Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comprendermos Corea
27/11/2006


"Che Guevara visitou Pyongyang en 1965 e comentou á imprensa que Corea do Norte era un modelo ao que Cuba revolucionária debia aspirar." (1)

Corea do Norte é un país ridiculizado e ultraxado de xeito constante. O seu líder, Kim Jon-il, é demonizado pola direita e -agás Guevara en 1965 e os seus defensores hoxe- tamén pola esquerda. Declaran que Kim é un demente, ainda que ninguén aporta evidéncias que demostren ese diagnóstico. Semella que polo feito de facer todo o mundo esta afirmación, esta xa ten que ser certa. De ter esa ollada luminosa do Che poderia ser un icono da esquerda, como di Bruce Cumings. (2) Pola contra, o regordecho Kim foi convertido nunha caricatura, un Dr. Evil cun mal corte de pelo e vestido con roupa de hospital. O país que el preside, tan sinistro como el, é un perigo, iso din, para a paz e a seguridade internacionais, ofuscado como está en provocar unha guerra nuclear. Contan-nos que os anos de pésima xestión económica fixeron de Corea do Norte un caso perdido e que os seus cidadáns, nomeados prisioneiros no mellor dos casos, pasan fame e son reprimidos por un ditador sen piedade.

Motísima xente pode recitar o catecismo anti Corea do Norte - estado-prisión, reino do ermitaño, pária internacional-, ainda que todos eles confesarian que a iformación que teñen sobre o país, aparte das caricaturas oferecidas polos meios, é paupérrima ou inexistente. Isto sempre foi así. Xa en 1949, Anna Louise Strong tivo que escreber que "existe un pobre coñecimento público sobre o país e a meirande parte dos titulares máis que descreber, deforman os feitos." (3) Pola sua banda, Cumings cualifica as informacdións da imprensa estadounidense sobre Corea do Norte como "non informativos, non fiáveis, a miúdo sensacionalistas e enganosos".

Un dos motivos polos que os titulares deforman, incluso hoxe, especialmente hoxe, pode ser resumido nun siloxismo. Cando a Segunda Guerra Mundial chega ao Pacífico, era en grande parte unha loita entre os intereses económicos dominantes dos Estados Undios e os intereses económicos dominantes de Xapón polo controlo do Océano Pacífico, incluída a península coreana. Xapón ocupara Corea desde 1910 até 1945, ano no que foi expuslado pola resisténcia corena, sendo unha das suas principais figuras o fundador de Corea do Norte, Kim Il-sung, e pola entrada da Unión Soviética na guerra no Pacífico. Após a rendición de Tókio, os Estados Unidos tentaron asentar o dominío sobre as antigas posesións coloniais xaponeses, entre elas Corea. O estado guerrilleiro conducido por Kim trastornou eses proxectos. As ricas famílias capitalistas que dominan tanto a política exterior estadounidense como os meios de comunicación, recoñecen que Corea do Norte é unha ameaza para os seus intereses.Na República Popular Democrática de Corea (DPRK) non habia sítio para o livre cámbio, a empresa privada e o capital dos Estados Unidos. Isto permitiu prosperar ao país, proporcionando un referente antagónico ao capitalismo norteamericano, referente que outros países podian copiar e que revolucionários como o Che viron como un modelo no que inspirar-se. Os titulares enganan, máis que informar, porque Corea do Norte está contra os intereses deses que os escreben.

A miña perspectiva non é á da corrente principal ou a dos inversionistas, banqueiros e famílias ricas. Non apoio as sancións, nen a guerra, nen o desarme de Corea, e tampouco a política de Washington sobre Corea do Norte. Cando o New York Times solicitou a John Bolton, embaixador estadounidense na ONU, unha explicación polo miúdo da postura de Washingron con respeito á DPRK, Bolton "despois de rebuscar nun estante, colleu un volume intitulado A Fin de Corea do Norte e, golpeando a mesa con el, dixo: Esta é a nosa política." (4) A acusación de tolémia non é outra cousa que un xeito de dar credibilidade á absurda afirmación de que Corea do Norte é un perigo para o mundo. Non o é. A única ameaza que representa Corea do Norte é a dunha forte defensa própria aos proxectos dos Estados Unicos existentes desde hai moito tempo de dominar a península coreana, dun xeito ou doutro.

As raíces da II Guerra Mundial

Xapón colonizou Corea en 1910. Durante os seguintes 35 anos Corea foi unha enorme fonte de benefícios para os industriais e os financeiros xaponeses, benefícios que proviñan do sangue e do sofrimento dos coreanos. Milleiros de coreanos e coreanas foron levados a Xapón como traballadores forzados ou como escravas sexuais. Mais Xapón non podia dominar a península só. Contaban coa axuda de terratenentes e industriais coreanos ricos que, anos máis tarde tamén apoiarian ao governo de ocupación estadounidense e, pouco despois, ocuparian os postos chave no estado sulcoreano.

Ainda que Pearl Harbor marcou o comezo formal das hostilidades armadas entre Xapón e os Estados Unidos, o certo é que os dous países xa comezaran o conflito moito antes que o ataque a Pearl Harbor. Os dous procuraban dominar os países do Pacífico oriental e asegurar as suas riquezas meiante monopólios. Tókio levou a cabo unha política exterior agresiva e expansionista, apoiada nas armas, para expulsar ás outras forzas imperialistas da rexión. Os Estados Unidos, xa cunha posición dominante nas Filipinas, Guam, Hawai e Samoa, buscaron unha porta aberta para os seus exportadores e inversionistas na China. Coas duas poténcias perseguindo o papel dominante, era inevitável que, antes ou despois, remataran en guerra.

