Comunicado de ADIANTE ante o 7 de de xuño
Ante a convocatoria electoral europea do 7 de xuño, o Comité Nacional de ADIANTE, organización da mocidade comunista e independentista de Galiza, reunido de xeito ordinario en Compostela o 17 de Maio de 2009, manifesta publicamente o seu apoio activo á candidatura Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos (II-SP). É esta unha frente popular antifascista do século XXI na que participan diversas entidades das esquerdas independentistas baixo xugo español, e tamén, da esquerda real de ámbito estatal respectuosa co dereito de autodeterminación dos pobos e nacións sen soberanía.
Sobran as razóns para apoiarmos II-SP. ADIANTE é unha entidade xuvenil fundamentalmente internacionalista e levamos 5 anos amosándoo co noso traballo diario. Para alén, van integrad@s na lista de II-SP sete compañeiras e compañeiros galeg@s cunha traxectoria intachábel nas frentes política, sindical e cultural. E por último, II-SP está a sufrir uns ataques represivos a todos os niveis que dan boa fé da calidade anticapitalista e antiimperialista dos seus principios e obxectivos.
Por iso, apoiamos esta candidatura, amosamos o noso desprezo a todos os axentes (políticos, xudiciais, mediáticos, represivos,…) que levan semanas a criminalizar II-SP e, para alén, facemos un chamado a tod@s @s promotoras/es, apoiantes e simpatizantes da candidatura unitaria a alongar no tempo (máis alá das eleccións do 7-X) e no espazo (máis alá dos pobos baixo o xugo do EIE) a traxectoria da mesma. Unha cousa queda clara. Chega un intre no que o Estado Imperialista Español (EIE) se atopa nunha encrucillada tal, que descobre as súas cartas: ou ser un estado aparentemente democrático, ou manter a artificiosa “unidade” de “España”. Para acadar ambos obxectivos a historia revolouno impotente, fracasado e incapaz. A súa escolla final xa a coñecemos de longo.
Para que se agranden estas contradicións que desenmascaran ao EIE. Para crear o xerme dunha solidariedade da clase traballadora e dos povos oprimidos a nivel europeo e internacional. Para que remate a expoliación, as agresións ás mulleres, xoves e minorías. Para frear a destrución do noso ecosistema. Para denunciarmos o carácter represivo e antidemocrático do rexime español e da UE. Para mellorar as condicións de vida do proletariado e da mocidade obreira. Para que nos devolvan o roubado… O 7 de Xuño, votemos mazizamente Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos (II-SP).
Viva Galiza independente e socialista!
Adiante II-SP!
Comité Nacional de ADIANTE
Parece ser que houbo moitisimas irregularidades no preoceso electoral... moitas máis que noutras ocasións, e ademáis moitas delas totalmente demostradas, sobretodo en Euskadi.
ResponderEliminarEn que quedaría iso? Porque non se volveu falar nada...