Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Afganistán, as cousas polo seu nome
14/07/2006
A Rúsia zarista e Inglaterra desputaron-se o domínio colonial de Afganistán ao longo de máis de dous séculos. Co trunfo da Revoluzón de Outubro e a criazón da URRS, estes renunciaron a todas as pretensións imperiais da época zarista, e os imperialistas ingleses pasaron, apartir de 1917, a controlaren totalmente Afganistán. Porén, pouco durou este domínio, o emir Amanollah (Padshah Amanollah após 1923) converte-se en monarca e princípia umha guerra de liberazón nacional contra os ocupantes só dous anos despois,, mui debilitados pola Primeira Guerra Mundial, no que se coñece como “Terceira Guerra anglo-afgana”, e que remata coa expulsión dos colonizadores.

Afganistán, que foi o primeiro estado no mundo en recoñecer á URSS, asina un tratado de amizade con estes. Algunhas ideas socialistas calan nos governates afganos, e o rei Amanollah tenta poñer en prática unha série de reformas: educazón básica para as crianzas, criazón de centros de secundária e de institutos de formazón profisional, proibizón de casar aos menores... Outras reformas estaban moi limitadas. Por exemplo, a venda de mulleres para o matrimónio, unha das transazóns económicas máis importantes na vida feudal afgana, só se modificou, sen se chegar a abolir.

A luita entre a monarquia reformista e o poder tribal é constante. En 1928, nun xesto simbólico, a raiña Soraya converte-se na primeira muller afgana en izar o seu veo en público. Amanollah, tentando reducir a forza da aristocrácia tribal, elimina títulos e benefícios reais, remprazando-os por un sistema que premiaba o traballo e non a posizón como até ese momento. Tamén reformou o sistema impositivo (os xefes tribais deixan de recever parte dos impostos, sendo o governo quen xestione todo o recadado) e o exército, mudando o sistema de alistamento (até ese momento os alistados eran elixidos pola aristocrácia feudal),

As limitazóns a estas reformas viñan, por unha banda, da paupérrima economia do país e, por outra banda, da oposizón do antigo réxime, que ainda aplicaba a lei islámica (Shari’a). O rei non contaba coas forzas necesárias para erradicar estas práticas e, tras unha contrarrevoluzón islámica en 1924 (Rebelión de Khost), viu-se obrigado a chegar a acordos cos qazis (xuices musulmáns). Tamén se viu obrigado a derogar a reforma no alistamento no exército e repuxo o sitema de leva tribal.

Mália este camiñar vacilante das reformas, Amanollah non desiste. Os seus obxectivos son a criazón dun Parlamento elixido, a posta en marcha dun servizo militar universal e afortalar o papel das mulleres afganas. En definitiva, cámbios traumáticos para os intereses da aristocrácia e da ortodóxia islamista. Estes, coa axuda inglesa, comezan, en novembro de 1928, un levantamento contra o governo reformista. Amanollah ve-se obrigado a abdicar tan só dous meses despois.

Durante os catro anos seguintes, baixo o governo de Mohammad Nader, Afganistán experimenta unha volta ao islamismo ortodoxo. Nader é asasinado en 1933, ano no que o seu fillo, Mohammad Zaïr, se converte en monarca. Este restabelece as boas relazóns coa URRS, coa que se asinan muitos acordos comerciais bilaterais, dos que agroman importantes melloras no país, especialmente en matéria de transportes (estradas e pistas de aviazón). Mais a modernizazón colle novos pulos coa chegada ao posto de primeiro ministro de Muhammad Daud, en 1953, que afortala as relazóns con Moscova. Isto non lle sinta ben á administrazón norteamericana que presiona ao monarca para que aparte a Daud do seu cárrego, algo que acontece en 1964. Os EEUU converten-se na primeira influéncia para a monarquia afgana.

En 1973, Muhammad Daud dá un golpe derrocando ao seu curmán Zaïr, e estabelecendo a república. Quer xogar a duas bandas, tentando manter boas relazóns cos EEUU e coa URRS. A sua política é contestada tanto polos comunistas como polos islamistas feudais.