Unha vez que estoupou formalmente a guerra, Washington tiña diante sua unha perspectiva seductora. Se Xapón era derrotado, as suas colónias pasarian aos Estados Unidos, quizais non como colónias absolutas, máis si como territórios nos que teria a voz dominante. Noutras palavras, un final positivo para os Estados Unidos da guerra representaria todo o que estes buscaran antes do comezo desta.

Pouco despois de Pearl Harbor, o Ministério de Asuntos Exteriores estadounidense comezou a xogar coa idea de estabelecer unha administración fiduciária na Corea de posguerra. O debate xirou en torno a se unha relacion de fideicomiso daria a Washington suficiente influéncia nos asuntos coreanos da posguerra. A idea dunha administración fiduciária multilateral de Corea foi apresentada a británicos e franceses en 1943, mais os dous estados se negaron, temendo que debilitara os seus próprios impérios.

Unha división de autoria norteamericana

Non foron os coreanos quen biseccionaron a península polo parelelo 38. Foron os norteamericanos. O 10 de agosto de 1945, dous dias despois de que os soviéticos entraran na península coreana, dous coroneis norteamericanos, Dean Rusk e Charles Bonesteel, receberon a orde de dividir Corea en duas zonas de ocupación: unha norteamericana e outra soviética. Elexeron o paralelo 38 como liña divisória, dando-lle aos Estados Unidos o controlo da capital, Seul. Os soviéticos aceitaron a división coa condición de ter unha zona de ocupación soviética no norte de Xapón. Os norteamericanos negaron-se.

Un governo organizado por coreanos para coreanos, estabelecidos en Seul, foi fundado unhas semanas despois da rendición de Xapón. Chamou-se República Popular de Corea, nacida do Comité para a Preparacion da Independéncia de Corea e dos Comités Populares do Campo. Mália as suas pretensión de ser un exemplo de democrácia, os Estados Unidos rexeitaron recoñecer ao governo e traballaron activamente para reprimí-lo. Para os norteamericanos a República Popular de Corea tiña dous fallos: primeiro, non era responsável ante Washington; e segundo, tiña unha forte influéncia comunista.

No canto de permitir prosperar ao governo nativo recén criado, os Estados Unidos estabeleceron o que viñan planexando desde 1943: un rexime de ocupación militar estadounidense. O governo, que durou até 1948, estaba composto por coreanos fartos da ocupación estranxeira que querian unha Corea independente, unificada, e non separada artificialmente, cunha parte sul ocupada por un poder estranxeiro que anceiaba ser a voz principal nos asuntos coreanos.

Convidados inoportunos

Aos tres meses da ocupación, o governador militar estadounidense, Xeneral John Hodge, notou que o resentimento contra os norteamericanos crecia, e que os sulcoreanos advogaban pola sua independéncia. O termo "pro-americano", como comentou o governador, convertera-se en equivalente ao de "pro-xaponés", "traidor" ou "colaboracionista". Avisou que non habia que ignorar o sentimento antinorteamericano dos coreanos e que o sul era unha terra fertil para o comunismo. Tamén, que tiñan a Unión Soviética como inspiración.

As opinións de Hodge foron repetidas por Edwin Pauley, un amigo do Presidente estadounidense Harry Truman. Este enviou a Pauley a Corea en 1946 para facer unha análise sobre o terreno. Pauley ficou alarmado. O comunismo pode desenvolver-se aquí mellor que en práticamente calquer lugar do mundo", comentou-lle a Truman. Ao contrário que os soviéitcos, que tiveron que pasar por un periodo duro de industrialización para transformar unha paupérrima economia industrial nunha indústria colosal, os Comités Populares, de influéncia comunista, podian expropriar aos xaponeses as fábricas, os camiños de ferro, os servizos públicos e as indústrias de recursos naturais, e dirixí-los en benefício de todos desde o primeiro dia. Unha economia industrializada nas mans dos comunistas serviria como exemplo potencial dos méritos do socialismo e, o que ainda era máis importante, impediria aos inversionistas norteamericanos o aceso a estes mesmos recursos. De que valia vencer aos xaponeses, se non podias desfrutar do botín de guerra?

Colonialismo xaponés sen xaponeses

Os Estados Unidos, no seu primeiro ano de ocupación, suprimiron os Comités Populares criados. Hodge reclutou coreanos que serviran no Exército Imperial Xaponés como persoal dunha escola de oficiais de língua inglesa. En 1948, formara-se un exército sulcoreano, composto por seis divisións conducidas por antigos oficiais das tropas xaponesas. Un dos oficiais, Kim Sok-won, fora condecorado por Hirohito polos seus méritos na loita contra as guerrillas coreanas en Manchúria. Hodge tamén formou un corpo de policia, no que o 85% dos seus membros eran antigos membros da policia colonial. Esta policia foi encarregada de acabar cos Comités Populares formados nas distintas localidades. Após a derrota de Mussolini en Itália, os norteamericanos instalaron a un colaborador que continuou moitas das políticas de Mussolini. Os italianos chamaron ao novo rexime, instalado polos norteamericanos, fascismo sen Mussolini. Do mesmo xeito, no sul da península coreana, os norteamericanos impuxeran un colonialismo xaponés sen xaponeses.

Rebelión no sul

Pronto agroma unha rebelión no sul, na que tamén participa un importante movimento guerilleiro. Antes de 1948, a meirande parte das aldeas do interior están xa controladas pola guerrilla, que conta cun grande apoio popular. En outono de 1948, a guerrilla libera Yosu, provocando rebelións noutras cidades. O Comité Popular foi restaurada, izou-se a bandeira norcoreana e prometeu-se fidelidade ao norte. Un xornal rebelde reclamou a redistribución da terra, a purga dos colaboracionaistas en postos oficiais e unha Corea unificada.

