Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Tian An Men 1989: da deriva revisionista ao motín contra-revolucionário
10/11/2006
Tien An Men 1989 : de la dérive révisionniste à l'émeute contre-révolutionnaire
Ludo Martens, Etudes marxistes et auteurs, nº 12, 1 de setembro de 1991




Escrito este traballo hai 15 anos, cousa que hai que ter presente, o comunista Ludo Martens atrevia-se a contrariar o pensamento único. Bombardeados pola propaganda dos reaccionários, semellaba difícil ousar cuestionar tantas mentiras. Porén, o autor expón, baseando-se nas nunha ampla recollida de información, a sua postura. A análise de clase enfronta-se ás mentiras e meias verdades imperialistas e, tamén, ao imaxinário colectivo. Mais como di o autor: "A arrogáncia do imperialismo non nos impresiona, ao contrário, estamos certos de que as persoas que manteñen o espírito lúcido, que non padecen o histerismo antisocialista, se verán obrigados a reflexionar sériamente sobre o correcto das nosas posturas, despois de escoitar as nosas probas e os nosos argumentos."

Seis meses antes dos acontecimentos de Timisoara tiveron lugar os de Tian An Men. Os meios de comunicación do mundo "livre" que ensinaron a sua fisonomia macabra no momento da posta en cena do "osário dos 4.630 cadáveres horrívelmente mutilados" en Timisoara, xa demostraran o seu papel político prioritário, ao servizo da contra-revolución, nos acontecimentos da praza Tian An Men en maio e xuño de 1989. A noite da intervención do Exército Vermello*, a televisión amosou-nos imaxes dos tanques chineses que esmagaban a centenares de pacíficos estudantes na Praza de Tian An Men . O 5 de xuño, Amnistia Internacional, hábil máquina de criar mentiras cando se trata de combater países socialistas e nacionalistas, deu a cifra dun mínimo de 1.300 mortos, sendo algúns estudantes esmagados por sanguinários tanques namentres durmian apracívelmente nas suas tendas.

O domingo, 5 de xuño, un obreiro comunista dunha grande fábrica de automóveis gravara en vídeo as imaxes. "Esa noite repasei esas imaxes cando menos vinte veces. Cheguei a conclusión de que os comentários dos xornalistas eran falsos e que nas imaxes non se via nengunha persoa esmagada polos tanques." Máis tarde, Aministia Internacional recoñeceria "ter-se equivocado". Mais canta xente, traumatizada pola verdade sobre o comunismo chinés "que atropela despidadamente ao seus estudantes pacifistas baixo as esteiras dos seus tanques", a verdade transmitida por estes defensores valentes dos direitos humanos, soubo desta mentira?

Un anó despois dos acontecimentos de Tian An Men temos suficiente información fiável como para elaborar unha análise de clase obxectiva. Mais para comprendermos os intereses políticos e económicos defendidos polo "movimento democrático" de abril-xuño de 1989 en Pekín, devemos coñecer tres fenómenos negativos que se desenvolveron entre 1979 e ese ano predestinado de 1989.

O ascenso do capitalismo e do revisionismo en China

Economia: a volta dos patróns

Falemos primeiro do campo económico. Os dez anos de reformas de Deng Xiaoping aportaron un progreso material inegável. Mais tamén fixeron medrar a influéncia do capitalismo e do imperialismo en China, reforzando a base económica de novas clases sociais que aspiraban a unha contra-revolución. A liberalización e o desencadeamento das forzas do mercado propulsaron forzas económicas opostas ao socialismo que, antes ou despois, se lanzarian a unha loita polo poder. E aconteceu co suposto "movimento para a democrácia" na Praza de Tian An Men.

A entrada do imperialismo

Segundo Beijing Information, China asinara, a finais de 1988, 16.325 acordos de importación de capitais estranxeiros por un importe total de 79,2 mil millóns de dólares. Deste importe recebeu empréstimos de 33 mil millóns de dólares e 11,5 mil millóns polos investimentos directos. Os maiores inversores son Hong Kong con 8 mil millóns de dólares, Xapón con 2 mil millóns e os Estados Unidos con 1,7 mil millóns (1).

Cos investimentos estranxeiros, os ideais económicos do mundo imperialista entraron en China. Así, o 12 de setembro de 1988, Zhao Zhiyang acolleu a Milton Friedman** e louvou as suas ideas económicas. Lee Iaccoca, o presidente de Chrysler, imparteu conferéncias sobre o espírito de empresa no Salón da Asemblea do Povo (2). Segundo a Axéncia Chinesa de Notícias, a Comisión das Reformas do Sistema Económico declarou, a finais de 1988: "No marco da reforma económica de China, non existe nada que non estexa aberto á participación estranxeira, como o estudo da transformación do sistema económico". No curso do mesmo ano, a Comisión escoitou os consellos de 1.500 especialistas estranxeiros , concluindo que podia "aprender moito do desenvolvimento económico de Ocidente". A China foron convidados, especialmente, especialistas ocidentais no domínio das finanzas, no domínio da xestion de empresa, da formación dos prezos, da política de investimentos e do controlo da inflación. As suas opinións "aportaron unha contribución positiva tanto prática como teórica á reforma económica". (3)

A influéncia ideolóxica de Ocidente

Nestes dez últimos anos, várias decenas de milleiros de estudantes chineses estudaron nos Estados Unidos. O Partido Comunista Chinés propagou o culto ás realizacións tecnolóxicas dos Estados Unidos e da sociedade de consumo americana. As nefastas consecuéncias non tardaron en chegar.

Centenares de milleiros de intelectuais comezaron a escoitar as rádios imperialistas A Voz de América e a BBC.

Un xornal cercano ao governo americano escrebeu en relación ás manifestacións de Pekín: "participantes do movimento estudantil comunicaban cos seus coléxios de América do Norte e de Europa por teléfone, por telefax e por correo electrónico. O número de chamadas telefónicas entre os Estados Unidos e China triplicou-se no mes de maio". (4)

Shaomin Li, antigo garda vermello e antigo estudante de Pekín, doutor pola Universidade de Princeton nos Estados Unidos, traballa agora para AT&T. A sua posición é bastante representativa da dos numerosos chineses que estudaron en Ocidente. "Moitos intelectuais chineses, incluido eu, chegamos a considerar a Taiwan como un modelo para a reforma socioeconómica de China. (...) A propriedade privada e o mercado livre son os fundamentos da liberdade política. (...) As institucións capitalistas aportan prosperidade e liberdade; as institucións comunistas, pobreza e caos. (...) Con Taiwan como exemplo, os chineses da República Popular teñen máis posibilidades que outros países comunistas de rexeitar a doutrina marxista e acadar as reformas. Eis a razóns pola que Milton Friedman dicia: "Son máis optimista no tocante a china que a Unión Soviética. Os chineses teñen ese grande recurso da China de fora. O éxito dos chineses en Hong Kong, Singapur, Taiwan, criou dentro de China unha inspiración que os exemplos de Polónia, de Hungria ou de Xugoslávia non poden producir na Unión Soviética". Segundo unha enquisa, realizada por Shaomin Li entre 607 estudantes chineses nos Estados Unidos, o 90% pronuncia-se pola supresión das referéncias ao marxismo-leninismo e á dirección do Partido Comunista na Constitución, o 86% afirmaba que China tiña que inspirar-se na experiéncia de Taiwan, o 60% eran partidários dunha economia liberal estilo Taiwan.(5)

O desenvolvimento dunha burguesia en China

A política razoável dun desenvolvimento limitado dun sector capitalista en China derrapou, terminando nunha marexada selvaxe de empresas capitalistas. Segundo as estatísticas oficiais, durante o ano 1988, o 22% dos investimentos en bens imóveis foron realizados no sector privado por un importe de 100 mil milllóns de yuans, é dicer, un aumento do 25% con respeito ao ano precedente. O valor da producción industrial do sector privado coñeceu unha subida do 46% no curso daquel ano, a producción das empresas rurais, a miúdo moi próximas á empresa privada, acrecentou-se nun 35%. (6)

A publicación Far Eastern Economie Review estimou que en 1988 o 37% da producción industrial fora realizada polos sectores de propriedade particular e colectiva, porcentaxe que teria que pasar ao 50% en 1993 (7). O semanário Business Week, pola sua banda, saudaba, no momento no que tiñan lugar os acontecimentos de Pekín, "a emerxéncia dunha nova China de empresários prósperos. (...) As empresas particulares utilizan meios non autorizados para reunir fondos. (...) A China nova está asfixiando á China tradicional no domínio dos capitais"(8).

As forzas económicas detrás do "movimento democrático"

O imperialismo e o capitalismo, moi presentes en China no sector económico, sostiveron o movimento supostamento democrático dos estudantes e dos "reformadores" do núcleo de Zhao Ziyang, co obxectivo de que se criara unha forza política legal. En maio de 1989, Business Week escrebeu: "moitos homes de negócios estranxeiros en China apoian aos reformadores na idea de que un maior degrau de liberade política só poder reforzar, a longo prazo, o comércio" (9). O xornal británico The Guardian precisaba: "é interesante anotar que un certo apoio dos pontos de vista prodemocráticos veñen de novos empresários ricos" (10). Far Eastern Economie Review anotaba, sempre na mesma época de maio de 1989: "O mundo dos negócios de Hong Kong simpatiza coas peticións dos estudantes de máis reformas e máis democrácia. Os magnates de Hong Kong, Li Kashing, Y.K. Pao e Stanley Ho expresaron públicamente o seu apoio. A presión por unha abertura política poderia, segundo estes, ser moi positiva para o futuro do capitalismo en China" (11).

Política: a louvanza da democrácia burguesa

O segundo fenómeno que marcou a evolución chinesa entre 1979 e 1989 situa-se no campo político, onde se asistiu á emerxéncia dunha nova forza política contra-revolucionária.

No momento en que China apostou polo desenvolvimento dun sector capitalista e a introducción das multinacionais, ollamos o xurdir, na esfera política, das primeiras forzas antisocialistas. En 1979, Pekín veu como no "muro da democrácia" se plasmaban todo tipo de tendéncias anticomunistas. O 9 de marzo de 1979, un afamado mural anunciaba: "loitamos para que China coñeza os verdadeiros direitos humanos e unha verdadeira democrácia", amosando deste xeito as bandeiras baixo as que os anticomunistas marcharian durante a vindeira década. De facto, as verbas "direitos humanos" e "democrácia" utiliza-as o imperialismo para agachar a mercadoria ideolóxica que pon á venda. Os pontos esenciais do programa que preconizaba este xornal mural serian: Primeiro, "Defendemos o estudo da cultura e da civilización inspiradas polo espírito de Cristo, propoñemos tomar exemplo dos sistemas democráticos baseados nas ensinanzas do cristianismo". Despois, "reclamamos o abandono das nocións caducas do pensamento Mao Zedong, a revisión dos princípios do marxismo que non concordan coa realidade e a abolición da loita de clases". En terceiro lugar, "solicitamos que o Partido Comunista, que era a propriedade de Mao Zedong, sexa de novo o partido do povo enteiro". E finalmente, "chamamos ao Partido Comunista Chinés e ao Kuomitang a colaboraren de novo no marco das novas condicións históricas" (12).

