Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Holodomor: Falsificando a Historia
22/04/2009
Madialeva


Sebastopol, cidade da Ucraína, acolle estes días unha exposición que tenta demostrar a veracidade do Holodomor, verba que empregan os anticomunistas ucraínos para referirse a unha fame masiva presuntamente organizada polos bolxeviques, concretamente polo mesmiño irmán de Lúcifer, pola besta comenenos, polo monstro zugasangue, polo irmán chungo de Jason, polo tipo que deixa ao fulano da serra eléctrica da Matanza de Texas como un paspán Hare Krishna. Si, por Stalin.

Certo que houbo fame na Ucraína. Así é. Mais non é menos certo que tamén houbo fame en Kazakhstan e no sur da Rusia. Aínda que a investigación histórica (científica) está dando os primeiros pasos, iso si, deixando xa en evidencia as propagandísticas interpretacións de “istoriadores” preocupados por ensinarnos a maldade do sistema socialista ao tempo que agochan a colaboración dos seus heroes cos nazis, todo fai indicar que as causas da fame, reiteramos que non só na Ucraína, hai que buscalas, especialmente, nunha combinación entre: unha terríbel seca que durou de 1930 a 1932, o aberto enfrontamento dos bolxeviques contra os filonazis ucraínos e os kulaks (coas súas continuas sabotaxes), unha epidemia de tifos que varreu toda a rexión, e por último, os comprensíbeis erros do sistema soviético (desorganización, falta de experiencia, radicalismo ultraesquerdista dalgunhas capas, etc.) Os nazis foron os primeiros en promover a visión dominante no Occidente sobre o Holodomor, e os seus aliados ucraínos apresuráronse de coller o relevo. Despois, como todas as mentiras sobre a historia da Unión Soviética, foi empregada polos imperialistas occidentais, quen, como non?, ían contar coa oportuna axuda de innumerábeis organizacións pequenoburguesas, especialmente trotskistas, para facernos esquecer a orixe verdadeira dunha pésima película da que se estrea estes días a enésima secuela.

Agora é o Presidente ucraíno, ese grande namorado da OTAN, Viktor Yushchenko, quen abandeira unha campaña nacional para dar a coñecer a “auténtica” historia da Ucraína e para que se recoñeza como crime contra a humanidade o suposto holocausto ucraíno. Incluso gastou un bo anaco dos orzamentos estatais para encher o país con monumentos de lembranza ao Holodomor, o que deu pé a Leonid Grach, deputado opositor, a comentar que Yushchenko era culpábel da única fame provocada na Ucraína, a que se estaba a vivir agora: «Gastou millóns nisto. Xusto cando os nosos médicos, mestres e obreiros están loitando por gañarse a vida. É Yushchenko quen está a orquestrar unha moderna fame na Ucraína». Mentres institucionaliza ao nazi Bandera como heroe da Ucraína, fai propaganda do Holodomor por todos os recunchos do país. Yushchenko asistiu a exposición organizada en Sebastopol e comentou polo miúdo as supostas imaxes do holocausto perpetrado polos roxos.

O escándalo é monumental. Historiadores e políticos da oposición alporizáronse ao comprobar que eran as mesmas fotografías de sempre, as mesmas imaxes falsas que non correspondían á Ucraína dos anos 30. Son as mesmas imaxes coas que o multimillonario empresario dos medios de comunicación, o norteamericano Hearst, inzou as portadas dos seus xornais a finais dos anos trinta. As mesmas que podemos ver na embaixada ucraína en Norteamérica. As mesmas que se ven en canta exposición hai para reescribir a historia, como aconteceu non hai moito no Parlamento Europeo. As mesmas que decoran os portais electrónicos dunha morea de organizacións anticomunistas ucraínas que pulan por transcribir a historia segundo os seus intereses. As mesmas, tamén, que serviron de material “científico” a grupos esquerdistas anticomunistas para empregar como contraforte do seu discurso antisoviético. En fin, un ingrediente máis da masa que a formigoneira capitalista elabora para solidificar un paradigma totalitario que mantén enlamados nun colete de tópicos a boa parte da esquerda mundial.

