Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O trotskismo ao servizo da CIA
25/07/2006

Nós acreditamos na conhecida frase do camarada Lenin: “Sen teoria revolucionária non pode haver prática revolucionária”. Por esta razón non aforraremos nengunha ocasión para destapar todas aquelas teorias que, sob o disfarce da fraseoloxia revolucionária, agochan no seu cerne o verme paralisador do pensamento e actuazón comunista. Durante anos o sistema vendeu-nos o chamado Trotskismo como o aútentico pensamento revolucionário, e a Trotsky como o auténtico substituto de Lenin como líder do movimento bolchevique… Nada máis lonxe da realidade.
Reproducimos un excelente trabalho do camarada Ludo Martens, actual Secretário Xeral do Partido dos Trabalhadores de Bélxica. Martens é unha das máis sobranceiras figuras mundiais do movimento marxista-leninista, ademáis dun gran conhecedor da problemática africana, onde vai asiduamente como conferenciante. Este artigo é do ano 1992 polo que algunhas persoas que o autor cita e que nese movento vivian xa hai tempo que finaron. Concretamente referimo-nos a Ernest Mandel, falecido tres anos após a aparizón deste trabalho.



O TROTSKISMO AO SERVIZO DA CIA
CONTRA OS PAÍSES SOCIALISTAS


LUDO MARTENS
20-X-1992


Despois do trunfo da contra-revoluzón burguesa no Leste Europeu e na Unión Soviética, fica clara entre os comunistas cal é a verdadeira motivazón do trotskismo.
O desenvolvimento do proceso contra-revolucionário no Leste Europeu e na Unión Soviética revela-nos con claridade o sentido de clase que estampan os trotskistas á sua posizón ideolóxica, permitindo-nos verificar na prática a ambigüidade do discurso que venhen sustentando ao longo de máis de seis décadas. Non é complicado, hoxendia, perceber através da sua fala “esquerdista” o verdadeiro obxectivo desta corrente. Abonda-nos con ler as declarazóns que tenhem feito nos últimos dous ou tres anos, para ver que a sua estratéxia central é o anticomunismo absoluto; unha corrente que recruta os elementos progresistas da pequena burguesia, para adoutriná-os no anticomunismo. Podemos dicer que esta tendéncia só levou adiante con persisténcia, continuidade e conviczón o combate contra o marxismo-leninismo e o movimento comunista internacional.
É o noso propósito provar a veracidade destas afirmazóns, e o faremos meiante o estudo e análise das proposizóns feitas polos trotskistas no momento no que xurden as contra-revoluzóns, denominadas intervenzóns “de veludo”, que levaron á restaurazón do capitalismo no Leste Europeu e na Unión Soviética.

“A restaurazón do capitalismo é imposível!”
Nos anos trinta Stalin trazou un cuestionamento esencial: Nun país no que o Socialismo estabeleceu a ditadura da clase trabalhadora, é posível o restabelecimento do capitalismo? Trotski respostou: o restabelecimento do capitalismo é imposível sen un levantamento armado da burguesia e sen unha guerra civil prolongada. A sua idea da “restaurazón imposível” serviu para eliminar toda vixiláncia política e ideolóxica favorecendo unha posizón conciliadora e estimulante, tanto no interior do Partido, como cara ao inimigo de clase na sociedade.
Desde a Revoluzón Cultural, os Marxistas-Leninistas reafirmaran que un Partido Comunista pode dexenerar-se ao ser invadido por concepzóns e teorias burguesas e pequeño-burguesas. O revisionismo é a adopzón das ideas da burguesia e da pequena-burguesia disfarzadas con terminoloxia marxista-leninista. Cando o revisionismo definitivamente acada monopolizar un partido comunista, este torna-se no instrumento principal para o restabelecimento burgués progresivo, tanto no plano ideolóxico-político como económico.
Ernest Mandel, o líder principal da chamada IV Internacional, vangloria-se afirmando que esta teoria “estalinista” só serve para xustificar a arbitrariedade, facendo eco a unha das teses de Trotski.