Wei Jing-sheng, o pequeno Le Pen chinés

Wei Jing-sheng é o home que, entre 1978 e 1979, defendia con máis forza as conceizóns políticas do imperialismo. Acadou certa sona na direita ocidental afirmando que China necesitaba a quinta modernizacion: a democrácia. O que agacha a palavra "democrácia" resulta evidente cando un se toma a moléstia de ler o programa de Wei.

Esta é a sua tese: "as democrácias burguesas do Ocidente permiten aos cidadáns expresas a sua vontade grazas ás eleizóns e decidir así o futuro do país. (...) Eis a razón pola que nengún político burgués pode ignorar as opinións da povoación sobre calquer tema. (...) A base económica na que se sustentan os governos democráticos é o sistema de livre empresa. (...) No Ocidente, os traballadores até conseguiron enviar delegados obreiros aos consellos de administración, ocupando alí a metade dos postos. (...) Na rivalidade que opón o capital ao traballo, os traballadores están, de facto, en mellor posición nun sistema onde a maioria pode decidir a política. (...) Fago un chamamento aos que pensan así para que se poñan detrás da bandeira da democrácia. O socialismo marxista é, sen excepción, un sistema ditatorial antidemocrático. (...) Temos que concentrar o noso ódio neste sistema criminal que trata ao povo de forma tan escandalosa" (13).

Os estudantes contra o socialismo

Estas ideas contra-revolucionárias, defendidas en 1979 por Wei e un pequeno círculo de namorados do imperialismo, atoparon un eco crecente entre os intelectuais no transcurso dos anos seguintes. As causas son moitas. O Partido Comunista acabou práticamente coa educación marxista-leninista entre os estudantes. Cesou na loita contra as conceizóns políticas do imperialismo. O liberalismo, a corrupción e o enriquecimento ilegal difundiron-se entre certas fraccións do Partido.

Cando, entre 1985 e 1986, un movimento estudantil se desenvolveu nas grandes cidades chinesas, "as emisións de A Voz de América desempeñaron un papel determinante", como o confirmaria un xornalista norteamericano expulsado de China por actividades de espionaxe (14). Con ocasión destas primeiras accións estudantís, o profesor Fang Lizhi declarou que China tiña que abandonar o marxismo, unha roupa vella de segunda man. Wang Ruowang reclamou unha "reavaliación completa do desastre criado por Mao Zedong". Lui Binyan denunciou "a ditadura feudal-fascista" do Partido Comunista e afirmou que o capitalismo era superior ao socialismo (15). Tais afirmacións atoparon grande eco na fraccion dos estudantes e dos intelectuais que tiñan como modelo ás elites dos países imperialistas e neocoloniais.

Durante os anos 1987 e 1988, estes elementos, alimentados diáriamente polas emisións de A Voz de América, puderon difundir amplamente as suas ideas nas universidades: o Partido non facia alí nengún traballo político digno dese nome.

No ano 1988, os núcleos contra-revolucionários prepararon accións de masas para celebrar os tres aniversários que devian brillar o ano seguinte: o 70 aniversário do Moviment Catro de Maio***, o 200 aniversário da Revolución Francesa e o 40 aniversário da Revolución chinesa. Así, o 6 de xaneiro de 1989, Fang Lizhi escrebeu-lle unha carta a Deng Xiaoping na que mencionaba estas tres datas e pedia que estes acontecimentos fosen celebrados pola liberación de Wei Jing-sheng, indicando con claridade a plataforma política coa que pensaba actuar. Seguindo a Fang, 33 intelectuais repetiron nunha carta aberta a reivindicación da liberación de Wei. Entre os asinantes, Su Shaozhi, que foi un alto cárrego, até 1987, do Instituto de Marxismo-Leninismo e do Pensamento Mao Zedong. A princípios de marzo de 1989, 42 persoalidades dos meios científicos e académicos, entres os que se atopaban vários membros da Asemblea Popular, asinaron outra carta aberta tamén esixindo a liberación de Wei. Esta maré de cartas, orientada sobre Wei e as suas ideas políticas, suscitou moitas discusións entres os estudantes. Así foi como encetou a preparación política da contestación de abril e maio de 1989.

O Partido a piques da ruptura

O terceiro fenómeno foi determinante na emerxéncia do movimento de Pekín: a división interna do Partido Comunista Chinés e o crecimento dunha fracción revisionista moi ifluinte.

Hu e Zhao, a parella revisionista

Hu Yaobang, nomeado Secretário Xeral do Partido en 1982, foi o representante máis sinalado desta corrente. En 1981, o seu grupo denunciou "a teoria segundo a cal as clases e a loita de clases existen durante cada periodo socialista, existindo burguesia no interior do Partido comunista" (16). Catro anos máis tarde, Hu declaraba: "tomamos a decisión de non utilizar apartir de agora a expresión de elemento antipartido e antisocialista" (17). Hu aseguraba-lles, con estas teses, a tranquilidade aos elementos apodrecidos, aos burócratas, aos corrompidos e aos revisionistas. En 1988, Hu foi reemprazado por un dos seus cómplices na fracción revisionista, Zhao Zhiyang.

Para marcar a viraxe ideolóxica, o Beijing Infomation escrebia en 1988: "Kruschev coñece un rexurdir de popularidade en China". E: "Stalin foi un ditador, en absoluto un revolucionário". Houbo un apoxeo das traduccións ao chinés da literatura antistalinista publicada eses últimos anos na URSS, entre as que figuraban As memórias da mestra de Stalin. Cando algúns comezan a denigrar a Stalin é necesário tender a orella á verdadeira mensaxe que queren dar.

Así, o profesor Lu Congming, da Escola do Partido que dependia do Comité Central, aspiraba a que "a natureza da nosa época cámbie a medida que se pasa da etapa imperialista á do capitalismo social" (18). Eis o perigo do imperialismo negado, tanto para o Terceiro Mundo como para China! E proseguia: "o capitalismo desenvolvido pode producir elementos socialistas e pasar ao socialismo de xeito pacífico. (...) Tanto a economia socialista como a economia capitalista son economias de mercado socializadas. (...) O capitalismo contemporáneo é un bon modelo para o mercado socializado". Cando ouvimos barbaridades como estas, comprendemos o furor de Mao Zedong que, na altura da Revolución Cultural, criticaba as "misturas dos revisionistas contra-revolucionários" (19). O profesor Lu lanza despois un panexírico do capitalismo: "Vemos alí un cámbio da propriedade dos meios de producción, a propriedade social reempraza á propiedade privada. Por outra banda, asistimos á participación dos obreiros na xestión da sua empresa. O macrocontrolo do Estado sobre a economia é, de facto , o princípio da economia planificada. A nova repartición das rendas polo governo e o desenvolvimento da seguridade social contribuen a debilitar as diferenzas entre ricos e pobres". Este revisionista apresente o capitalismo como unha sociedade que xa realizou as promesas do socialismo; despois predica para China unha política capitalista como mellor xeito de desenvolver o capitalismo... Que curioso parentesco ideolóxico entre Wei, sempre na prisión, e o profesor Lu, que ensina aos cadros superiores do Partido!

A situación volve-se ainda máis grave cando a mesma orientación política é expresada por Zhao Zhiyang, que en 1988 afirma: "o Partido Comunista Chinés vai traballar conxuntamente co Kuomitang de China para a reunificación no prazo máis breve. Os dous lados do estreito (é dicer, China e Taiwan) teñen moitísimo en común do ponto de vista político, económico e cultural. Nas duas beiras desexamos a cooperación, o desenvolvimento conxunto da economia nacional, mellorar o nível de vida e unha China próspera, poderosa e moderna" (20). Esta conceizón da converxéncia entre a China socialista e Taiwan, o reino das multinacionais e do capitalismo selvaxe, amosa o correcto da observación de Milton Friedman: os grandes capitalistas chineses de Taiwan, Hong Kong e Singapur empurran o continente cara á restauración capitalista.

O enfrontamento no seo do Partido

Para comprender o enfrontamento político de maio e xuño de 1989 na Praza de Tian An Men é mester coñecer que en xaneiro de 1987 principiou unha primeira loita importante no seo do Partido Comunista Chinés. O movimento estudantil do ano 1986, directamente inspirado e dirixido por Fang Lizhi, atacara as bases do socialismo en China. Deng Xiaoping que, até ese momento, seguira firmemente ao revisionista Hu Yaobang, muda entón de óptica. O 28 de setembro de 1986, declara: "En Hong Kong e en Taiwan, correntes de opininón procuran loitar contra os catro princípios fundamentias (o marxismo-leninismo e o pensamento Mao Zedong, a via socialista, a ditadura popular e a dirección do Partido Comunista) e predican a via capitalista para dar a impresión que dese xeito acadaremos á modernización do país. De facto, esta liberalización simplesmente volve levar-nos sobre a via capitalista" (21). O 19 de xaneiro de 1988, Po Yipo apresenta, ao buró político, un informe que critica o traballo de Hu Yaobang. "Hu Yaobang animou a elementos activos que advogaban pola liberación burguesa e adoptou unha posición de comprensión e de protección ante estes. Todo isto levou directamente a que nos pida suprimir os catro princípios fundamentais, a pular por unha ocidentalización integral e por un sistema político e económico capitalistas" (22).

A queda de Hu Yaobang debilitou ao núcleo revisionista na cabeza do Partido. Porén, Deng Xiaoping nomea a outro representante da mesma corrente, Zhao Zhiyang, como novo Secretário Xeral.

Mais no curso da loita que leva á queda de Hu, as posicións da esquerda do Partido receben un eco crecente. Chen Yun declara: "a fonte da liberalización burguesa encontra-se no sector económico. Unha economia planificada é socialista, unha economia de mercado é capitalista e promover unha economia de mercado é promover o capitalismo" (23). Denunciando a via capitalista, Chen Yu critica tamén a corrupción que leva asociada: "os dirixentes do Partido teñen que dar exemplo ao povo. Deven estar á cabeza da loita pola eliminación da corrupción da clase capitalista e as negativas tendéncias que proveñen da mesma. Moitas empresas son dirixidas por familiares cercanos de dirixentes. É este un problema moi grave" (24).

