Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A insurrección siria no seu contexto, Stephen Gowans
13/02/2012

10/02/12

A INSURRECCIÓN SIRIA NO SEU CONTEXTO
Stephen Gowans
 
Desde o comezo dos disturbios en Siria, «o goberno afirmou que mentres algúns manifestantes defenden demandas lexítimas, o levantamento é impulsado por militantes islamitas co apoio estranxeiro».[1] Isto non concorda en absoluto coa visión dos dirixentes e dos medios de comunicación occidentais, quen din que un réxime autoritario está a matar o seu pobo e reprimindo violentamente un movemento pola democracia en maior parte pacífico.

Quen ten razón?

Non hai dúbida de que en Siria existiu desde hai moito unha oposición islamita ao poder baazista. O Partido Árabe Socialista Baaz leva no poder desde 1963. As raíces do partido están no Panarabismo, no socialismo non-marxista e na liberación do colonialismo, do imperialismo e do sectarismo relixioso. Ao ser secular, socialista (aínda que cada vez menos) e estar dominado por unha rama heterodoxa do xiísmo, a Alawi, o maior partido de Siria resultou pouco atractivo para a maioría sunnita, que se achegou aos Irmáns Musulmáns.

Tampouco hai dúbida de que os levantamentos islámicos se converteron nun fenómeno habitual en Siria. A condenaren os Alawi como herexes e resentidos polo afastamento, por parte do Baaz, do Islam do Estado, os Irmáns Musulmáns organización disturbios contra o goberno en 1964, 1965, 1967 e 1969.

Ao chegar ao poder en 1970, Afiz Assad –o pai do actual presidente- tentou superar a oposición sunnita mediante o fomento da empresa privada, o debilitación do compromiso do partido co socialismo e a apertura de espazos para o Islam. Isto, porén, pouco valeu para calmar os Irmáns Musulmáns, quen organizaron novos disturbios e convocaron unha Xihad contra Assad, denigrándoo como «inimigo de Alá». O seu goberno “ateo” ía ser derrubado e acabaríase coa dominación Alawi do Estado. En 1977, os mujahidin organizaron unha guerra de guerrillas contra o exército sirio e os seus asesores soviéticos, culminando en 1982 coa ocupación da cidade de hama. O exército sirio sufocou a ocupación, matando entre 20.000 e 30.000. persoas. 

Nun esforzo por se gañar as simpatías dos islamitas, Assad construíu novas mesquitas, abriu escolas coránicas e suavizou as restricións ás vestimentas e publicacións islámicas. Asemade, forxou alianzas con organizacións e países pro-islámicos, incluíndo o Sudán sunnita, o Iran xiíta, Hizbollah, Hamas e a Xihad Islámica. Malia aseguraren esta medidas certo grao de calma, os islamitas seguiron a ser unha fonte permanente de inestabilidade, mantendo o goberno un control constante contra «un rexurdimento dos fundamentalistas islámicos sunnitas».[2]

Os Estados Unidos non creación a oposición, mais si tomaron medidas para fortalecela. O financiamento por parte dos EUA da oposición siria comezou so a administración Bush no ano 2005[3], se non antes. A administración Bush incluíu a Siria no «novo eixo do mal», canda Libia e Cuba, e xogou coa idea de converter Siria no seguinte albo despois de Iraq na súa axenda de cambio de réximes.[4]

Na mesma altura, exiliados sirios en Europa fundaron o Movemento pola Xustiza e o Desenvolvemento, chamando abertamente polo derrocamento do goberno baazista. O Movemento foi un dos principais destinatarios dos dólares estadounidenses. O líder da organización, Anas al-Abdah, é membro do Consello Nacional Sirio, o principal grupo opositor no exilio e designado representante lexítimo do pobo sirio polo ministro de Asuntos Exteriores francés, Alain Juppé, e polo Secretario de Exteriores inglés, William Hague.[5] –unha cuestión que un pensa que debe ser decidida polos sirios, non por xente de fóra, e menos polas antigas potencias coloniais. O grupo «ten un importante compoñente islamitas».[6]

O contraste do Consello Nacional Sirio represéntao o Comité de Coordinación Nacional polo Cambio Democrático en Siria, liderado por dirixentes opositores que viven no país. O Comité, de esquerdas e secular, está aberto ao diálogo co goberno de Assad e subscribe os tres “Non”: non á intervención estranxeira, non ao sectarismo e non á violencia.[7]

