegurada por material israelí.
Acontece a miúdo que Israel fai o traballo sucio de armar aos contrarrevolucionarios cando os Estados Unidos queren ‘manter as mans limpas’. Un lémbrase do Irán-Contras, cando intermediarios israelís proporcionaron secretamente as armas a Irán para evitar que Iraq gañase a guerra, e cos beneficios desta venda, estes mesmos intermediarios, a petición dos Estados Unidos, subministraron as armas aos contrarrevolucionarios de Nicaragua.
Este comercio da morte, estas técnicas expórtanse mellor na medida que foron experimentadas sobre brancos palestinos vivos. Só a derrota do estado sionista poder acabar con este sanguento comercio.
O Estado sionista non só é un torturador do pobo palestino, senón que é un actor chave na contrarrevolución mundial orquestrada polos Estados Unidos.
A encarnizada loita do pobo palestino contra o Estado sionista, que empeza a facer vacilar a este último, é unha peza chave na loita mundial contra a catástrofe capitalista en curso.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.