Mentres o governo militar estadounidense permitia nominalmente a militáncia en organizacións de esquerda, a policia consideraba-os traidores que merecian a prisión ou un tiro. En 1948, a draconiana Lei de Seguridade Nacional foi utilizada para acurralar a 200.000 coreanos simpatizantes co norte e co comunismo. Un ano despois, 30.000 comunistas estaban presos e 70.000 en campos de concentración. O sul, coa sua represión sobre a esquerda, comezaba a semellar-se á Itália dos anos 20 e á Alemaña dos 30. Pouco tardaria en medrar ainda máis o parecido.

Medidas enérxicas contra a rebelión foron tomadas polos Estados Unidos, que cedera formalmente o controlo do exército sulcoreano. Porén, por acordo secreto, os militares sulcoreanos permanecian ás ordes dos norteamericanos. Incluso hoxe, en caso de guerra, o exército de Corea do Sul estaria baixo dirección norteamericana.

Washington recluta a un poderoso anticomunista

Corea fora históricamente unha sociedade dividida entre unha elite adiñeirada e unha masa de agricultores pobres. Os Estados Unidos inteviñeron a prol desa minoria acaudalada e contra as masas campesiñas, perpetuando os priviléxios.

A CIA, nun informe de 1948, afirmaba que Coreal do Sul se dividira no conflito entre "un movimento independentista popular, que atopou a sua forma de expresión coa criazón dos Comités Populares" conducido por "comunistas que basean o seu direito a governar na sua loita de resisténcia contra os xaponeses", e unha minoria de direitas apoiada polos Estados Unidos que monopolizou as riquezas do país e colaborou co Xapón imperial.

Por mor da impopularidade da direita, era imposível propoñer aos seus representantes para unhas eleizóns. Polo que os EEUU buscaron exilados non comunistas, cuxa auséncia do país evitaba calquer relación co colaboracionismo. Syngman Rhee, un feroz anticomunista, foi o nomeado para impulsar o proxecto de futuro ianqui. Rhee vivira nos Estados Unidos durante 40 anos, doutorando-se na Universidade de Princeton e casando cunha norteamericana. Un perfil totalmente diferente ao de Kim Il-sung, fundador de Corea do Norte e líder durante os anos 30 da resisténcia aos ocupantes xaponeses.

Cumings observa que "durante case catro décadas Corea do Sul foi dirixida por oficiais militares e burócratas que serviron aos mesmos dirixentes xaponeses aos que Kim e os seus camaradas combateron durante a década dos 30." (5)

O principal líder guerrilleiro

Kim desdeñou a incapacidade de Corea de resistir a dominación estranxeira. Os xaponeses vian nel un líder guerrilleiro moi capaz e perigoso, chegando a criar unha unidade espacial antiguerrilleira para dar-lle caza. As guerrillas eran forzas independentes, inspiradas no desexo dunha península coreana para os coreanos, e non foron controladas nen polos soviéticos nen polos chineses. A miúdo cruzaban a fronteira coa Unión Soviética para evadir as tropas da contrainsurxéncia xaponesa, recebendo algunha axuda material dos soviéticos.

Ao contrário que os Estados Unidos, que impuxeron un governo militar e reprimiron os Comités Populares, os soviéticos adoptaron unha posición de non intervención na sua zona de ocupación, permitindo que unha coalición de loitadores nacionalistas e comunistas conduciran o destino desa parte do país.

Após sete meses, naceu o primeiro governo central, baseado nun Comité Popular interino conducido por Kim Il-sung. Contráriamente á mitoloxia popular, Kin non foi escollido polos soviéticos. El gozaba dun considerável prestíxio e apoio como consecuéncia dos seus anos como líder guerrilleiro e o seu compromiso na liberación nacional. De facto, os soviéticos nunca confiaron completamente en Kim.

Oitos meses após o comezo da ocupación, foi posto en marcha un programa de reforma agrária que expropriou as terras sen nengunha compensación, ainda que coa alternativa para os antigos proprietários de emigrar ao sul ou permanecer nas mesmas condicións que o conxunto do campesiñado. Despois dun ano, o Partido dos Traballadores de Kim era xa a forza política dominante. As principais indústrias, as máis desexadas polos xaponeses, foron nacionalizadas. Os colaboracionistas foron purgados dos postos oficiais.

A DPRK proclamou-se o 9 de setembro de 1948, tres semanas despois de que se fundara a República de Corea no sul. Finalizando o ano, as tropas soviéticas abandonaron o país. Como comparación, a presenza de tropas norteamericanas foi constante no sul da península desde 1945. Hoxe permanecen, apróximadamente, 30.000 soldados estadounidenses en território coreano.

A influéncia soviética na DPRK nunca foi forte, e sempre estivo equilibrada pola influéncia chinesa. Estima-se que o número de asesores soviéticos no norte de Corea non rebasaba os 30 en 1947. A maiores, a participación de guerrilleiros coreanos nas tropas de Mao durante a guerra civil, estabeleceu importantes lazos entre o norte coreano e China.

Pola contra, a República de Corea foi dirixida por antigos colaboracionistas con Xapón, unha elite compradora e un presidente escollido a dedo por Washington polo seu fervente anticomunismo e que levaba 40 anos fora de Corea. A atracción dos estadounidenses por Rhee era dobre: por un lado, estaba livre de acusacións de colaboracionista polo que era máis aceitável para os coreanos que outros candidatos da direita, e polo outro, as suas credenciais anticomunistas eran impecáveis. Os EEUU limitaron-se a recoller o legado xaponés, e colocar a Rhee como home forte, no habitual modelo imperialista dos ianquis de exercer o mando através dunha elite local.

