13/05/2009

Avantar cara ao monolingüísmo é erguer Galiza no futuro

Comité Nacional de ADIANTE


Cada ano que pasa, temos menos que celebrar nesta data do 17 de Maio. A situación do noso idioma é máis que precaria. A perda de utentes entre a mocidade cae en picado. Pasamos dun goberno bipartito despreocupado polo galego, a outro, da dereita españolista, directamente hostil contra a única lingua propia de Galiza. Para alén, o movemento normalizador conta con infraestrutura e efectivos abondos como para reverter a situación, pero se atopa acomodado, fragmentado, enfrontado e dividido.

Por iso, dende ADIANTE, facemos un chamado á unidade real en defensa do idioma galego. Exiximos o cese inmediato das fraticidas desputas normativistas que tan só benefician ás/aos inimig@s do galego. Pulamos pola intervención na rúa e non nos despachos, pola política da mobilización fronte a política da subvención. Debemos loitar pola nosa lingua nacional dende a base, dende o pobo traballador (Lingua proletaria do meu pobo (…) que diría Celso Emilio). Facemos logo, un chamado a priorizar a supervivencia do galego por riba das nosas diferenzas, intereses e opcións.

Denunciamos, por outra banda aos partidos do poder, en especial a un PP coas “boinas” acouzadas e no que emerxen unha caste de cipaios mais tecnócratas e ultraespañolistas ca nunca e coa mente posta na Meseta. Apuntamos a responsabilidade dos medios de “información” do rexime pola súa continua tendencia á mentira sobre o estatus do galego no ensino, á manipulación sobre a inventada “imposición”, á difamanción d@s defensoras/es do galego e, sobretodo, pola súa cobertura e exaxerada publicidade de grupúsculos supremacistas e xenófobos como Galicia Bilingüe ou UPyD. Tod@s (políticos españolistas, xornalistas a soldo, empresari@s galegófobos…) deben ter o mesmo trato para @s que defendemos o noso idioma: o trato de DELICUENTES. Non son outra cousa.

Exiximos tamén o cese inmediato das medidas represivas contra as persoas que se cruzaron no camiño da cativa movilización nazi-fascista e españolista do pasado 8 de Febreiro, a demisión do Delegado do Goberno español en Galiza, e a ilegalización dos grupúsculos galegófobos que espallan odio racial entre a sociedade galega, coa colaboración da prensa do sistema e do PP de Feijoo.

É hora de loita polo galego. Xa o foi sempre, pero non demos acordado. Agora estamos para ben pouca festa, para moi poucas lerias. O Día das Letras galegas debe ser un día de loita pola supervivencia. Pero ademais, o Día das Letras galegas ten que ser todos os días do ano. Cómpre máis do que nunca mobilizar á mocidade na loita polo monolingüísmo social, convencela de que se poden desenvolver en galego. Convencer as mozas e mozos de Galiza de que temos unha lingua internacional nada aquí mesmo, e de que se pode estudar, traballar, pensar, vivir… normalmente en galego.

Dende ADIANTE facemos un chamado a apoiar todas as mobilizacións pola defensa do noso idioma, en especial as máis inmediatas: a Folga estudantil do 14 de maio e a manifestación nacional do 17 de maio en Compostela.

ADIANTE CO MONOLINGÜÍSMO SOCIAL!
EN GALIZA, EN GALEGO!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.