A REVOLUZÓN DE ABRIL

As forzas comunistas viran con esperanza a proclamazón da república. Non tardaron muito en se decataren do seu erro. O presidente Daud governou tiránicamente ao servizo do imperialismo ianqui, e eran os servizos da CIA quen dirixian a política afgana. Reprimiu con dureza á oposizón, especialmente aos comunistas, organizados no PARTIDO DEMOCRÁTICO POPULAR DE AFGANISTÁN (PDPA). A represión acada o seu cume cando Mir Akbar Jaybar, destacado dirixente comunista, é asasinado. As protestas son constantes, a oposizón comunista entra nunha fase máis avanzada de luita e comeza a combater coas armas na man. As protestas son apoiadas por intelectuais, estudantes, campesiños pobres e un sector do exército (no que tivera muito eco as mensaxes comunistas).

En abril de 1978, sob o liderazgo do PDPA, a Revoluzón trunfa. Forma-se un Consello Revolucionário presidido polo dirixente comunista Mohammed Tarik. O nome do país muda para se converter na República Democrática de Afganistán. O programa revolucionário asenta-se nunha profunda reforma agrária que remate co sistema feudal, no desenvolvimento dun sistema educativo que rache co analfabetismo e a equiparazón de direitos para as mulleres. As mulleres teñen acceso a todos os níveis educativos, poden aceder a calquer emprego e comezan a edificar o seu presente para ser futuro. Tamén se garanten os direitos sindicais, a abolizón das dévedas dos campesiños, a separazón estado-relixión, a mellora do sistema de saúde (incrementan-se nun 50% o número de médicos, crian-se por vez primeira na história de Afganistán casas para orfos e tamén casas para o descanso dos traballadores), toman-se medidas contra a poligámia, e comeza a fiscalizazón contributiva dos negócios estranxeiros.

O COMPLÓ REACCIONÁRIO

Estas medidas topan-se, de novo, coa repulsa dos sectores integristas e feudalistas. Os relixiosos arengan ás masas rurais contra os “demos ateos inimigos do islam”. E aos tres meses de constituiren-se o Consello Revolucionário comeza unha guerra civil en Afganistan, guerra que se extende durante un cuarto de século. Frente ao governo popular situan-se os propietários agrícolas, os curas musulmáns, os monárquicos e os islamistas, todos eles financiados polos EEUU e por estados como Pakistán, Exipto, Israel e Arábia Saudí. Os EEUU crian centos de campos de adestramento onde se preparan os “luitadores pola liberdade” chegados de todos os países árabes. Tamén se encarregan os norteamericanos de doar armamento e diñeiro. Frente a esta agresión-invasión o governo afgano ve-se na obriga de solicitar axuda da URSS. En decembro de 1979 o Exército Vermello, respondendo aos tratados bilaterais co governo afgano, entra en Afganistán. Como se sabe agora, este era un dos obxectivos ocultos da adminstrazón norteamericana, obrigar aos soviéticos a enviar tropas de axuda ao governo revolucionário afgano. Esta axuda foi nomeada por algúns autores como a derradeira misión antiimperialista e anticapitalista do Exército Vermello. Mais as axéncias de propaganda imperialistas puxeron en marcha todas as suas armas para denunciar a invasión soviética. Desde os sectores reaccionários de todo o mundo lanzaron-se proclamas para reivindicar a independéncia de Afganistán, cando foi precisamente o império ianqui quen, de forma indirecta en canto ás tropas, mais directamente en canto a armamento e infraestruturas, atacou o governo revolucionário. Outros instrumentos da reacción estiveron prontos a acompañar o coro antisoviético: a maioria do trostkismo mundial e boa parte do maoismo foron da man dos imperialistas. As realidades que propiciara a Revoluzón de Abril non contaban, impuña-se o ideoloxismo máis oportunista.

Os norteamericanos repetian que eles axudaban as forzas democráticas afganas ante a invasión soviética, cando a realidade foi que os EEUU levaban tempo suministrando axuda aos sectores reaccionários.

Mais tamén é xusto recoñecer erros no ritmo das transformazóns sociais, que axudaron a que unha parte das masas rurais uniran as suas forzas aos sectores reaccionários.

En 1985 Mohammed Najibulá substitue a Karmal na presidéncia do governo. Tenta unha política de reconciliazón que remate coa guerra, decretando unha amnistia, reformando a constituzón e abrindo o governo a sectores relixiosos. Estes xestos demostraron-se contraproducentes, dando-lle asas aos feudalistas. En maio de 1988 as tropas soviéticas comezan a sua retirada de Afganistán, deixando só ao governo de Najibulá. Coa saída total dos soviéticos en 1989 milleiros de afganos fuxen do país, temerosos dos muyahidíns Os acontecimentos precipitan-se. As tropas leais ao governo só resisten en Kabul. A CIA, xunto aos servizos secretos ingleses e paquistanís, organizan unha reunión dos distintos señores feudais e sectores islamistas, dando lugar a un governo provisório, fortemente dividido polos distintos intereses dos señores da guerra.

