Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

As 61 mentiras de Nikita Khrushchov
12/11/2008

Entrevista de Khartsizov ao historiador Grover Furr
Pode descargar esta entrevista en formato PDF premendo aquí

Un dos libros recentes máis atípicos de non ficción é o libro do historiador Grover Furr, profesor da Montclair State University, titulado Antistalinskaia Podlost’ (Mesquindade anti-Stalin), publicado pola editorial rusa Algoritmo no ano 2007, no que o famoso discurso de Nikita Khrushchov no XX Congreso do PCUS é analizado polo miúdo.

Milleiros de lectores interesáronse por este libro no corto espazo de tempo que vai desde a súa publicación. As reaccións dos primeiros lectores-críticos van desde os ataques máis insultantes até os sentidos eloxios, logrando converter esta obra nunha rareza bibliográfica do noso tempo.

É por isto, polo que coidamos instrutivo acudir ao propio profesor Furr, e coñecer así as súas opinións.


Profesor, díganos, por favor, como e por que, un Doutor pola Universidade de Princeton cuxa tese doutoral estivo dedicada á Idade Media gala, se interesou pola historia soviética da etapa de Stalin?

O meu primeiro campo de especialización son os estudos medievais. Non teño ningún título oficial que me ‘cualifique’ para investigar á Unión Soviética durante o período de Stalin.

Porén, como medievalista, estou preparado para levar a cabo investigacións históricas en profundidade. Por exemplo, para utilizar fontes primarias noutras linguas distintas ao inglés. Nunca confío no ‘coñecemento recibido’ ou nas ‘opinións recibidas’. Non confío nas opinións das ‘autoridades recoñecidas’. Comprobo todo por min mesmo.

Durante os meus estudos de licenciatura, entre 1965-1969, combatín a guerra dos Estados Unidos en Vietnam. Nunha ocasión alguén me dixo que os vietnamitas comunistas non podían ser «boa xente» porque eran todos «estalinistas», e «Stalin matara a millóns de persoas inocentes».

Lembrei estas verbas. Posibelmente esta foi a razón pola que na década dos 70 lin, ao pouco de se publicar, a primeira edición do libro O Gran Terror de Robert Conquest. Fiquei impresionado polo que acababa de ler!

Debo engadir domino a lingua rusa desde que estudei literatura rusa no instituto. Así puiden estudar o libro de Conquest moi coidadosamente. Aparentemente ninguén fixo iso nunca!

Descubrín que Conquest era deshonesto no seu uso das fontes. As súas notas non defendían as súas conclusións contra Stalin! Basicamente, empregou algunhas fontes que eran hostís a Stalin, sen preocuparse se eran dignas de creto ou non.

Co tempo decidín escribir algo sobre o chamado ‘Terror’. Precisei moito tempo, mais finalmente publiquei en 1988 o “New Light On Old Stories About Marshal Tukhachevskii: Some Documents Reconsidered”... Durante estes anos, estudei as investigacións realizadas pola nova escola de historiadores sobre a Unión Soviética, que incluía a Arch Getty, Robert Thurston, Roberta Manning, Sheila Fitzpatrick, Jerry Hough, Lewis Siegelbaum, Lynne Viola, e outros.


Eses nomes, na miña opinión, significarían moi pouco para os lectores rusos. É difícil imaxinarse que despois Conquest, representantes dunha nova ‘escola’ occidental puideran aportar algo diferente á concepción da historia da Unión Soviética...

É xusto o contrario. A escola da que falo xurdiu como a antítese de Conquest e da concepción totalitaria da Sovietoloxía no período da Guerra Fría.

Grazas a un coidadoso estudo das probas dispoñíbeis, e –aínda máis importante- tentando ser obxectivos, os investigadores desta nova escola demostraron xa que os soldados da Guerra Fría, os trotskistas, os khrushchevistas, e máis tarde os defensores do período Gorbachov-Ieltsin, a “historia” foi fatalmente comprometida pola parcialidade política. Os prexuízos políticos destes sectores obrigan a ver os seus libros, non como historia, senón como propaganda.

No mundo da ciencia histórica, o libro The Origins of the Great Puerges, de Arch Getty, un dos fundadores da nova escala, convértese nunha auténtica sensación. Nel, Getty refuta con éxito un bo número de falsidades que se aceptaran como verdade. Estas inclúen, entre outras, a idea de que a represión da década dos 30 fora posta en marcha por acción deseñadas de antemán por Stalin.

