Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Principios Elementais de Filosofía, George Politzer
20/09/2008



Descargue ou visualice en formato PDF esta obra premendo
aquí ou na imaxe.










Presentación por Estoutras

O empeño do alumnado obreiro de George Politzer fixo posíbel a existencia deste clásico da literatura marxista. Politzer era un dos entusiastas e militantes profesores da Universidade Obreira de París, fundada en 1932 por un pequeno número de profesores comunistas desexosos de ensinar a ciencia marxista. Milleiros de proletarios asistiron á Universidade Obreira, para alí aprenderen a teoría e a práctica do materialismo dialéctico, a filosofía do marxismo, a filosofía do marxismo-leninismo. Foi a través dos apuntamentos recollidos polos alumnos nas clases de Politzer como se puido elaborar esta obra, estes Principios Elementais de Filosofía.

Parte indubidábel do currículo formativo dos cadros comunistas por todo o planeta durante décadas, esta obra introduce ao lector, ao militante obreiro, nunha das partes máis importantes e máis esquecidas do marxismo, o materialismo, pero non calquera materialismo, o materialismo dialéctico, a expresión filosófica do movemento revolucionario comunista. Aquel lector que chegue por vez primeira a esta obra, ficará sorprendido pola súa sinxeleza, pola súa claridade. Afastándose dos termos baleiros burgueses, das reviravoltas intencionadamente complicadas, Politzer explica a filosofía con verbas comúns, botando man de innumerábeis exemplos que permiten comprender o texto a calquera lector interesado. E isto é algo no que nunca cansou de insistir Politzer, a burguesía tiña encarcerada á filosofía en enleados manuais incomprensíbeis para a grande maioría. A obra de Politzer, respecto aos manuais burgueses, non só representa a súa antítese na forma, senón que, loxicamente, tamén no contido. Politzer non fala para os burgueses, el fala para o proletariado, e dá as pautas para abandonar as metodoloxías metafísicas, os pensamentos idealistas, e facer do materialismo, do materialismo dialéctico, unha ferramenta para comprender e transformar o mundo, para entender o capitalismo e poder destruílo.

Esta obra tamén é unha porta aberta aos textos filosóficos dos clásicos marxistas. O limiar necesario para comprender na súa totalidade obras como o Anti-Dhüring de Engels ou Materialismo e Empiriocriticismo de Lenin.

Obviamente esta obra foi vilipendiada pola burguesía, reaccionaria ou ‘progresista’. Tamén pola pequena burguesía de esquerda, que nunca perdoaron a Politzer que citara a Stalin. Xa o dixo o grande historiador Pierre Vilar: «Un subterráneo terrorismo intelectual impulsa a pedir perdón por citar a Stalin». Sen dúbida é máis doado lucir unha fouce e un martelo que empregar as leis e os principios da dialéctica.

Para Estoutras é un enorme orgullo poder ofrecer traducida ao galego esta ferramenta de combate comunista.
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com