E por que esta teima por empregar as mesmas imaxes falsas de sempre? Para que correr o risco de, como agora, ficar en ridículo? Pódese comprender na Norteamérica dos anos 30. Como carafio se ía coñecer a verdade? Tampouco causa sorpresa que as utilicen nas súas estrambóticas publicacións os modestos grupellos dereitosos ucraínos. O que xa nos debe encamiñar á auténtica razón é que sexa os propios dirixentes da Ucraína, os seus brazos institucionais, quen boten man, máis unha vez, das sempiternas imaxes. A razón é ben sinxela: non hai outras fotografías.

Cando en xaneiro deste ano o presidente Yushchenko encetou a súa cruzada pola súa particular verdade histórica, instou ao Servizo de Seguridade da Ucraína (SBU) a desclasificar todos os documentos relacionados coa suposta represión soviética. Como non aparecía máis nada, o SBU montou en cólera contra os pobres arquiveiros, acusándoos de non faceren ben o seu labor. O certo é que os arquivos ía boa que estaban todos desclasificados. Cóntao a responsábel da Comisión Estatal dos Arquivos da Ucraína entre setembro de 2006 e abril de 2008, Olga Ginzburg: «Xa desclasificamos todos os documentos hai moito tempo. Estudáronse durante anos». Vadim Kolesnichenko, do Partidos das Rexións, aclárao con sinxeleza: «Non hai documentos que demostren que existira algo parecido a un xenocidio do Kremlin contra os ucraínos. Simplemente porque non houbo xenocidio. O que hai é un desexo por retratar a Rusia como inimiga da Ucraína. A historia é para os científicos, e cando son os servizos especiais os que queren estudar a historia a cousa sempre acaba mal.»

Pasamos xa as imaxes falsificadas. Hai moitas máis das que poñemos aquí. Aínda que para comprobar o grao de dexeneración dos actuais gobernantes de Ucraína, abonda coas seleccionadas. As imaxes da exposición, que queren facernos crer que retratan a Ucraína de 1936, corresponden na súa inmensa maioría a realidades doutros países. Especialmente son imaxes da Gran Depresión norteamericana de principios dos anos trinta do século pasado e do período de fame que padeceu a rexión do Volga entre 1921 e 1923 após a Primeira Guerra Mundial e a Guerra Civil que enfrontou aos bolxeviques cos imperialistas e os gardas brancos.

IMAXES


Fíxense nas imaxes sinaladas neste panel da exposición de Sebastopol





Fotografía de Ben Shahn: “Bendito País”. Data de outubro de 1935. Trátase dunha familia nun asentamento de Arkansas.





Fotografía de Dorothea Lange. Retrata unha familia que vive na miseria en Oklahoma County. É de agosto de 1936.





Outra fotografía de Dorothea Lange. Vemos a dous nenos que, en novembro de 1936, viven nun campo de refuxiados en California por mor da seca que asolaba Oklahoma.





Fridtjof Nansen, diplomático e científico noruegués, na súa condición de Alto Comisionado da Sociedade de Nacións, viaxou a Rusia durante a fame de 1921. A imaxe, na que Nansen aparece o primeiro pola esquerda, está tomada na cidade rusa de Sarátov, na bacía do río Volga.





Outro expositor en Sebastopol





Nunha ampliación da imaxe pódese ler que a fotografía está tomada en Jarkov, segunda cidade ucraína en número de habitantes, en 1933.





A imaxe realmente corresponde ao cemiterio de Buzuluk en decembro de 1921.





Fixémonos aquí na fotografía da esquina superior dereita





Tamén estamos aquí ante unha imaxe tomada na expedición que Nansen realizou á rexión do Volga a principios dos anos 20.





O presidente ucraíno, Viktor Yushchenko, xunto a outros compunxidos visitantes





A imaxe sinalada xa foi empregada polo goberno ucraíno a finais de marzo de 2007, dentro da campaña polo recoñecemento do xenocidio, (que como explica a imaxe foi causado en 1933 polo NKVD!)





A fotografía orixinal é de 1922 e foi utilizada na “Exposición da Axuda Humanitaria Americana á Rusia Soviética durante a Fame de 1921-1923”. Actualmente está en Xenebra, no arquivo da Axuda Internacional ás Crianzas.





As verbas do panel escritas en amarelo din: “Dicir a Verdade. Desvelar a Memoria”





Imaxe tomada en novembro de 1921 na cidade de Sarátov. A imaxe atópase nos arquivos de Nansen.

