Organización da mocidade comunista e independentista de Galiza
Rúa da Garda, 10 – baixo B
36940 Cangas do Morrazo
GALIZA
Nestes días está a se desenvolver unha folga no sector do metal do suroeste de Galiza que levaba varios meses a xermolar. O parón obreiro é maioritario e a participación na loita é masiva.
Eis a análise da coxuntura:
- As/os traballadores/as do metal están unidos/as e firmes. Toman posicionamentos máis avanzados e combativos do que os chamados sindicatos “maioritarios”. Están dispost@s a non dar un paso atrás e a non se deixar enganar. Trátase do seu pan e do pan das súas familias. Teñen todo o apoio e a solidariedade da clase obreira de Galiza.
- A patronal dos estaleiros e do metal continúa coa súa tradicional actitude chulesca de yuppies. Desde as poltronas dos seus despachos, non achegan máis que mentiras, inmobiilsmo, ameazas, violencia e manipulación. Son os únicos responsábeis de todas as molestias e situacións de violencia acontecidas e, tamén, das que poidan vir.
- Os medios de comunicación servís, mercenarios e submisos ao Poder e aos patróns, tan só teñen unha consigna: enganar ao pobo e encirralo na contra das/os traballadoras/es. Falan dunha suposto cidadanía amolada. Esquecen que só hai “cidadáns" no contexto dunha República (nas Monarquías hai “súbdit@s”), e de que neste caso as/os traballadoras/es en loita tamén serían “cidadáns”.
- A represión segue na súa liña. Louro e Delfín non saben doutra alternativa que enviar a “anti”disturbios drogados até as cellas e devecentes de violencia. Non só feriron aos folguistas en loita, senón tamén a reporteiros/as e transeúntes, chegando mesmo a disparar ás fiestras dos edificios. Exiximos pois a inmediata dimisión do Delegado e do Subdelegado do Goberno.
Neste escenario pódese dicir ás claras que non queda outra: a loita é o único camiño. Xa non abonda coa folga no sector do metal, debemos respostar tod@s, porque están a nos agredir a tod@s. Debemos camiñar logo cara unha folga xeral nacional que resposte a todas estas agresións, que sinale aos responsábeis da nosa miseria, que abale as estruturas do Poder corrupto, que denuncie os enganos da prensa do sistema.
Porque como dicía unha promo do grupo musical S.A. “se non temos coidado, os medios de comunicación farán que odiemos aos oprimidos e que amemos aos opresores”.
ADIANTE COA LOITA DO METAL!
FOLGA XERAL NACIONAL XA!
Boas.
ResponderEliminarA cita que pecha o comunicado non sei se será parte dunha letra de S.A., o que si sei é que a dixo Malcom X.
Un saúdo e a continuar!
Gralla correxida
ResponderEliminar