Ahmad Sa'adat
Secretario Xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina
Desde a súa cela de illamento no cárcere de Asqelan.
01/06/09
Secretario Xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina
Desde a súa cela de illamento no cárcere de Asqelan.
01/06/09
Hónrame participar nos eventos preparados para o 61 aniversario do al-Nakba, na defensa dos nosos dereitos históricos e nacionais, particularmente o dereito de retornar á nosa Terra. Son estes os dereitos reclamados polos nosos líderes e mártires, incluíndo a al-Hakim, o Dr. George Habash, Abu Ali Mustafa e Sabir Mohieddin. Eles non só son a esencia da causa palestina, senón tamén o camiño para a nosa nación e para a democratización de toda a Palestina histórica.
Saúdolles a vostedes e aos seus valiosos esforzos, os cales encheron o baleiro deixado polo ausencia da OLP e dun poderoso liderado para a causa palestina.
Rendo tamén homenaxe a todos os grupos árabes e palestinos que traballan arreo na defensa dos nosos dereitos e saúdo a todas as forzas internacionais populares, progresistas e democráticas que están do noso lado nesta xusta loita polo noso dereito á independencia e ao retorno. Tamén quixera render tributo ao comportamento dalgúns países europeos que mantiveron unha posición independente no que respecta ao noso pobo e ao noso dereito á democracia, e situáronse do lado do noso pobo durante a recente barbarie da guerra en Gaza, en particular Suecia e Noruega, e as nacións bolivarianas de América Latina, encabezadas polo presidente de Venezuela Hugo Chávez.
O dereito de retorno non se extingue por prescrición, e mantivemos a nosa loita na defensa deste dereito. Porén, isto non eliminar os riscos relacionados co dereito a regresar, como desde Camp David e o desmantelamento da maior parte do proxecto árabe de confrontación co inimigo sionista, ficando só unha política “pragmática” situada no contexto dunha “solución”. Este camiño pasou por Madrid e Oslo, afastando ao noso pobo do proxecto de liberación nacional.
Isto causou un grande dano ao noso proxecto de liberación nacional, así como a impotencia amosada pola iniciativa árabe, debilitando o dereito de retorno mediante o emprego dunha linguaxe ambigua. Palestina e as nacións árabes deben acabar con calquera tipo de confusión, e distinguir claramente entre a fin da ocupación e a fin do conflito.
A fin do conflito histórico só pode ser a fin da entidade sionista e o estabelecemento da democracia en toda Palestina, a través da posta en marcha do dereito de retorno. O lema de “dous estados para dous pobos” só abre as portas á aceptación de Israel como un “estado xudeu”, o que pon en perigo non só o noso dereito de retorno, senón tamén a existencia das masas do noso pobo na parte ocupada de Palestina en 1948, sobre a terra onde naceron e onde permaneceron fortemente arraigados.
Son consciente de que a actual realidade de división do noso pobo non proporciona un clima acaído para a obtención de logros substanciais e a posta en marcha dunha táctica correcta. Porén, os denominadores comúns adoptados en Cairo en 2005, e o documento de reconciliación nacional como base para a unidade Palestina, darán lugar a unha reconstrución das institucións do pobo palestino, entre elas a OLP, a entidade política do conxunto do pobo palestino, e a consecución dos nosos dereitos nacionais, incluíndo o dereito de retorno. Sobre esta base, fago un chamamento ás masas do noso pobo na diáspora para que levanten a súa voz para finalizar coa división de Palestina e reconstruír a Organización de Liberación de Palestina, como instrumento nacional para a loita democrática nacional, preparada para conducir ao pobo nesta loita e para asumir o liderado a nivel estratéxico necesario para enfrontar os retos e manter os nosos obxectivos nacionais no camiño da súa consecución. Non teño dúbidas de que estes obxectivos nacionais se acadarán.
Confío en vostedes e nas súas capacidades e forzas, e as forzas do noso pobo e das organizacións panárabes populares das diversas tendencias políticas. Estas están comprometidas no proxecto de enfrontar a hexemonía do imperialismo norteamericano. Estou certo de que o noso pobo e o resto de pobos marxinadas e oprimidos do mundo pisaran firmemente o camiño que conduce á derrota de todos os proxectos do imperialismo e o racismo, ao estabelecemento dunha nova orde internacional baseada na xustiza, a igualdade e a fraternidade entre os pobos, a paz e o progreso social, renunciando a todas as formas de discriminación racial, nacional e de clase. A vitoria é segura!
Ler máis
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.