A Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), un dos moitos brazos da imperialista Unión Europea, ven de aprobar unha resolución na que se equipara nada menos que o nazismo coa URSS da época de Stalin, o que eles chaman “estalinismo”.
Evidentemente, o que menos lles importa ás súas señorías é a figura de Stalin. O medo subxacente e real, agochado detrás da crítica a Stalin, está moi claro: o comunismo. Todos estes representantes dos intereses capitalistas a nivel europeo, saben que o tempo de crise é momento de lanzar unha nova campaña anticomunista. E se para iso hai que facer o ridículo, pois se fai. Do punto de vista histórico, e falamos da historia desde a ciencia, non desde a propaganda capitalista (sexa esta orwelliana, fascistas, pequenoburguesa ou socialdemócrata), equiparar a Hitler con Stalin é, sinxelamente, unha obscenidade propia dun analfabeto... ou dun cínico. E o peor é que eles o saben, mais a importancia de expandir o paradigma imponse á vergoña.
Fala a resolución de converter o 23 de agosto no Día de Lembranza das Vítimas do Estalinismo e do Nazismo. O día coincide coa sinatura do pacto xermano-soviético. Nada di a resolución do embargo que Inglaterra decreta contra as exportacións da URSS en 1917; nada di do papel de Churchill na invasión militar da URSS por parte de 14 países capitalistas en 1918; nada di da invasión xaponesa á China do Norte en 1931 e a chegada dos nipóns á fronteira soviética en Siberia; nada di da ocupación italiana de Etiopía en 1935; nada di da proposta da Unión Soviética en 1935 dun sistema de seguridade colectiva ante o perigo da expansión fascista; nada di dos tratados que nese sentido asinou a URSS con Checoslovaquia e con Francia; nada di da política de “non intervención” de Francia e Inglaterra en 1936 que daba liberdade de acción aos nazis; nada di do pacto Anti-Komintern entre Alemaña e Xapón; nada di do apelo da URSS á Inglaterra e Francia para organizar unha defensa colectiva de Austria ante a invasión nazi; nada di da mobilización de 330 mil reservistas e 40 divisións soviéticas cando Hitler, en maio de 1938, concentra as súas tropas na fronteira checoslovaca; nada di da reunión, en setembro de 1938, que mantiveron ingleses e franceses coas potencias fascistas; nada di da entrega aos nazis de Checoslovaquia por parte das potencias imperialistas; nada di da declaración que asinan o 30 de setembro de 1938 Inglaterra e Alemaña e na que os dous países manifestan o desexo de “nunca máis entrar de novo en guerra unha contra a outra”; nada di dun pacto semellante entre Francia e os nazis en decembro dese ano; nada di da proposta soviética a Checoslovaquia para axudala no caso de agresión alemán e a negativa desta; nada di da oferta que Alemaña fai a Polonia dun anaco de chan checoslovaco, e do "si, quero" do goberno reaccionario polaco; nada di da procura que en marzo de 1939 fai a URSS dunha alianza antifascista, e do silencia de Inglaterra e Francia, nada di das conversas secretas que manteñen, entre xuño e agosto de 1939, ingleses e alemáns, nas que Inglaterra se compromete a deixar vía libre aos nazis no leste e sueste europeo, a acabar con calquera conversa coa URSS e a instar a Francia para que faga outro tanto, a cambio de que Alemaña non se meta nos asuntos ingleses; nada di da agresión nipona a Mongolia en maio de 1939 e a axuda internacionalista, demoledora e decisiva das tropas soviéticas; nada di do silencio inglés e francés, en agosto de 1939, á esixencia soviética de compromisos concretos contra os nazis; nada di da negativa polaca á oferta soviética para combater aos nazis no chan polaco no caso de agresión alemá...
En fin, nada di da situación neses momentos, da situación illada da URSS fronte ao ataque dos nazis, do desexo de franceses e ingleses desa invasión nazi sobre a URSS... No canto de explicar as razóns que levan á URSS a verse obrigada a asinar o pacto cos alemáns, agochando os feitos históricos documentados, estes capitalistas falan dun pacto entre dous réximes equiparábeis...
Pouco importa que a Historia demostrara que ese pacto, obrigado, constituíu a chave da vitoria antifascista.
Dun total de 385 votos, tan só houbo 8 contrarios a esta resolución. Un deles foi o propio presidente actual da OSCE, o comunista grego Konstantinos Alisandrakis. Alegrámonos polo voto en contra, mais tamén preguntamos: que diaños fai nesa institución imperialista alguén que se define como comunista?

Camaradas , não vêem quão boa é essa notícia ?
ResponderEliminarO ataque famigerado da OSCE é nada mais nada menos do que uma clara declaração de medo de que o fantasma do socialismo volte a assombrar as mansões e palácios dos donos do mundo . Isso pode parecer uma vitória , mas é mais um flerte do capitalismo . Em breve , não teremos mais flertes e sim espasmos pós-mortem do capitalismo . Mas é claro que devemos ser combativos , e não deixar que esse ataque motivado pelo medo seja levado a sério , por isso , os camaradas da Europa devem combater a OSCE como deve ser combatido , com protestos e a revolta popular contra tal infamia .
Todos tentam calar Stalin pois sabem que a história fala por ele. E pra quem a conhece de verdade ela fala bem e isso incomoda aos reacionários e traidores por isso a tentativa de cala-lo. Não irão conseguir.
ResponderEliminarHá que pacientemente contribuiar para a superação do anti-estalinismo. Todo o apoio às vossas realizações nesse e noutros campos.
ResponderEliminarUm português do norte.