25/03/2009

Escribamos a Ricardo Palmera (Simón Trinidad)


O National Committee to Free Ricardo Palmera encetou unha campaña de envío masivo de cartas ao compañeiro Ricardo Palmera, negociador das FARC-EP, agora prisioneiro político colombiano dos Estados Unidos. O Profesor Palmera está preso nun cárcere de máxima seguridade (SUPERMAX) en Florence (Colorado), onde está a recibir un trato cruel. Pasa 23 horas do día en illamento, tendo unha hora para saír ao exteior.

Membros do Comité Nacional levan tempo tentando que as súas cartas cheguen as mans de Palmera. Mais todas as cartas enviadas son devolvidas polo Oficina Federal de Prisións co seguinte aviso: «A súa correspondencia con este preso non foi entregada. Esta correspondencia non foi repartida ao preso porque el non está autorizado a escribirse con vostede.»

Precisamente esta violación dos dereitos de Palmera, obríganos a redobrar esforzos á hora de escribirlle. Mandar unha carta xa é de seu unha forma de condena desta política represiva. Ademais, segundo a propia Oficina Federal de Prisións, Palmera é notificado da devolución das cartas dirixidas a el. Polo que, poida ou non poida lelas, o simple feito de enviarlle unha carta, e tendo en conta a súa soidade, vai supoñer darlle un chisco de esperanza ao compañeiro Palmera.

Por todo isto, desde Estoutras, queremos ofrecer o noso pequeno aporte e sumármonos á campaña que o Comité Nacional encetou estes días. Escribamos a Palmera. Rachemos os muros de silencio.

Enderezo:
Inmate: Juvenal Ovidio Palmera Pineda #27896-016
USP Florence ADMAX
US Penitentiary
PO Box 8500
Florence, CO 81226


Liberdade Ricardo Palmera!

1 comentário:

  1. Ola, camaradas. Espero que teña forza esta campaña de apoio a Simón. Por certo, nestas datas cúmprese un ano da morte de Tirofijo. @s comunistas honest@s temos o deber de lembrar a sua memoria.
    Vivan as FARC-EP!
    Viva a loita armada contra o capital!

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.