Fontes:


Rewriting Ukrainian history: truth or Falsification?, Russia Today, 3 de abril de 2009.
Erroneous famine photos spark foul cries, Russia Today, 10 de marzo de 2009.
Um Outro Olhar Sobre Stáline, Ludo Martens.

A maioría das imaxes foron extraídas de distintos portais da Ucraína e Rusia, como poden ser a páxina 2000 ou The New Russian Forum. As imaxes correspondentes á Grande Depresión norteamericana pódense ver no portal Shorpy.

10 Comments:
  • At 3/25/2011 05:41:00 da manhã, Blogger Unknown said…

    El gobierno ruso ha publicado para rebatir la teoría ucraniana del genocidio toda una serie de documentos de la época, la mayoría comunicados de la OGPU y de órganos del partido sobre el hambre en los años 1930 -1934. Lo que vienen a decir los rusos es : no fue solo un genocidio contra los ucranianos sino que fue general, y como no hubo una razón étnica concreta, no se puede calificar de genocidio. Qué gran consuelo! Respiro aliviado!
    Si supieras ruso, entenderías todos estos documentos escaneados:
    1)http://www.rusarchives.ru/publication/hunger-ussr/content.shtml

    2)http://www.ln.mid.ru/ns-arch.nsf/932b471b7dc29104c32572ba00560533/22fa7cb39af8e09ec32574bb003a7f8c

    No tiene desperdicio: desabastecimiento generalizado en ciudades y aldeas. Montones de campesinos y niños con el vientre hinchado. Casos de canibalismo en cascada. Concreto más: hasta casos de niños cuyos padres han muerto de hambre y que se comen a sus padres. Robo de cadáveres y canibalismo con cadáveres. Uso de carroña animal para comer.
    Sobre las cifras de muertos, todo sería especulación si no fuera porque los censos rusos dejaron huellas muy claras. Para el censo de 1937 ( que se planeó para 1933 pero se aplazó repetidas veces) se esperaban unos 168 millones de habitantes para la URSS, sin embargo los demógrafos solo calcularon 161 millones escasos. Stalin mandó fusilar a los creadores del censo de 1937. Se hizo otro censo en 1939 para corregir los “errores” del censo de 1937. Y en 1939 la URSS sólo alcanzó 170 millones de habitantes
    Hoy se ha descubierto que los demógrafos hicieron bien su trabajo y que allá por los años 32-33 se "perdieron" unos 7 millones de personas, muertas de hambre. Aquí un artículo en ruso lo explica:
    http://demoscope.ru/weekly/2007/0313/tema07.php
    Probablemente lo que provocó ese hambre atroz fue la directiva de Stalin del 22 de julio de 1933 de protección de la propiedad estatal ( la ley de 3 espigas) en la que declaraba TODO propiedad estatal en el campo, sin la menor posibilidad de retener la más mínima cantidad de alimento para comer. No fue un hambre por malas cosechas sino un hambre provocada por medidas políticas y por lo tanto artificial.
    Esa directiva se aplicaba con vigilancia del NKVD. Además, la directiva se amplió con un anexo para Ucrania que prohibía a cualquier campesino viajar a las ciudades y salir de Ucrania (Directiva nº 258 del 22 de enero de 1933).
    Por todas estos documentos, por la vigilancia de los campos por el NKVD, cabe alegar que las autoridades soviéticas no conocían la hambruna que se estaba desatando? Las directivas y los comunicados de la OGPU dejan muy claro que no.
    Puede que la tragedia no tuviera raíces étnicas o específicamente anti ucranianas, pero de lo que no cabe la más mínima duda es que fue una atrocidad de proporciones descomunales.

    Saludos

     
  • At 3/25/2011 07:54:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Goberno ruso? O mesmo que ao que se lle descubriu toda unha manobra de falsificación de documentos, selos, sinaturas, etc.?

    Artigos en webs financiados por organizacións imperialistas como Soros?

    Hai bibliografía suficiente para recoñecer outra grande mentira do paradigma antisoviético. Abonda con buscar fontes menos cheas de sangue.

    Vas precisar algo máis...

     
  • At 3/25/2011 04:16:00 da tarde, Blogger Unknown said…

    Estos documentos están publicados por la página del Ministerio de Exteriores ruso. Y son comunicados de la OGPU (antiguo KGB)en su mayoría. Curiosamente se publicaron para contrerrestar la falsificación del gobierno de Ucrania.

