 Poñemos a disposición do lector un traballo do compañeiro Stephen Gowans verbo dos acontecementos de Osetia do Sur. Non é a primeira nin a segunda vez que botamos man de Gowans para tentar saber algo máis do que pasa no mundo. Grazas a este autor puidemos comprender un chisco mellor á República Democrático Popular de Corea e, tamén, coñecer algúns aspectos chave da situación en Cimbabue. Agora diriximos a ollada a Osetia do Sur onde, no medio das contradicións interimperialistas que abrollan cada día con máis forza, os poderes occidentais prepararon, levaron a cabo e silenciaron unha masacre contra este pobo. Mais non é un relatorio dos crimes contra os osetas, senón máis ben unha tentativa de explicar as razóns que o provocaron. Prema na imaxe ou AQUÍ para descargar ou visualizar en formato PDF este traballo. Pode ler o artigo orixinal na páxina persoal do autor. |