“Só verdadeiros parvos…”
En 1943, Stalin demostrou que a corrente do grupo oportunista Zinoviev-Kamenev conduciria necesariamente ao restabelecimento do capitalismo na Unión Soviética. A história demostrou que as críticas de Stalin a Trotski, ao grupo Zinoviev-Kamenev, e posteriormente aos seguidores de Bukarin, foran mui acertadas. O rexeitamento desas posizóns, no curso dos anos vinte e trinta, permitiu manter a ditadura do proletariado e construir o poder político e militar necesário para defender o socialismo da agresión fascista. Muitas ideas de Trotsky, Zinoviev e Bukarin foron retomadas meio século despois polos revisionistas Kruchov e Brezhnev, e tan só dous anos despois da recuperazón oficial destas ideas oportunistas por Gorbachov, o restabelecimento do capitalismo era un feito real.
Cómpre lembrar que en 1943, Trotsky argumentou contra Stalin: “Só verdadeiros parvos son quen de acreditar que proposizóns capitalistas, tais como a propriedade privada dos meios de produzón, ou da terra, podan restabelecer-se dun xeito pacífico na URSS, e que desemboquen nun rexime democrático-burgués. De feito, o capitalismo só pode restabelecer-se na Rúsia através dun violento golpe de Estado contra-revolucionário, que esixiria dez veces máis vítimas que a Revoluzón de Outubro e a guerra civil.” Dez veces máis, iso quer dicer que o restabelecimento do capitalismo na Rúsia significaria un número de vítimas oscilando entre os 50 e 90 milhóns…

1989: “A restaurazón imposível a meio prazo”
Xa en 1898, momento no que as forzas contra-revolucionárias exercian a sua aberta ofensiva, Mandel persiste afirmando que o fantasma da restaurazón capitalista non é outra cousa que unha mentira estalinista, para xustificar a “represión”. En 1989, xa se pasaran ao campo imperialista Polónia e Hungria, porén Mandel escrevia: “A pequena e meia burguesia forman tan só unha minoria na sociedade destes estados operários-burocráticos e gozan exclusivamente dunha axuda limitada do grande capital internacional. Mais somando todo isto, a confluéncia de intereses non é suficiente para que a curto ou a meio prazo se poda impor o capitalismo.”
Xa hai muito tempo que os marxitas-leninistas descreveran as catro forzas sociais que forman a base para o restabelecimento: Primeiro, a casta de burócratas e elementos corruptos no seo do Partido e do aparelho do Estado. Segundo, son as forzas políticas e ideolóxicas das velhas clases reacionárias. Terceiro, saon os novos elementos burgueses e explotadores que tenhen desenvolvido dentro da sociedade socialista. Cuarto e último, son as forzas imperialistas que, de xeito aberto ou clandestino, funcionan nos países socialistas. Mandel desconhece a existéncia das duas primeiras formas e minimiza as outras, ainda que desde Reagan se tenha duplicado a infiltrazón e intervenzón capitalista.
Mandel utiliza os mesmo argumentos para apoiar a contra-revoluzón na URSS: “Para onde vai a Unión Soviética de Gorbachov? Excluamos, por ser imposível, a posibilidade do restabelecimento do capitalismo na URSS, xa que da mesma maneira que é imposível eliminar o capitalismo, tampouco este se pode restaurar progresivamente.”
Os trotskistas guindaron aos catro ventos a sua teoria da imposibilidade da restaurazón encanto existise a máis mínima resisténcia por parte do Partido Comunista e do Estado. Desde os anos trinta, esta teoria xustificará a desproporcionada axuda a todas as correntes oportunistas e contra-revolucionárias. Nos anos trinta e cuarenta tamén apoiaron todas as correntes oportunistas na sua luita contra a direzón marxista-leninista do Partido. En 1956, aplaudiron o “coraxoso-antiestalinismo” de Khruschov, convertendo-se en propagandistas de Soljenitsin, o reacionário seguidor do Tzar; apoiaron todas as forzas reacionárias chovinistas e fascistas, como tamén aos disidentes pro-ocidentais. Propagaron sen ambaxes todas as teorias anticomunistas que estavan de moda nos círculos Gorbachovianos, e chegaron a destinar dous terzos do seu próprio xornal a artigos da direita, tomados do Novas de Moscova e do Espoutnik. Resumindo, no nome da teoria da restaurazón imposível, os trotskistas apoiaron a todos os contra-revolucionários até o dia en que non permaneceu nada das ideas e instituzóns socialistas, criadas e defendidas por Lenin e Stalin.
Unha vez finada a batalha, Mandel mencionou nunha entrevista posterior aos xornais do Leste, pasando cinicamente da teoria de imposibilidade á “restaurazón”: Excluo a posibilidade dunha restaurazón gradual, pacífica e imperceptível do capitalismo. Isto é unha ilusión reformista, antes deverán rachar a resisténcia operária…” Máis adiante, continua a sua declarazón aludindo á trotskista Catherine Samary, quen di que a restaurazón é posível, mais se fará “exclusivamente sobre o modelo turco…” . A lembranza dunha eventual restaurazón non influe en absoluto na política trotskista, que garda invariavelmente o seu obxectivo principal: a destruizón de todo o que se asemelhe ao comunismo. Deste xeito, tres meses máis tarde, a fins de decembro de 1989, cando se produce o asalto final da contra-revoluzón, os trotskistas lanzan a seguinte consigna na primeira páxina: “Solidariedade con a revoluzón que comeza no Leste…”