     
  • At 3/25/2011 05:21:00 da tarde, Blogger Unknown said…

    http://www.snob.ru/selected/entry/26051

    Traduzco un párrafo: "Como demuestran los documentos publicados a principio de los años 90, los colaboradores del Centro de Contabilidad de la Economía Nacional (TSUNJU) que realizaron el censo sabían que las cifras de Stalin no se correspondían con la realidad. Conocían las causas de ese desajuste: las consecuencias de la terrible hambruna de 1932-1933 y la intensidad de las represiones era posible ocultarlas a los ciudadanos comunes pero no a los estadísticos. "

    Carta de Mijail Sholojov a Stalin donde describe las condiciones de la colectivización, entre ellos la tortura sistemática, en los puntos 1 a 16:
    http://vlastitel.com.ru/stalin/reform/perepisk.html

    -Visita de Budionny a la región de Vinnitsa (Ucrania) donde Budionny reconoce que a los campesinos se les ha quitado todo:

    http://www.hrono.ru/dokum/193_dok/19320627alexeev.html

    -Testimonos directos sobre el hambre y la colectivización:
    http://www.hrono.ru/dokum/1929kol/index.php

    Quieres más?

     
  • At 3/27/2011 06:35:00 da tarde, Anonymous Madialeva said…

    (1 de 5)
    Un tema do agrado de burguesía na súa loita sen fin contra a Unión Soviética. Sempre haberá voluntarios nas súas fileiras para volver propagar as calumnias comezadas polo propio Hitler, a preparar a súa cruzada liberadora sobre Ucraína e xustificar os brutais crimes dos nazis contra a Unión Soviética. Falsidades que camiñaron dos nazis aos ianquis, pasando polos “hitoriadores” a soldo de Khrushchev, sen nos esquecermos dun bo feixe de académicos ao servizo de Gorbachev e demais servidores das nova burguesía que, hoxe si, asola Rusia e as antigas repúblicas soviéticas. Si, algúns deses historiadores que aparecen citados, e que escriben en páxinas financiadas por organismos imperialistas da peor natureza. Por algo será.

     Afortunadamente, todas estas mentiras calan cada vez en menos xente. Os heroes desta anticomunista versión da historia, eses colaboracionistas nazis como Shukhevich, Bandera ou Mazepa, perden agora a súa condicións de heroes de Ucraína, e son cualificados do que realmente foron, colaboracionistas e asasinos.

     Xa centrándonos no mito do xenocidio ucraíno, despois de dar a saída Hilter, o ianqui Hearst publicou un feixe de artigos de Thomas Walker, con títulos como: “A fame na URSS: crime contra a humanidade” e cousas así. O Walker era presentado como un auténtico especialista que viviu a realidade de Ucraína directamente durante moitos anos... Na realidade non sabemos se estivo 5 días, e a maioría en Moscova, ou, como el recoñeceu posteriormente, na vida puxo os pés na Ucraína. Tanto ten. O certo é que nin o seu nome era real... Todo unha grande trapallada. O seu colega Fisher descubriuno todo hai tempo. É a época das fotografías que ilustran este artigo, e das que Wil4 din ren. Imaxes dos anos 20 ou, directamente, da realidade norteamericana. Até unha fotografía dun soldado austríaco xunto a un cabalo morto foi colada como mostra do xenocidio stalinista... Esta última foi descuberta por Douglas Tottle, que ten un libro serio sobre o tema, de obrigada lectura (Fraude, fame e fascismo. O Mito do xenocidio ucraíno de Hitler a Harvadr). Coido innecesario dicir que este libro non está financiado por organismos internacionais de propaganda ideolóxica anticomunista e fomento do imperialismo.

    Outro grande subministrador de combustíbel para a grande mentira do xenocidio foi o pobre Fred Beal, acusador de comunistas con McCarthy. Como Walker ou Beal, houbo unha morea de especialistas no tema de Ucraína. Moitos e de diversa condicións, mais todos coas mesmas fontes: os nazis, os fascistas italianos, os emigrados anticomunistas ucraínos e sesudos especialistas pola graza de deus. Centos de artigos e libros co apoio de universidade como Harvard e demócratas de toda a vida como Reagan, Thatcher ou Bush.

