05/01/2009

Gaza, actualización das 16:00: dous proxectís israelís danan o Hospital Al-Awda

Os covardes criminais sionistas só teñen un obxectivo: aniquilar aos palestinos. Unha mostra máis é a nova que recolle Al-Jazeera. O exército israelí lanzou hai uns minutos dous proxectís contra o Hospital Al-Awda, provocando serios danos.

O exército ocupante está máis cómodo guindando bombas desde o ar ou desde a artillaría da fronteira, que combatendo nas rúas de Gaza, onde centos de combatentes da Resistencia fan fronte ao invasor. Todo fai indicar que os partisáns da FPLP loitan organizadamente a carón dos militantes de Hamas. Estamos certos que se a Resistencia se mantén unida, os nazis israelís pagarán un alto prezo.

Adiante coa Resistencia Unida!
Viva Palestina!
Denuncia aos colaboracionistas!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.