Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Como en Grecia: érguete e anda!
13/05/2010


A burguesía europea abofé que o ten claro. Non vai ter o mínimo reparo en pór en marcha todas as medidas antipopulares precisas para seguir a zugar os mesmos beneficios que até agora. Dabondo saben que o sistema capitalista esmorece. Pola contra, seica as cúpulas sindicais aínda non se decataron de que vai o tema. Escoitamos a estes, xunto cos dirixentes de organizacións que se din de esquerdas, e mesmo socialistas, falar dunha crise financeira provocada polos movementos especulativos do gran capital, e que a solución desta crise sería unha maior regulación do capital financeiro. Estas medidas de regulación farían que todos seguiríamos a vivir ben, iso si, neste sistema capitalista. Mais a realidade é outra, e o certo é que estamos só no comezo dunha crise estrutural e sistémica, que ven dada pola intensificación da contradición principal do capitalismo: a propiedade privada dos medios de produción fronte á propiedade social da produción. Contradición que leva no seu cerne, como nos explicaron os clásicos marxistas, a fin do propio sistema capitalista.

Nun constante medre dos beneficios da banca, do empresariado e da burguesía en xeral, os seus tristes monicreques que “gobernan” nas cámaras de “representación” dos estados europeos, cumprindo as súas ordes como cans ben adestrados, non dubidan en premer o botón da máxima potencia da termomix onde nos teñen aos traballadores. Nun ataque brutal contra as clases traballadoras europeas, os sindicatos oficiais teñen a pouca vergoña de dicir que non desbotan convocar algunha que outra folga. Coa que está caendo e non desbotan!! Poucas veces ficou tan evidente o seu papel de convidados, indesexábeis mais necesarios, na orxía de explotación desatada polos imperialistas europeos e norteamericanos.

Fronte ás respostas timoratas que escoitamos por estes lares, fronte aos representantes sindicais que se enfundan o traxe de xestor “social” e ofrecen propostas “máis xustas” que, na mellor e máis noxenta tradición keynesiana, só actúan de contrafortes deste voraz sistema, fronte a todos estes colaboracionistas, debemos ollar para Grecia.

Alí, as clases traballadoras, lideradas indiscutibelmente pola clase obreira organizada en Partido, manteñen unha loita a morte contra o capitalismo. O obxectivo deste combate, moi lonxe das medidas “reparadoras” e “máis xustas” que revisionistas, oportunistas e traidores de toda caste se esforzan por vender aos traballadores, fica absolutamente claro nas verbas que Aleka Papariga, Secretaria Xeral do KKE, lanzou aos representantes da burguesía no parlamento grego: «Para nós a única garantía da democracia é o pobo organizado e cun programa de loita que teña unha dirección específica e a capacidade de loita para un cambio da clase no poder».

Nin brinde ao sol nin improvisación. A análise da situación concreta, poñendo especial énfase no campo económico, así como os pasos a seguir para conquistar o único obxectivo final dun partido comunista, o triunfo do socialismo, foron debullados con precisión, ou cando menos coa precisión que permite un documento público, nas teses aprobadas no XVIII Congreso do KKE.

Ambas as dúas, análise da situación actual e planificación da táctica, non poden entenderse sen unha previa recomposición, tamén recollida nas teses congresuais, do que foi a historia do movemento comunista internacional e das pasadas experiencias socialistas. Recomposición que nace dunha valente, aínda que limitada, autocrítica do papel do Partido desde a derrota da liña leninista no PCUS. Un duro traballo teórico necesario para calquera organización comunista que procure levar a cabo unha actividade política diaria consecuente.

Como en Grecia, o proletariado galego debe, non lle queda outra, erguerse e andar. Mais para que o movemento espontáneo pasa a ser movemento organizado pola conquista do poder, e non só para esixir parches, precisamos da única ferramenta que o movemento obreiro no curso da súa historia coñeceu para acadar o poder: o Partido. E tres estadas deben edificar este Partido: a firmeza nos principios, a flexibilidade na táctica e o dominio esmagador da clase obreira en todos os seus órganos.

