Mercenarios e feudalistas a soldo dos imperialistas occidentais |
Segundo informa Ria Novosti, o Goberno ruso, por boca do seu ministro de Exteriores, Serguei Lavrov, mostrou o seu abraio á negativa do Occidente a non condenar o atentado contra o ministro de Defensa sirio. Lembremos que neste atentado, ademais do ministro Daud Rajiha, morreron o seu adxunto Asef Shaukat, o xeneral hassan Turkmani e o xefe do Servizo de Seguridade Nacional, Hisham Bakhtiar.
Lavrov lembrou as declaración da representante estadounidense na ONU, Susan Rice, quen cualificou o atentando como unha mostra de que o Consello de Seguridade debe aprobar con rapidez unha resolución contra Siria.
«Noutras palabras (...), isto significa: manteremos o noso apoio a estes actos terroristas até que o Consello de Seguridade non faga o que queiramos», sinalou Lavrov. Tamén cualificou outras declaracións de diplomáticos occidentais como «xustificacións directas do terrorismo».
Malia todo isto, as forzas patrióticas sirias continúan amosando a súa fortaleza contra os feudalistas e mercenarios financiados polos mesmos culpábeis dos xenocidios na Libia, Iraq ou Afganistán.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.