20/06/2009

IRSCNA: Solidariedade con Ahmad Sa’adat na súa folga de fame

Comité Socialista Republicano Irlandés de Norteamérica
18/06/09


No nome do Movemento Socialista Republicano Irlandés, o Comité Socialista Republicano Irlandés de Norteamérica envía saúdos solidarios a Ahmad Sa’adat, o encarcerado Secretario Xeral da Fronte Popular Para a Liberación de Palestina, quen está agora na súa segunda semana de folga de fame en protesta polos abusos e illamentos aos que son sometidos os prisioneiros políticos palestinos, culpábeis só de exercer a resistencia lexítima ante unha brutal ocupación.

Uns 11.000 prisioneiros políticos palestinos están encarcerados nas prisións sionistas, e desde o ataque criminal sionista sobre Gaza a finais do pasado ano e comezos deste, os prisioneiros están a padecer o aumento dos malos tratos. Os ataques sobre os dereitos dos prisioneiros políticos inclúen a imposición de multas, a denegación das visitas familiares, a confiscacións das pertenzas dos prisioneiros, a prohibición de produtos para a hixiene e o uso regular dun réxime de illamento e incomunicación, particularmente contra aqueles identificados como líderes.

Desde o 18 de marzo, o Camarada Sa’adat permanece illado e incomunicado na prisión de Shikma en Ashkelon, provocando un empeoramento da súa saúde. Padece problemas nas costas que precisan do tratamento dun especialista, mais as autoridades sionistas negan esta posibilidade. Facemos un chamamento ás autoridades sionistas para que levanten inmediatamente a incomunicación a Sa’adat e permitan o tratamento médico que precisa.

Ademais, facemos un chamamento para unha inmediata fin dos abusos e illamentos a todos os prisioneiros políticos palestinos, e demandamos do goberno sionista a liberación de Sa’adat e do resto de prisioneiros políticos. Os ocupantes non teñen dereito a xulgar ou encarcerar aos homes e mulleres que loitan contra a ocupación e por un Estado palestino.

O IRSM –composto principalmente en Irlanda polo Partido Socialista Republicano Irlandés e o Exército de Liberación Nacional Irlandés (INLA), e representado en Norteamérica polo IRSCNA- sabe ben como unha potencia ocupante castiga aos que se opoñen a ela. Tres dos nosos camaradas morreron durante unha folga de fame en 1981, xunto con sete membros do Exército Republicano Irlandés, protestando pola denegación dos seus dereitos como prisioneiros de guerra do estado británico.

Polo tanto, damos o noso pleno apoio á loita de liberación nacional palestina e a loita dentro dos cárceres sionistas, e amosamos a nosa solidariedade con Sa’adat nesta dura folga de fame.

Liberdade para Ahmad Sa’at e todos os prisioneiros políticos xa!

Ler máis

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.