O marcadamente islamita Consello Nacional Sirio, en troca, defende os tres “Si”: Si á intervención estranxeira, si ao sectarismo e si á violencia. Fai «chamamentos á comunidade internacional para adoptar agresivas... medidas, a incluír a posíbel creación dunha zona de exclusión aérea en siria»[8] e parece estar vinculado ao Exército Sirio Libre, unha formación maioritariamente sunnita que opera nas aforas de Turquí e ten, segundo din, uns 10.000 combatentes.[9] «Infórmase que sauditas e qatarís están financiado e armando a oposición», mentres que «se afirma que forzas especiais occidentais están dando apoio militar sobre o terreo».[10]

Os líderes do CNS din que, de teren éxito no seu obxectivo de substituír a Assad, acabarán coa alianza de Damasco con Irán e cos envíos de armas a Hizbollah e Hamas [11] –unha política que sería ben recibida por Washington e Israel.

En setembro, The New York Times informou que a administración Obama estaba discutindo como derrocar a Assad, mais «a administración non quere que semelle que os Estados Unidos están detrás do que pase en Siria».[12] Mais xa non é necesario que Washington agoche o seu desexo de cambio de réxime. A descrición dos disturbios como unha ditadura violenta contra pacíficas demandas de democracia, no conta da descrición máis realista dun goberno secular contra unha rebelión armada islamita, converteuse en hexemónica. Quen vai culpar a Washington por intervir do lado do que se entende por unha rebelión popular pola democracia? Consecuentemente, o Departamento de Estado xa recoñece abertamente que «seguirá a traballar coa oposición política de Siria para garantir unha eventual transición política»[13], é dicir, que continuará coa súa permanente política de traballar coa oposición para lograr o derrocamento dos baazistas.

A motivación de Washington polo derrocamento de Assad nada ten a ver co actuar deste contra a rebelión. A reacción de Assad fronte á rebelión só é relevante como materia prima para ser moldeada, retorcida e manipulada na procura do pretexto para unha intervención aberta. As preocupacións de Washington son doutra natureza, sen ningunha relación co benestar dos sirios ou o desenvolvemento da democracia. De facto, se Washington actuase motivado polas preocupacións humanitarias e o desexo de derrubar a tiranía, sería difícil explicar a traxectoria da súa política exterior.

Cando Bahrain, inimigos da democracia, sede da Quinta Flota dos EUA e paraíso dos inversores estranxeiros, reprimiu violentamente un levantamento popular o ano pasado, Washington ficou de brazos cruzados. Ás veces priman os intereses sobre os principios, explicou o xornal serio The New York Times, como se a norma da política exterior dos EUA fose rexerse  polos principios, e as desviacións da mesma a favor dos intereses fosen anomalías, e non o contrario.  

Os cranios esnaquizados dos xiítas en Bahrain foron posíbeis pola axuda das petro-monarquías sunnitas do Consello de Cooperación do Golfo, que enviou tanques e tropas –os mesmos países inimigos da democracia que tiveron un papel principal na demanda a Assad para que emprendese reformas democráticas. Todos os estados absolutistas se uniron aos EUA, Gran Bretaña e Franza nun grupo que pretensiosamente se fan chamar «amigos da democracia en Siria». Qatar, un dos membros, xogou un papel decisivo na provisión de material e no apoio propagandístico dos rebeldes libios –moitos dos cales, como os seus homólogos sirios, eran militantes islamitas. O espectáculo dun Consello de Cooperación do Golfo aliñándose co que chaman unha rebelión a prol da democracia é algo semellante ao do Wall Street Journal, nos tempos do socialismo, cando apoiaba ao sindicato Solidaridade como a verdadeira cara do socialismo en Polonia. Solidariedade podía ser calquera cousa menos a verdadeira cara do socialismo, e por iso contou co apoio do Wall Street Journal.

Tampouco Washington tomou medidas concretas e efectivas para impedir que Israel reprima violentamente os palestinos que se levantan contra a opresión israelí, e moito menos cualifica de ilexítima a represión israelí. A violenta intervención de Washington en Iraq por razóns totalmente infundadas e a súa creación dunha absoluta traxedia humanitaria nese país, fan que dificilmente un poida ver os Estados Unidos como un país cuxa política exterior se rexa polo compromiso coa paz e a democracia, senón, indubidabelmente, polo compromiso coa guerra e o saqueo de países que non poden defenderse por si propios.

Non, a ambición de Washington de derrocar a Siria baazista ven de lonxe, de moitos antes do actual levantamento. A administración estadounidense leva moito tempo querendo instalar un goberno proimperialista en Damasco, cando menos desde 1957, canto tentou sen suceso un golpe de estado. En 2003, os Estados Unidos encetaron un programa de guerra económica contra Siria, e en 2005, se non antes, comezaron a canalizar diñeiro para os opositores e posibilitar un cambio de réxime.