Dun lado “a burocrácia” do outro “as masas”…
As teses da restaurazón imposível serviu-lhes de camuflaxe durante sesenta anos para desertar decentemente e pasar ao lado dos anticomunistas.
Stalin, e despois Mao Tse Tung, enfatizaran que a luita de clases continua dentro do socialismo; que a luita entre o caminho socialista e o caminho capitalista permanece durante un grande período histórico, e por suposto unha restaurazón capitalista sempre é posível. Que para manter e fortalecer o socialismo é necesário un Partido Comunista marxista-leninista auténtico, unha estrutura que en momentos necesários purifique as suas fileiras de correntes oportunistas. O socialismo debe defender-se contra os seus inimigos, contra os restos das velhas clases reacionárias, contra os novos elementos burgueses que ranacen durante o novo rexime, e contra os axentes do imperialismo.
Mandel e os trotskistas desenvolveron unha “teoria” orixinal para combater estes conceitos: a luita de clases existe na realidade dentro do socialismo… Mas esta luita enfrenta á “burocrácia” coas “masas populares”. Denunciando violentamente a “burocrácia” como xa o fixeran antes os fascistas, os líderes trotskistas apóian toda forma de oposizón reacionária contra o socialismo, afirmando que este é o sentido de reivindicazón e da vontade das “masas populares”. Convertendo-se en advogados de todas as forzas burguesas e anticomunistas, os trotkistas situan dun lado a “burocrácia” que oprime as liberdades democráticas, e ao outro lado as forzas da “revoluzón política” que luitan polo “socialismo auténtico”. Así escreve Mandel en outubro de 1989: “O sentido principal de todas as luitas políticas atuais non xira ao redor da restaurazón do capitalismo, senón que se trata de avanzar en direzón a revoluzón-política-antiburocrática, quer dicer, salvar o total das liberdades democráticas que as masas conquistaran durante a Glasnost. A luita principal non se situa entre as forzas pró-capitalistas e as forzas anticapitalistas, senón que é a oposizón da burocrácia contra o povo.”
Partindo deste ponto de vista, que situa “a burocrácia contra as masas”, Mandel apóia aberta e explicitamente as forzas liberais, social-demócratas, monarquistas e fascistas, na sua luita contra os restos do socialismo.

“A Glasnost é trotskismo…”
No momento no que a burguesia internacional reconhecia que a restaurazón do capitalismo xa era un feito, Mandel recebia os elóxios da imprensa anticomunista da URSS. O seu descaramento chega a tal extremo que o leva declarar que Gorbachov era un grande revolucionário, retomador das teorias trotskistas. Di Mandel: agora todos os comunistas poden ver quen son os verdadeiros revolucionários e contra-revolucionários. Trotsky, os trotskistas, Gorbachov e os seguidores de Gorbachov atopan-se no campo da revoluzón, Stalin e os estalinistas están no campo da contra-revoluzón. Mandel declara en Manágua que Stalin representa unha “contra-revoluzón violenta” . Felizmente, grazas ao esforzo de Mandel e Gorbachov, avanzamos en 1990 até a verdadeira revoluzón.
Eis aquí a declarazón de Mandel a Temps Nouveaux: “Tempos Nouveaux: Declara Gorbachov que a perestroika é a nova revoluzón auténtica. Mandel: Si, efectivamente di iso, e isto é na realidade mui positivo. O noso movimento ven defendendo desde hai 55 anos esta tese, pola cal se denominou contra-revolucionária. Hoxendia comprende-se ben, na URSS e no seo da maioria dos movimentos comunistas internacionais, onde se encontraban na realidade os verdadeiros contra-revolucionários.”
Non fixo falta agardar dous anos para ver cair a Unión Soviética en mans da máfia pro-norteamericana e tzarista, para ver florecer as forzas fascistas e tzaristas na Rúsia e nas outras repúblicas, e para ver diferentes guerras civís reacionárias entres as diferentes faczóns burguesas da povoazón. Isto revela a verdadeira face dos “revolucionários” da Glasnost e da Perestroika; isto demostra tamén para que forzas políticas Mandel trabalha, este profisional do anticomunismo.
Catherine Samary, outra estrela da IV Internacional, confirmou á imprensa soviética que Gorbachov aplicou o programa desenvolvido por Trotsky. Ela elóxia a Glasnost: “No voso país non se ten publicado nada acerca da plataforma de esquerda que luitou contra Stalin e que propuxo un caminho alternativo para a construzón do socialismo. Poren, están vostés en via de adoptar esas ideas: construir unha democrácia socialista auténtica e autoxestionada.”




