06/01/2009

O presidente da comunidade xudía en Roma descubre sen querer un engano sionista!


O sionista Pacifici, presidente da Comunidade Xudía en Roma, co fascista Gianni Alemanno, alcalde de Roma.


Miguel Martínez
Palestine Think Tank



O xornal italiano Il Manifesto, na súa edición do 4 de xaneiro, publica un abraiante artigo que revela o que se agocha tras a escena Hasbará.

O presidente da Comunidade Xudía en Roma, Riccardo Pacifici, anunciou recentemente que a Unión de Comunidades Xudías de Italia estaba a piques de doar 300.000 euros en medicamentos para as vítimas da guerra en Gaza: 200.000 para “os nenos e a xente de Gaza”, 100.000 para “os nenos e civís” de Israel.

O Ministro de Exteriores italiano expresou a súa grande admiración polo xeneroso xesto.

Poren, un emigrante ultradereitista italiano en Israel, Shimon Fargion, levantou unha ruidosa protesta contra esta axuda aos palestinos.

Ricardo Pacifici respondeulle a Fargion, nunha lista de correo aparentemente semipública. Primeiro declarou o seu “total apoio a esta guerra en Gaza”. Explicou que este “xesto de humanidade” fora “decidido de antemán e conxuntamente cos mandos israelís (por razóns obvias, non podo entrar en detalles)”.

Pacifici explicou que a comunidade xudía en Italia acordou co embaixador israelí manter un “perfil baixo” neste momento. “Podo asegurarlle –escribe Pacifici- que a decisión de enviar medicamentos aos nenos de Palestina e Israel foi tomada só por razóns mediáticas, e que só sirve para a nosa loita nos medios de comunicación en defensa de Israel que comezará o luns”. Pacifici informou que o 10 de xaneiro haberá un evento multitudinario no que participarán 1.500 personalidades elixidas xunto co embaixador de Israel para “explicar a razóns de Israel e o seu dereito a facer esta guerra”.

Pacifici explica que a comunidade xudía de Roma non gastou “nin un euro” nos medicamentos, que foron doados por “unha organizacións xudía internacional” e garantirá que “en ningún caso nin un só medicamento chegará a Gaza a menos que fose autorizado polo Goberno de Israel”.

De seguido, Riccardo Pacifici, presidente da Comunidade Xudía en Roma, escribiu outro correo electrónico máis persoal a Shimon Fargion:

“Querido imbécil... dáme o teu enderezo para que poida ir e patear o cu... por Israel teño un puro duro traballo e teño unha escolta policial... MONTE DE MERDA... Fixen todo xunto coa embaixada israelí... Que carallo sabes ti sobre o que facemos nós? MONTE DE MERDAAAAAAAAAAAAA”.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.