A Guerra de Corea, 1945-1953

A história oficial sinala o ano 1950 como o princípio da Guerra de Corea. Porén, Hugh Deane deixa ben claro na sua obra "A Guerra de Corea, 1945-1953" que "para os norteamericanos a guerra comezou en 1950. Para os coreanos comezou en 1945", ano no que chegaron os norteamericanos e encetaron a eliminación da nacente administración coreana. (6)

Os dous bandos quixeron a guerra, ainda que por motivos ben distintos. Para o norte, a guerra era simplesmente o seguinte capítulo na loita pola independéncia e a liberación da dominación estranxeira. A guerra comezara en 1945 cando os EEUU aterraron en Inchon e comezaron a represión sobre a República Popular recén criada. Ou, expresado doutro xeito, a guerra comezara en 1910 coa colonización dos xaponeses. 1945 marcou simplesmente un cámbio de ocupante. Para o sul, a razón da guerra era ampliar ao norte o sistema de señorio feudal estadounidense.

Os dous bandos efectuaron incursións através da liña divisória artificial debuxada polos EEUU no parelelo 38, e que os soviéticos aceitaran. Ainda que seria absurdo falar de violacións da fronteira por parte do norte. Podian os coreanos invadir Corea?

O Ministro británico de Traballo, Richard Stokes, recoñecia o absurdo disto nunha carta a Ernest Bevan:

"Na Guerra Civil Americana, os americanos nunca tolerarian a criazón dunha liña imaxinária entre as forzas do norte e as do sul, e podemos deducir cal seria a reacción se os británicos intervisen claramente do lado confederado. En América existia un conflito non só entre dous grupos de americanos, tamén entre dous sistemas económicos contrários, como no caso coreano."

Os sistemas económicos contrários en Corea eran; no sul, un sistema que perpetuou a riqueza e o poder nunha diminuta clase de proprietários, compradores e colaboracionistas xaponeses, e no norte, un sistema que lanzou reformas de grande alcance destinadas á grande maioria. Mais reducir o conflito a unha loita entre sistemas económicos competidores é perder parte da história. Tamén era un conflito entre liberación nacional e neocolonialismo.

No momento no que a guerra acadou unha nova fase, en 1950, co empurre das forzas do norte no sul, Kim Il-sung reclamou a restauración dos Comités Populares. As forzas do norte non atoparon nengunha resisténcia popular. Cando se recuperou Seul, o Comité Popular foi rápidamente refundado, conducido por coreanos do sul. Os Comités Populares apareceron en todas partes, como cinco anos antes, comezando un proxecto de reforma agrária radical.

A liberación do sul durou pouco tempo. Co boicote da Unión Soviética á ONU, en protesta pola negativa desta a outorgar-lle un posto no Consello de Seguridade á China socialista, os Estados Unidos lograron asegurar o apoio da ONU a unha "acción policial" en Corea. En 1953, os mortes coreanos na guerra ascendian a tres millóns, e todos os edifícios superiores a un piso de altura estaban esnaquizados polas bombas estadounidenses. Os sobrevivintes vivian en tobos.

É significativo, ainda que raramente comentado, que o bombardeo aéreo de civís foi o método característico da guerra empregado polos poderes imperialistas e, desde a Segunda Guerra Mundial, polos Estados Unidos. O primeiro bombardeo aéreo significativo foi o realizado polo governo laborista inglés en 1924 contra cidades de Iraq. (7) Despois foi o bombardeo nazi de Gernika e, pouco despois, os bombardeos masivos de Alemaña, Inglaterra e os Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. En Corea, os Estados Unidos deixaron cair máis bombas que a soma total durante a Segunda Guerra Mundial, contando os dous bandos. Os avións de combate estadounidenses tamén guindaron máis napalm en Corea que anos despois en Vietnam.

Os enfrontamentos estancaron-se á altura do paralelo 38, estabalecendo-se un alto o fogo, non antes de que os EEUU destruiran encoros que proporcionaban o 75% da auga destinada á produccción agrícola do norte, un claro crime de guerra. Nunca foi declarado a fin da guerra, e os EEUU e a parte norte de Corea permanecen técnicamente en guerra. Pyongyang procurou en moitas ocasión normalizar a situación cos Estados Unidos, máis as suas tentativas de achar a paz sempre foron rexeitadas (o Ministro de Asuntos Exteriores Colin Powel dixo-lle a Corea en 2003 que "non facemos pactos de non agresión ou asinamos tratados desa natureza."

A economia de Corea do Norte avanza

Deixando á marxe os anos de guerra e os seguintes tres anos de recuperación, Corea do Norte experimentou un crecimento superior ao sul desde 1940 até meados dos anos 60. Tan impresionado ficou o Che após unha visita a Pyongyang, que declarou que Corea do Norte era un modelo ao que Cuba debia aspirar.

A indústria no norte medrou un 25% durante os 10 anos posteriores á guerra, e un 14% desde 1965 até 1978. Os funcionários estadounidenses estaban enormemente preocupados pola economia de Corea do Sul, que ia retrasada, levantando dúvidas sobre os méritos do proxecto direitista e neocolonial de Washington en Corea. En 1980, a capital norcoreana, Pyongyang, era unha das cidades máis eficientes de Ásia. Seul, pola sua banda, era unha imensa coelleira inzada de fábricas onde a explotación faria palidecer ao próprio Engels, completada cunha povoación sen vivenda.

Impaciente por apresentar o sistema económico do sul como superior ao do norte, Washington permitiu que a República de Corea emprendera un vigoroso programa de planificación industrial apoiado nunha parede de tarifas e subvencións, ao tempo que posibilitaba o aceso da indústria sulcoreana ao mercado mundial. Enormes axudas foron investidas no país. Xapón entregou 800 millóns de dólares en subvencións e empréstimos como compensación aos 35 anos de dominación colonial, nunha época na que as exportaciós sulcoreanas só chegaban a 200 millóns de dólares. E como compensación ao envio de 50.000 soldados para loitar e morrer do lado estadounidense en Vietnam, Washington pagou máis de mil millóns de dólares de 1965 a 1970, cantidade igual ao 8% do PBI do sul. O exército norteamericano asinou importantes contratos coas empresas sulcoreanas, e Vietnam absorbeu case toda a producción de aceiro do sul (producido por unha aceria construida coa axuda dos 800 millóns de dólares de Xapón).

