06/01/2009

Como Israel busca colaboracionistas en Gaza




The Electronic Intifada
04/01/09



Ademais das bombas e mísiles que están a matar a un número cada vez maior de civís palestinos, Israel lanzou millóns de follas propagandísticas nos territorios ocupados, sobre a asediada Gaza.

Unha desas follas, enviada a The Electronic Intifada, busca recrutar colaboradores palestinos. Asinado polo “comando das Forzas de Defensa de Israel”, e dirixido aos “residentes da Franxa de Gaza”, di: “Vostedes teñen a responsabilidade do seu propio destino!” Convídase aos palestinos a contactar co exército israelí, vía teléfono ou correo electrónico, “para que nós informen da posición dos sitios de lanzamento de foguetes e das bandas terroristas que fixeron de vostedes reféns das súas accións.” Xa que a colaboración cun ocupante é universalmente considerada como unha das peores formas de traizón, advirte a folla: “Pola súa propia seguridade, por favor, manteña o anonimato cando vostede nos chame.”

IE decidiu chamar ao número proporcionado. O seguinte é a conversa entre un editor de IE e un oficial israelí, quen se identificou empregando o nome árabe “Abu Ibrahim”.

Para acadar os seus propósitos, Israel utilizou diñeiro en efectivo e tamén tratou de chantaxear a enfermos palestinos impedíndolles o acceso á súa medicación a menos que colaborasen. Israel pode agora agardar que a catástrofe humanitaria que creou deliberadamente na Franxa faga aos palestinos máis vulnerábeis a este tipo de explotación.

IE: Ola.

Oficial Israelí: Ola.

IE: Como está vostede?

Oficial Israelí: Loado sexa Deus! Con quen falo?

EI: Fala con Ahmad.

Oficial Israelí: Benvido Ahmad.

EI: Como está vostede? Como se chama?

Oficial Israelí: Son Abu Ibrahim, señor. De onde é, Ahmad?

IE: Estou en Gaza.

Oficial Israelí: En que parte de Gaza, irmán?

IE: Falaremos diso despois. Vin unha das follas que lanzaron sobre Gaza.

Oficial Israelí: Oh, si. Está ben...

IE: Teño algo de información para vostedes sobre os grupos terroristas que están en Gaza.

Oficial Israelí: Oh, eso espero...

IE: Estamos no mesmo lado contra o terrorismo... Tamén teño nomes para vostede, se iso pode ser de axuda.

Oficial Israelí: Por suposto que será útil.

IE: Non sabe o que os terroristas están a facer aquí en Gaza. Queremos estar a salvo deles...

Oficial Israelí: Si, coido que todo o mundo debería facer exactamente o que ti estás facendo, porque todos estamos fartos deles. Todo o que nos fan son cousas malas.

IE: Exacto, a xente en Gaza sinte o mesmo, mais o mundo non pode oír a nosa voz.

Oficial Israelí: Oh, eles oirana, señor. Sabe vostede que [a xente de Gaza] comezou a chamar e a pedir axuda, que nós preguntan que deben facer e que nós axudamos a moitos deles? Agradécennos esa axuda e nós queremos axudar a máis persoas.

IE: Pero sabe que os grupos terroristas están por toda a Franxa? Quero dicir que non hai lugar na Franxa de Gaza onde non haxa terroristas. Están por todas partes.

Oficial Israelí: Vostede só ten que esperar. Chegaremos a eles, xa o verá.

IE: Pero como vostede sabe, non é fácil para un falar desde Gaza, dar información, non é nada doado.

Oficial Israelí: Mire, nun principio non é doado. Nós temos outras vías para contactar con vostede, mellores que esta liña que non é moi boa. Ao final, a axuda que nos dá, acabará por axudarlle a vostede tamén. Beneficiámonos os dous. Queremos destruír aos líderes de Hamas que están agochados, temen polas súas vidas. Agóchanse e outros son asasinados pola súa culpa. Para que estamos loitando? Para nada máis!

IE: De acordo, imos falar... voulle dar parte da información e, de seguido, falamos algo máis. Ten un bolígrafo?

Oficial Israelí: Si. Teño lapis e papel.

IE: Quero dar nomes das maiores organizacións terroristas, non só en Gaza senón en toda Palestina.

Oficial Israelí: Vexamos...

IE: Vale, o primeiro...

Oficial Israelí: Todos os que me di son de Hamas?

EI: Todos eles son xente... xa verá. O primeiro, o seu nome é Ehud Barak [ministro de defensa israelí].

Oficial Israelí: Ehud Barak? Por Deus, non hai ninguén coma ti...

IE: Segundo, Gabi Ashkenazi [xefe do exército israelí].

Oficial Israelí: Sabe quen é?

IE: Por suposto. O terceiro é...

Oficial Israelí: Agarda un chisco, un a un...

IE: Non os escriba, non teño tempo. O terceiro chámase Ehud Olmert [presidente israelí].