    Unha boa mostra da bibliografía que defende o mito do Holodomor é o libro Black Deeds of the Kremlin, publicado nos anos 50 pola “Asociación Ucraína das Vítimas do Terror Comunista Ruso” e da “Organizacións Democrática dos Ucraínos Perseguidos baixo o Réxime Soviético”. Neste libro, citado decotío por Conquest, homenaxéase a xente como Petliúra, responsábel de masacrar millares de xudeus entre 1918 e 1920, ou ao comandante nazi do Exército Insurreccional Ucraíno, Chukhévitch. Un dos colaboradores do libro foi Alenxandre Hay-Holowko, ministro do goberno do nazi Bandera, responsábel da morte de millares de xudeus, polacos e comunistas. Unha das persoas citadas como “apoiantes” deste libro é Bilotserkiwsky, antigo oficial da policia nazi en Tserkva... (Todos estes datos pódense ampliar no libro de Ludo Martens, Un outro olhar sobre Stáline, que está publicado online en: www.hist-socialismo.com)

    En fin, con poucas variacións e as mesmas fontes, os anticomunistas de todo o mundo siguen até a actualidade querendo vender o seu mito do Holodomor. Mais sen ningún suceso. E nesta liña están os comentarios de Wil4, que a continuación vou responder.

     
  • At 3/27/2011 06:35:00 da tarde, Anonymous Madialeva said…

    (2 de 5)

    1. Evidentemente houbo fame. E, igualmente evidente, non houbo "Holodomor"

    «El gobierno ruso ha publicado para rebatir la teoría ucraniana del genocidio toda una serie de documentos de la época, la mayoría comunicados de la OGPU y de órganos del partido sobre el hambre en los años 1930 -1934. Lo que vienen a decir los rusos es : no fue solo un genocidio contra los ucranianos sino que fue general, y como no hubo una razón étnica concreta, no se puede calificar de genocidio. Qué gran consuelo! Respiro aliviado!
    Si supieras ruso, entenderías todos estos documentos escaneados:
    1)http://www.rusarchives.ru/publication/hunger-ussr/content.shtml

    2)http://www.ln.mid.ru/ns-arch.nsf/932b471b7dc29104c32572ba00560533/22fa7cb39af8e09ec32574bb003a7f8c»

    Empeza cun chisco de mala sorte. Vaites, si que algún de por aquí sabe ruso. Nesas dúas ligazóns, non aparece nada do que el afirma..
    A primeira é unha longa lista de documentos organizados por data sobre a fame de 1932-33, en ningún deles se chama á fame "xenocidio".
    A segunda ligazón é a versión online dos documentos publicados por Vaniukov no seu libro Golodomor (Moscova: "Kinovek", 2011) Non fai falla nin ler o libro enteiro, abonda só coa introdución para que o autor nos diga que non houbo ningún "xenocidio". De feito, a tese deste libro e dos seus documentos (dispoñíbeis na ver do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso) é que NON houbo fame deliberada.
    Xa que logo, o que di aquí: «Lo que vienen a decir los rusos es : no fue solo un genocidio contra los ucranianos sino que fue general, y como no hubo una razón étnica concreta, no se puede calificar de genocidio. Qué gran consuelo! Respiro aliviado!», é mentira.



    2. De novo: Fame, non xenocidio.

    «No tiene desperdicio: desabastecimiento generalizado en ciudades y aldeas. Montones de campesinos y niños con el vientre hinchado. Casos de canibalismo en cascada. Concreto más: hasta casos de niños cuyos padres han muerto de hambre y que se comen a sus padres. Robo de cadáveres y canibalismo con cadáveres. Uso de carroña animal para comer.»
    Este parágrafo indica simplemente que houbo fame, é dicir, que realmente existiu a fame. Por suposto, Ninguén o nega! Observe o lector como Wil4 pasa de falar de xenocidio a falar de fame. Por que? Por que non ten nin unha soa proba que defensa a súa idea de xenocidio, e moito menos o mito do "Holodomor" ("xenocidio contra os ucraínos", O ucraíno "holdo" é igual que o ruso "golod", é dicir, "fame"; "Holodomor" significa "asasinato deliberado por fame. Curioso, por que inventar unha palabra que soa como "Holocausto"?)

