Debuxo de Tasio publicado no Gara
As distintas burguesías do Estado español continúan sen complexos a defensa dos seus intereses. Esta mesma madrugada do 16 de maio, o Tribunal Supremo ven de anular por 11 votos a favor e 5 en contra a lista de Iniciativa Internacionalista. Nada novo baixo o sol. Disto saben ben eses milleiros de vascos que levan tempo sen poder votar a quen eles queren.
Unha campaña mediática que ben podería asinar Goebbels, abriu as portas a esta nova constatación do que nos aprenderon os vellos marxistas hai moito tempo: a democracia burguesa non é máis que a ditadura da burguesía.
Como dicides, nada novo. Aquí levan anos nas cadeas os comunistas do PCE(r) sen que a maioría dixera ren. Despois foi Batasuta e moitos aproveitaron a ver se podían apañar un feixe de votos á súa conta.
ResponderEliminarCoido necesario que a outra lista revolucionaria, o PCPE, se desvincule desta tomadura de pelo.
Saúdos.
Hai que usar todolos medios de loita posibles. Pero hoxe as urnas non valen. Concentremos os esforzos noutros campos e non perdamos o tempo neste.
ResponderEliminar