19/03/2009

Todos terroristas!

Durangoko AHT Gelditu Elkarlana


O día 10 deste mes, puidemos ler no Berria unha noticia abraiante: «A ertzaintza ordenou que as accións contra o TAV se tomen como delito de terrorismo». O certo é que niso estaba a policía autonómica nos últimos meses, mais lelo no xornal é para abraiarse.

Segundo a noticia, a policía autonómica ten un protocolo escrito no que as accións de “sabotaxe” contra o TAV serán tomadas como terrorismo e os cases pasaran a mans da Audiencia Nacional. Isto levámolo vivindo desde hai tempo, mais non só con actos de “sabotaxe”, senón tamén con accións pacíficas de desobediencia civil: En Beasain, por cruzar o paso de peóns repetidamente obstaculizando o tráfico; en Zaratamo, por encadearse unhas persoas; en Bilbo, por unha protesta nunha exposición de ADIF; en Ordizia, por encadearse nas máquinas que fan o túnel; e na manifestación de Urbina, por entrar pacificamente nas obras. Todas as accións son realmente terroristas, non? Pois todos estes casos foron enviados a Madrid, e moitos deles, nin alí se aceptaron!

A actitude do PNV é vergoñenta. Xa non abonda a falla de información e a imposición, senón que está disposto a facer calquera cousa para amedrentarnos e calarnos. E, a verdade, asusta ler este tipo de cousas (a quen non!), mais non conseguirán calarnos.

Os gobernos de Gasteiz e Madrid deixáronnos claro que non teñen argumentos para facer fronte aos nosos. Como non teñen nada que dicir, fan uso da represión, e mediante estes métodos si, sen dúbida, poden gañarnos. Utilizan na nosa contra os seus policías, medios de comunicación, leis, xuíces e cárceres, porque saben que fronte á nosa palabra non teñen nada que dicir.

Desde que comezaron as obras, o seu obxectivo foi desviar a discusión; desviaron o discurso sobre o tren querendo enlazalo co problema político que vive Euskal Herria. Para iso, tiveron a axuda dos medios de comunicación, pero que fique claro que a nós non nos van desviar. O noso discurso é sobre o tren e o modelo de sociedade, e saben que enlazándoo co “tema gordo” poden doadamente desvirtualo e facer sucia demagoxia a prol do TAV.

Os líderes jeltzales máis dunha vez falaron e amosaron a súa preocupación polo macro sumario 18/98, dicindo que baseándose en “todo é ETA” cousas moi distintas foron metidas no mesmo saco. Agora eles están facendo o mesmo porque lles convén xogar dese xeito. Queren impoñer a razón da forza por riba da forza da nosa razón. Poden conseguir amedrentarnos, pero non calarnos!

O PNV permitiu que moitos de nós (quizais, ti tamén) algún día sexamos considerados “terroristas”. Fronte a isto, que o saiba todo o pobo, como até agora, seguiremos difundindo o “terror” na sociedade: dando información e protestando. Isto é o que causa verdadeiro “terror” nas autoridades políticas: poñer en risco os seus corruptos negocios.

Non ao TAV! Non á criminalización!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.