09/01/2009

Gaza: Declaración da Conferencia Internacional de Partidos e Organizacións Marxistas-Leninistas

A barbarie sionista debe parar inmediatamente!



O goberno sionista de Israel, que é forza de choque do imperialismo occidental no Medio Oriente, de novo, está a masacrar ao pobo indefenso de Palestina. A agresión a gran escala levada a cabo por avións caza, bombardeiros e artillaría pesada xa causou uns 500 mortos e 2500 feridos en Gaza.

Malia as protestas e a indignación dos pobos árabes e dos pobos do mundo, os asasinos sionistas están agora levando a cabo operacións terrestres na Franxa de Gaza.

Aqueles que asasinan crianzas, que deliberadamente bombardean lugares considerados sagrados polo pobo, que ignoran os sentimentos humanitarios de millóns de persoas, que practican o terrorismo de estado, pretenden cinicamente “loitar contra o terrorismo”, para “defender os valores do mundo civilizado”.

Mais, como poden actuar con total impunidade? Quen os apoia e anima a actuar deste xeito? A resposta a estas preguntas atópase na “resolución” (ou mellor ‘irresolución’) da recente reunión do Consello de Seguridade da ONU. Os que afirman dar leccións de democracia e dereitos humanos para todo o mundo nin sequera foron quen de denunciar esta barbarie do estado sionista.

Incluso antes de xustificar a súa barbarie os voceiros do exército sionista, os voceiros do imperialismo occidental diminúen os feitos até o punto de declarar que se trata dunha “guerra defensiva”. Israel síntese alentado polo silencio dos gobernos das grandes potencias, pola ausencia de medidas concretas, de sancións, que obriguen a acabar con esta guerra. Os que teñen o poder de decisión nas Nacións Unidas son os mesmos bandidos capitalistas e imperialistas que apoian aos sionistas agresores e ocupantes. Esta é a razón pola cal non podemos agardar nada destes “defensores da humanidade e da civilización”. Pero como o fixo durante 60 anos, Palestina continúa e continuará en pé resistindo.

Se os pobos árabes e musulmáns do Medio Oriente realmente queren axudar aos seus irmáns palestinos, deben desfacerse dos seus gobernos colaboracionistas. Non é posíbel colaborar cos Estados Unidos e o imperialismo e, asemade, opoñerse á opresión israelí sobre Palestina. Debemos proclamar esta verdade de forma clara e contundente.

Nós, a Conferencia Internacional de Partidos e Organizacións Marxistas-Leninistas, facemos un chamamento a todos os obreiros e a todas as forzas democráticas de todo o mundo para defender e organizar accións concretas de solidariedade co pobo palestino que loita contra a opresión sionista.

Facemos un chamamento para:

- Aumentar a presión sobre os gobernos para que interpoñan sancións a Israel, así como a conxelación das relacións diplomáticas e a suspensión dos acordos de cooperación con Israel.
- Aumentar a denuncia internacional desta guerra de destrucción masiva contra o pobo palestino.
- Apoiar as iniciativas e manifestación que, en todo o mundo, están esixindo a fin da ofensiva militar israelí.


Facemos un chamamento para a intensificación da loita contra o imperialismo e os seus colaboradores, contra o sionismo e contra todos aqueles que apoian e alentan a barbarie israelí.

Fin inmediata da masacre sionista en Gaza!
Fin inmediato do bloqueo sobre Gaza!
Liberdade para Palestina!
Abaixo co imperialismo e o sionismo!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.