Siria, ademais de irritar a Washington pola súa alianza con Irán, o seu apoio a Hizbollah e pola súa axuda material aos movementos de liberación nacional palestinos, o país exhibe unha tendencia compartida co restos de réximes que os EUA queren derrubar: predilección pola independencia, soberanía e desenvolvemento económico. Isto compróbase na propiedade pública das industrias importantes, nos subsidios ás empresas nacionais, no control dos investimentos estranxeiros e na subvención dos produtos básicos. Estas medidas restrinxen as oportunidades de lucro das corporación, bancos e inversores dos EUA, e xa que estes teñen unha enorme influencia en Washington, a política exterior dos EUA é consecuencia do seu celo por servir os seus intereses.

O Departamento de Estado dos EUA láiase de que Siria «errou ao non unirse a unha economía mundial cada vez máis interconectada», quere dicir, non entregou as súas empresas públicas a inversores privados, entre eles aos financeiros de Wall Street. O Departamento de Estado anóxase polas «razóns ideolóxicas» que continúan impedindo a liberación da economía por parte do goberno de Assad. Como resultado da fixación da ideoloxía baazista no socialismo, «a privatización das empresas estatais aínda non é común». A economía «continúa a estar moi controlada polo goberno».[14]

The Wall Street Journal e a Heritage Foundation están igualmente descontentos. «Fillo de Hafez al-Assad, Bashar, quen o sucedeu no ano 2000, non logrou cumprir as súas promesas de reformar a economía socialista de Siria.»

Ademais,

O Estado domina moitas áreas da actividade económica, e un ambiente xeralmente represivo marxina o sector privada e impide o desenvolvemento sostíbel de novas empresas ou industrias. A liberdade monetaria viuse gravemente afectada polo control estatal dos prezos e outras interferencias.
[...]
O represivo ambiente no mundo dos negocios, afogado por un forte intervencionismo estatal, continúa eivando a actividade empresarial e prolonga o estancamento económico. As leis laborais son ríxidas, e o mercado laboral padece das interferencias e controis estatais.

... sistematicamente, as barreiras non arancelarias limitan gravemente a liberdade de comercio. O investimento privado vese desterrado pola pesada burocracia, a interferencia directa do Estado e a inestabilidade política. Malia aumentar o número de bancos privados constantemente desde a súa autorización en 2004, a influencia do goberno no sector financeiro segue a ser ampla.[15]

A Biblioteca do Congreso dos EUA, no seu estudo de Sira, fala da «estrutura socialista do goberno e a economía», mencionando que «moitos cidadáns teñen acceso subvencionado a vivendas de protección oficial e moitos produtos básicos están fortemente subvencionados», e que «altos dirixentes do réxime obstaculizaron» a liberalización da economía.[16]

A termos todo isto en conta, Siria continúa asemellándose máis ao Estado socialista que os fundados do Partido Árabe Socialista Baaz pensaron, que a unha plataforma para aumentar as ganancias de bancos estranxeiros, inversores e corporacións. Consecuentemente, este réxime de desenvolvemento económico autónomo e independente debe ser cambiado. O levantamento militar islamita, co apoio diplomático, económico e propagandístico dos EUA, preparou o escenario para que Washington poida levar a cabo as súas ambicións de cambio de réxime. Washington pintou un conflito entre pacíficos manifestantes pro-democracia e unha tiranía asasina cuxa sede de poder a levou a matar o seu propio pobo. Assad, segundo esta formulación, «perdeu lexitimidade» e debe deixar paso.

Por suposto, a idea de que o conflito é o último dunha longa lista de levantamentos islamitas contra unha Siria secular nunca é exposta. Tampouco se pode contemplar a idea de que a insurxencia deveu en guerra civil. Houbo máis vítimas na guerra civil dos EUA que no resto de guerras dos EUA xuntas, porén, queixas no sentido de que Abraham Lincoln matou o seu propio pobo –e nunha gran escala- nunca se escoitan. A República española nunca foi inxuriada, agás polos dereitistas, por matar os españois que se levantaron contra ela. Nestes conflitos, había intereses materiais e de clase en xogo, e o choque entre eles foi o que provocou a matanza das forzas rebeldes polo goberno e viceversa. E o mesmo sucede en Siria. Si, nas guerras civís os gobernos matan os seus propios pobos.