En 1988, Zhao Zhiyang, o novo Secretário Xeral, continua protexendo aos grupos revisionistas colocados por Hu Yaobang na dirección de certas institucións do Partido, permitindo-lles, incluso, extender a sua influéncia. En 1986, o colaborador máis cercano de Zhao, Bao Tong, autorizara a criazón en Pekín dos Fondos para a reforma e a abertura de China, financiado por Georges Soros, unha importante home de negócios americano (25). O entorno de Zhao Zhiyang defendo o seguinte ponto de vista, expresado por intelectuais chineses residentes nos Estados Unidos: "coidamos que un cámbio no sistema da propriedade de Estado non só é unha necesidade histórica senón que é realizável na prática. O noso proxecto é iste: organizar un programa global de privatización do sistema da propriedade estatal" (26). En novembro de 1988, Li Yining, profesor da Universidade de Pekín e colaborar próximo de Zhao, remarca: "O obxectivo final é a criazón de mercados ben rodados, de tipo capitalista, para as mercadorias, as finanzas, o traballo e o hábitat" (27). Esta posición é confirmada por un outro colaborador de Zhao, Chen Yi-zi: "Zhao estaba convencido de que unha economia planificada de tipo stalinista non podia facer marchar a China e que era necesário unha economia de mercado" (28).

É interesante anotar un último ponto. No momento das manifestacións estudantís, un xornal de Hong Kong escrebeu: "Zhao solicitou-lle a unha comisión preparar unha proposición de reforma política que incluise ideas para unha competéncia multipartidista e unha imprensa independente" (29). O multipartidismo en China significa ante todo a legalización do Kuomintang, o partido fascista no poder en Taiwan. No tocante a imprensa "independente", dependeria completamente dos meios financeiros de Taiwan, de Hong Kong e dos Estados Unidos. Mais coa sua opción polo multipartidismo, Zhao é aclamado no oeste como un demócrata. E, porén, é precisamente o grupo de Zhao Zhiyang quen reclamara, a finais de 1988 e princípios de 1989, un "novo autoritarismo" para levar adiante as reformas capitalistas. Reproducimos o que Zhao lle di a Deng Xiaoping o 6 de marzo: "Un país subdesenvolvido que quer modernizar-se ten que pasar por unha certa etapa na que precisa do impulso dun governo forte e autoritário" (30). Está claro: para facer tragar a democrácia burguesa e a liberdade de mercado, fai falla un governo autoritário capaz de vencer as resisténcias á restauración capitalista.

A finais de decembro de 1988, a loita entre os revisionistas e os marxista-leninistas coñece un segundo auxe. Unha persoa cercana a Zhao Zhiyang reune a trescentos intelectuais nun seminário no que os "reformadores" célebres do Partido, como Yan Jiaqi e Su Shaozhi, collen a palavra para denunciar as campañas pasadas contra o liberalismo burgués. Os textos, unha impetuosa defensa do capitalismo, son publicados posteiromente no World Economie Herald de Shangaï. No seu editorial, o xornal precisa: "hai que valentemente recoller o exemplo das formas democráticas modernas desenvolvidas no capitalismo ocidental" (31). Esta axitación de direitas por parte dos intelectuais reformadores do Partido influe directamente sobre os meios estudantis da capital.

Chen Yun declara neste momento que "toda a frente ideolóxica está ocupada pola burguesia, non fica nada proletário". Wang Zhen e Po Yipo insisten, por tres veces e no entorno de Deng Xiaoping, na necesidade de reemprazar a Zhao Zhiyang do posto de Secretário Xeral. En marzo de 1989, Li Sien-nien vai á casa de Deng para insistir de novo na necesidade desta dimisión, que poderia realizar-se na cuarta sesión plenária prevista para as próximas semanas (32). O movimento estudantil pon-se en marcha en abril no meio destas loitas dentro do Partido Comunista.

O que realmente querian os estudantes de Pekín

Os noso meios de comunicación contaron-nos que os estudantes de Pekín se manifestaban por reivindicacións democráticas e contra a corrupción, e que de nengún xeito querian derrubar o rexime socialista. Como prova até cantaban a Internacional. Pode existir confirmación máis brillante de que baixo o socialismo a democrácia é imposível? Unha camarilla de vellos burócratas, sentindo-se superados, esmagou nun baño de sangue un movimento xentil e inxénuo.

Toda a direita, desde o PSC (Partido Social-Cristián) até o Vlaams Blok (Vlaams Belang desde 2004), apresentaron-nos esta versión. Os trotskistas despregaron unha actividade febril, após a represión do movimento pro-imperialista, para conseguir que a esquerda belga defendera aos "estudantes". Reclamaron o apoio de centenares de progresistas a unha petición que dicia que os estudantes "esixian, de facto, unha democratización do socialismo" e que tamén declaraba que "o pretexto de que a contra-revolución está erguendo a cabeza é inaceitável" (33). Pola contra, nós afirmamos que actuando deste xeito os trotskistas esbaban a comportar-se como verdadeiros axentes do imperialismo americano e do fascismo de Taiwan. O leitor xulgará se esta acusación é fundada ou non.

Unha revolución contra o socialismo

Cal era o carácter e natureza do movimento de Pekín?

Horas despois da intervención do exército, o 4 de xuño de 1989, Shaw Yuming, voceiro do governo de Taiwan, declara: "ainda que algunhas persoas coidan que este movimento estudantil representa só unha loita no seo do sistema e é un movimento revolucionário dirixido contra o Partido Comunista, temos que subliñar que si se examinan ben as cousas, vemos que a sua lenda "a democrácia ou a morte" e o feito de erixir a estátuda da "deusa da liberdade" sobre a Praza de Tian An Men, proban de xeito evidente que loitan por unha democrácia de estilo ocidental." (34) Duas semanas máis tarde, o voceiro do governo de Taiwan informa a un xornalista xaponés: "señor Yuan Mu, o voceiro do governo de Pekín afirmou que os manifestaban buscaban derrubar o rexime socialista (...) Dicia a verdade. Certas persoas, como Fang Lizhi e outros intelectuais, son perfeitamente conscientes do que esixen. Mais moitas persoas pedian só algúns cámbios; non coñecian as implicacións lóxicas do que reclamaban (...). Nunha revolución uns son xefes e outros seguidores. Os xefes saben o que queren mais os seguidores tan só teñen unha vaga idea do que fan. Moitas persoas que estaban na Praza de Tian An Men pensaban que pedian só algúns cámbios, mais non sabian que se trataba dunha revolución para sair do sistema." (35)

Por unha vez, o Partido Comunista Chinés e o partido fascista de Taiwan están de acordo nunha cuestión. Unha cuestión importante: o movimento "democrático" de Pekín tiña absolutamente un carácter contra-revolucionário.

O programa de Fang Lizhi

Para xulgar se esta estimación está fundamentada, é importante analisar, con toda obxectividade, o programa político adiantado polo núcleo dirixente na Praza de Tian An Men.
O movimento, previsto orixinalmente para o 4 de maio de 1989, foi preparado durante todo o ano 1988. A comezos do ano 1989, Fang Lizhi, o pai espiritual indiscutível do movimento, visita as capitais ocidentais co obxectivo de acadar apoios para o iminente movimento.

No Libération do 17 de xaneiro de 1989, Fang Lizhi publica un artigo intitulado "China necesita democrácia", palavra de orde repetida despois polo movimento estudantil de Pekín. Denigrando os 40 últimos anos de construcción socialista, Fang Lizhi declara: "a lóxica só leva a unha conclusión: as desilusións dos últimos 40 anos deven ser atribuidas ao sistema social (...). O socialismo, na sua moedura Lenin-Stalin-Mao, foi completamente desacreditado." Partidário da introducción das leis do capitalismo en China, engade: "Seica unha economia livre pode ser compatível co modelo específicamente ditatorial do governo chinés? Unha ollada sobre a China de 1988 proba que a única resposta é non. China difire doutros países en que o seu sistema de ditadura non é quen de aceitar unha economia totalmente livre. E isto é porque a ditadura socialista está íntimamente vinculada a un sistema de "propriedade colectiva" e a sua ideoloxia fundamental é antagónica aos direitos de propriedade requeridos por unha economia livre."

Fang Lizhi continua precisando que entende a expresión "liberdade de imprensa" como a liberdade de expresión para a ascendente clase dos capitalistas chineses: "o editor dun xornal de Cantón escrebeu recentemente que a función do seu xornal era escreber, non no nome do PCCh, senón no da clase meia emerxente de Cantón."

E para rematar o seu artigo, Fang Lizhi precista a táctica que hai que seguir, inspirada amplamente polas experiéncias polaca e húngara: "a democrácia é algo máis que un eslogan: exerce unha presión consustancial a ela. O fin desta presión é obrigar ás autoridades, paseniñamente a através de meios non violentos, a aceitar cámbios na dirección da democrácia política e da economia livre." (36)

No momento de que o suposto movimento pola democrácia foi lanzado sobre Pekín, os seus diferentes voceiros, cando negociaban perpectivas económicas e políticas de China, só repetian estas orientacións.

Esta declaración-programa de Fang Lizhi amosa todo o seu alcance cando se examina, paralelamente, a política declarada de Taiwan. Recentemente, o primeiro ministro de Taiwan, Lee Huan, manifestou, diante do seu governo, a liña de actuación. Segundo Lee Huan, Taiwan "só levou a cabo unha "ofensiva política" sobre o continente, porque unha ofensiva militar esixiria sacrifícios demasiado elevados e causaria demasiados danos." (37) E nos documentos do Kuomintang, atopamos as liñas directrices seguintes: "proseguir activamente o traballo ideolóxico sobre o continente co fin de combater a estratéxia do Partido Comunista. Eliminar a ditadura marxista-leninista no continente. Destruir o sistema de partido único do comunismo chinés. Permitir a propriedade privada da terra e o desenvolvimento da empresa privada." (38)
A Federación para a Democrácia e o Kuomintang: as concordáncias.

Tres meses após a represión do movimento, os seus principais líderes reencontran-se en París para criar a Federación para a Democrácia en China. Elixen a sua dirección: Yan Jiaqi, principal dirixente dos intelectuais da Praza de Tian An Men, Wuer Kaixi, próximo a Zhao Zhiyang e principal dirixente estudantil e Wan Runnan, un dos máis importantes capitalistas da República Popular.

O programa adoptado pola Federación non se distingue en nada do perseguido polo Kuomintang. A Federación dos "demócratas" denúncia que o Partido Comunista criou "un sistema onde o totalitarismo stalinista engade-se ao despotismo oriental". Afirma que "a toleráncia do povo chinés, no que ao Partido Comunista respeita, acadou límites extremos". Os seus obxectivos principais son formulados así: "desenvolver a economia de iniciativa privada e acabar coa ditadura do partido único". (39)

Desde o momento que este programa foi publicado, o paralelismo entre a política dos fascistas de Taiwan e os dirixentes de Tian An Men terian que alarmar a todos os progresitas e anti-imperialistas. Desde entón, as posicións destes dous grupos anticomunistas non fixeron outra cousas que achegar-se.