No tocante ao norte, existiron erros de cálculo. Pyongyang encolerizou aos soviéticos ao comezo dos anos 60, ao decantar-se do lado chinés durante o conflito ruso-chinés. Como vinganza, a URSS paralisou as axudas ao norte. Mália esta axuda soviética non ser tan importante como a axuda dos EEUU e Xapón ao sul, durante a sua interrupción (foi restaurada máis tarde) freou a marcha do crecimento do norte. Pyongyang, nos anos 70, comezou a ter problemas coas dévedes ao ter que mercar determinados produtos en fábricas ocidentais.

Como resultado da planificación industrial do sul, o seu modelo de importación, as suas elevadas tarifas que actuaban como barreiras, e as axudas dos EEUU e Xapón, a economia do sul adiantou ao do norte a meados dos anos 80.

De todos xeitos, ainda que decreceu o crecimento económico no norte, a diferéncia no nível de vida entre o sulcoreano meio e o norcoreano meio nunca foi tan grande como os propagandistas de Corea do Sul querian facer crer. E o norte tiña os seus atractivos. Cando os bens consumíveis eran poucos, as necesidades diárias estaban abondosamente satisfeitas a prezos subvencionados. Cumings sinala un informe da CIA que recoñece vários logros do norte: "sinten cariño compasivo polos nenos en xeral e os orfos de guerra en particular; cámbio radical na posición das mulleres, vivenda gratuita, asisténcia médica gratuita, mediciña preventiva gratuita, mortandade infantil e esperanza de vida comparáveis aos índices dos países máis avanzados até o recente periodo de fame."

Corea do Sul: un estado fascista

No sul tamén existia un movimento de esquerda, anti-imperialista e anticolonial como no norte. A única diferenza era que, mentres na parte norte os soviéticos permitiron que este movimento prosperara até formar un estado, na parte sul, os Estados Unidos e os seus monicreques traballaron arreo para suprimí-lo. De facto, a história da política no sul durante a meirande parte da posguerra pode ser entendida como a política de conter á esquerda cos mesmos métodos que empregaran Mussolini nos anos 20 e Hitler nos 30.

En 1960, as protestas de estudantes e profesores da parte sul, obrigaron a fuxir a Rhee. Con Rhee fora, tiveron lugar as primeiras eleizóns de tipo ocidental. Nestas alturas, a economia do norte superaba ao do sul, e Kim Il-sun advogaba por unha Corea confederal. A sua proposta contou cun amplo apoio no sul, onde a esquerda, despois da represión de época de Rhee, contaba de novo con forza e ameazaba derrubar o rexime neocolonialista proestadounidense.

Un ano máis tarde, Park Chung Hee comandou un golpe militar para frear á esquerda, inaugurando unha ditadura militar que durou tres décadas e que asegurou a continuidade do sistema económico apoiado polos EEUU. O governo recentemente proclamado suplicou aos norteamericanos que impediran o trunfo dos golpistas, mais as suas súplicas non foron atendidas. Washington non só non fixo nada por frear o golpe senón que recoñeceu de imediato o novo rexime militar, dando-lle o seu apoio.

Park Chung Hee proibiu toda actividade política, pechou o parlamento e adoptou oficailmente un anticomunismo agresivo. Unha lei anticomunista foi promulgada, declarando-se que todos os países socialistas, especialmente o DPRK, eran estados inimigos. Esta lei era calcada ao vello Pacto Anticomintern asinado pola Alemaña nazi, pola Itália fascista e polo Xapón militarista. Tan extremo era o anticomunismo, que os censores ordenaron borrar as fotos do líder de Corea do Norte que aparecian nas edicións internacionalis do Times. Asemade, nas escolas comezou un programa de adoutrinamento anticomunista, buscando impedir que nas novas xerazóns xermolasen simpatias polo comunismo e pola DPRK. O norte, os seus líderes e o seu sistema económico, foi demonizado.

En 2005, The New York Times publicou unha reportaxe sobre sulcoreanos que traballan con norcoreanos na zona industrial de Kaesong: "Algúns sulcoreanos din sentir apuro ao traballaren xunto con norcorenaos, porque a educación ferozmente anticomunista de Corea do Sul inculcou neles que os coreanos do norte eran perigosos e malvados. En Corea do Norte, porén, os programas educativos ademais de sinalar o papel títere do governo de Corea do Sul, monicreques dos norteamericanos, enfatizan que os sulcoreanos son irmás e irmáns." (9)

No norte habia aloxamento de balde, asisténcia sanitária gratuita, igualdade de dirieitos para as mulleres e amizade cos compatriotas da outra banda do paralelo 38; no sul, non existia nengún seguro médico, nengunha rede de protección social, as horas de traballo máis longas do mundo industrial, salários miserávelmente baixos e adoutrinamento no culto ao odio e ao medo aos compatriotas setentrionais. No norte, os proprietários e os terratenentes coreanos durante a ocupación xaponesa foron purgados das posicións de poder; no sul, a mesma clase de colaboradores que serviran aos xaponeses ainda estaban no poder. En xaneiro de 2005, Roh Moo Hyun, o presidente da República de Corea, queixaba-se da incapacidade do sul para acabar "coa aberración histórica que supón que as famílias que loitaron pola independéncia da nación padeceran a pobreza durante tres xerazóns, mentres que as famílias colaboracionistas cos xaponeses gozaran do éxito durante tres xerazós." (10)

Os problemas económicos do norte

O colapso dos mercados de exportación do norte coa queda do bloco socialista, unha série de catástrofes naturais, o bloqueo económico constante dos Estados Unidos e o desvio dos escasos recuros á defensa militar, debilitaron severamente a economia da DPRK desde a caída do Muro de Berlín.