O apóio de Mandel a Yeltsin
Mandel, ardente partidário da Glasnost de Gorbachov, considera como obriga própria o apóio ás forzas máis á “esquerda” de Gorgachov, convertendo-se así no voceiro de Yeltsin e Sakharov!
No início de 1989 Mandel apresenta a Yeltsin como o representante dos trabalhadores, o home da democratizazón, que representa as ideas da clase política consciente da URSS! Mandel escreve no seu livro sobre Gorbachov: “A destituzón de Yeltsin (o 11 de novembro de 1987) como dirixente do PCUS é un retroceso grave no proceso de democratizazón da URSS.” “Yeltsin é hoxe a personalidade política máis popular entre os trabalhadores soviéticos. Fixeron-se, de xeito espontáneo, milheiros de etiquetas coa lenda “Que regrese Yeltsin”. Todo isto indica a vontade dunha clase política consciente, disposta a conservar e ampliar as liberdades democráticas parciais obtidas durante o período 1986-1988.” .
O 3 de abril de 1989 Mandel dá a benvida “ao nacimento dunha esquerda máis radical e masiva con tres linhas diretivas e progresistas que sobresaen na plataforma de Yeltsin e Sakharov: contra os priviléxios da burocrácia, por máis igualdade e por un sistema multipartidário.”
Sakharov, o representante da “esquerda radical”, desfrutaba desde muito tempo atrás da reputazón de axente oficial da CIA na Unión Soviética. El apoiou con entusiasmo a agresión norte-americana contra Vietnam. Era parte da idea de que os norte-americanos terian vencido a guerra “se tivesen atuado con máis decisión no campo militar e sobretodo no campo político.”
A imprensa internacional ten comentado a admirazón de Yeltsin polo capitalismo norte-americano e reconheceu os contatos de Yeltsin coa CIA, duranta a sua primeira viaxe aos EE.UU. Inclusive un xornal belga de direitas como De Gazet van Antwerpen, reconhecia que Yeltsin esaxeraba ao declarar: “O capitalismo non está en declive, ao contrário, florece. Con pouco dinheiro pode-se mercar todo. Nas ruas non hai nengún perigo durante a noite. Até os desamparados posuen unha visión positiva da vida.” Despois destes propósitos abertamente anti-socialistas Mandel seguia considerando a Yeltsin como “ a esquerda radical democrática” do partido comunista da URSS!
A comezos de 1990 continuaba a imprensa trotskista demostrando o seu apoio á “democráica radical”, e á oposizón na Unión Soviética: “O Moskowkaya Pravda do 23 de fevereiro de 1990 publicou ‘a plataforma democrática’ da oposizón radical democrática dirixida por Yeltsin. A plataforma esixe: o exercício do poder polos soviéticos, eleitos por meio dun sistema multipartidário, a abolizón do “rol” dirixente do PC e a aprovazón dunha lei que legalice o sistema multipartidário.”
Está claro que os trotskistas permanecen apoiando eses pontos de vista de Yeltsin, ao coincidir coa sua linha “revolucionária”. Mandel chega a un extremo tal que declara a Yeltsin como o novo Trotsky: “Neste momento Yeltsin representa a tendéncia que está pola enorme reduzón do aparelho burocrático. El caminha encol das pegadas de Trotsky.”
Namentres, en 1991, Yannaviev tentou improvisar un golpe de Estado, Yeltsin, pola sua parte, preparou un auténtico golpe de Estado que destruia toda a legalidade do sistema existente: foi apoiado por unha mobilizazón internacional desenfrenada de todas as forzas imperialistas. Mandel e os trotskistas estaban por suposto ao lado de Yeltsin. “A mobilizazón, a nova vida propagada por Yeltsin e o rexeitamento ao sistema anterior amosan o fracaso do que máis parece unha mudanza de rota que un golpe de Estado. Hai que opor-se aos líderes, e estar do lado de Yeltsin para que se desenvolva a auto-organizazón, o pluralismo político e a liberdade de opinión, que son as únicas garantias das mudanzas que se aproximan. Somos partidários da nacionalizazón das propriedades do Partido Comunista e dos sindicatos oficiais.”
Para todos os anti-capitalistas honestos estaba claro que Yeltsin representaba as fraczóns ultraliberais e pró-norte-americanas da nova burguesia rusa, que conservaba com muita honra a herdanza tzarista. Ainda así, os trotskistas aplaudiron o golpe de Estado contra-revolucionário de Yeltsin, porque este abria caminho á “auto-organizazón”, quer dicer, a auto-organizazón das masas contra o Partido Comunista, xa que o pluralismo introducia a liberdade para os partidos liberais, socia-demócratas, fascistas e tzaristas. A liberdade para todos os partidos burgueses, acompanhada da inevitável represión contra as organizazóns comunistas, inclusive chegando á sua proibizón, o que é próprio de todo sistema burgués-pluralista. Un ano máis tarde ninguén podia negar, inclusive a grande burguesia internacional, o caráter de extrema direita e pró-imperialista de Yeltsin.
Como verdadeiros provocadores anticomunistas, os trotskistas atreveron-se a intitular: “Segue Boris Yeltsin as pegadas de Josef Stalin?”. Este exemplo amostra-nos que estes anticomunistas non ceden ante nengunha baixeza. Eles apoiaron até o final ao liberal Yeltsin na sua luita anticomunista e o compararon co seu respeitado chefe revolucionário, o grande Trotsky; e despois dalgúns meses, cando a restaurazón capitalista foi un feito, logo que Yeltsin honrara a memória dos antigos tzares, os trotskistas declararom que Yeltsin se parecia ao seu peor inimigo: Stalin.

