Alejandro Cao de Benós
Delegado Especial
Comité de Relación Culturais co Estranxeiro
Goberno da RPD de Corea
25/05/09
A República Popular Democrática de Corea ten dereito soberano ao desenvolvemento da súa defensa.
A dobre vara de medir dos Estados Unidos é evidente no conxunta da súa política internacional. Namentres este país almacena milleiros de oxivas nucleares, realizando probas dentro e fóra do seu territorio, e sendo a única nación que as usou contra outros pobos, acusa á RPD de Corea de ‘provocadora’ e perigosa nación que actúa contra a opinión pública internacional.
Outras potencias nucleares como Francia ou Israel realizan ensaios de moito maior magnitude e de forma regular sen recibir ningún tipo de condena.
O problema é que esa ‘opinión pública internacional’ é unha metáfora para referirse á propaganda imperialista e unilateral da Casa Branca, que se cre coa potestade de representar a voz de todos os pobos e co dereito de impoñer a súa cultura e economía ao resto das nacións.
As resolucións do Consello de Seguridade da ONU non importan en absoluto á RPD de Corea, que considera a este estamento unha escusa das superpotencias para xustificar os seus propios plans político-estratéxicos (como a invasión de Iraq ou a propia Guerra de Corea).
Como consecuencia do comunicado do Consello de Seguridade de 13 de abril de 2009, no que se condenaba o lanzamento do satélite artificial civil Kwanmyongsong-2, o noso Ministerio de Asuntos Exteriores declarou nulas as conversas a seis bandas, xa que é absurdo proseguir coas conversas de paz e achegamento cos Estados Unidos mentres estes continúan a impoñer sancións e violando o dereito básico da nosa República.
Os Estados Unidos deben saber que a RPD de Corea endexamais se someterá a un proceso de submisión. Os Estados Unidos deben aprender a respectar e tratar como un igual ao noso Goberno.
A RPD de Corea desexa a paz, mais non se axeonllará ante os Estados Unidos para conseguila.
O Exército e pobo do país están listos tanto para a paz como para a guerra.
As sancións dos Estados Unidos son tan antigas como a creación da RPD de Corea. O noso país viviu baixo sancións continuas e pode seguir vivindo con elas.
A Guerra de Corea entre os Estados Unidos e a RPD de Corea detívose após a sinatura do armisticio do 27 de xullo de 1953. Isto representa que as dúas nacións se encontra, aínda, tecnicamente en Guerra. O Goberno da RPD de Corea leva moitos anos intentando substituír o acordo de armisticio por un tratado de paz definitivo, mais o Goberno Norteamericano negouse até o momento. Isto só pode obedecer a que Washington se reserva o dereito de recomezar a invasión contra o norte de Corea, polo que calquera campaña propagandística da administración Obama será completamente ignorada se non está fundamentada en feitos reais de aproximación.
Como se sinalou regularmente a través das axencias de noticias oficiais, o desenvolvemento nuclear da RPD de Corea é puramente defensivo/disuasorio, e demostrou ser a única salvagarda do país fronte á agresión imperialista (lembremos como o ex-Presidente George Bush pasou dunha postura bélica a unha política de achegamento nos seus últimos anos de mandato tras a RPDC declararse estado nuclear).
Os Estados Unidos son os primeiros interesados en que a RPD de Corea non dispoña de tecnoloxía nuclear, xa que temen que este material se puidera vender a outros países ou organizacións.
A RPD de Corea é unha nación moito máis estábel e unida que os Estados Unidos, por iso non existen actos terroristas ou posibilidades de filtración científica, e é a nosa política invariábel o rexeitamento do terrorismo e non facilitar tecnoloxía nuclear a terceiros.
A RPD de Corea lembra que son os Estados Unidos os primeiros produtores e exportadores de armamento no mundo, que financiaron decenas de guerrillas e invasións ilegais e que teñen literalmente ocupada Corea do Sur desde 1953 coas súas bases militares, despregando máis de 30.000 soldados, submarinos, bombardeiros e navíos con mísiles nucleares.
Son os Estados Unidos os únicos que ameazan a paz na península Coreana, e aínda así tentan criminalizar á RPDC para evadir a súa responsabilidade.
Mentres os Estados Unidos continúen a súa política exterior de arrogancia e presión, a RPD de Corea continuará os seu propio camiño, realizando tantas probas defensivas de mísiles e nucleares como estime pertinentes.
Ler máis

Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.