Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Liberdade Arenas!
01/09/2009


Non podemos calar. Non, os comunistas non podemos calar o que este estado burgués leva facendo con Manuel Pérez Martínez, Camarada Arenas, Secretario Xeral do PCE(r). Dos últimos 30 anos, leva 17 encarcerado. Prisioneiro con Franco, con Suárez, con González, con Aznar e agora con Zapatero. A presunción de inocencia liquidada, o mesmo que a irretroactividade das leis. A ausencia de probas tan só é un pequeno detalle sen a máis mínima importancia. Unha morea de sumarios arquivados por falta de probas, uns cantos máis con resultado de absolución, tanto lles ten. O último capítulo deste esperpento criminal é a anulación que o Tribunal Supremo, en abril deste ano, facía dunha sentencia absolutoria da Audiencia Nacional de hai un par de anos. Condenan a Arenas a 7 anos por «non denuncia e omisión de delito». Tan evidente é o despropósito legal que un maxistrado participante na farsa viuse obrigado a emitir un voto particular contra o fallo: «A miña discrepancia coa maioría fúndase: a) en que os feitos descritos na sentenza de instancia, non só non prestan base á hipótese acollida na sentenza de casación, senón que incluso conteñen elementos que abertamente a contradín; e, b) en que esa hipótese non foi levada a xuízo nos seus propios termos. Por todo, non cabe facela valer sen que padezan o principio acusatorio e outros principios». Unha auténtica vergonza de sentenza que non é máis que outro crime contra o proletariado.

«Illade a este home. Defende con fanatismo a súa dignidade. É perigoso». Así escribía o propio Manuel no clandestino verán de 1990. É iste o cerne do problema. Estamos ante unha persoa comprometida co comunismo que, na súa xa dilatada vida política, non renunciou nin un chisco aos ideais revolucionarios. Que non descendeu polos traidores chanzos do revisionismo. Que nunca se vendeu nin vendeu aos seus. Que endexamais agachou a cabeza ante o inimigo de clase. Malia estar enfermo (sen recibir o tratamento que precisa), o Manuel non cede. Ten o corazón como o aceiro. Como o aceiro que o obreiro golpea no estaleiro.

Hai xa moitos anos, dous señores barbados, que de comunismo algo sabían, deixaron escrito unha frase que semella que moitos esqueceron ou quizais nunca aprenderon: «Os comunistas apoian en todas partes cantos movementos revolucionarios se formulen contra o réxime social e político imperante». Ningunha diferenza táctica pode ser óbice para que os distintos partidos e organizacións comunistas non exerzan a solidariedade cos loitadores do proletariado. O exercicio da solidariedade cos comunistas, e demais antifascistas represaliados pola burguesía, é unha obriga moral e política de calquera organización que se diga comunista así como de calquera comunista sen partido. Que ninguén o dubide, o silencio é complicidade.

Os mecanismos de xustiza non os podemos controlar. Permanecen, por agora, nas mans da burguesía. Aínda que chegará o día, botando man doutro poema do Manuel, no que poñamos «a camiñar aos implacábeis e impasíbeis batallóns da vingativa xustiza!» Da xustiza proletaria, da xustiza de clase, que varrerá desta terra a ese refugallo da historia que é a burguesía.

Liberdade Arenas!
12 Comments:
  • At 9/02/2009 07:46:00 da tarde, Anonymous Xosé said…

    Brilante artigo, camaradas de Estoutras.

    Todo o meu apoio para ese grande COMUNISTA que é o Camarada Arenas!!
    Digamolo ben forte, non é un terrorista, É UN COMUNISTA!! CO-MU-NIS-TA!!

    LIBERDADE CAMARADA ARENAS!!!!

     
  • At 9/02/2009 09:53:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Alédanos de que gustaras do artigo, e por suposto, grazas por participar co teu comentario.
    Un saúdo comunista, camarada.

     
  • At 9/03/2009 12:40:00 da tarde, Anonymous Andrés said…

    ¡Solidariedade activa cos comunistas presos polo estado asasino!
    ¡Liberdade ARENAS!

     
  • At 9/09/2009 03:21:00 da tarde, Anonymous J.M.Luz said…

    Apoio inteiramente as denúncias que são feitas no vosso artigo,desmascarando a falsa "democracia" existente,bem como a repressão fascista que se abate sobre os comunistas e sobre todos aqueles que de uma ou outra forma lutam contra a exploração capitalista,e põem em causa o próprio capitalismo.
    Em breve esta vossa iniciativa será públicada em "alutaoperaria.wordpress.com"
    Libertação imediata para todos os presos politicos anti-fascistas e comunistas!
    Liberdade para Manuel Pérez Martínez (ARENAS)!
    Viva o Comunismo
    Saudações Comunistas
    J.M.Luz

     
  • At 9/09/2009 09:10:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Muitas grazas polos vosos comentarios, Andrés e J.M.Luz.
    J.M., encantados de que publiques a artigo no teu blog. Dar a coñecer a situación de Arenas é o mínimo que podemos facer.
    Unha aperta comunista.

     
  • At 9/11/2009 11:32:00 da manhã, Anonymous Fernando said…

    Arenas Liberdade! Arenas Askatu!
    Desde Euskal Herria, un abrazo comunista
    Fernando

     
  • At 9/12/2009 01:27:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Un saúdo para ti, Fernando, e para os comunistas de Euskal Herria.

     
  • At 9/19/2009 05:54:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    A solidariedade, a unidade e luta são muito necessárias.Para além da denúncia, este artigo contribui também para isso.
    Foi traduzido e publicado em Portugal, há pouco tempo em http://alutaoperaria.wordpress.com

     
  • At 10/12/2009 02:23:00 da tarde, Anonymous Xan said…

    Manuel ¡¡¡¡ non te olvidamos!!!!
    Esperemos que pronto disfrutemos da túa compañía. Te mereces a libertade máis que naide, pois teu único delito foi ser un autentico comunista. Desde aquí un forte abrazo revolucionario, camarada.

     
  • At 10/14/2009 02:35:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Solidariedade para Arenas !
    desde Brasil!

     
  • At 2/09/2010 04:55:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Liberdade para Arenas e todos os que sufren cadea por motivos politicos e ideologicos.Presos politicos a a rua.

     
  • At 2/13/2012 02:06:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Liberdade Camarada Arenas !!!

    Liberdade Presos Políticos !!!
    Saudos tamén a cambada do Brasil.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com