“Un grande suspiro de alívio…”
En abril de 1989, Mandel publicou un livro no que refletia todo o que pensaba sobre Gorbachov, Yeltsin e sobretodo da Glasnost. Non esquezamos que dificilmente a burguesia escondia o seu entusiasmo polas mudanzas que Gorbachov introducia. A senhora Thatcher declarou-se partidária da Glasnost e da Perestroika; a burguesia anunciaba a fin do comunismo e o início dunha era de paz, de democrácia e liberdade. Coa sua disimulada “linguaxe de esquerda” Mandel apoiou como sempre a corrente de moda na burguesia. No seu livro escreve: “O pesadelo do estalinismo e do brezhnevismo está definitivamente superado. O povo soviético, e o proletariado internacional, e toda a humanidade pode dar un suspiro de alívio.” Porén, neste tempo nós temos remarcado que a contra-revoluzón no Leste Europeu e na URSS foi un trunfo estratéxico do imperialismo; isto significaba unha catástrofe para o povo dos países ex-socialistas; acentuaria a represión no terceiro mundo, onde o povo seria a primeira vítima das mudanzas. Naqueles tempos dician os trotskistas: “A tolémia da direzón do PTB acentua-se.” No mesmo xornal trotskista, declaraban “o grande suspiro de alívio para a humanidade”, prometendo un futuro sen intervenzóns militares imperialistas para os povos do terceiro mundo! “Os movimentos de masas no Leste Europeu significan tamén unha ameaza… para o imperialismo. Unha intervenzón internacional do imperialismo no terceiro mundo fai-se muito máis difícil.” E cando un ano despois a coalizón imperialista dirixiu a sua agresión bárbara contra o Iraque, os trotskistas declararon que eles luitaban contra Saddam Hussein e contra os aliados. Entretanto o “suspiro de alívio” no Leste Europeu e na Unión Soviética, converteu-se nun berro de horror ante o desemprego, miséria, pobreza, chovinismo reacionário e guerra civil.
Sonhando co “suspiro de alívio” do povo soviético, Mandel tenta dar un broche de ouro ao seu livro. Resumimos a última páxina: “A evoluzón actual confirma que as previsións de Trotsky, de case meio século, parecen máis realistas e prováveis: “se o proletariado se fortalece, fica o aparelho estalinista flutuando no vento. Se ainda así oferece resisténcia tomaran-se medidas, non de tipo guerra civil, máis ben medidas policiais. Aquí non se trata en nengún momento dun levantamento contra a ditadura do proletariado, mais si de retirar a deficiéncia.” Continua: “A revoluzón que a burocrácia prepara contra ela, non será unha revolucion social, como a de outubro de 1917, pois non se trata de mudar a base económica da sociedade, nen de substituir unha forma de propriedade por outra. Así será.”
É louvável que Mandel se asócie ao velho Trotsky nas suas análises da Glasnost (que apenas un ano despois servirá para desmarcará-lo como irremediável anticomunista). Despois de 300 páxinas de análises, Mandel conclue que a previsión de Trotsky pode realizar-se grazas á Glasnost. Hai meio século que Trotsky se esforzaba para provocar un levantamento anti-bolchevique. Como a ditadura do proletariado era consistente, e o Partido bolchevique mobilizaba con dinamismo ás masas de campesinhos e operários, Trotsky adoptou a sedutora demagóxia “esquerdista”: se se derroca o Partido “estalinista”, a ditadura do proletariado seguirá vixente, e só se remataria coa “fraude burocrática”. O levantamento desparasitaria o corpo san. Non haverá máis clases reacionárias ou de represália no corpo da sociedade soviética e non haverán novas forzas burguesas. O corpo socialista erguera-se contra o “parásito estalinista”. Trotsky tinha que asegurar aos operários que o seu levantamento non mudaria as bases económicas do socialismo; que en nengún momento se pensaria en introducir de novo a propriedade privada. Por suposto! Cincuenta anos despois daria Mandel as mesmas seguridades utilizando estas senténcias como conclusión no seu livro: a Glasnot e o proceso de “democratizazón” na sociedade soviética, levados até a fin, conservarán e reforzarán a ditadura do proletariado, e non mudarán nada no que respeita ás bases económicas da sociedade. Dous anos despois pudemos asistir ao derrocamento criminal e contra-revolucionário, que foi xustificado por estas ardentes palavras.