En abril de 1992, os reaccionários entran en Kabul. O presidente Najibulá pede asilo no edifício das Nazóns Unidas. Coa desídia da ONU é secuestrado polos señores da guerra e aforcado en público. Apartir destes momentos sucede-se o terror... até agora.

ANEXO 1: PARTIDO DEMOCRÁTICO POPULAR DE AFGANISTÁN

O 1 de xaneiro de 1965 ten lugar o congreso fundacional do Partido Democrático Popular Afgano. Neste congreso participan 30 persoas entre as que se atopan Nur Mohamed Taraki, Hafizullah Amin e Babrak Karmal. Taraki é elexido Secretário Xeral do partido, ainda que a votazón resulta moi dividida, tendo Babrak Karmal un importante apóio, amosando as distintas correntes que van luitar no seu seo desde o mesmo momento do nacimento da organizazón.

Khalq é o nome da publicazón do PDPA, que ve a luz o seu primeiro número en abril de 1966. No 67 o partido divide-se oficialmente en duas organizazóns: Khalq (Povo), de composizón rural, dirixida por Taraki e con Amin como lugartenente, e Parcham (Bandeira), composto por clases meias urbanas, con Karmal como líder. Dez anos despois o partido recobra a unidade, ainda que só formal. Após o derrubo do governo de Daud Khan, Taraki é elexido presidente do Consello Revolucionário e Primeiro Ministro. A desputa entre os dous grupos do PDPA recrudece-se, e os membros da corrente Parcham son expulsado dos postos de governo. No mesmo Khalq da-se unha división que afasta a Amin do seu antigo mestre Taraki, por un lado os chamados “Khalq vermellos” de Taraki, e por outro os “Khalq negros” de Amin. No enfrontamento prevalece Amin, que se converte no Primeiro Ministro, ainda que Taraki, durante un tempo, segue a ostentar a presidéncia do partido e do Consello Revolucionário. En setembro ou outubro (os historiadores non se poñen de acordo) Taraki foi, supostamente, executado.
En 1988 o partido troca o nome polo de Partido Uatan (Pátria).

ANEXO 2: A GUERRA SANTA. A CAPITULAZÓN
Lorenzo Peña


A brutal guerrilla fundamentalista-feudal dos anos seguintes – que lles custou aos servizos secretos ocidentais un cantidade de diñeiro sen precedentes- ten rasgos que se asemellan aos das guerras carlistas, mais con maior brutalidade, polo atraso do país, o seu medievalismo, e polo choiva de dólares e de armas terroríficas que os EEUU fixeron chegar aos seus servidores locais, aureolados co título de “muyahidíns” ou milicianos da fe. Aí é onde se forma todo o islamismo moderno.

Esas hordas da fe queiman vivos aos campesiños que simpatian co governo, destruen centenares de escolas, sanatórios e pontes; e até atemorizan aos líderes relixiosos que se mantiveron leais ao governo. Asasinan ao predicador da mezquita central de Kabul, Maulán Abdul Jamid. Envelenan a cen rapazas dun instituto da capital afgana. Fan estourar bombas en prazas comerciais, cinemas e outros lugaras de pública concurréncia. De 1978 a 1986 destruen case 2 mil coléxios e 31 dispensários médico-cirúrxicos; saquean 906 cooperativas agrárias; voan fábricas e centrais eléctricas e destrozan 41 mil quilómetros de liñas de comunicazón.

En 1986 os feudais sublevados receven dos EEUU mísiles Stinger e de Inglaterra os mísiles Blowpipes. Mália isto, o governo afgano ainda podia resistir e controlaba case todo o território, ademais de desfrutar do apóio masivo de boa parte da povoazón urbana.

Após a chegada de Gorbachof ao poder en Moscova, Rúsia impón un cámbio de timón á equipa dirixente en Kabul. Babrak Karmal é substituido polo capitulador Nayibulláh.

