Hai uns días presentábase a Base de Datos da Vítimas da Represión Franquista, que fai parte do Proxecto de Investigación Interuniversitario: “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”. Dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto, este traballo de pescuda quer darnos a coñecer os nomes, as voces e os lugares da represión. Nomes: unha relación dos represaliados feita a través do estudo das fontes escritas da época, das fontes orais e de estudos locais. Voces: darlle a palabra aos superviventes e aos familiares directos. Lugares: o cartografiado da represión onde aparezan os escenarios máis relevantes da represión.
Pois ben, xa está dispoñíbel na internet a Base de Datos das Vítimas da Represión Franquista. Sen dúbida, unha boa e necesaria ferramenta para recuperar un chisco da nosa Memoria Histórica roubada.
Asemade, tamén viu á luz o Primeiro Informe Vítimas da Represión en Galiza, un pormenorizado traballo de investigación onde poder ver estatísticas sobre as persoas asasinadas, a súa distribución por concellos, o tipo de castigo, a distribución das profesións e clase social dos represaliados, etc. Un traballo que, sen estar nin moito menos pechado, constitúe un grande avance para salvar do esquecemento a memoria das persoas represaliadas polos fascistas

Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.