Eu estou do lado do Goberno sirio. Os Assads afastáronse do compromiso baazista co socialismo máis do que me gustaría, mais recoñezo que as posibilidades de lograr o socialismo nun país pequeno do Terceiro Mundo son practicamente nulas desde a desaparición da Unión Soviética (e non o eran antes sen enormes desafíos). De todos os xeitos, os baazistas continúan mantendo teimosamente elementos do programa socialista do partido; de aí a queixa do Departamento de Estado dos EUA polas «razóns ideolóxicas» que lastran o camiño da privatización.

Para alén, a baazista Siria segue a ser unha forza organizada contra o sionismo e pola liberación nacional palestina, e non é claro que un goberno sucesor seguira o mesmo camiño. Cómpre destacarmos que as consecuencias do derrocamento de Assad non poden ser aceptadas: un país no caos polas milicias rivais e os señores da guerra, onde a tortura e o exterminio sistemático dos partidarios do antigo réxime sería a norma, como pasa na Libia posterior a Gaddafi, ou a creación dun réxime sipaio dos EUA para facilitar a explotación das terras, do traballo e dos recursos sirios por parte dos magnates occidentais da industria e das finanzas. Unha terceira opción de máis espazo para outros partidos políticos e que o Parlamento outorgue novos poderes é puramente teórica. O núcleo duro da rebelión non se conformará con outra cousa que non sexa a completa erradicación dos baazistas e do que representan: algunha medida socialista e un Estado laico. Tampouco os Estados Unidos, Gran Bretaña e Franza se conformarán con sobrevivencia en Damasco dun Estado comprometido coa soberanía, o desenvolvemento económico independente e a alianza con Irán.

A elección é, xa que logo, por un lado, o triunfo dunha nova erupción imperialista co escusa dunha intervención humanitaria, e polo outro, a preservación do Estado baazista e dunha Siria soberana. Se os baazistas son derrubados, o imperialismo collerá máis forza. A supervivencia de Siria preservará a vida dunha forza organizada contra o sionismo, o imperialismo e cun desenvolvemento autónomo con certas medidas socialistas.


Notas:

1. Anthony Shadid, “Assad says he rejects West’s call to resign”, The New York Times, 21 de agosto de 2011.
2. US Library of Congress. A Country Study: Syria.
3. Craig Whitlock, “U.S. secretly backed Syrian opposition groups, cables released by Wikileaks show”, The Washington Post, 17 de abril de 2011.
4. Moshe Ma’oz, “Damscus vs. Washington: Between the ‘Axis of Evil’ and ‘Pax Americana’”, in Bruce Cumings, Evarand Abrahamian e Moshi Ma’oz. Investing the Axis of Evil: The Truth about North Korea, Iran and Syria. The New Press. 2004.
5. Jay Solomon, “Clinton Meets With Syrian Opposition,” The Wall Street Journal, 6 de decembro de 2011.
6. Charles Levinson, “As Syria strikes kill scores, opposition seeks backing”, The Wall Street Journal, 10 de febreiro de 2012.
7. Mazda Majidi, “Will Syria be another Libya?”, Liberation, 29 de novembro de 2011.
8. Jay Solomon e Nour Malas, “Syria would cut Iran military tie, opposition head says”, The Wall Street Journal, 2 de decembro de 2011.
9. Dan Bileksky, “Factional splits hinder drive to topple Syria leader”, The New York Times, 8 de decembro de 2011.
10. Seumas Milne, “Intervention in Syria will escalate not stop the killing”, The Guardian, 7 de febreiro de 2012.
11. Jay Solomon and Nour Malas, “Syria would cut Iran military tie, opposition head says”, The Wall Street Journal, 2 de decembro de 2011.
12. Helene Cooper, “U.S. is quietly getting ready for Syria without Assad”, The New York Times, 19 de setembro de 2011.
13. Charles Levinson e Gregory L. White, “America Exits Syria as Russia Makes Push”, The Wall Street Journal, 7 de febreiro de 2012.
14. Páxina web do Departamento de Estado dos EUA. http://www.state.gov/r/pa/ei/bgn/3580.htm#econ. Consultada o 8 de febreiro de 2012.
15. Index of Economic Freedom 2012. http://www.heritage.org/index/country/syria. Consultado o 8 de febreiro de 2012.
16. US Library of Congress. A Country Study: Syria.
1 Comments:
  • At 2/14/2012 09:51:00 da manhã, Blogger Porthos said…

    Resulta unha ledicia ler un artigo coma este nunha páxina que sigo a miudo.
    Soio existe unha postura antiimperialista, y esa non é a que siguen os neoesquerdistas inteleituales e filósofos de café.
    Muy clarificadora a mensaxe de Stephen Gowans.
    PD.-Non se me esquecerá este nome.
    Saudiña.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com