Cita de Castelao
Agora convén que faga unha pequena aclaración. Eu non son comunista. Non sei se teño condicións para o ser. Non sei se pesan sobre min prexuízos adquiridos na infancia e na lectura de libros velenosos. Mais chamándome modestamente republicano podo afirmar que teño un espírito aberto, disposto a todo sen pedir ren, e que na miña viaxe á URSS adquirín a convicción de que alí se está a sementar unha nova vida que ha ser o molde dos demais pobos do mundo. E disto non teño absolutamente ningunha dúbida. Se a experiencia fracasase, sempre debíamos ficar agradecidos a un pobo que fai experimentos na súa propia carne, non na carne dos demais. Se a experiencia fracasase sempre sería motivo de admiración e de agradecemento de todos os homes cara ao pobo soviético que con tanta xenerosidade se prestou a facer esta experiencia. Mais se a experiencia triunfa como triunfou, daquela ao agradecemento hai que engadir a admiración e submisión a uns principios que son os únicos que poden salvar o mundo.
Ao volver da URSS e pasar por Londres e París sentín que viviría moito máis a gusto na Rusia soviética.
Castelao, en Nueva Galicia (Barcelona, nº. 43, 12/6/38), citado en Castelao na Unión Soviética en 1938, Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, Vigo, 2012). Tradución propia dun texto orixinal en castelán.
Cita sobre Castelao de Ernesto Guerra da Cal:
É unha mágoa que un home tan grande sexa tan pequeno nalgunhas cousas. Aquí [Nova York, 1939] estivo dicindo misas estalinistas de pontificial todo o tempo.
Palabras de Ernesto Guerra da Cal a E. Blanco-Amor. Citado en Castelao na Unión Soviética en 1938, Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, Vigo, 2012) Tradución propia dun texto orixinal en castelán.
Ernesto Guerra da Cal se cubríu de merda por ese comentario, entre outros.
ResponderEliminarDebe estar ben curioso ese libro sobre Castelao na URSS. E debería ser esclarecedor para todos estes que teñen en alta estima a Castelao, mais que despois poñen a parir a Stalin.
Iso tamén pasa co Che Guevara, que tamén tiña en alta estima ao camarada Stalin, e isto ou non o saben ou non o queren saber moitos que portan as súas camisetas e demáis parafernalia, e tratan a Stalin de "villano"... (como no recentemente desafortunado comentario de twitter do señor Gordillo).
SLAVA CASTELAO! VIVA STALIN!!