Onte 8 de xaneiro, as Brigadas de Abu Ali Mustafa, sección armada da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, lanzaron tres mísiles Sumoud contra o kibutz Kfar Aza e dous proxectís Grad contra a cidade de Sderot. Isto demostra a imposibilidade por parte dos sionistas de deter o lanzamento de foguetes. Estes lanzamentos, informan as Brigadas Abu Ali Mustafa, non pararán até a retirada dos ocupantes.
As Brigadas Ali Mustafa afirman que, xunto co resto da Resistencia, están combatendo duramente contra os ocupantes. A Resistencia, que traballa xunta en numerosos sectores do territorio ocupado, informa que son 23 os soldados ocupantes mortos e 115 os feridos (os sionistas só admiten 9 baixas).
Por outra parte, Ihab Al-Wahii, o que fora durante moitos anos fotógrafo de Arafat, foi asasinado este venres cando un tanque ocupante disparou contra a súa casa. Al-Wahii é un dos 776 asasinados polo estado racista de Israel. Os feridos chegan aos 3.250.
Mentres, o Comité Internacional da Cruz Vermella informa que onte xoves, cando por fin puido cegar ao barrio de Zaitoun, en Gaza, atopou nunca casa a catro fillos xunto aos cadáveres dos seus pais, asasinados polas forzas de ocupación. As crianzas levaban catro días sen ningún tipo de alimentos. Tamén atoparon a un home vivo xunto aos cadáveres de 12 persoas.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.