Mais... ulo? Ao mellor non tan lonxe como quixeran algúns. Pode ser que cando menos o agarde, o Partido pete na porta do seu centro de traballo para pedirlle a súa participación. Comunista, estea atento.


POLA FOLGA XERAL REVOLUCIONARIA!

POLA CONSTRUCIÓN DO PARTIDO DO PROLETARIADO GALEGO!

POLA REVOLUCIÓN SOCIALISTA!

6 Comments:
  • At 5/25/2010 11:59:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    "Marx sinala que a humanidade se formula os problemas cando estes poden solucionarse, porque os problemas só se formulan cando xa naceron as condicións materiais para a súa solución. Desde o momento no que a clase obreira, a principal forza produtiva, loita para levar a cabo a súa histórica misión, aínda máis co comezo da revolución, as forzas produtivas xa se desenvolveron até o nivel de conflito coas relacións de produción, co modo de produción capitalista; noutras palabras, os requisitos previos para o socialismo, sobre os cales se crean as condicións revolucionarias, xa existen."

    Extracto das Teses do XVIII Congreso do KKE.

    Aquí pode descargar o texto completo:
    http://estoutrasnotaspoliticas.blogspot.com/2009/03/tese-sobre-o-socialismo-18-congreso-do.html

     
  • At 5/26/2010 12:01:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    A greve de 20 de maio: Outra batalha bem sucedida da PAME

    Com sua participação na nona (9ª) greve geral, realizada com sucesso, no período de cinco meses, milhões de grevistas e dezenas de milhares de manifestantes, trabalhadores e jovens, deram uma resposta, mais forte ainda, à ofensiva contra os direitos do povo, condenando as severas medidas antipopulares propostas pelo governo.

    No início da madrugada, centenas de grevistas da PAME ocuparam o prédio do Ministério do Trabalho, denunciando a nova rodada de medidas contrárias aos interesses do povo adotadas pelo governo em conjunto com a União Européia e o FMI. Os grevistas colocaram uma faixa na fachada do edifício com os dizeres “rejeitem as medidas”. Os manifestantes, como um verdadeiro rio, dirigiram-se ao Ministério do Trabalho que tem sido o local onde se concentram as forças de orientação classista. Em todo o país, outros prédios públicos também foram ocupados.

    Mais uma vez, apesar do fato da mídia tentar desvirtuar as manifestações da greve da PAME, os trabalhadores deram suas costas às lideranças sindicais amarelas e comprometidas das GSEE e ADEDY (federações dos sindicatos dos setores privado e público) e transformaram as manifestações da forças classistas em comícios massivos que atraíram a maioria dos grevistas.

    Os representantes das forças populares, em seus discursos, denunciaram os anúncios recentes do governo social-democrata sobre o sistema de previdência e seguridade social. As novas medidas trazem consigo a perspectiva de um futuro sombrio para os trabalhadores quando estabelecem um período de trabalho de mais de 40 anos para a aposentadoria, quando reduzem os proventos de aposentadoria e as pensões previdenciárias e adotam um subsídio de fome, de 360 euros, e revogam os direitos relativos à periculosidade no trabalho, abolindo a lista de trabalhos considerados perigosos.

    Paralelamente, os comunistas fizeram da greve um palco de luta significativa, ideológica e política, contra a propaganda burguesa que diz serem as greves causadoras de supostos danos ao turismo e que, ainda, promove um discurso vil e anticomunista contra a PAME. As forças de orientação classista demonstraram que, quando o capital fala sobre o desenvolvimento do turismo, isso significa que estão defendendo os interesses dos grupos monopolistas; significa que o “paraíso turístico grego”, onde os que trabalham nesse setor são verdadeiros escravos, não se destina ao povo grego diante da anunciada diminuição do período de férias, como também não se destina aos trabalhadores que não têm dinheiro para fazer turismo.