     
  • At 3/27/2011 06:36:00 da tarde, Anonymous Madialeva said…

    (3 de 5)

    3. Cantos morreron de fame? Os censos de 1937 e 1939.

    «Sobre las cifras de muertos, todo sería especulación si no fuera porque los censos rusos dejaron huellas muy claras. Para el censo de 1937 ( que se planeó para 1933 pero se aplazó repetidas veces) se esperaban unos 168 millones de habitantes para la URSS, sin embargo los demógrafos solo calcularon 161 millones escasos. Stalin mandó fusilar a los creadores del censo de 1937. »

    Isto é unha mentira. Sen máis, pura e simple mentira. Non hai ningunha proba que defensa esta idea. É unha afirmación que os anticomunistas repiten unha e outra vez. Até hoxe non achegaron nin a máis mínima proba.

    « Se hizo otro censo en 1939 para corregir los “errores” del censo de 1937. Y en 1939 la URSS sólo alcanzó 170 millones de habitantes
    Hoy se ha descubierto que los demógrafos hicieron bien su trabajo y que allá por los años 32-33 se "perdieron" unos 7 millones de personas, muertas de hambre. Aquí un artículo en ruso lo explica:
    http://demoscope.ru/weekly/2007/0313/tema07.php»

    Esta é a parte final dun extenso, ridículo e acientífico artigo de Vishnevskii, un ultra anticomunista... Non é casualidade, como xa sinalou unha persoa, que esta páxina estea financiada por organizacións dereitistas como a Fundación Soros. Coido que sobran palabras. Para as persoas interesadas na verdade e non no anticomunismo, recomendamos traballos rigorosos, como, por exemplo, os de Mark Tauger (Universidade de West Virginia, esta é a súa páxina web http://www.as.wvu.edu/history/Faculty/Tauger/soviet.htmj ) ou de Anderson e Silver ("Demographic Analysis and Population Catastrophes in the USSR", Slavic Review 44, outono de 1985, 517-536).

    4. A "Lei das tres espigas"

    «Probablemente lo que provocó ese hambre atroz fue la directiva de Stalin del 22 de julio de 1933 de protección de la propiedad estatal ( la ley de 3 espigas) en la que declaraba TODO propiedad estatal en el campo, sin la menor posibilidad de retener la más mínima cantidad de alimento para comer. No fue un hambre por malas cosechas sino un hambre provocada por medidas políticas y por lo tanto artificial.»

    Aquí Wil4 expón unha idea dun xeito deliberadamente confuso. Pois ese é o obxectivo de todas as súas intervencións. Confundir o lector.
    Non existe ningunha directiva ou documento do 22 de xullo de 1933. Sen dúbida isto paso cando un fala de ouvidas sen coñecer as fontes. Realmente, ao que se refire o provocador é á "Lei sobre a protección da propiedade das empresas estatais, kolkhozy e cooperativas, e o fortalecemento da propiedade pública (socialista)" Foi aprobada o 7 de agosto de 1932, non en xullo do 33. Vyshinskii, o Fiscal Xeral soviético, criticou penas excesivamente severas desta lei e recomendou amnistías. E así foi. En 1933 centos de miles de campesiños e outros -moitos deles kulaks- condenados en virtude desta e doutras leis foron amnistiados.

    Sen dúbida un asunto moi interesante... Mais, que ten a ver co xenocidio deliberado contra os ucraínos (ou calquera outra persoa)? Que ten a ver coa denuncia do "Holodomor"? Absolutamente nada! Como vemos, a única intención é sementar confusión.

     
  • At 3/27/2011 06:37:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    (4 de 5)

    5. A chamada "Directiva 258"

    «Esa directiva se aplicaba con vigilancia del NKVD. Además, la directiva se amplió con un anexo para Ucrania que prohibía a cualquier campesino viajar a las ciudades y salir de Ucrania (Directiva nº 258 del 22 de enero de 1933).
    Por todas estos documentos, por la vigilancia de los campos por el NKVD, cabe alegar que las autoridades soviéticas no conocían la hambruna que se estaba desatando? Las directivas y los comunicados de la OGPU dejan muy claro que no.
    Puede que la tragedia no tuviera raíces étnicas o específicamente anti ucranianas, pero de lo que no cabe la más mínima duda es que fue una atrocidad de proporciones descomunales.»