En primeiro lugar, tanto o Kuomintang como a Federación para a Democrácia buscaban derrubar ao Partido Comunista, apoiando-se nas forzas da alta burguesia de Taiwan, dos Estados Unidos, de Hong Kong e de Singapur.

Diante dun auditório de San Francisco, Shaw Yuming, director xeral de información do governo de Taiwan declara: "o governo da República de China (Taiwan) seguiu de cerca o movimento estudantil desde un primeiro momento e estudou diversas contra-estratéxias. Porén, para non dar nengún pretexto aos comunistas chineses para suprimir o movimento, devimos adoptar unha atitude extremadamente prudente. (...) A nosa esperanza é utilizar o modelo de desenvolvimento de Taiwan como base para acadar o noso obxectivo: a reunificación de China baixo un sistema livre e democrático. (...) Os Chineses do continente, de Taiwan, de Hong Kong, de Macao, dos Estados Unidos, de Canada, de Europa e da rexión oriental de Ásia chegaron ao consenso, após a mantanza de Tian An Men, de acabar coa tirania dos comunistas chineses. " (40)

Esta orientación política de Taiwan, é repetida práticamente palavra por palavra polo voceiro dos intelectuais do movimento de Pekín, Yan Jiaqi. O 28 de xullo de 1989, con motivo da primeira sesión do Congreso dos Estudantes Chineses nos Estados Unidos, en Chicago, declara: "As contribucións deven vir dos chineses de alén mar. Os comunistas chineses poden controlar ao povo con tanques, mais non poden suprimir a empresa privada fora de China. A democrácia depende da expansión económica. O feito de que Taiwan tivera un governo democrático baixo a dirección da República de China non é benvido. O importante non é que China estexa dividida entre forzas socialistas e capitalistas, senón que unhas son ditatoriais e outras democráticas. Para nós, calquer que apoie a ditadura é o noso inimigo e calquer que se opoña á ditadura é o noso amigo. O povo de Taiwan luce alta a bandeira democrática. Isto, penso, é a base fundamental para a reunificación de Taiwan e da China continental." (41)

A segunda concordáncia: Kuomintang e a Federación para a Democrácia, os dous, denigran a experiéncia socialista en China desde a liberación en 1949. Á pergunta dos xornalistas: "os chineses idealizan moito os primeiros anos do comunismo, acreditan nisto?" Yan Jiaqi resposta: "Non! O comezo dos anos 50 é a época na que o Partido Comunista instala as bases do seu poder, na que perseguia aos partidários do Kuomintang de Tchang Kaichek, na de desposuia aos capitalistas sen facé-lo a plena luz e, no campo, daba-lle a terra aos campesiños expropriando os bens imóveis dos proprietários. É a epoca na que o Partido Comunista princípia a sua primeira campaña contra os intelectuais e todas as persoas que pensaban doutro xeito." (42) A sua argumentación é calcada da tese dos fascistas do Kuomintang que pretende que, desde a chegada ao poder, o Partido Comunista levou unha política "criminal".

A terceira concordáncia: todo o discurso do Kuomintang, como acontece co da Federación para a Democrácia, está orientado sobre unha base central: a empresa privada, o capitalismo selvaxe.
O Secretário Xeral da Federación para a Democrácia en China é o millonário Wan Runnan, ex director xeral da da sociedade de equipas electrónicas Stone, unha das empresas privadas máis importantes de China. Tiña uns benefícios aproximados de 50 millós de dólares anuais. En fevreiro de 1990, Wan Runnan entrega as suas impresións á revista Boletín de Sinoloxia, editada en Hong Kong: "Wan Runnan coida que a ditadura do partido único constitue un freo para o desenvolvimento económico. Preconiza a instauración, na economia, dun sistema de propriedade privada e, na política, dun sistema pluralista." (43) Diante da City University de New York, Wan Rumman declara: "unha solución simples aos problemas de China consiste en privatizar a propriedade, facendo posível a emerxéncia dunha clase meia." (44) Yan Jiaqi confirma esta opción precisando que unha economia socialista é a base do totalitarismo, idea central de Fang Lizhi. "Namentres China non adopte un sistema de propriedade privada na economia, está condenada ao totalitarismo e ao controlo do pensamento." (45)

As peregrinacións a Taiwan

Recentemente, a Federación para a Democrácia en China, através do seu presidente Jan Jiaqi, deu a coñecer unha estratéxia en catro fases. Primeira fase: a queda de Li Peng. Segunda fase: revisión do xuizo sobre a natureza do movimento de Pekín. Terceira fase: volta dos disidentes e reforma da constitución na dirección dun sistema pluralista como o de Polónia, Hungria ou a Unión Soviética. Cuarta fase: estabelecimento dun sistema federal e eleizóns multipartido, coa participación do Partido Comunista, o Kuomintang e a Alizanza Democrática. (46). Cando menos, neste listado de intencións, o obxectivo fica claro: a volta do vello partido fascista e a chegada dun novo partido criado nos Estados Unidos por axentes chineses da CIA.

Cando, meses despois da represión do movimento pro-imperialista de Pekín, afirmamos que este fora dirixido por contra-revolucionários e que pretendia estabelecer o rexime de Taiwan en China, os trotskistas fixeron-se os indignados. Mandel tivo o atrevimento de escreber: "a vitória dos estudantes reforzaria a base do socialismo en China. O seu esmagamento por unha camarilla de déspotas militares foi un duro golpe ao socialismo." (47) Agora vemos a todos los protagonistas do supostamente movimento democrático desmascarar-se e amosar-se abertamente como axentes de Taiwan e dos Estados Unidos. Vemos de quen foi Mandel advogado.

Yan Jiaqi, o pensador do movimento "democrático", foi a Taiwan o 8 de maio de 1990, para declarar isto: "Para a democratización da China cotinental, a experiéncia de Taiwan ten un grande valor de referéncia." (48)

O segundo heroi da Praza de Tian An Men era Wuer Kaixi. O 29 de xaneiro solicitou unha entrevista con John Chang, o director do departamento de negócios chineses do Kuomintang, é dicer, o xefe dos servizos secretos de Taiwan na República Popular. O noso demócrata declarou-lle ao fascistas: "a comunicación entre os chineses anticomunistas é o primeiro paso cara á unidade." (49)

Su Hsiao-kang, o célebre escritor, chegou a Taiwan a comezos de xaneiro acompañado por outros catro escritores, militantes da Praza de Tian An Men. Alí denunciou: "o totalitarismo de tipo stalinista imposto por Mao Zedong". Segundo a imprensa de Taiwan, "criticou a Taiwan pola pouca contundéncia do seu apoio ao movimento democrático do continente". Sempre segundo ao imprensa do Kuomintang: "Su afirmaba que certos membros da Federación para a Democrácia en China pensaban que a acción sanguenta e a guerra civil eran inevitáveis no combate pola democrácia." (50)

Yueh Wu, dirixente do Sindicato Obreiro de Pekín, moi ben considerado polos nosos trotskistas, chegou o 16 de xaneiro a Taiwan, convidado pola Liga Anticomunista Mundial! (51)
En xaneiro, todos os dirixentes da Federación, liderados polo Secretário Xeral Wan Runnan, así como cincuenta estudantes e escritores do movimento de Tian An Men, foron convidados a Taiwan. Un cadro do Kuomintang declaraba: "hoxe é un segredo público que todos os grupos importantes do movimento democrático receben a meirande parte das suas axudas dos fondos de Taiwan." (52)

Estas informacións poden provocar arrepio a todos os que creron, nun momento ou outro, que os estudantes de Tian An Men eran uns mozos inxénuos, políticamente virxes. Agora, as probas son contundentes: para toda a dirección deste movimento, a "liberdade" é a liberdade da empresa capitalista e da explotación, a "democrácia" e o multipartidismo é a volta do partido fascista do Kuomintang e dos seus escuadróns da morte a China. A grande campaña anticomunista que Amnistia Internacional lanzou en maio de 1990 tiña por lema: "O ano pasado, a primavera florecia en China inzada de esperanzas". (53) Unha expresión claramente política que repite a versión difundida polos estrategas do imperialismo: o movimento pola democrácia era unha primavera inzada de esperanzas. Agora ben, se Amnistia Internacional quer facer política (e a fai con grande refinamento), non pode impedir un debate aberto nas suas filas sobre a análise deste movimento. E unha análise obxectiva leva a unha conclusión indiscutível: este movimento apontaba ao restabelecimento da dominación neocolonial sobre China e ao renacimento da dominación fascista do Kuomintang. E esta é a orientación que defende Amnistia Internacional-Bélxica sob pretexto de "non facer política".

O seu "pacifismo" era unha mentira: eis as probas

Hu Yaobang morre o 15 de abril de 1989. O sector direitista do estudantado de Pekín aproveitan isto para demandar que a tendéncia de Hu, cuxa orientación liberal e pro-imperialista é ben coñecida, tivera a dirección absoluta do Partido e que os últimos representantes da liña marxista-leninista fosen eliminados. O primeiro requerimento desta direita é a restituición dos méritos de Hu Yaobang, criticado en 1987, e a reabilitación política de todos os seus partidários excluídos do Partido, cuxa figura principal é Fang Lizhi, o célebre louvador do imperialismo americano e do rexime de Taiwan. O 24 de abril, este núcleo de estudantes anúncia a formación dun Comité preparatório da Federación Nacional dos Estudantes e a sua ruidosa defensa de Solidarnosc indica a sua intención de constituir un centro político legal capaz de reunir a todas as forzas anticomunistas. (54)

Como resposta, a Buró Político do Partido Comunista denúncia o 26 de abril "unha conspiración organizada" e "unha axitación que tenta acabar coa dirección do Partido Comunista e co sistema socialista".

O 2 de maio, o grupo estudantil envia unha petición ao Partido na que afirma responder á oferta de diálogo feita polo governo. Cando se estuda isto polo miúdo, se comproba que este grupo non busca de nengún xeito o diálogo, senón o enfrontamento e que o seu último fin é a queda do Partido Comunista. No primeiro ponto, demandan "a igualdade absoluta" entre as duas partes, os estudantes e as autoridades nacionais, coa presenza dos responsáveis máis altos do Partido e do Estado. Os estudantes deven ser representados pola Federación Autónoma dos Estudantes, o que implica o recoñecimento oficial das organizacións antisocialistas. O grupo demanda tamén que o encontro sexa retransmitido íntegramente pola televisión, facilitando así a implantación da organización anticomunista no conxunto do país. (55)

Comprendendo perfeitamente o sentido político desta táctica, unha revista do governo norteamericano declara: "se esta petición fose concedida, os estudantes obterian a legalización da primeira organización política completamente independente da história da República Popular e a negación dos catro princípios fundamentais de Deng Xiaoping." (56)

Zhao Zhiyang une a contra-revolución

Un feito importante produce-se o 4 de maio, co discurso de Zhao Zhiyang, no seu retorno de Pyongyang. Diante dos membros do Banco Asiático do Desenvolvimento, Zhao apresenta unha avaliación positiva do movimento estudantil e reproba aos que consideran que este movimento está dirixido por forzas antisocialistas.