Por desgraza este traballo foi publicado nos Estados Unidos durante os anos da ‘Perestroika’. Nesa época, baixo o falso disfrace da ‘glasnot’ ou ‘aperturismo’, só os traballos dos opoñentes de Getty, os ‘Soldados da Guerra Fría’, foron publicados, e sempre en amplísimas edicións. Como podían os lectores rusos atopar información verbo das pioneiras investigacións de Getty se ningún dos seus libros sobre historia rusa se publicaran aínda na propia Rusia?

A mesma situación é aplicábel ao resto dos historiadores xa mencionados. Mais, afortunadamente, tamén existen exemplos máis alentadores. Hai uns meses, unha revista electrónica ucraína publicou un dos excelentes traballados do Profesor Mark Tauger, da Universidade de Wests Virginia. O traballo de Tauger desminte totalmente o mito de inspiración nazi de que a fame de 1932-1933 foi un ‘Holodomor’ ou ‘fame provocada’ polos líderes soviéticos.


Como e por que comezas a interesarte polo Informe de Khrushchov do XX Congreso do PCUS?

O informe ‘pechado’, ou como se chama no Occidente, secreto de Khrushchov é, sen exaxeracións, un dos máis influentes discursos do século XX. Non importa como ou por quen se avalíe o informe, negativa ou positivamente, o certo é que o informe cambiou o rumbo da Unión Soviética e da historia rusa. É significativo que este informe se convertera precisamente nun dos piares da concepción política do ‘anti-estalinismo’, a orixe fundamental do que se pode chamar ‘o paradigma do XX Congreso’.

En resume, ninguén interesado na historia da Unión Soviética pode ignorar un documento de semellante importancia.


Mais precisamente por iso, este é un tema xa moi tratado. Como explica todo o interese que suscita o seu libro Mesquindade anti-Stalin?

É complicado para min dicilo. É mellor que os lectores xulguen por si mesmos... Eu só podo falar sobre o que me concirne a min como investigador.

Cando estaba concibindo este traballo, os meus obxectivos eran modestos. Quería situar as ‘revelación’ do informe a carón das fontes históricas que se fixeron públicas grazas á desclasificación dalgúns documentos dos antigos arquivos soviéticos. Este tipo de investigación pode ser feito por un historiador ruso ou, incluso, un historiador chinés. Durante os últimos 10 ou 15 anos, un grande número de novas fontes puxéronse a disposicións dos estudosos, fontes que fan posíbel unha avaliación obxectiva de cada unha das afirmacións do informe de Khrushchov.

E neste momento cando emerxe unha curiosa realidade. De todas esas ‘revelacións’ que aparecen no informe que eu puiden comprobar, ningunha delas era certa. Nin unha!

Unhas poucas falsidades de Khrushchov eran, por suposto, coñecidas con anterioridade. Por exemplo, durante a propia sesión secreta, un cantos delegado do Congreso evidentemente observaron que algunhas das ‘revelacións’ de Khrushchov, como a súa absurda declaración de que Stalin «planeaba as operacións militares nun globo terráqueo», estaba, cando menos, bastante afastadas da verdade. Mais que o conxunto do informe estivera construído por ‘revelación’ deste tipo, foi abraiante.


Non está vostede esaxerando? É moi difícil crer que o informe non é máis ca un feixe de falsidades. Vostede debe de estar defendendo a Stalin, e con ese obxectivo en mente, dedícase a denigrar a Khrushchov e ao seu transcendental informe.

Sinto desilusionalo, mais non defendo a Stalin ou a calquera outro. Como investigador e estudoso eu centro a miña atención nos feitos e nas evidencias. Se o obxecto da miña investigación fose un informe de Khrushchov sobre, supoñamos, o espazo, o millo, ou o programa do Partido Comunista dos Estados Unidos, estudaría as fontes relacionadas con esas areas concretas. Mais, porén, o tema da miña investigación versa sobre o informe que ‘descubre’ os crimes de Stalin e Beria.

