02/08/2012

Confírmase que Obama aprobou hai meses axuda militar aos terroristas que actúan na Siria

Obama, Premio Nobel da Paz, aprobou o envío de máis apoio aos mercenarios que loitan contra as forzas patrióticas sirias.

Mediante un decreto aprobado a principios deste ano, e dado a coñecer agora por Reuters, a CIA e demais organizacións terroristas ianquis teñen permiso para axudar os mercenarios e feudalistas que loitan contra o exército sirio.

Malia a negativa da Casa Branca a comentar o caso, unha fonte do goberno ianqui confirmou que os EUA están a colaborar cun centro de mando secreto. Este centro está en Turquía, na cidade de Adana, moi cerca da fronteira con Siria, onde tamén se sitúa unha a base aérea estadounidense de Incirlik. Arabia Saudita e Qatar son outros dous estados que, xunto turcos e ianquis, instrúen militarmente e subministran armas aos terroristas neste centro.