Baixo Gorbachov, os soviéticos procuraron o seu novo rol baixo o amparo dos Estados Unidos, o que implicou tamén abandonar aos seus vellos aliados. O comércio soviético con Corea do Norte paralisou-se desde 1988 até 1992, e a subministración de petróleo foi reducida severamente en 1991.

As políticas de Gorvachov arruinaron as economias dos estados socialistas, afundindo, primeiro no caos e despois no esquecimento, ao bloco socialista. Os mercados de exportación do norte desapareceron, privando a Pyongyhang da moeda estranxeira que precisaba para importar o carbón e o petróleo. A insuficiéncia de petróleo provocou un duro golpe á agricultura (a maquinária non podia funcionar) e á indústria química. A imposibilidade de producir fertilizantes foi outro golpe contra a agricultura, que provocou a escasez de alimentos, acentuada por unha série de secas e cheas na metade dos anos 90.

Ante a limitación dos seus mercados exteriores -un problema acrecentado hoxe polas sancións do Consello de Seguridade da ONU e polas manobras de Washington para illar Corea do Norte do sistema financeiro mundial- a DPRK converteu-se no maior exportador de mísiles balísiticos, o que lle subministrou a moeda estranxeira necesária para as importacións esenciais.

Coas fábricas e a maquinária agrícola traballando por debaixo das suas capacidades, Pyongyang loitou para criar unha defensa crível contra as contínuas ameazas dos Estados Unidos. O Pentágono introducira armamento nuclear na parte sul despois de 1953. Decenas de milleiros de soldados estadounidenses permanecian na península coreana, e outros tantos foron despregados no cercano Xapón. Os buques de guerra americanos patrullaban as aguas dos límites territoriais da DPRK, os bombarderos nucleares efectuaban prácticas de tiro e avións espias sobrevoaban o espazo aéreo dunha Corea do Norte ameazada.

Coa fin da Guerra Fria, as ameazas medraron. O 30% do orzamento militar ianqui era destinado a Corea.

A crise nuclear de 1993

En 1987, o norte construia un reactor nuclear de 30 megavátios en Yongbyon. A idea era substituir a enerxia producida polo carbón e o petróleo importados, pola enerxia atómica, ao contar con importantes reservas de uránio. Corea do Sul e Xapón tamén construian reactores nucleares, e tamén buscaban reducir a dependéncia do petróleo importado. Durante cinco anos, niguén en Washington expresou nengunha inquedanza. Houbo que agardar ao derrubo da Unión Soviética para que foran designados como novos "demos" internacionais Corea do Norte e Cuba. Estes dous países serian o pretexto para manter todo o aperello militar imperialista, e non danar os intereses da indústria bélica norteamericana e os negócios dos executivos, banqueiros e famílias capitalistas que dependian dos investimentos e das exportacións para asegurar os seus benefícios.

"Para os norteamericanos", observa Cumings, "a crise nuclear na península coreana comezou en marzo de 1993, cando Pyongyang anunciou a sua marcha do Tratado de Non Proliferación Nuclear. Mais para os norcoreanos, esta crise nace en fevreiro de 1993, cando o xeneral Lee Butler, máximo responsável das forzas nucleares norteamericanas, anunciou que as armas destinadas á antiga Unión Soviética apontaban agora a Corea do Norte."

A alarma de Pyongyang aumentou cando James Woolsey, cabeza da CIA, declarou que Corea do Norte era a maior preocupación de Washington. Tampouco axudaron a enfriar o tema, os milleiros de soldados norteamericanos que participaron en manobras de guerra ao longo da fronteira, xunto con bombarderos B-1 e B-52 e buques de guerra equipados con mísiles cruceiro. Foi nese momento cando Pyongyang decide que, se isa ia ser a nova política exterior norteamericana, era mellor abandonar o Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares, e pensar no xeito de impedir un ataque nuclear dos Estados Unidos.

Washington, imediatamente, comezou a traballar para minar os proxectos de Pyongyang. Do mesmo xeito que Israel en 1981, que lanzara unha incursión aérea para destruir o reactor nuclear de Osirak, en Irak, para impedir que o governo de Saddam Hussein desenvolvese armamento nuclear, os Estados Unidos pensou en enviar bombardeos ou lanzar mísiles para destruir as instalacións de Yongbyon. Deste xeito, debilitarian económicamente a Corea do Norte (imposibilitando a producción de enerxia nuclear para uso civil) e acabarian coa sua mellor arma de defensa própria.

Este plano fallaba en que era máis que improbável que Corea do Norte ficara de brazos cruzados diante da destrucción das suas instalacións nucleares. O norte devolveria o golpe inevitávelmente. Co seu amplísimo despregue de artillaria pesada ao longo do paralelo 38, non só Seul seria devastada, o prezo en baixas entre os 40.000 soldados norteamericanos dispostos en Corea seria insuportávelmente alto.

A crise foi pechada cando o antigo presidente estadounidense, Jimmy Carter, voou a Pyongyang para asinar un acordo con Kim Il-sung. O chamado Acordo Marco marcaba a volta de Corea do Norte ao Tratado de Non Proliferación e o peche de Yongbyon, mentres que os Estados Unidos se comprometian a normalizar as relacións, construir dous reactores de auga seguros e proporcionar o petróleo necesário para garantir as necesidades enerxéticas do norte.

