17/01/2009

Os internacionalistas gregos consiguen parar o envío de armas a Israel


Os internacionalistas gregos conseguen evitar o envío de armas norteamericanas para os asasinos sionistas. Fontes militares estadounidenses anunciaron que paralizaban o envíos por mor da situación “preocupante en Atenas”, despois de que as mobilizacións propalestinas esixiran a fin dos envíos. A FPLP saudou esta mostra de solidariedade da esquerda grega e animou a continuar estas accións por todo o mundo, até illar aos ocupantes, as súas institucións e o seu exército.

O 15 de xaneiro, activistas gregos organizaron unha protesta no porto de Astakos, esixindo a fin de calquera tipo de complicidade entre Grecia e os gobernos dos Estados Unidos e Israel.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.