En 1988 Gorbachof forza ao governo afgano a claudicar antes as hordas islamistas. O 14 de abril asina-se en Xenebra un armistício, que rachan os sublevados. Rúsia tenta favorecer a restaurazón da monarquia como fórmula de compromiso, mais os islamistas non aceitan nengunha transazón. O 15 de fevereiro de 1989 a URSS retira as poucas tropas que ainda permanecian no Afganistán. Comeza a erosión do acosado governo progresista de Kabul. As suas cada vez maiores concesións á rebelión islamistas non son quen de salvá-lo.

Despois duns meses de desgaste, luitas fraticidas, traizóns e conxuras, cae finalmente Nayibulláh; mais non imediatamente despois da retirada total das tropas rusas, senón tres anos máis tarde, en abirl de 1992. O que demostra que ese governo non era unha marioneta dos rusos, como se nos quere facer crer.

Cando os islamistas entran en kabul non chega con eles a paz. Entre as diversas faczóns relixiosas estoupa unha guerra a morte; morte que afecta principalmente a povoazón de Kabul, que ten que padecer muitos máis do que padecera nunca antes. O que agochan os xornalistas é que, durante eses anos de réxime republicano-progresista, agás enfrontamentos esporádicos, a brutal guerra de guerrillas só marxinalmente chegaba á capital ou ás outras grandes cidades, que permanecian totalmente fieis ao governo, cuxas reformas apoiaban masivamente. Os fanáticos que, co apóio da CIA, asaltaron o poder en 1992, odiaban á povoazón urbana por permancer fieis ao governo derrocado; cada faczón descarregaba os seus morteiros sobre o povo.

É mui longa a lista das faczóns, que rivalizaban en fanatismo, dese mundo islamista imposto no poder en 1992 polos EEUU. Citemos algunhas: Frente Unido Islámico de Salvazón do Afganistán, Movimento Nacional Islámico, Sociedade Islámica, Partido da Unidade Islámica, Partido Islámico, Hizbi Islami-Khalis, Unión de Liberazón do Afganistán, Harakat-Inqilab-i-Islami, Jabha-i-Najat-i-Milli Afghanistan, etc.

Os governos islamistas que ocuparon o poder interinamente desde 1992 suprimiron o Parlamento (que funcionara co governo republicano-progresista que derrocaran) e esnaquizaron o sistema xudicial, instalando no seu lugar cadies relixiosos locais que xulgan seguindo a shariá ou lei islámica.



ANEXO 3: ENTREVISTA A ZBIGNIEW BRZEZINSKI
Conselleiro de Seguiridade Nacional na administrazón Carter
Le Nouvel Observateur, 1988


Le Nouvel Observateur : O ex director da CIA, Robert Gates, afirma nas suas memórias: os servizos secretos norteamericanos comezaron a axudar aos mujahidíns afganos seis meses antes da intervenzón soviética. Nesa época vosté era o conselleiro do presidente Carter e o seu papel foi vital neste asunto. Confirma-o?

Zbigniew Brzezinski : Sí. Segundo a versión oficial da história, a axuda da CIA aos mujahidíns principiou no ano 1980, é dicer, despois de que o exército soviético invadira Afganistán o 24 de decembro de 1979. Mais a realidade, mantida oculta até hoxe, é mui distinta: foi o 3 de xullo de 1979 cando o presidente Carter asinou a primeira directiva sobre a asisténcia clandestina aos opositores do rexime pro-soviético de Kabul. Escrevin-lle ese dia unha nota ao presidente na que explicaba que na miña opinión aquela axuda provocaria a intervenzón dos soviéticos (...) Non empurramos aos rusos a intervir, mais aumentamos conscientemente as probabilidades de que o fixeran.

N.O.: Cando os soviéticos xustificaron a sua intervenzón afirmando que luitaban contra unha inxeréncia secreta dos Estados Unidos ninguén os creu, porén había un fondo de verdade. Non se lamenta de nada hoxe?

Z. Brz.: Lamentar qué? Esa operazón secreta era unha excelente idea. Tivo como efecto atraer aos rusos cara á trampa afgana, e vosté quer que o lamente? O dia no que os soviéticos cruzaron oficialmente a fronteira afgana escrevín ao presidente Carter: “Ista é a nosa oportunidade de dar-lle á URSS o seu Vietnam”.

N.O.: Tampouco lamenta vosté ter favorecido ao integrismo islámico, entregar armas e asesoria a futuros terroristas?

