Pyongyang, 18 de abril
KCNA
«Como xa aclaramos, as medidas de sanción que se tomen pretextando o lanzamento dun satélite artificial pola República Popular Democrática de Corea, ou calquera presión pretendida a través da “participación total” na “Iniciativa de Seguridade contra a Proliferación” (PSI en inglés), constitúen unha aberta declaración de confrontación e guerra contra a RPDC.»
Así o sinalou o voceiro do Estado Maior Xeral do Exército Popular de Corea nunha entrevista concedida este sábado á Axencia Telegráfica Central de Corea con motivo da intensificación dos ataques da camarilla do traidor Lee Myung Bak contra o lanzamento dun satélite artificial con fins pacíficos por parte da RPDC.
«Os nosos científicos e técnicos situaron na órbita planificada o satélite artifical Kwangmyongsong 2, lanzado a bordo do foguete transportador Unha-2», comentou o voceiro.
E continuou: «Esta noticia conmove no só aos compatriotas do norte, do sur e de ultramar, senón tamén á humanidade progresista que eloxia e envexa este suceso.»
«Unicamente os agresores norteamericanos e xaponeses, así como a grupo do traidor Lee Myung Bak, están escandalizados polo éxito do lanzamento do satélite artificial como se caese unha bomba nuclear no patio da súa casa e están a librar unha campaña anti-RPDC sen precedentes, falando da violación da resolución da ONU e de sancións.
«Capitanea esta campaña a abominábel camarilla do traidor Lee Myung Bak, que non conseguiu nada do que se propuña, como o envío dun destrutor das forzas marítimas marionetas para que interceptara o noso satélite xunto con buques das tropas agresoras norteamericanas e xaponesas.
«Nestes días, esta horda expón abertamente, a través de elementos do círculo militar, a súa sinistra intención de desatar incluso a guerra dicindo que se debe enviar á RPDC “unha forte e unánime mensaxe mundial” e exercer a presión práctica mediante a “participación total” na PSI.
«Partindo da súa estúpida lóxica, o traidor Lee Myung Bak e o exército monicreque, insisten en que tanto o lanzamento do satélite artificial como do foguete supoñen unha violación.
«Neste mundo non son poucos os países que lanzaron un satélite artificial. Por suposto, ningún deles o fixo soprando, sen utilizar un foguete. A insistencia absurda do grupo do traidor Lee dicindo que os satélites que lanzan os seus amos norteamericano e xaponés non son problemáticos, pero si o son os lanzados polo noso país, é so a evidencia do seu servilismo e submisión ás grandes potencias e do seu carácter vendepatria e chauvinista nacional.
«Non se pode perdoar de ningunha maneira o crime antinacional, antireunificación e antipaz desta horda que traballa desesperadamente para atropelar aos compatriotas cooperando coas forzas estranxeiras e até cos inimigos xurados, no canto de aplaudir sinceramente este acontecemento digno de rexistrarse na historia nacional e que amosou ao mundo a dignidade e a intelixencia da nosa nación.
«Xa que foron declaradas oficialmente a confrontación e a guerra contra a RPDC, as nosas forzas armadas revolucionarias optarán por fortalecer por todos os medios o poderío defensivo do país, inclusive o disuasivo nuclear, sen comprometerse ao acordo das conversas a seis bandas.
«Desde o comezo, o Exército Popular de Corea non tivo ningunha esperanza nesas negociacións, polo que vixiou constantemente os movementos dos agresores norteamericanos e xaponeses a ao grupo do traidor Lee Myung Bak.
«Do mesmo xeito que no pasado, as nosas forzas armadas revolucionarias manteñen a disposición de mobilización para castigar implacabelmente a calquera que atente, aínda no máis mínimo, contra a nosa soberanía e dignidade, perseguíndoo até o último recuncho do mundo.
«O ataque das nosas forzas armadas revolucionarias é ilimitado. O grupo de traidor Lee Myung Bak non debe esquecer nunca que Seúl está só a 50 quilómetros da Liña de Demarcación Militar. Se intensifica a campaña de confrontación coa RPDC sufrirán a vergonza e a ruína máis amargas.»

Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.