REFLEXIÓNS SOBRE O 71 ANIVERSARIO DA INVASIÓN NAZI DA URSS
(22 DE XUÑO DE 1941)
Grover Furr
O 22 de xuño de 1941 o exército de Hitler invade a Unión Soviética.
Durante varios meses o Exército Vermello retrocedeu. En outubro, e de novo en decembro, o Exército Vermello contraatacou, empurrando as forzas fascistas. Esta foi a primeira vez que as forzas lideradas polos nazis foron paradas: británicos e franceses foron rapidamente derrotados pola Wehrmacht (exército alemán).
A URSS foi invadida non só polos alemáns. A maior parte de Europa, ocupada polos alemáns, achegou as súas materias primas e os seus recursos industriais e humanos á invasión. Unidades militares de case todos os países europeos loitaron no bando do exército nazi. Por tanto, é mellor referirse ás forzas de Hitler como as forzas “Fascistas”.
Finlandia, Romanía, Hungría e Italia tamén declararon a guerra á URSS e empregaron numerosas forzas na invasión. Estes mesmos exércitos colaboraron nos asasinatos masivos de cidadáns soviéticos, uns 15 millóns, entres eles 4 dos 6 millóns de xudeus asasinados polos fascistas.
O Exército Vermello enfrontouse ao 80% de todas as forzas fascistas (alemáns e aliados), moitos máis do que fixeron os aliados occidentais. Morreron máis soldados soviéticos durante a toma de Berlín que soldados estadounidenses en toda a guerra.
O Exército Vermello salvou Europa do fascismo.
Os aliados occidentais esforzáronse por axudar a Hitler a conquistar a Unión Soviética. Hai unha enorme cantidade de probas disto. Os máis coñecidos exemplos son este:
- A traizón de “Múnic” de outubro de 1938, en que británicos e franceses deron a democrática Checoslovaquia a Hitler sen tan sequera informar o Goberno checoslovaco (primeiro o sueste e despois de marzo de 1939 todo o país). O Banco de Inglaterra inclusive transferiu as reservas de ouro checoslovacas a Hitler!
- A negativa do Goberno británico, en agosto de 1939, a asinar un tratado de defensa mutua coa Unión Soviética contra a Alemaña nazi, o que garantiu a vitoria de Hitler contra Polonia en setembro de 1939.
- A negativa de Inglaterra e Franza a defenderen Polonia cando Hitler a invadiu o 1 de setembro de 1939, a despeito do seu tratado con Polonia de defensa mutua.
- A “guerra falsa” desde setembro de 1939 a maio de 1940, cando Franza e Inglaterra, malia estaren formalmente en guerra con Hitler, se negaron a loitar contra as súas forzas.
- A tentativa inglesa e francesa de enviaren un exército para loitar contra a URSS no bando da Finlandia proxermana durante a guerra ruso-finlandesa que tivo lugar entre decembro de 1939 e marzo de 1940.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.