Z Brz.: Que é o máis importante ante a ollada da história mundial, os talibáns ou a queda do império soviético? Algúns islamistas excitados ou a liberazón de Europa Central e a fin da Guerra Fria?



ANEXO 4: A ESQUERDA OCIDENTAL E AFGANISTÁN

Antonio J. Torres

Durante os anos 50 e 60 do pasado século XX, importantes revolucionários marxista como Ernesto Che Guevara ou Mao Zegong, entre muitos outros, marxista ou non, denunciaron xusta e certeiramente a dexenerazón burocrática da URSS, así como esa interpretazón do marxismo esquematizada e encorsetada que a Académia de Ciéncias de Moscova propugnaba ao mundo enteiro. Porén, todas aquelas críticas acertadas serviron a numerosos intelectuais e organizazóns da esquerda ocidentais para cometer toda clase de despropósitos, unhas veces de forma consciente outras non, que favoreceron, directa ou indirectamente, ás campañas antisoviéticas que a CIA levou a cabo nos Estados Unidos e Europa ocidental das máis diversas e surprendentes maneiras, como recentemente se coñeceu co caso da Fundazón Ford (1).

Bon exemplo disto foi a atitude de grande parte da esquerda ocidental (trotskistas, maoístas, anarquistas, autónomos e, por suposto, a socialdemocrácia) durante a “Primeira Guerra de Afganistán” nos anos 70 e 80 do pasado século XX. Conxuntamente alzou-se a voz contra a intervenzón soviética, en axuda dun governo, que como o do PDPA, e como está máis que demostrado, repartiu terras entre campesiños esfameados, ergueu coléxios e hospitais nun país sen case infraestruturas e cunha imensa maioria da povoazón analfabeta e empobrecida; incluso a Universidade de Kabul inzou-se de mulleres que desexaban realizar estudos superiores (2). Porén, a maioria da esquerda ocidental non reparou nas circunstáncias sociais, políticas e económicas de aquel país, e levada por un antisovietismo cego e, sobretodo, sectário, non denunciou nunca as brutalidades dos muyahidíns integristas afganos, nen a quen estaban detrás deles: os Estados Unidos, cuxa intenzón última non era só desprazar do poder ao PDPA, senón ir alén, e submeter á URSS a unha “guerra silenciosa” de desgaste da que, sen dúvida, a URSS saiu máis que derrotada (3).

Durante esa época ningún grupo feminista ocidental, por mui radical que fora, denunciou como, por exemplo, os muyahidíns afganos guindaban ácedo á face das nenas que ian á escola elemental ou ás rapazas que estudaban na Universidade de Kabul, ou cando directamente eran degoladas; nen sequer a famosa RAWA (Mulleres Revolucionárias de Afganistán), que agora desexa a volta do déspota e decrépito Mohammed Zaïr Sha, antigo Rei de Afganistán (4), que tivo sumido ao país durante o seu reinado na ignoráncia, a fame e, por suposto, a opresión das mulleres. Hoxe, pola contra, determinados grupos feministas en ocidente xustifican a masacre norteamericana en Afganistán xa que deste xeito “se poria fin á opresión das mulleres afganas”. Mais a medalla aos despropósitos é para os maoístas afganos (e os seus colegas ocidentais que os apoiaron) que se aliaron cos integristas musulmáns, sendo por tanto cómplices de todas as suas brutalidades (como a matanza de campesiños aos que o governo afgano entregara terras), para combater o “socialimperialismo soviético”. Cando os maoístas non foron úteis ao “señor da guerra” de turno foron eliminados por estes sen contemplazóns (5).

Ninguén denunciou como as monarquias petroleiras do Golfo Pérsico (Arábia Saudí e Emiratos Árabes), baixo a direczón de Estados Unidos, reclutaban a fanáticos musulmáns por todas partes para combater ao infiel en Afganistán. Ou como os Estados Unidos por un lado, e a China de Deng Xiaoping por outro, sostiveron durante esta época unha sangrenta ditadura militar en Paquistán porque era beneficiosa para ambos6. A esquerda ocidental pasaba por alto todo isto, e non por descoñecimento precisamente, senón pola errada tendéncia que existia en igualar á URSS cos Estados Unidos. Non cabe dúvida que todas estas posizóns beneficiaron aos Estados Unidos, e os seus planos para que Afganistán fora a tumba da Unión Soviética, e obrigar así á burocrácia soviética a derruir o pouco de socialismo que sobrevivia, e apertar abertamente o capitalismo, como así aconteceu hai xa dez anos.