Unha revista do governo norteamericano fixo, pouco despois, a seguinte análise da intervención de Zhao: "mália a enorme dimensión das manifestacións, ainda non constituen unha rebelión popular. Estas manifestacións só foron posíveis no momento no que os manifestantes viron que tiñan a simpatia dunha fracción do Partido e do aparello governamental, que vian nas manifestacións unha axuda nos seus combates contra os conservadores. Este proceso comezou após o discurso do 4 de maio de Zhao." (57)

Moitos membros do Partido Comunista son desorientados polas apreciacións sobre o movimento estudantil que veñen da dirección do Partido. Zhao dá as intruccións a todos os meios de comunicación para que apoien o crecente movimento. Grazas aos meios de comunicación, o movimento estudantil transforma-se en movimento popular. Após a declaración da lei marcial, o 20 de maio, e até o 25 de maio, a imprensa, a rádio e a televisión chaman á povoación a opor-se a entrada do exército en Pekín. (58)

É neste momento, de confusión política xeral, cando as forzas auténticamente de esquerda, xente que critica as reformas de Deng Xiaoping desde as posicións de Mao Zedong e de Zhou Enlai, se compromenten co movimento. Desde ese momento os manifestantes procuran fins totalmente opostos, uns querendo regresar aos princípios socialistas dos anos de Mao e outros empurrando as reformas até a introducción da economia de mercado. Estes últimos tiveron a dirección política do movimento en todo momento.

A direita ao asalto do poder

O 17 de maio, Yan Jiaqi, un dos principais dirixentes do movimento e colaborador próximo de Zhao, publica o Manifesto do 17 de Maio. Nel apoia a Zhao Zhiyang contra o "emperador" Deng Xiaoping e contra "o governo baixo o controlo absoluto dun ditador". Yan escrebe: "abaixo a editorial do 26 de abril! Abaixo a ditadura! Viva o espírito de oposición á tirania!" O seu manifesto é publicado o dia seguinte pola imprensa de Taiwan. (59) Desde ese dia, o núcleo dirixente do movimento fala abertamente da eliminación da esquerda marxista do governo.

Podemos ler nunha declaración da dirección do movimento en Tian An Men, o 21 de maio: nós non somos a "clase de persoas que buscan un compromiso cun governo que trata este movimento patriótico de xeito errado". Se o governo non se vai, entón "os distúrbios endexamáis coñecerán a fin". (60) O mesmo 21 de maio, Yan Jiaqi reclama nunha declaración a caída do primeiro ministro Li Peng, do presidente da República Yang Shangkung e da autoridade superior militar, Deng Xiaoping. Yan reclama a sua expulsión do Partido e da sua corrente en acusación diante do tribunal. (61)

Mais rematando maio de 1989, a grande maioria do comité central do Partido, liderada por Deng Xiaoping e Li Peng, une-se contra a fracción procapitalista de Zhao Zhiyang. (62)

O 1 de xuño, o cuartel xeral dos estudantes en Tian An Men demanda a fin da lei marcial e a retirada das tropas. Anunciando a violencia que chega, afirma: "se estas reivindicacións non son aceitadas, os estudantes están preparados para sacrificar as suas vidas." (63)

Manifestamente o movimento perde o dinamismo. Mais o núcleo duro non pensa ceder de nengún xeito. Pola contra, preparan accións desesperadas. Os estudantes deciden continuar ocupando á Praza Tian An Men até a sesión do Congreso dos deputados do 20 de xuño. Un novo auxe de protestas sempre é posível en Pekín. Algúns distúrbios xa se manifestan nas províncias. Unha revista do governo norteamericano, que comproba a decadéncia do movimento, escrebe: "por mor do financiamento procedente do sector privado chinés e dos simpatizantes de fora e do reforzo proporcionado por novos manifestantes que chegan á capital, é difícil que o movimento se disolva por si próprio." (64)

Após unha campaña de información de duas semanas, durante a cal as autoridades non aplicaron a lei marcial, deciden desocupar a Praza por meio do exército e das forzas da orde. O 2 de xuño, envian soldados desarmados para facer que os estudantes marchen. Non é de nengún xeito unha "provocación", como di a imprensa anticomunista. O envio de soldados sen armas corresponde perfeitamente coa fase de decadéncia do movimento e á vontade do Partido de acabar cos desordes sen violéncia, política praticada desde habia seis semanas e absolutamente impensável en calquer país imperialista. Este 2 de xuño, os soldados desarmados son atacados, golpeados e feitos prisioneiros por estudantes e elementos desclasados.

Prepararon sistemáticamente a violéncia

Se é indincutível que a grande maioria do estudantado non queria a violéncia, é tamén evidente que a dirección do movimento, desde o princípio e de xeito metódico, preparou os ánimos para o enfrontamento e a violéncia.

O 21 de abril de 1989 fai-se, desde a universidade de Beida, un chamamento á folga. "Queremos facer progresar a democrácia pola sinceridade do noso sacrifício, pouco importa a represión, escalaremos montañas de láminas cortantes, mergullaremo-nos en océanos de lume! " (65), é unha linguaxe que chama ao sangue.

Outro xornal mural do 23 de abril sigue textualmente a propaganda de Taiwan: "a democrácia e a liberdade é o fin da nosa folga. A loita é inevitável, hai que aceitá-lo sen temor. Haberá vítimas, mais o sacrifício paga a pena. Podemos aceitar a dor de nacer na escravitude? Nacemos livres, eles queren facer-nos escravos." (66) É unha táctica posta a ponto desde hai tempo pola CIA para a loita nos países socialistas: evitar tanto tempo como sexa posível o enfrontamento directo cos órgaos da ditadura do proletariado; gañar unha vasta influéncia entre as masas vacilantes proclamando a sua vontade pacifista; preparar psicolóxicamente o enfrontamento inevitável para, finalmente, destacar que as autoridades puxeron en marcha a agresión e que os manifestantes tiñan direito á lexítima defensa.

O 13 de maio, os dirixentes deciden dramatizar a loita comezando unha folga de fame de 3.000 estudantes. Preparando o enfrontamento, falan cada vez máis a miúdo da morte. Na petición da folga de fame, os estudantes da universidade de Pekín falan do momento crucial, de vida ou morte, que decidirá a supervivéncia ou o afundimento da nación. "A morte non é o noso fin. Mais se a morte dunha persoa pode mellorar a vida de moitos outros, se pode conseguir unha nación próspera e poderosa, entón non temos o direito a actuar vilmente." (67) Un profesor chinés de inglés explica a un xornalista de Libération a táctica seguida polo movimento. "A dirección do Partido comunista deve, primeiro, recoñecer a asociación de estudantes e a lexitimidade do noso movimento. Mais estas son só as nosas primeiras demandas. Deven abandonar a praza. E se utilizan a violéncia, pasará en China como na Franza en 1789, a toma da Bastilla." (68)

O 22 de maio, o estudantado da Praza de Tian An Men elevan ainda máis a temperatura. "Li Peng e Yang Shangkun deron un golpe de Estado contra-revolucionário. Destituiron ao secretário xeral Zhao Ziyang. Todo o povo deve esmagar este golpe de Estado e rexeitar o governo de Li Peng." (69) Esmagar un golpe de Estado contra-revolucionário: é posível facer isto con xentileza e pacifismo?

O martes, 30 de maio, unha bandeira ondea sobre a Praza de Tian An Men: "o 1789 de China", abertamente apelando a unha revolución para derrocar o rexime. Wang declara a un xornalista de Libération: "a história proba que non se pode conquistar a liberdade sen o recurso da violéncia. É lamentável, mais o sangue deve fluir. En China non chegou ainda o momento. A violéncia illara-nos das masas. Primeiro temos que acordar ao povo e gañar o seu apoio á causa da democrácia." (70)

No serán do 3 de xuño, ás 21 horas, antes da intervención das forzas da orde, Chai Ling demanda aos estudantes da praza erguer a man e xurar: "polo progreso do noso país cara a democrácia, pola prosperidade de noso país e para impedir que un millón de chineses morran na guerra, xuro protexer a Praza Tian An Men e a República coa miña vida. As nosas cabezas poden ser cortadas e o pode correr o noso sangue, mais a praza do povo non se pode perder. Estamos certos a pelexar até a fin até o último de nós." (71)

Os pacifistas: "Sabemos que deve correr o sangue!"

Atopamos unha discusión extremadamente significativa e reveladora do "carácter pacífico" do movimento, na revista Problems of Communism, publicada pola Axéncia de información do governo norteamericano. Proba, indiscutívelmente, duas cousas. Primeiro: a opción non violenta do movimento de Pekín era unha simples táctica, unha manobra intelixente para recoller un apoio tan grande como fose posível para as actividades e as teses anticomunistas. En segundo lugar: hai unha división dos papeis. Namentres os voceiros "oficiais" cantaban á non violéncia, elementos "especializados" estaban preparados para a violéncia. Isto é o que di a revista do governo norteamericano a propósito da "acción sen violéncia" destes dirixentes estudantís tan inocentes: "Consideracións de tipo prático aconsellaron unha aproximación non violenta. O rexime comunista ainda controla forzas militares e policiais impresionantes. O exército e as forzas da policia mantiveron-se firmemente do lado do rexime. Seria iluso para o movimento democrático reunir-se nas montañas como o fixo Mao nos anos trinta. Os demócratas din que se a violéncia ten un papel no futuro de China, terá que vir do interior do exército chinés. O presidente da Primavera de China, Hu PIng, dixo no Cuarto Congreso da organización en Los Ángeles: "a nosa organización non ten a forza de dar un golpe militar". Wan Runnan, da Federación Democrática afirmou: "O noso princípio da acción sen violéncia non significa que o sangue non correrá. Hai unha división de papeis. O noso papel e organizar actividades agradáveis, racionais e non violentas. Mais outros cumprirán outros papeis." A acción sen violéncia e o apoio ao socialismo oferecen as mellores posibilidades para construir unha grande coalición contra o rexime e para atrair o máximo apoio oficial e non oficial no estranxeiro. Un dirixente da Primavera de China declaraba no momento dos debates do Cuarto Congreso: "só a bandeira dos métodos pacífico poder reunir unha audiéncia ampla e plural. Se alguén aquí me demanda diñeiro para fusís, daría certamente os fusís para a caza de aves." (72)

Os amotinadores golpearon primeiro

Cando o exército e a policia quixo restabelecer a orde, despois de suas semanas de traballo explicativo, os primeiros feridos, os primeiros mortos tamén, cairon do lado do exército.