Oficial Israelí: Mira, só un minuto...

IE: Pensa que os terroristas son só homes? Tamén hai mulleres. As organizacións terroristas tamén contan con mulleres. O cuarto é Tzipi Livni [ministro de relacións exteriores israelí].

Oficial Israelí: En primeiro lugar, vexo que é moi intelixente e moi experimentado e debe...

IE: E agora o quinto nome, Yuval Diskin [xefe de Shin Bet, os escuadróns da morte israelís]. Escríbeo e grávao, amigo. Eses son os nomes dos maiores líderes terroristas no mundo contra Palestina e contra todo o Medio Oriente.

Oficial Israelí: Sabe o que penso? Penso que vostede non é da Franxa.

IE: Ahhhh. Pensa que non son da Franxa? Pero collerá información dos terroristas desde calquera sitio?

Oficial Israelí: Agora vostede non axuda nada. Non se está axudando a si mesmo e non está axudando a ninguén. Se vostede fose realmente da Franxa...

IE: Non acabo de dicirlle que hai unha serie de terroristas na Franxa? Gráveo. Hai un grupo de terroristas. Son os maiores terroristas do mundo. Autodefínense como a “Forza de Defensa de Israel” cando non son a defensa de ninguén. Son unha banda de terroristas.

Oficial Israelí: Vostede sabe...

IE: Un feixe de terroristas, racistas, sectarios.

Oficial Israelí: Só quero dicirlle unhas palabras...

IE: De acordo, pero non podo escoitar moi claramente polo ruídos dos foguetes e das bombas dos terroristas...

Oficial Israelí: Ah, bombas e foguetes terroristas? Entendo que ti...

EI: Déixeme preguntarlle algo, querido Abu Ibrahim...

Oficial Israelí: Hai algo máis, ou tan só quere falar vostede?

IE: De acordo, diga...

Oficial Israelí: Oh!, tócame a min? Oh , non hai ninguén coma vostede. Mire señor, aínda que non sexa da Franxa, a cousa é se vostede realmente é árabe.

IE: É vostede árabe, Abu Ibrahim?

Oficial Israelí: Eu? Non, non son árabe. Son xudeu mais nacín aquí.

IE: Logo, como se chama?

Oficial Israelí: Son Abu Ibrahim.

IE: Logo, non quere darme o seu nome?

Oficial Israelí: E vostede, vostede tampouco quere...

IE: Tendo en conta que para os israelís todos os árabes se chaman Ahmad ou Muhammad, que máis dá?

Oficial Israelí: Entón vostede quere sabe o meu nome completo, se eu lle pregunto o seu nome completo... déixeme dicirlle unhas poucas palabras. Mire, eu son xudeu e son das Forzas de Defensa de Israel. Mais a diferenza de ti, os meus tátara, tátara, tataravós naceron aquí, hai milleiros de anos. Nós nunca abandonamos o país. Vostedes os palestinos xamais foron unha nación. Os palestinos estabelecéronse aquí recentemente, só desde hai moi pouco tempo. Que teñen a ver comigo?

EI: De acordo, a persoa que quere axudar ao pobo de Gaza fala así dos palestinos? Vostede nega a súa existencia?

Oficial Israelí: Mire, voulle dicir...

EI: Quere realmente axudar aos palestinos e di esas cousas?

Oficial Israelí: Por suposto, tamén axudo aos árabes que viven connosco dentro de Israel, a ti tamén... Agora estou seguro, polo seu acento, de que non é da Franxa. Vostede non é de Gaza. Pero eso está ben. Estou listo para falar con vostede.

EI: Sabe por que estou contento por falar con vostede? Porque cada minuto que estou estragando o seu tempo... Quero malgastar o seu tempo porque vostede é membro das terroristas Forzas de Defensa de Israel.

Oficial Israelí: Isto está ben. Vostede non está malgastando o meu tempo. Estou contento de falar con persoas coma vostede. Por que? Porque vostede está equivocado, pero non sabe que está equivocado. Polo que se falo con vostede, é posíbel que comece a librarse da súa equivocación.

EI: Non quero malgastar máis o seu tempo. Déixeme dicirlle algo.

Oficial Israelí: Por Deus, é vostede unha persoa coa que me gusta falar.

EI: De acordo, o seu exército que foi derrotado no Líbano vai perder tamén en Gaza.

Oficial Israelí: É posíbel. Quizais saibas do que estás a falar.

EI: Despídome, meu querido Abu Ibrahim.

Oficial Israelí: Pode que nos vexamos noutras circunstancias mellores.

EI: Si, espero que sexa na Corte Internacional da Haia.

Oficial Israelí: Está ben.

EI: Si, vaia buscar colaboradores noutro lugar. Non atopará ningún aquí.

Oficial Israelí: Niso tamén está equivocado, pero non pasa nada...

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.