    Wil4 chama a este documento "Directiva 258", cando na realidade só é o documento número 258 dunha serie de documentos publicada no volume 3 de Tragediia Russkoi Derevni (Moscova: ROSSPEN, 2001). Todos os documentos están numerados, MAIS É UNHA NUMERACIÓN EXCLUSIVA DOS EDITORES. Isto demostra que esta persoa é deshonesta. El ou ela nunca leu este documento, xa que de o facer sabería que en absoluto é a "Directiva 258". É dicir, está lanzando un "farol", por se colar. Tenta facer crer que conta con probas, cando non é así.
    De todos os xeitos, nestes documentos non hai unha soa proba do "Holodomor". Ninguén descubriu nunca unha soa proba, por mínima que for.
    Este documento (o número 258 no libro) é realmente o número 65/ш. Está datado o 22 de xaneiro de 1933, e está asinado por Molotov e Stalin. A directiva estabelece que hai un movemento masivo de campesiños na procura de gran fóra do Cáucaso Norte e de Ucraína. Suxírese que este movemento está estimulado por forzas hostís á URSS, e ordena que non se permita ningún movemento fora destas áreas.

    No tocante ao termo "atrocidade", a fame non foi provocada por unha persoa ou un goberno. Polo tanto, non é unha cuestión de "atrocidade".

    6. Snob
    http://www.snob.ru/selected/entry/26051

    «Traduzco un párrafo: "Como demuestran los documentos publicados a principio de los años 90, los colaboradores del Centro de Contabilidad de la Economía Nacional (TSUNJU) que realizaron el censo sabían que las cifras de Stalin no se correspondían con la realidad. Conocían las causas de ese desajuste: las consecuencias de la terrible hambruna de 1932-1933 y la intensidad de las represiones era posible ocultarlas a los ciudadanos comunes pero no a los estadísticos. "»

    Isto é só un artigo de prensa. Unha coñecida e breve versión anticomunista dos feitos. Non é ningunha proba, evidencia ou feito consumado. Fume rabiosamente anticomunista.

    7. Cartad e Sholokhov a Stalin
    « Carta de Mijail Sholojov a Stalin donde describe las condiciones de la colectivización, entre ellos la tortura sistemática, en los puntos 1 a 16:
    http://vlastitel.com.ru/stalin/reform/perepisk.html»

    Correcto. E a continuación aparece a resposta de Stalin, na que agradece a Shokokhov que o avisase disto e que enviará a Shkiriatov para facer fronte a estes problemas. Stalin pide a Sholokhov que axude Shkiriatov... Mais Wil4 nada di disto! Silencia esta resposta que demostra a preocupación de Stalin por estes problemas e a súa intención de tentar resolverlos. Evidentemente, poñer a resposta de Stalin equivale a refutar toda a teoría anticomunista de Wil4 e por iso non a menciona. Vaites, mala sorte que algún saiba ruso.

     
  • At 3/27/2011 06:38:00 da tarde, Anonymous Madialeva said…

    (5 de 5)
    8. Budiennyi en Vinnitsa

    «-Visita de Budionny a la región de Vinnitsa (Ucrania) donde Budionny reconoce que a los campesinos se les ha quitado todo:

    http://www.hrono.ru/dokum/193_dok/19320627alexeev.html»

    Si, e no documento podemos ler que Budienny di: «A túa desgraza é debido ao feito das autoridades non coñeceren que vostede non ten gran. Son as túas autoridades ucraínas (é dicir, no ámbito da República) e locais quen teñen a culpa. Eles acordaron catro plans de recolección de gran por adiantado, colleron o teu gran e agora non tes nada.»

    É dicir, Budiennyi foi enviado, pola dirección central (Stalin e outros), para averiguar que estaba a pasar en Ucraína. Algo que amosa preocupación pola situación do campesiñado ucraíno.
    De todos xeitos, isto é totalmente irrelevante para a cuestión do "Holodomor", a acusación da fame masiva provocada.

    9. Testemuños dunha fame realizaron
    «-Testimonos directos sobre el hambre y la colectivización:
    http://www.hrono.ru/dokum/1929kol/index.php »

    Isto son evidencias do que ninguén nega -que entre 1932 e 1933 tivo lugar unha terríbel fame. Son IRRELEVANTES para a acusación de "Holodomor".

    10. Que "máis"?

    «Quieres más?»