Mália semellar un acordo realizábel para unha paz duradeira, só foi unha trégua. Washington non tiña nengún interesese na estabilidade do modelo norcoreano. Os funcionários norteamericanos coidaron que era cuestión dun par de anos o fracaso do modelo autosuficiente e anti-imperialista de Corea do Norte, tendo en conta os efectos acumulados das sancións económicas, os gastos en defensa e o colpaso dos mercados de exportación do norte. Segundo as análises da CIA, Corea do Norte cairia por si própria en 2002. (11) Deste xeito, Estados Unidos non teria que cumprir a sua parte do acordo.

The New York Times revelou as maquinacións de Washington: "A seguridade, por parte da Casa Branca, no derrubo da economia norcoreana foi a causa pola que prometeu entregar os reactores en 2003 a cámbio da volta ao Tratado de Non Proliferación de Corea do Norte. Os funcionários da administración Clinton dixeron en privado que coidaban que o governo do Sr. Kim non estaria no poder no momento en que os Estados Unidos tiveran que cumprir a sua promesa." (12)

Mais as agullas do reloxo continuaron avanzando até chegar a data da entrega dos reactores e, contra das previsións ianquis, o Partido dos Traballadores continuaba no poder e non habia signos dun colapso iminente. Diante do fracaso das suas previsións, os Estados Unidos, que non tiña nengunha intención de entregar a Corea do Norte os reactores, inventaron un problema. Afirmaron que Pyongyang puxera en marcha un programa nuclear secreto, violando o pacto, que teria que ser suspendido. A entrega de petróleo, a única parte do pacto cumprida polos EEUU, terminou mergullando a Corea do Norte noutra crise enerxética e obrigando-lle a abrir un reactor en Pyongyang, necesário para abastecer de enerxia o país.

A política estadounidense permanece inalterável

Como o colapso non chegou, Washington recuperou as práticas empregadas na Guerra Fria. Robert McNamara, presidente da Compañia Ford e, posteriormente, Kennedy e Johnson, explicaron que segundo as análises de Washington con respeito ás opcións da Unión Soviética nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, esta buscaba tres obxectivos, que por orde de maior a menor importáncia serian: 1. Reconstruir unha economia minada pola guerra. 2. Reconstruir o seu poderio militar, enormemente debilitado, para protexer-se da ameaza capitalista. 3. Estabelecer amizades na Europa do Leste e no Terceiro Mundo. Se Washington fose quen de obrigar á Unión Soviética a converter o segundo obxectivo no prioritário, á marcha ao comunismo seria bloqueada. Frearia-se o desenvolvimento económico, produciria-se unha desilusión nos soviéticos e, propiciado polo próprio Kremlin, o distanciamento co marxismo-leninismo medraria. A chave estaba na ameaza militar, forzando aos soviéticos a unha carreira militar que criaria distorsións na economia soviética e, posívelmente, acabaria co experimento socialista. (13)

Despois do 11 de setembro, Washington decarou unha guerra ao "eixo do mal", Iraq, Irán e a DPRK. Corea do Norte foi incluida na lista no último momento, segundo David Frum, o encarregado de elaborar os discursos de Bush, porque a administración de Bush quixo que Pyongyang "sentira o peso dunha man forte." (14) Para asegurar a presión, o Pentágono preparou unha nova estratéxia nuclear consistente en apontar a estados sen armamento nuclear e reservar-se o direito de lanzar ataques preventivos. Corea do Norte foi seleccionada. Despois, John Bolton, subsecretário de Estado para o controlo de armas naquelas datas, utilizou a invasión de Iraq para advertir a Corea do Norte (tamén a Síria e Irán) de que tiña que "aprender a lizón." (15) Os Estados Unidos exercian un imperialismo anovado e descarado, no que a DPRK tiña que capitular ou andar con coidado.

Felix Greene indicou que a política dos Estados Unidos sempre fora a de destruir governos revolucionários. Os Estados Unidos procuraron facer isto impoñendo embargos e presionando a terceiros países para que os cumpriran. Arma e fináncia aos inimigos de estados socialistas, acosa as suas fronteiras, ameaza-os cunha guerra nuclear e difunde propaganda antisocialista e procapitalista entre a povoación. Non aforra esforzos en impedir os proxectos destes países por construir sociedades non explotadoras, prósperas e independentes, bloqueando produtos esenciais e obrigando a enormes gastos en matéria militar; apresentado as dificuldades económicas inevitáveis como a proba da pobreza inerente ao socialismo revolucionário. (16)

Un produto da sua história

Corea do Norte é o produto da sua história, da sua colonización polos xaponeses, das guerrillas dos anos 30, das suas tentativas por unificar o país e acabar coa ocupación do sul após a Segunda Guerra Mundial, do holocausto cometido polos Estados Unidos baixo a bandeira das Nacións Unidas a comezo dos anos 50 e da sua loita diária cos Estados Unidos pola sua supervivéncia, agora intensificada como consecuéncia da queda da Unión Soviética e os anceios de dominación mundial por parte de Washington. Corea do Norte loitou e loita por iso que di buscar a esquerda: xustiza económica, igualdade, direitos para as mulleres e soberania nacional. Para isto, en cada centímetro do camiño, tivo que loitar contra a resisténcia decidida dos Estados Unidos e, a miúdo, sen o apoio, e con frecuéncia coa hostilidade, da meirande parte da esquerda dos países avanzados.

Para moitas persoas de esquerda, Corea do Norte goza de má reputación, chegando a ser repugnante. Os seus defectos, tanto verdadeiros como imaxinários, son entendidos como rasgos inseparáveis do sistema económico e político do páis, sen relación cos acontecimetos circundantes. Os ataques lanzados contra o país mesturan-se cos prexuizos existentes desde hai moito tempo.