O xornal Libération descrebe os acontecimentos do venres, 2 de xuño, nestes termos: "as masas botaron-se riba dos militares, a imensa maioria moi novos e sen armas. Milleiros de soldados foron feitos prisioneiros. Os seus oficiais ordenaban-lles non resistir. " (73) O sábado, 3 de xuño, ás 15 horas, o xornalista de Libération anota que manifestantes prenderon lume a autocarros militares. E continua: "armas, recollidas dun dos autocarros, son amosadas. Pekín ten xa, esta tarde, un ar de motín." "Sen violéncia non podemos acadar cámbios. Devemos preparar-nos para iso. Non tememos á violéncia", berra un obreiro. Esta violéncia xa está no ar. O sábado, ás cinco da tarde, no Palácio do Povo, mozos patrullan con pedras e longos paus collidos das mans dos policias. "Estamos preparados para o sacrifício", clama un orador improvisado. "Se cai un de nós, serán un millón os que se ergan". As masas berran: abaixo o rexime fascista! Cada vez máis xente fala de "replicar a violéncia do Estado." (74) Lemos en Le Soir: "ao longo de quilómetros, tanto no oeste como no leste da Praza Tian An Men, a avenida Chang'an non é máis que unha sucesión de barricadas." (75) O xornal direitista The Far Eastern Economie Review escrebe: "Na tarde do 3 de xuño, unha nova intervención de soldados a pe e desarmados foi parada diante do Hotel de Pekín, mais esta vez, algúns soldados son golpeados brutalmente por bandas de mozos criminais que apareceran por vez primeira na Praza de Tian An Men con barras de ferro e paos. No serán, durante vários incidentes, vários soldados perderon a vida, golpeados por mans e pedras. En Chong Wen Men, o corpo dun soldado foi queimado. Noutro incidente, manifestantes mutilaron o corpo dun soldado." (76) Un cidadán belga en Pekín declara por teléfone: "primeiro enviaron os tanques do 38º Exército contra os ocupantes de Tian An Men. Trataron de que non houbese violéncia. Non o conseguiron, houbo mortos nas suas filas." (77)

Quen son estes grupos de asasinos? Johan Galtung examinou os vídeos da violéncia e escrebeu: "moven-se rápido e moito, botan bombas molotov, sabendo exactamente como destruir un veículo, até un tanque. Aparentemente, teñen perto dos trinta anos." (78) Podemos razoávelmente pensar en axentes vidos de Taiwan, esa base mundial de escuadróns da morte, axentes que puderon actuar desde hai tempo grazas á pasividade e o laxismo do governo, e ter un papel importante nesta violéncia. Taiwan tiña interese en que o movimento rematara violentamente e tiña os meios para realizar as provocacións necesárias para este fin.

Empurrados deliberadamente á morte?

Até un xornal tan anicomunista como Libération, ve-se obrigado a suxerir a hipótese segundo a cal os dirixentes do movimento estudantil provocaron deliberadamente a fin violenta dun movimento que sabian perdido. Libération cita a un dirixente chegado a Ocidente, Lao Mu: "duas semanas antes da matanza, sabiamos que todo estaba perdido e Wang Juntao fixo preparar documentación falsa para asegurar a fuxida dos intelectuais e dalgúns estudantes que dirixan o movimento, entre os que estaba eu." E Libération formula a pergunta necesária: "por que Wang Juntao se opuxo á evacuación de Tian An Men, mentres que as información comunicadas aos activistas pola xornalista Dai Qing, algúns dias antes, falaban dunha iminente e indiscriminada intervención militar? Algús dirixentes do movimento consideraron que un mártir serviria mellor á causa?""Toda a estratéxia do movimento baseou-se en buscar un mártir", reclamaba recentemente un dos líderes da rede democrática." (79)

O exército tiña a obriga de acabar co motín

Á altura do 4 de xuño, era urxente para o exército intervir para rematar coas provocacións asasinas e coa ocupación do Praza de Tian An Men.

Desde o 1 de xuño, A Voz de América informaba sistemáticamente que unidades do exército estaban a piques de se enfrontar entre elas, que os soldados se negaban a impor a lei marcial, que o governo non contaba con nengún apoio. Noutras palavras, a emisora de rádio da CIA incitaba abertamente á insurrección.

O exército non podia eclipsar-se diante da violéncia e os asasinatos, tampouco podia permitir que os anticomunistas continuasen ocupando o corazón da capital. Isto sería considerado por todas as forzas antisocialistas como unha expresión da impoténcia do exército diante das forzas da contra-revolución, como un indicador da parálise e debilidade do governo e, xa que logo, podia ser derrubado.

A intervención do exérctio para rematar o motín anticomunista volvera-se necesária, mais constituia, ao mesmo tempo, a proba do fracaso de certa política. A orientación procapitalista, o pro-imperialismo de Hu Yaobang e de Zhao Zhiyang provocou un descontente xustificado na povoación, criando unha grande confusión política. Non comprendendo o alcance do programa do núcleo duro de Tian An Men, unha parte da povoación de Pekín opuxo-se á intervención do exército.

Para combater a violéncia xustificada coa que o país socialista se defendeu contra o imperialismo, os peores fascistas xuran polo humanismo e o humanitarismo. Isto demostra que cando unha forza política comeza a falar de humanismo é mester facer sempre unha análise de clase. O voceiro do governo fascista de Taiwan, no tocante ás inxeréncias norteamericanas na República Popular de China, comentou: "os Estados Unidos probaron que eran dignos de ser os dirixentes do mundo livre ao manter moi altos os princípios do humanismo e dos direitos humanos." (80) Agora, nos primeiros meses de 1990, en El Salvador, grupos fascistas enviados por Taiwan, bombardean cegamente os bairros populares da capital, masacrando á povoación. En visita a Taiwan, o 21 de fevreiro deste anos, o presidente salvadoreño, Christiani, declara: "Xuntos seremos quen de marchar sobre o camiño da liberdade e da democrácia." (81) No momento da agresión contra Panamá, un Estado independente, os Estados Unidos mataron, segundo Eduardo Galeano, a 7.000 persoas. Todos os crimes incualificáveis do imperialismo, sistemáticamente son borrados da memória dos nosos povos, mentres que a represión xustificada dirixida contra a subversión imperialista, en Pekín, é lembrada pola BBC, diáriamente, a semana tras semana desde hai máis dun ano, como o crime máis grande contra a humanidade. Non podemos estar do lado dos povos de El Salvador, de Guatemala, de Granada, de Panama, de Arxentina, de Filipinas, povos aterrorizados polos Estados Unidos e por Taiwan, e non estar do lado do governo socialista chinés que combate as tentativas de reconquista de China por Taiwan e os Estados Unidos.

China nunha encrucillada de camiños

Como pensar o futuro deste país imenso que é China popular, un ano despois da represión do motín contra-revolucionário de Pekín?

Hoxe, existe o risco de que a axitación contra-revolucionária arrinque de novo e sempre existe o perigo de que a liña revisionista e procapitalista se faga coa dirección do Partido Comunista Chinés. Se dese xeito a direita pode minar o interior do Partido para despois rematá-lo, China mergullara-se nun caos catastófrico que, nalgúns anos, custará a vida de millóns de persoas.

China poderá evitar este cataclismo se o enderezamento, a rectificación e a revolucionarización do Partido comunista continue até a fin. Só o socialismo pode salvar a China e só o Partido comunista pode dirixir a construcción socialista. A história recente de Europa do Leste, como de China, di-nos que nos países socialistas existen dous tipos de loita de clases. Unha contra os reaccionários, os elementos inimigos do socialismo, os axentes do imperialismo. E outra loita que ten lugar no interior do Partido para a conservación das suas tradicións revolucionárias. Esta loita pola revolucionarización constante do Partido, esta loita contra as tendéncias á dexeneración é, sen dúvida, a máis complexa mais tamén a máis crucial.

Nós estamos en desacordo cos que fan da loita pola "democrácia" a cuestión esencial. O exemplo de Tian An Men amosa claramente que a verba "democrácia", supostamente por riba das clases, utiliza-se para propagar o desenvolvimento livre de toda clase de organizacións antisocialistas e pro-imperialistas. Así, a "democrácia" é a palavra de orde en Taiwan e significa, neste caso, o direito do partido fascista Kuomintang a regresar a China. Defendemos o desenvolvimento da democrácia socialista, é dicer, a participación activa e constante das masas populares na edificación do socialismo, na sua defensa e no perfeicionamento do seu sistema político e económico. O desenvolvimento da democrácia socialista está condicionado pola revolucionarización do Partido. Un elevado degrau de democrácia socialista depende do traballo exemplar dos comunistas, dos seus lazos coas masas, do seu estilo de vida simples e de loita dura, do seu espírito de sacrifício, da sua fidelidade, non en palabras senón en feitos, ao marxismo-leninismo e da sua capacidade de centralizar todas as ideas progresistas das masas.
Mais o Partido cometeu erros...

Obxectan-nos, ás veces, que o Partido Comunista Chinés cometeu erros e culpas. Iso é evidente. Mais, cais son as conclusións que se tiran desta constatación? Situar-se no campo da contra-revolución e do revisionismo é a cura ás enfermidades do socialismo? Todas as correntes demagóxicas acentuaron sempre os erros e as debilidades do Partido, para impulsar as suas conceizóns antisocialistas e contra-revolucionárias.

Os que apoiaron aos herois da Praza de Tian An Men poden agora constatar que apoiaron a unha dirección ferozmente antisocialista e pro-taiwanesa. Os que apoiaron ao moderado, ao reformador, ao home que dá probas da sua flexibilidade e da sua vontade de diálogo, Zhao Zhiyang, ven hoxe que sustentaron unha liña política de privatizacións e mercado livre. Loitar contra os erros e as debilidades do Partido desde unha óptica revolucionária, é loitar pola depuración do Partido dos elementos burgueses, oportunistas, burocráticos e podres, é loitar pola conservación dos princípios marxista-leninistas e polo seu desenvolvimento.

Xerontocrácia positiva e negativa

Os acontecimentos de China amosan-nos, máis unha vez, que baixo o socialismo a loita de clases no Partido é extremadamente complexa. É necesário adoptar unha atitude de busca, de estudo e de análise para achar os intereses reais de clase que se esconden detrás dalgunhas proposicións tentadoras.