Illei sesenta e unha ‘revelacións’ ou acusacións. Investiguei cada unha delas á luz das fontes históricas. O resultado final foi que no ‘Informe Secreto’ de Khrushchov ningunha das súas revelacións era certa. Aquí non se trata de «defender a Stalin». Quen ten que probar as cousas sempre é o acusador – Khrushchov neste caso. E ningunha das afirmacións ‘reveladoras’ do ‘Informe Secreto’ resisten unha confrontación coas evidencias.

Quixera dicir algo sobre a cuestión das ‘opinións’. Ningún investigador serio ten o dereito de aceptar ou rexeitar calquera afirmación baseándose nas súas conviccións ou nas súas ideas preconcibidas. Guste ou non, ante as evidencias históricas presentadas no Mesquindade anti-Stalin, é imposíbel continuar durante máis tempo vendo a historia da Unión Soviética a través do espello distorsionado do ‘Informe Secreto’.


Por certo, Mesquindade anti-Stalin, non é un titulo moi apropiado para un traballo de investigación científica, certo?

O libro foi publicado cun listado bibliográfico e de nomes, con notas ao pé e con apéndices documentais –nunha palabra, totalmente conforme aos requirimentos de calquera edicións académica. E, de feito, foi publicado nunha edición ampla. Pode algún autor aportar algo máis?

Por suposto, cando estaba a traballar no manuscrito, pensaba nun título diferente. Tamén tiña un capítulo a maiores no que organizaba o traballo desde un enfoque esquemático, reflectindo os principais puntos. Por razóns de espazo, supoño, ou por algunha outra razón, este capítulo non foi incluído na publicación final.

O editor suxeriu un título diferente, como acontece a cotío. Despois de todo, é tarefa do editor preparar a edición, o deseño e outros aspectos co fin de crear un traballo que poida ter éxito no mercado.


Hai aínda unha cousa da que non se falou. Por unha parte, como vostede escribe, o informe de Khrushchov é un feixe de mentiras, mentres que pola outra parte, ningún dos dirixentes da URSS nunca apuntou a falsidade dalgunha desas revelacións.

Eu vou máis ala, e digo que a través do seu silencio cada un deles amosou a súa completa solidariedade con Khrushchov. Atopámonos aquí cunha das máis intrigantes cuestións.

Malia a estendida impresión contraria, o principal obxectivo do ‘Informe Secreto’ non era o propio Stalin, senón o rumbo político, unha determinado camiño político que estaba asociado ao seu nome. O historiador ruso Yuri Zhukov afirmou con claridade: a aspiración de Khrushchov era poñer fin ás reformas democráticas encetadas, aínda que lonxe de ser completadas, na vida de Stalin.

Hoxe –e, hai que dicilo, baixo a influencia do Informe de Khrushchov- ‘Stalin’ e ‘democracia’ son conceptos antitéticos para a maioría da xente, conceptos que representan dous extremos incompatíbeis, que son polos opostos. Mais esta visión é un erro. Stalin compartía a idea de Lenin sobre a democracia representativa e loitou por sementar estes principios no estado soviético.

Foi o propio Stalin quen encabezou a loita pola democratización da sociedade soviética, unha loita que estaba no cerne dos procesos políticos que tiveron lugar na URSS entre os anos 30 e 50. A esencia deste programa era a seguinte: o papel do Partido Comunista no goberno do estado debía ser reducido a uns límites normais, como noutros países, e a dirección política do estado debía ser elixida non en base a unha lista do partido senón en base a uns procedementos democráticos.

Non só Khrushchov senón, evidentemente, tamén outros líderes soviéticos non estaban de acordo co rumbo destas reformas. No caso de Malenkov, Molotov e Kaganovich, as máis importantes figuras políticas asociadas a Stalin, aceptaron, aínda que a desgusto, o verdadeiro sentido do ‘Informe Secreto’ e deron o seu consentimento. Khrushchov foi capaz de tomar o poder, botar a andar o seu potencialmente explosivo ‘Informe Secreto’, e estabelecer as súas propias ideas só grazas a que foi capaz de poñer do seu lado ás elites do Partido.

Quixera aproveitar esta oportunidade para expresar a miña gratitude a Yuri Zhukov e John Arch Getty, dous historiadores cuxas obras inspiraron o meu propio traballo sobre o ‘Informe Secreto’, quen descubriron a realidade, agochada profundamente na época de Khrushchov, da dedicación de Stalin aos principios da democracia.
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com