25/07/2009

Por Humanidade (Campaña para Liberar a Ahmad Saadat)

Hussin Ramadan*

Os palestinos identificámonos entre nós non só por mor da nosa identidade común, senón tamén a través das nosas experiencias comúns, como por exemplo, a nosa situación baixo a ocupación, as nosas condicións económicas, a nosa vida como refuxiados, as condicións de vida dos nosos prisioneiros. Cando imos durmir, non podemos facelo como “xente normal”, alleos a esta realidade. Non vivimos en “condicións normais” para os seres humanos. Cada familia ten, cando menos, un membro no cárceres, ou un antigo prisioneiros; a prisión é unha das experiencias compartidas entre as nosas xentes.

Moitos palestinos morreron por Palestina, e serán moitos máis os que o farán, pero os prisioneiros padecen todos os días. Aceptando unha vida inhumana pola causa palestina, pola liberdade, pola volta dos refuxiados, e pagando o prezo da súa loita cada día, vivindo en condicións inmorais, sometidos a un trato inxusto, coa deliberada neglixencia das autoridades ocupantes respecto á súa saúde.

Ahmad Sa’adat é un líder elixido polo pobo palestino. Non é un ‘terrorista’, é un defensor da causa de todo o Pobo Palestino. É un líder que cre na liberdade, na dignidade, na humanidade, nun estado sen ocupación, no retorno dos refuxiados e nos fundamentos e principios nos que todo o Pobo Palestino cre. Porta a nosa mensaxe como palestinos e como árabes, e como persoas comprometidas coa xustiza en todo o mundo, e debemos apoialo sempre.

Por estas razóns, aquí en Palestina, rexeitamos esta realidade, e demandamos liberdade e xustiza para os nosos prisioneiros, e estamos decididos a informar aos pobos do mundo sobre o que realmente está acontecendo aquí.

E estas razóns son as que nos fan estar involucrados na campaña para liberar a Ahmad Sa’adat.

Ahmad Sa’adat négase a aceptar ordes dos ocupantes e o maltrato aos prisioneiros; négase a aceptar os ilexítimos tribunais, xuízos e cárceres dos ocupantes. Encetou unha folga de fame para demandar que os ocupantes reciban a mensaxe de forma alta e clara: somos seres humanos, non somos animais para ser tratados deste xeito.
Non podemos deixalo só fronte a escuridade da prisión. Debemos sentir o que el sinte, e defendelo todos os días, atopando a nosa dignidade e humanidade baixo o entullo da ocupación.

Sabemos que temos dereitos, cremos na nosa causa e estamos dispostos a defendela e a sufrir por ela, como Ahmad Sa’adat sufre todos os días para que nós poidamos vivir como seres humanos plenos. É moi importante facer que o mundo saiba o que pensamos e que coñezan os custes que os nosos presos pagan todos os días das súas vidas pola liberdade de todos nós. Ninguén desexa vivir nas condicións ás que cada día se enfronta Ahmad, mais Ahmad continúa unha loita que nos dá esperanzas, e que nos permite manternos neste camiño cara á xustiza e a liberdade, sen esquecernos nunca dos nosos prisioneiros.

Porque temos a fe e a alma de Ahmad, continuaremos loitando sempre, para liberar a todos os prisioneiros dos cárceres e centros de detención. Este é o camiño que eliximos, e por iso é tan importante que defendamos a campaña para liberar a Ahmad Sa’adat.

Liberade para Ahmad Sa’adat e para todos os prisioneiros e defensores da liberdade!

*Hussin Ramadan é un palestino que vive no campo de refuxiados de Dheisheh, na Palestina ocupada. É membro activo da Campaña para Liberar a Ahmad Sa’adat. Pode contactar con el a través do correo the.godfather87@hotmail.com.

Ler máis

2 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. Palestina aos palestinos
    Galiza aos galegos
    Morte ao sionismo internacional
    Morte á Nova Orde Mundial

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.