Hoxe a esquerda ocidental sinte horror ante o que foi o rexime talibán, e denúncia-se incluso que a Alianza do Norte é igual ou peor que estes. Porén, eses horrores e denúncias chegan demasiado tarde, e xustamente cando aos Estados Unidos lle interesou que chegasen, e cando, loxicamente, a doada excusa do “socialimperialismo soviético”, que tan ben lles veu no seu momento aos Estados Unidos para desviar a atenzón, non se pode esgrimir.

1. "A Fundazón Ford e a CIA: un caso documentado de colaborazón filantrópica coa policia secreta”, por James Petras, en www.rebelion.org.

2. Por exemplo: o índice de mortandade infantil en menores de 5 anos pasou de 380 en 1960 a 300 en 1988. O analfabetismo feminino pasou do 98% ao 75%. O 80% da povoazón urbana puido aceder aos servizos de saúde. Por vez primeira en Afganistán crian-se xardíns de infáncia. Todas estas melloras hai que encadrá-las nunha situazón de guerra total como a que viveu Afganistán. Coa toma do poder dos muyahidíns todos aqueles logros sociais morreron.

3. Segundo recoñece o que fora Conselleiro de Seguridade Nacional do presidente norteamericano Carter, Zbigniew Brzezinski, a intervenzón militar encuberta dos EEUU en Afganistán comezou seis meses antes da entrada de tropas soviéticas en Afganistán e foi preparada para debilitar ao governo de Kabul e obrigar a peder con urxéncia a presenza de tropas terrestres soviéticas. A finalidade era, segundo Brzezinski, submeter á URSS a unha guerra de desgaste no território afgano. A URSS picou o “anzó envelenado” que se lle preparou en Afganistán. Tamén, vários artigos publicados ultimamente no diário británico The Independent polo xornalista Robert Fisk confirman o exposto por Brzezinski, así como os planos norteamericanos para, partindo de Afganistán, desestabilizar o Cáucaso soviético.

4. El Mundo, 30-11-2001. Declaracións da porta-voz Sahla Asad verbo da posizón da RAWA durante a Conferéncia de Bonn sobre o futuro do Afganistán postalibán.

5. Documentos da organizazón maoísta ALO (Organizazón para a Liberazón de Afganistán). A posizón deste organizazón foi a de se aliar con grupos integristas para “liberar a pátria da invasión estranxeira”. Máis tarde foron vítimas dos seus próprios aliados. Documentos publicados na web da organizazón.

6. Por exemplo, o rexime de Deng Xiaoping nunca condeou o golpe de estado de Pinochet en Chile por mor dos contactos, mui reducidos, que existiron entre o governo de Allende e a URSS.


ANEXO 5: VERBAS DE MUIN BSISU, POETA PALESTINO
Verán de 1980.

Os desacostumados dedos manteñen por vez primeira plumas escolares que desenvolverán o papel de batallóns avanzados de choque na luita contra as caducas conceizóns tribais, contra as lendas interesadas durante séculos, contra a explotazón clasista. E iso ten lugar nun país onde o nível de analfabetismo acadaba o 90%, mentres que os níveis de terror e a violéncia superaban todos os límites imaxináveis!

Por vez primeira nas suas vidas teñen unha pluma nenos de seis-sete anos, que se atopan sentados nos pupitres dunha das aulas da nova escola de Kabul...

E de súpeto, irrompe con violéncia unha banda de hienas con sables e coitelos e comezan unha orxia de sangue. Os bárbaros, cos seus sables e puñais, cortan-lles as mans aos nenos que cain nos pupitres de madeira, no chan de louza da aula. Algúns nenos perden o coñecimento polas torturas, algúns tentan fuxir, mais a besta, de aspecto humano, agarra-os, oprime a man contra a parede e a curta dun sablazo.

Conforme a mentalidade do rexime feudal tribal, a criazón dunha nova escola en Kabul é unha traizón a esta mentalidade; a pluma nas mans dun neno afgano é un atentado contra a santidade de lendas ignorantes e falsas; o livro, a pluma e o papel, todos os coñecimentos que o home quixer utilizar para sair da escuridade cavernal á luz, é o máximo degrau de incredulidade e sacriléxio.

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com