O camarada Maher Taher, membro do Comité Político da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, e líder da súa sección no exilio, afirmou nunha entrevista a Al-Jazeera, o 15 de xaneiro, que «Israel pode asasinar aos mártires de Gaza, matar ás mulleres e ás crianzas, destruír os nosos edificios pedra por pedra coas bombas e avións norteamericanos, pero non pode e non será capaz de destruír a nosa vontade de loita, a nosa resistencia e a nosa vida.»
Engadiu: «Dígolle aos mártires que o ocupante quería con esta agresión é que nós emprendéramos o camiño da rendición –aceptar o Folla de Rota, Annapole e as decisión do Cuarteto, forzar ao pobo palestino a aceptar concesións políticas. A nosa resposta é a unidade nacional palestina sobre unhas bases sólidas e reais, non sobre as bases de Oslo, Annapolis e as da administración de Bush. Este camiño está pechado. O camiño que está aberto é o da unidade nacional sobre a base da resistencia, teimosía e o cumprimento dos plenos dereitos do noso pobo.»
Fixo un chamamento no nome da FPLP para a creación dun comando unificado nacional que agrupe a todas as faccións palestinas, Hamas, Fatah, FPLP, Jihad, e o resto, afirmando que aqueles que basean as súas políticas nos acordos políticos cos asasinos e os criminais sionistas deben reexaminar as súas políticas.
O camarada Taher advertiu que a cooperación das forzas de seguridade cos ocupantes deben cesar inmediatamente e que os arrestos e as detencións políticas deben finalizar xa. Fixo un chamamento para a posta en liberdade inmediata dos fillos da resistencia da Ribeira Occidental, dicindo que esa cooperación en materia de seguridade co inimigo é totalmente inaceptábel.
Afirmou que un liderado nacional unificado e un claro programa político pode consolidar a forza dun pobo palestina que non iza nin izará a bandeira da rendición após 20 días de masacres en Gaza.
O camarada Taher, sobre o asasinado Said Siyam, dixo que o seu sangue está xunto ao de Yasser Arafat, Abu Ali Mustafa, Ahmad Yassin, Ghassan Kanafani, Fathi Shikadi, Khalil al-Wazir e moitos outros mártires do pobo palestino, crianzas, mulleres, homes e anciáns, que fixeron o sacrificio supremo de dar a súa vida pola liberdade do Pobo Palestino.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.