    As demonstrações, em Atenas, realizaram-se, no centro, na Praça Omonia. Representantes da PAME, da Frente do Movimento Anti-monopolista dos Trabalhadores Autônomos e dos Pequenos Comerciantes (PASEVE) e da Frente Militante dos Estudantes (MAS) saudaram os manifestantes. Após, numa atmosfera de militância disciplinada, a PAME, em grupos, dirigiu-se ao Ministério do Trabalho, sem aceitar as tentativas de provocações dos aparatos burgueses.

    Queremos salientar, também, que continua crescendo o movimento emocionante de solidariedade dos partidos comunistas e operários, dos sindicatos, das organizações de massa, dos trabalhadores e da juventude.

    Os trabalhadores, os autônomos, a juventude declararam que a luta deve continuar crescendo, pavimentando o caminho para uma grande aliança popular, para a união da classe trabalhadora e seus aliados.

    http://pt.kke.gr/news/2010news/2010-05-20-strike-pamme

     
  • At 5/28/2010 11:33:00 da manhã, Anonymous Xan said…

    Ogallá sexa certo e pete na porta da fábrica onde traballo un partico comunista de verdade porque a morralla que hai por aquí nin van aos centros de traballo nin son realmente comunistas mais que no papel.

    Pareceme moi explicativo o artigo explicando a crise, do mellor que teño visto polo momento, alomenos en Galicia, onde parece que as organizaciós existentes non consideran necesario profundizar nesta crise evidentemente sistemica. Miro e miro por ahi e teño que ir ler cousas interesantes sobre isto por organizaciós de fora como o partico comunista grego.

    Os que non utilizan a Marx nin a outros comunistas dos de verdade para explicar á crise, e nunca falan de socialismo, está claro que non están interesados en solucionar a situación dunha vez por todas. Está claro que o que queren é curar o sistema para que sigamos vivindo no que din que é "o mellor dos mundos posibles"... ¿realmente hai xente que poda crer iso?

    A clase traballadora temos diante nosa a posibilidade de cambiar as cousas, temos que ser decididos. Entender ben a realidade para poder transformala, e ser unidos.

    ¡adiante polo socialismo!

     
  • At 5/31/2010 12:56:00 da tarde, Anonymous Roberto said…

    "Como en Grecia, o proletariado galego debe, non lle queda outra, erguerse e andar. Mais para que o movemento espontáneo pasa a ser movemento organizado pola conquista do poder, e non só para esixir parches, precisamos da única ferramenta que o movemento obreiro no curso da súa historia coñeceu para acadar o poder: o Partido. E tres estadas deben edificar este Partido: a firmeza nos principios, a flexibilidade na táctica e o dominio esmagador da clase obreira en todos os seus órganos".

    Abofé!
    Que conten conmigo os marxista-leninistas galegos para esta laboura!!

     
  • At 6/11/2010 04:45:00 da tarde, Anonymous manu said…

    Moito se fala de refundar a esquerda e non sei que máis lerias, pero o que realmente fai falla é un partido de cuño marxistaleninista que agrupe aos sectores mais conscientes de galicia e sexa quen de ofrecer análises formativos ao resto dos traballadores.
    un partido dirixido pola clase obreira que nos guíe cara unha sociedade socialista.

     
  • At 6/21/2010 11:35:00 da manhã, Anonymous Milo said…

    Certo, é necesario un Partido Comunista de verdade.
    Os traballadores hai tempo que perderon a esperanza nos partidos e nos sindicatos, pero agora con esta crisis de sobreacumulación do capital os traballadores e traballadoras estamos a darnos conta de que hai que desempolvar a fouce e o martelo, hai que volver a sair á rúa como fixemos nos 70, e é mais necesaria que nunca unha organización que tire de nosoutros.
    Non se trata de radicalismos, senon dun partido que sexa noso, de toda a clase obreira.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com