    Que "máis"? NON HAI NINGUNHA PROBA PARA APOIAR A ACUSACIÓN DE "HOLODOMOR" EN NINGÚN DESTES DOCUMENTOS. Nin nestes que enlaza, nin en ningún outro. Por que todos os anticomunistas, xa sexan chouvinistas ucraínos, nazis, fascistas italianos ou ultradereitistas académicos ianquis, NUNCA PROBARON NADA. NUNCA ACHEGARON O MÁIS MÍNIMO INDICIO PARA DEMOSTRAREN A VERACIDADE DO MITO DO "HOLODOMOR". O ÚNICO QUE FIXERERON E SEGUEN A FACER É INTOXICAR, MENTIR, CONFUNDIR. E nos comentarios de Wil4 temos unha proba de primeira man. Como bo provocador, supoñendo que non dominaríamos a lingua rusa, enlaza unha serie de documentos que, ou ben directamente non falan do tema, ou falan da fame, algo real, máis non de "xenocidio". Tamén cita a medias parágrafos que lle interesan, sen citar as partes que desmontan a súa teoría. Achega tamén ridículos artigos de prensa, que distan moito de ser estudos de investigación, e só son os berros resentidos de ultradereitistas anticomunistas. Os estudos de investigación requiren citar fontes, é ese é un grande problema cando non existe ningunha fonte que demostra o mito do Holodomor.



    CONCLUSIÓNS:

    1. O "Holodomor" é un mito anticomunista – unha mentira, unha falsidade.
    Non hai ningunha proba da inanición deliberada de ninguén, inclusive os ucraínos.
    Nin os máis "expertos" chauvinistas anticomunistas ucraínos atoparon ningunha proba.
    2. A persoa que enviou estes comentarios é un mentireiro anticomunista, un provocador. Non ten nin unha soa proba e posibelmente nin leu o material que el mesmo cita.
    3. A colectivización na URSS, con todos os seus erros e imperfeccións, foi moi boa. Sen ela, Rusia e Ucraína terían fames masivas (como até entón) cada 2 ou 3 anos indefinidamente.

    Unha última cousa. até o vello mentirán Robert Conquest, cuxo libro Harvest os Sorrow é o máis famoso traballo sobre o tema, xa non di que a fame fose "provocada".
    «En 2003, o Dr. Conquest escribiunos explicando que el non defendía que "Stalin instigara intencionadamente a fame de 1933. Non. O que eu defendo é, ante a inminente fame, el puido previla, mais puxo outros "intereses soviéticos" antes que alimentar aos famentos -por tanto, foi cómplice.»
    Davies e Wheatcroft, Europe-Asia Studies, xuño de 2006, p. 629.

    O goberno soviético – "Stalin"- enviou axuda. Mais non podía deixar todo e para a industrialización. Sabían que os imperialistas invadirían pronto. E así foi.

     
  • At 3/27/2011 07:01:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Despois desta resposta de Madialeva, é evidente que Wil4, lonxe de buscar un debate para achegarmonos á verdade, tan só quería facer propaganda da súa versión anticomunista da historia.
    Comeza cun chisco de soberbia, enlazando páxinas en ruso (“si supieras ruso”) para así, ante a idea de que ninguén de Estoutras entendería o ruso, poder manipular e facer crer que achegaba probas. E a realidade é moi distinta.
    “Esquece” concluír as citas cando isto non lle convén, pois refutaría toda a súa teoría. Afirma cousas que nos artigos que cita non se din. Quere presentar como probas históricas, artigos de escritores abertamente anticomunistas.

    É dicir, Wil4 quixo xogar cos lectores/as de Estoutras, enganándoos e confundido. Este non é un debate histórico, xa que unha parte non quere debater.
    Non comenta nada do financiamento que reciben algunhas das páxinas por el enlazadas. Non di nada do tema desta entrada, as imaxes falsificadas do suposto “Holodomor”.
    Tan só se limita a dar fonte e máis fontes en que non se dá nin unha soa proba da súa versión.
    Por experiencia, sabemos que con esta clase de xente non pode haber diálogo. É imposíbel. Só quería facer propaganda anticomunista.

    Como esta é unha páxina de información e formación comunista, aquí non ten cabida ningunha clase de propaganda anticomunista. Estamos seguros que Wil4 encontrará miles de páxinas onde confunfir a lectores despistados.

    Ningún espazo para o anticomunismo, nin nos centros de traballo, nin nas facultades, nin escolas, nin, tamén, nas nosas páxinas na Internet. Teñen todos os xornais, as canles de televisión para vomitar as súas mentiras. Mais aquí, unha páxina comunista, para a clase traballadora, non terán nin un chisco de espazo.

     
<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com