Queremos desenvolver esta idea tomando o exemplo da demagóxia da imprensa burguesa contra a xerontocrácia, os vellos despóticos, os vellos conservadores e corrompidos, opostoas á mocidade democrática e desinteresada.

Primeiro, en China, entre os vellos do Partido, hai quen son de esquerda, de direita e de centro. Comecemos pola direita. Nun documento do Partido Comunista Chinés de 1984, lemos: "hai un pequeno número de vellos membros e persoal do Partido que é incapaz de respeitar os princípios do Partido. Cando atopan unha tendéncia malsá, siguen-na". "No momento que se encetou a falar de abertura cara ao mundo exterior, certas persoas do governo e do Partido foron atraidos por este tema como o mel chama ás abellas". (82) Na loita no seo do Partido, estes vellos defendian as posicións de Hu Yaobang e de Zhao Zhiyang e nen o imperialismo nen Taiwan endexamáis se inquietaron pola sua idade, xa que pelexaban pola boa causa, a mesma que a destes vellos bons: o papa de Roma, Ronald Reagan e Willy Brandt.

Pola contra, Deng Xiaoping era, para os ollos de Ocidente, o prototipo de vello tiránico e retrógrado. E, porén, cando Deng sostivo a política revisionista de Hu Yaobang e de Zhao Zhiyang, Ocidente non aforraba elóxios para el. Deng defendeu a política nefasta de Zhao Zhiyang até abril de 1989. E até o momento do comezo do movimento estudantil, a imprensa do Kuomintang mantivo a esperanza de que Deng se posicionaria do lado da reforma e da democrácia. Unha revista de Taiwan escrebeu: "o lugar de Deng na história depende desta decisión". (83) Durante dez anos, o vello Deng mantivo unha posición centrista, ainda que inclinada máis ben cara á direita.

Outros vellos, como Chen Yun e Li sien, criticaron desde hai anos vários aspectos da política de Deng Xiaoping. Foi Chen Yun que máis forte combateu a orientación cara ao mercado livre e o abandono da planificación. Tamén é -e paga a pena anotá-lo, xa que Che Yun representa, aos ollos do imperialismo, aos conservadores e corrompidos- quen con máis constáncia criticou todos os casos de corrupción no seo do Partido.

Resumindo, a loita de clases afecta tanto aos vellos como aos mozos, á povoación e ao Partido. Xa que logo, hai que analisar o fondo e a coeréncia das diferentes correntes políticas.

A pro-imperialista direita foi derrotada en China

Cal é a conclusión que podemos tirar de dous meses de confrontación política en Pekín? A loita de clases que se desenvolveu na primavera de 1989 acabou nunha importante derrota para a procapitalista direita do Partido comunista chinés. Xunto a Zhao Zhiyang, foron depurados toda unha série de intelectuais de direita e de extrema direita, como Yan Jiaqi.

En conxunto, a actual dirección situa-se máis á esquerda. De seguido algunhas indicacións, primeiro no campo político e ideolóxico.

Hai unha nova conciéncia do perigo de subversión e de infiltración, organizadas a grande escala en China polo imperialismo e por Taiwan. O Partido comunista retoma a conceizón de Mao segundo a cal a loita de clases continua baixo o socialismo, o mesmo que persiste o perigo dunha restauración capitalista. Dentro do Partido Comunista Chinés, a política revisionista de Gorbachov é duramente criticada, o mesmo que a sua atitude de capitulación diante do imperialismo. O Partido pon en primeiro plano o traballo político e ideolóxico como princípio directivo. A necesidade dos intelectuais de fundir-se cos campesiños e cos obreiros é reafirmada. Algúns redescobren as obras de Mao Zedong, nunha tentativa de comprender as características da loita de clases.

No campo económico tamén atopamos certos acentos novos

A planificación socialista recupera o seu rol, importantes fondos son destinados á agricultura, o desenvolvimento da empresa privada é fredo, a campaña contra a corrupción e contra as desigualdades fortalece-se.

A importáncia de informár-se

Porén, a loita é complexa e a sua saída incerta. É importante seguir os debates e analisar os pontos de vista diferentes que se manifestan no seo do Partido Comunista Chinés. Quermos subliñar a importáncia de obter informacicón de primeira man verbo das posicións dos comunistas chineses. Hai que dicer que o desprezo de numerosos progresistas ocidentais á experiéncia socialista de mil millóns de persoas é simplesmente escandaloso. Os que nen sequer se toman o traballo de leren os documentos do Partido Comunista Chinés, manteñen fixas, con absoluta arrogáncia, as suas críticas e as suas receitas infalíveis para salvar o socialismo chinés. A elemental honradez intelectual obriga-nos a seguir con atención e interese as publicacións chinesas. Alí atopamos tanto análises pertinentes como teses discutíveis e, tamén, pontos de vista revisionistas. Informar-se obxectivamente sobre a política do Partido comunista é xa instructivo en si mesmo. Nen estamos obrigados a emitir un xuizo sobre todas as medidas e todas as teses nen devemos mudar as nosas opinións demasiado rápido e demasiado categóricamente.

O futuro de China é incerto

Apartir de 1986, certos especialistas norteamericanos consideraban que en China se chegara a un ponto de non retorno no que a restauración capitalista era imparável. As descolectivizacións no campo, o desenvolvimento da empresa privada, a autonomia das empresas, o nacimento dunha clase tecnócrata influenciada polo modelo ocidental, as zonas económicas especiais, os investimentos estranxeiros, todo isto, dician, costitue unha base sólida para o capitalismo. Certos revolucionários consideraban que Deng Xiaoping concluira a restauración do capitalismo en China. Mais o troco na orientación política e económica, após xuño de 1989, desmostraron prematuras estas conclusións.

Poderá o Partido Comunista Chinés continuar durante longo tempo os seus esforzos de rectificación e aprofundar as suas críticas sobre os erros cometidos?

Os especialistas de China manexan várias hipóteses de futuro.

Algúns coidan que os revisionistas no Partido utilizarán un discuros "máis á esquerda" agardando o estourido de graves problemas económicos e sociais para volver ao poder.

Outros consideran que a rectificación actual política e ideolóxica será superficial, que o burocratismo, a corrupción e o parasitismo continuarán difundindo-se e que o proceso de apodrecimento proseguirá, como está sucedendo desde 1978. Os acontecimentos de xuño de 1989 tan só serian unha pausa na marcha cara ao capitalismo.

A terceira escola pensa que Deng Xiaoping vai virar de novo á direita para apoiar unha outra tendéncia na liña da de Hu Yaobang e Zhao Zhiyang. Lembran que en fevreiro de 1989, Deng ainda afirmaba que o Partido non cometera erros importantes desde 1978. Esta escola pensa que Deng regresará a unha liña de reformas de tipo capitalista.

Estas tres hipóteses falan dunha vitória final das tendéncias revisionistas en China.

Outros especialistas prevén un estoupido en China baixo a presión de terríveis problemas económicos, sociais e demográficos, polo crecimento dos particularismo provinciais e pola acción das forzas cotra-revolucionárias e pro-taiwanesas. China coñeceria entón unha nova era de guerras civís voraces cuxa saída é imprevisível.

Finalmente, podemos considerar que a dirección actual do Partido conseguirá facer unha síntese entre os princípios políticos correctos que Mao elaborou no momento da Revolución Cultural e a política económica máis flexível posta en prática desde entón. Así, China poderia atopar un novo dinamismo tanto no domínio político como no económico.

Unha confirmación de certas teses de Mao Zedong

Durante a Revolución Cultural, Mao Zedong non deu cos métodos acaidos para resolver o problema da dexeneración capitalista, ainda que cando menos apresentou correctamente un problema crucial. A evolución política dos últimos dez anos confirma amplamente algunhas das suas análises.

Mao dicia: "se nos apartamos das masas, se non nos esforzamos en resolver os seus problemas, os campesiños ergueran os seus sachos, os obreiros sairán á rua a manifestar-se, os estudantes provocarán distúrbios. Hoxe, hai xente que coida que coa conquista do poder de Estado xa un pode descansar e mesmo actuar como tiranos. Se esta xente se atopa coas masas que os receben a pedradas ou a golpes de sacho, considero que o merecen e non teria reparos en aplaudir. Non podemos deixar-nos contaminar polo estilo de traballo burocrático, formando unha caste aristocrática afastada das masas." "No pasado, levamos a loita ao campo, ás fábricas e aos meios culturais, emprendimos o movimento educativo socialista, sen chegar por iso a resolver o problema; porque non atopáramos o xeito de mobilizar ás masas en todos os campos, apartir da base, para que denunciaran o noso lado negativo."

"A sociedade socialista enche un periodo bastante longo no que continuan existindo as clases, as contradiccións de clase e a loita de clases, o mesmo que a loita entre a via socialista e a via capitalista e o perigo dunha restauración do capitalismo. Hai que comprender que esta loita será longa e complexa, redobrar a vixiáncia e buscar a educación socialista. Hai que resolver correctamente os problemas relativos ás contradiccións de clase, distinguir as contradiccións entre o inimigo e nós, e as contradiccións no seo do povo, e despois buscar unha solución xusta. De non ser así, un país socialista como o noso pasará a ser o contrário, cambiará de natureza e coñecerá a restauración capitalista."

No XI Congreso do Partido Comunista Chinés, Hua Kuofeng explicou un princípio esencial, avanzado por Mao: "afirmando que a burguesia existe no Partido comunista, o presidente Mao queria dicer que existen membros que pulan pola via capitalista. Mentres que o poder do Partido e do Estado estexa nas mans do núcleo que sigue a via marxista-leninista, os seguidores da via capitalista serán moi poucos e serán expulsados un tras outro, impedindo a formación dunha burguesia. Só cando os procapitalistas se apoderen do poder do Partido e do Estado -como na Unión Soviética- será posível a formación dunha burguesia monopolista e a conversión do Partido nunha organización burguesa." (84)

O imperialismo en crise lanzou unha ofensiva planetária para reconquistar tanto os países nacionalistas do Terceiro Mundo como os países socialistas, acentuando a explotación dos obreiros da metrópole.

Un internacionalista estará sempre do lado dos obreiros e dos traballadores na loita no seu próprio país. Defenderá sempre os movimentos que, no Terceiro Mundo, combaten o imperialismo e a reacción. Apoiará sempre aos países socialistas, nos éxitos e nas dificuldades, e aprenderá das suas vitórias e das suas derrotas. No actual clima triunfalista da direita e do anticomunismo, é importante dar a coñecer as experiéncias e os pontos de vista dos países que perseveran na via socialista. Non hai que deixar-se intimidar pola arrogáncia estúpida da direita, senón que hai que atrever-se a defender o socialismo, atrever-se a defender a China, a Cuba, a Albánia ou a República Popular Democrática de Corea.