É surprendentemente doado suprimir o apoio exterior a un país lanzando acusacións falsas. Os indiscutíveis gastos da Casa Branca para este fin aparecen a diário na imprensa de todo o mundo. Washington fixo afirmacións absurdas sobre Iraq, defendendo que contaba con escondites de armas de destrucción masiva non declaradas, mália levar décadas de inspeccións. Que máis tarde se recoñecera que era falso non importa, demasiado tarde. Converter a Corea do Norte nun país feo, inzado de horrores, sobre os cais nengunha persoa sá pronunciaria na vida unha palavra amável, é competéncia dos mestres na propaganda de Washigton. Calquer governo que desafie sériamente ao capitalismo e ao imperialismo será o branco dunha campaña de difamación por parte de fontes "respeitáveis" e comentaristas "sérios", deixando o camiño aberto á manipulación.

Intereses comúns

É evidente que a loita de Corea do Norte pola sua soberania e os seus direitos económicos é oposta á política exterior da clase dirixente dos Estados Unidos. Os seus intereses chocan. Mais non existe nengún choque entre os intereses de Corea do Norte e ás povoacións que viven nos países capitalistas avanzados. A frialdade, cando non a absoluta hostilidade, da maior parte da esquerda nestes países, require unha explicación.

A intoxicación chauvinista e a caréncia de conciéncia de clase -a falsa idea de que temos máis en común coa nosa clase dirixente que domina a política exterior que cos coreanos, do sul ou do norte, que loitan pola sua soberania e pola xustiza económica- teñen boa parte de culpa. Como tamén iflue o comportamento da chamada esquerda que, na sua busca de respetabilidade e votos, sacrifica os obxectivos fundamentais cambiando-os por benefícios imediatos, cousa que tamén explica a frialdade para coa DPRK.

A ignoráncia sobre a história e o governo do norte forma parte tamén da explicación. Como tamén o son as deformacións e os efectos das políticas de guerra, intimidación e estrangulamento económico que manteñen os Estados Unidos. Non é agradável ter pouco para comer, ser reclutado no exército durante un amplo periodo e estar obrigado a viver baixo a constante ameaza nuclear, mais estas non son as condicións que os norcoreanos elexeron livremente, senón que son imposicións do exterior como castigo por esforzar-se por buscar algo mellor que o ofertado polo coloniamismo, o capitalismo e o imperialismo. Aqueles que se esforzan polo mesmo noutras partes do mundo deben, cando menos, entender un pouco a Corea do Norte.

Está claro por que o Che Guevara e outros revolucionários, consideraron á Corea do Norte dos anos 60, dos 70 e até princípios dos 80, como unha inspiración. Xurdindo das guerrillas dos anos 30, o norte loitara contra o imperialismo. Gañaron aos xaponeses e pararon aos estadounidenses. Construia-se, diante da hostilidade constante dos Estados Unidos, unha sociedade socialista que progresaba cara ao comunismo. O país ofereceu asisténcia médica gratuita, educación gratuita, aloxamente gratuito, reforma agrária radical e igualdade de direitos para as mulleres. A sua indústria avantaxaba ao do sul. Pola contra, a neocolónia de Washington convertera-se nun enorme labirinto de fábricas que lembraban á revolución industrial de Inglaterra. A xente vivia en pésimas condicións, nunha loita constante contra unha ditadura militar apoiada polos Estados Unidos, aturando un rexime semellante aos fascistas europeus.

Seguiria hoxe o Che inspirado pola Corea do Norte actual, un país empobrecido que loita contra a escasez de alimentos? Probávelmente. O que mudou foron as circunstáncias, non os motivos dos que nace a inspiración. Os proxectos que Corea do Norte se propuxo -soberania, igualdade, socialismo- son hoxe máis complicados, máis duros de conseguir polo valeiro deixado pola contra-revolución que varreu á Unión Soviética e ao leste europeu, así como a vertixinosa carreira de China cara ao capitalismo. Debilitaria-se o apoio do Che a Corea do Norte polo feito de que se multiplicaron as adversidades? Duvido-o. Un revolucionário sabe que é mellor morrer de pé que viver de xeonllos. Corea do Norte nunha viveu de xeonllos. Penso que o Che gostaria diso.

1. Bruce Cumings, “Korea’s Place in the Sun: A Modern History (Updated Edition),” W.W. Norton & Company, 2005; p. 404. Todas as referéncias históricas proceden desta obra ou de Bruce Cumings, “North Korea: Another Country,” The New Press, 2004.

2. Cumings é catedrático de História na Universidade de Chicago.

3. Anna Louise Strong, “In North Korea: First Eye-Witness Report,” Soviet Russia Today, New York, 1949.

4. “Absent from the Korea Talks: Bush's Hard-Liner," The New York Times, 2 de setembro, 2003.

5. Bruce Cumings, “We look at it and see ourselves,” London Review of Books, 15 de decembro, 2005.

6. Hugh Deane, “The Korean War: 1945-1953,” China Books & Periodicals, San Francisco, 1999.

7. R. Palme Dutt, “Problems of Contemporary History,” International Publishers, New York.

8. New York Times, 13 de agosto, 2003.

9. New York Times, 8 de fevreiro, 2005.

10. New York Times, 5 de xaneiro, 2005.

11. “In ’97, U.S. Panel Predicted a North Korea Collapse in 5 Years,” New York Times, Oc27 de outubro, 2006.

12. Ibid.

13. Bahman Azad, “Heroic Struggle, Bitter Defeat: Factors Contributing to the Dismantling of the Socialist State in the USSR,” International Publishers, New York, 2000, p. 138.

14. David Frum, “The Right Man: An Inside Account of the Bush White House,” excerpted in the National Post, 8 de xaneiro, 2003.

15. Cited In Workers World, 9 de outubro, 2006.

16. Felix Greene, “The Enemy: What Every American Should Know About Imperialism,” Vintage Books, New York, 1971.

O artigo orixinal pode-se atopar na páxina persoal de Stephen Gowans


Ler máis

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com