Proletarian Online
27/05/09
O 25 de maio de 2009, a República Popular Democrática de Corea (RPDC) realizou con éxito o seu segundo ensaio nuclear subterráneo, co que aumentou a súa autonomía e o seu poder de disuasión militar, co gallo de garantir a independencia e a soberanía do país e do sistema socialista elixido polo pobo coreano. Xunto a este ensaio nuclear, o Exército Popular de Corea e os científicos e técnicos da RPDC tamén levaron a cabo lanzamentos de mísiles e adoptaron outras medidas para defender a seguridade do país e a dignidade do seu pobo.
O Partido Comunista de Gran Bretaña (Marxista-Leninista) (PCGB-ML) apoia decidida e plenamente todas as xustas medidas adoptadas polo pobo coreano, baixo a dirección do Partido dos Traballadores de Corea (PTC) e o Camarada Kim Jong Il, para reforzar a defensa antiaérea do país, co obxecto de facer fronte a intensificación do agresivo desafío dos Estados Unidos e os imperialistas xaponeses e os seus seguidores, e abrir o camiño a unha grande, próspera e poderosa nación socialista.
Se procede ou non realizar ensaios nucleares ou desenvolver a tecnoloxía dos mísiles é unha cuestión relacionada coa soberanía do país. Nun mundo onde as principais potencias imperialistas posúen armas nucleares, o noso partido sempre mantivo o apoio incondicional ao dereito dos países socialistas, e outros países en desenvolvemento ameazados polo imperialismo, de desenvolver e posuír armas nucleares para a súa autodefensa.
No caso da península coreana, facemos notar que a cuestión nuclear é algo totalmente creado polos Estados Unidos. O imperialismo norteamericano pensou en utilizar armar nucleares, e ameazaron con iso, na súa bárbara guerra contra o pobo coreano entre 1950 e 1953. A única razón pola que non as empregaron, como fixeron en Hiroshima e Nagasaki, foi que a Unión Soviética conseguira nesa época o desenvolvemento desas armas pola súa conta.
Desde a década dos 50, desafiando o Acordo de Armisticio, os Estados Unidos teñen preparadas centos de armas nucleares en Corea do Sur, o que supón unha ameaza mortal para todo o pobo coreano, así como para a República Popular de China, a antiga Unión Soviética/Federación Rusa, e todas as forzas antiimperialistas da rexión. Os Estados Unidos ameazaron con usar armas nucleares contra a RPDC en numerosas ocasións, e até a actualizada mantén á RPDC no primeiro lugar da súa lista de obxectivos.
Nestas condicións, o PCGB-ML defenda a opinión de que a RPDC non só ten o dereito a desenvolver as súas propias armas nucleares, senón que tamén ten a necesidade de facelo. Incluso como apuntou Madeline Albright, antiga Secretaria do Estado norteamericano, a pura verdade mostra que comparando as situacións de Corea e Iraq, posuír armas nucleares ou non posuílas é o que decide se son ou non son atacadas.
O PCGB-ML, xa que logo, aproveita esta oportunidade para felicitar ao Camarada Kim Jong Il, ao Partido dos Traballadores de Corea, ao Exército Popular de Corea, aos científicos, técnicos, traballadores e persoal de servizo, e a todo o pobo coreano polo éxito conseguido neste segundo ensaio nuclear.
O límite da hipocrisía represéntao Gordon Brown, cando describe á RPDC como «un perigo para o mundo», ao tempo que as tropas inglesas están en Afganistán, Iraq, Irlanda, os Balcáns e noutras partes, e cando o seu goberno continúa insistindo en quebrar a tesourería gastando miles de millóns na renovación do programa de mísiles nucleares Trident.
A administración Obama, contradicindo as súas propias promesas de cambio e diálogo, negouse a aproveitar a oportunidade para encetar unha nova páxina nas relacións co pobo coreano, no canto de volver ao vello camiño das provocacións, ameazas e presións. Por iso, era inevitábel a firme resposta da RPDC.
O que os medios de comunicación do imperialismo venden como unha agresión da RPDC, son, realmente, o único método posíbel que se poden empregar nas circunstancias actuais para disuadir a agresión imperialista e promover a paz na península de Corea. Calquera que ame a paz debe aplaudir a valente, intelixente e firme posición da RPDC na defensa da paz. Malia os berros de rabia frustrada dos xigantes imperialistas, empeñados en arrincar de raíz o socialismo, incluso nun país tan pequeno como é a RPDC, esta mantén acesa a chama do socialismo e a paz que conduce aos obreiros do mundo cara a un brillante futuro.
Ler máis

Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.