Resumindo, os povos, unindo os seus esforzos, conseguirán enterrar o imperialismo e a causa do socialismo triunfará.

EPÍLOGO

Os ecoloxistas e a ofensiva do imperialismo americano

Con motivo do primeiro aniversário do "movimento democrático" de Pekín, tivo lugar na Cámara un debate sobre este acontecimento, o 29 de xuño de 1990. Este debate ensinou-nos, máis unha vez, até que ponto o lavado de cerebro diário dos meios "livres" influe sobre os meios que se consideran progresistas. Na sua intervención, feita no nome do grupo ecoloxista Agalev-Ecolo, Xavier Winkel, coñecido polas suas posturas progresistas, defende a liña seguida pola direita norteamericana. Vendo a morea de mentiras e de intoxicacións da imprensa "livre", é comprensível que militantes ecoloxistas honrados se deixaran enganar polos voceiros das multinacionais. Buscamos o debate franco, apoiado por feitos indiscutíveis, por documentos e probas. Estamos seguros da nosa causa. A arrogáncia do imperialismo non nos impresiona, ao contrário, estamos certos de que as persoas que manteñen o espírito lúcido, que non padecen o histerismo antisocialista, se verán obrigados a reflexionar sériamente sobre o correcto das nosas posturas, despois de escoitar as nosas probas e os nosos argumentos.

Xavier Winkel repite unha tese central do imperialismo norteamericano e europeu, cando reclama "unha continuación das reformas (en China) que fixeron posível un achegamento da xente aos Estados democráticos". (85)

No seo do poder norteamericano, ben unido na sua política anticomunista e de dominación mundial, debuxan-se duas tendéncias tácticas:a fracción dominante, representada por Bush e Nixon, quer repetir as relacións con China co obxectivo de protexer, apoiar e animar ás forzas procapitalistas no seo do Partido Comunista Chinés. Outra fracción predica un anticomunismo máis aberto e unha táctica máis agresiva para, nos prazo máis breve posível, axeonllar a China socialista e criar as condicións propícias para unha contra-revolución vitoriosa de tipo poláco, rumano ou húngaro. Xavier Winkel defende o programa desta última fracción do imperialismo norteamericano. "O que non aceito, di, é que representantes do governo belga se reunan con responsáveis chineses." "China necesita manifestamente o apoio doutros países e as sancións económicas son eficaces. Bélxica e os doce deven manter as sancións políticas e económicas." (85) Por suposto, Eyskens respostou que Bélxica "continua mantendo unha atitude firme e decidida". Xavier Winker respostou: "estou contente coa resposta do ministro." (85)

Este feito amosa como xente que se pensa progresita, está, ás veces, completamente drogadada pola propaganda imperialista. O Exército Popular tivo que intervir en Pekín para acabar cun motín violento que pretendia derrubar o socialismo; houbo trescentes mortos. Xavier Winkel pensa que todo encontro con dirixentes chineses é censurábel no sucesivo e que fan falta sancións políticas e económicas contra este país do Terceiro Mundo que conta con mil millóns de habitantes. Seica Xavier "esquece" que o exército norteamericano ven de cometer unha agresión militar inxustificável contra Panamá, na que foron masacradas entre 5.000 e 7.000 persoas. Ecolo-Agalev reclamou que Bélxica acabara con todos os contactos co governo norteamericano e que aplicara sancións políticas e económicas contra os Estados Unidos? Porén, estas medidas estarian xustificadas xa que a causa do imperialismo norteamericano é indefendível. Mais Ecolo-Agalev prefire non facer nada contra o imperialismo norteamericano e continua repetindo cegamente a axitación antisocialista que o conxunto das forzas imperialistas manexan desde hai un ano contra as decisións xustificadas de China.

NOTAS
* NdT. Exército Popular de Liberación desde xuño de 1946.
** NdT. Friedman é un economista estadounidense, figura principal da Escola de Chicago e Prémio Nóbel de Economia en 1976. Criador da ultraliberal Teoria Monetarista, que defende as forzas do livre mercado frente o investimento público. Entre as suas obras abonda con citar Capitalismo e Liberdade, de 1962.
*** NdT. Movimento de protesta comandado polos estudantes de Pekín que se dá após a Segunda Guerra Mundial. Os manifestantes que enchian a Praza de Tia Na Men reclamaban que China non asinara o Tratado de Versalles.

(1) Beijing Information, 6 de marzo de 1989, p.21.
(2) La Chine, fevreiro de 1989, p.12.
(3) China Aktual, xaneiro de 1989, p.19.
(4) Problems of Communism, setembro-outubro de 1989, p.37.
(5) Orbis, verán de 1989, p.327-335.
(6) Beijing Information, 6 de marzo de 1989, documento VIII.
(7) Far Eastem Economie Review, 29 de maio de 1989, p.18.
(8) Business Week, 5 de xuño de 1989, p.21-22.
(9) Business Week, 5 de xuño de 1989, p.21-22.
(10) The Guardian, 10 de maio de 1989, por Cliff Du Rand
(11) Far Eastern Economia Review, 1 de xuño de 1989, p.66.
(12) Le Printemps de Pékin, Gallimard, 1980, p.69-71. Le dégel, 9 de marzo de 1979.
(13) De papieren lente, Aula-paperback 64, Het Spectrum, 1981, p.96-97; 123; 128.
(14) Lawrence Macdonald - Jean Christophe Tournebise, Le Dragon el la Souris, Bourgeois, 1987, p.84.
(15) Ibidem, p.204-205; 229-230.
(16) Beijing Information, 2 de novembro 1981, p.21.
(17) Lawrence Macdonald, op. cit, p.34.
(18) Beijing Information, 9 de xaneiro de 1989, p.21-23.
(19) Circular do Comité Central do 16 de maio de 1966.
(20) Beijing Information, 25 de xullo de 1988, p.5.
(21) Lawrence Macdonald, op. cit., p.238.
(22) Ibidem, p.242.
(23) The China Quarterly, xuño de 1988, p.182.
(24) The Mirror Monthly, abril de 1989, p.22-24, en Inside Mainland China, xuño de 1989, p.7.(25) Problems of Communism, setembro-outubro de 1989, p.19.
(26) Wide Angle Monthly, 16 de abril, p.62-65, en Inside Mainland China, xuño de 1989, p.14.(27) International Herald Tribune, 2 de novembro de 1988.
(28) Le Monde, 8 de setembro de 1989.
(29) Problems of Communism, setembro-outubro de 1989, p.19.
(30) Pai-hsing Semi-monthly, 16 maio de 1989, p.25 en Inside Mainland China, xullo de 1989, p.22; Problems of Communism, setembro-outubro de 1989, p.19.
(31) Problems os Communism, setembro-outubro de 1989, p.4.
(32) Problems of Communism, setembro-outubro de 1989, p.4-5.
(33) Petición contra a represión en China, Annemie Desmedts, Socialisme Sans Frontières.
(34) The Free China Journal, 8 de xuño, 1989, p.2.
(35) Sinorama, Taipei, vol. 14, nc8, agosto de 1989, p.55.
(36) Libération, 17 de xaneiro de 1989, p.5.
(37) Echos de la République de Chine, 21 de xuño de 1989, p. 1.
(38) The Free China Journal, 22 de marzo de 1990, p.5; Echos de la République de Chine, Ibidem.
(39) Manifesto da FDC, París, 26 de setembro de 1989.
(40) The Free Journal, 10 de agosto de 1989.
(41) The Free Journal, 14 de agosto de 1989.
(42) Libération, 2 de outubro de 1989.
(43) Bulletin de Sinologie, Hong-Kong, fevreiro de 1990, traducción de Solidarité Estudiants Chinois, maio de 1990, L-L-N, p.5.
(44) The Nation, New York, 23 de abril de 1990, p.563-564.
(45) Libération, 2 de outubro de 1989.
(46) Problems of Communism, setembro-outubro de 1989, Chinese Democracy, p.27.
(47) Rood, 20 de xuño de 89, p.7.
(48) The Free China Journal, 14 de maio 1990.
(49) The Free China Journal, 5 de fevreiro de 1990.
(50) The Free China Journal, 11 de xaneiro de 1990, p.2.
(51) The Free China Journal, 22 de xaneiro de 1990, p.2.
(52) The Nation,..., p.564.
(53) Bijlage Amnesty Nieuws, 6º ano, xuño de 1990.
(54) Problems of communism, The Tiananmem massacre, p.6.
(55) ?
(56) Problems of communism, setembro-outubro de 1989, p.25.
(57) Problems of communism, setembro-outubro de 1989, Political sociology of the Beijing Upheaval, p.38.
(58) Ibidem, p.39.
(59) United Daily News, 18 de maio,Taiwan, en Inside Mainland China, xuño de 1989, p.3.
(60) Carta aberta a Deng Xiaoping, Inside Mainland China, agosto de 1989, p.7.
(61) Inside Mainland China, agosto de 1989, p.7-8.
(62) Ming Pao, 22 de maio de 1989, en Inside Mainland China, xuño de 1989, p.1.
(63) Joint Declaration, en Inside Mainland China, agosto de 1989, p.9.
(64) Problems of Communism, setembro-outubro de 1989, The Tian An Men, p.12.
(65) Libération collection, nº 1, xuño de 1989, p.30.
(66) Ibidem, p.37.
(67) Inside Mainland China, agosto 1989, p.6.
(68) Libération collection, op. cit. p.37.
(69) Ibidem, p.78.
(70) Ibidem, p.78.
(71) The Free China Journal, 15 de xuño de 1989, p.3.
(72) Problems of communism, setembro-outubro de 1989, Chinese democracy in 1989, p. 2.
(73) Libération, 3 e 4 de xuño de 1989.
(74) Libération, 5 de xuño de 1989, p.3-4.
(75) Libération, 8 de xuño de 1989, p.2.
(76) FEER, 15 de xuño de 1989, p.12.
(77) De Morgen, 7 de xuño de 1989, p.5.
(78) De Groene Amsterdammer, 11 de outubro de 1989, p.9.
(79) Libération, 25 de abril de 1990, p. 36-37.
(80) Sinorama, nº 8, agosto de 1989, ROC-Taiwan, Shaw Yu-ming, p.51.
(81) The Free China Journal, 26 de fevreiro de 1990, p. 36-37.
(82) Chen Yun, en Inside Mainland China, Taiwan, novembro de 1985, p. 19-20.
(83) Issues and studies, maio de 1989, Student Démonstrations, p.6.
(84) Cidado en AlainBouc: Larectification. Fédérop. Lion, 1977, p.170.
(85) Cámara belga, reunión pública da comisión, 29 de 1990, Informe analítico, p. 1235-1237.

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com