A “revoluzón política anti-burocrática” dos trotskistas
Desde hai sesenta anos os trotskistas insisten en querer erradicar a burocrácia nos países socialistas por meio dunha “revoluzón política”. O ódio de Trotsky ao sistema socialista fai-se notório na sua caracterizazón da direzón bolchevique da Unión Soviética: a “casta de novos ricos rapaces”, a “oligarquia total”, a “nova aristocrácia”, a “gavela criminal de Stalin” , a “casta dos novos opresores e parásitos”, a “burocrácia total”, o “grupinho autocrático”. Iste é o mesmo discurso que podemos atopar na literatura fascista de finais dos anos trinta.
Segundo Trotsky a mobilizazón de todas as forzas de oposizón contra a “burocrácia” conducirá a unha revoluzón polítca que liberará á sociedade socialista auténtica dos parásitos burócratas. Esta teoria constitue, segundo o grupo de Mandel, o núcleo da doutrina trotskista: “A teorizazón da dexenerazón burocrática da URSS e da revoluzón política, é o aporte programático máis importante do movimento trotskista. A revoluzón política e as tarefas que conlevan a sua preparazón dan a razón da existéncia da IV Internacional.”

Provocazóns ao servizo dos nazis
O significado real da teoria da “revoluzón política” ficou claro no curso das luitas nos anos trinta. Toda a burguesia de Ocidente amostrou a sua apreciazón positiva por Trotsky, polas suas “análises profunda da revoluzón traizonada”. Na realidade, Trotsky falaco como un posuido anticomunista e a sua fraseoloxia ocntra o Partido bolchevique e contra Stalin foron e son ainda aplaudidas polos ideólogos do imperialismo.
Limitamo-nos aquí a dar un exemplo. En 1982 Henri Bernard, profesor emérito da Académia Real Militar de Bélxica, editou un livro para chamar a atenzón verbo do perigo soviético. El dicia: 1934 asemelha-se a 1982, os nazis de onte parecen os comunistas de hoxe, o antifascista Einstein atopou o seu seguidor no anticomunista Soljenitsin.
Para amosar-nos a ameaza que rodea o Ocidente en 1982, Bernard xulgaba útil facer unha xornada histórica pola URSS apartir de 1927. Eis algunhas frases recolhidas durante ese longo traxecto: “Lenin, como Trotsky, era un ser humano. A sua vida sentimental non era desanimada por nengunha finesa. Trotsky devia naturalmente suceder a Lenin. Mália as diverxéncias de opinión, Lenin seguiu conservando grande afecto por Trotsky, e pensaba nel como o seu sucesor. El achaba que Stalin era mui violento. No plano interno, Trotsky repelia a burocrácia atemorizante que paralisaba o aparelho comunista. Trotsky defendia que un rexime só se poderia desenvolver cunha grande liberdade de opinión, e cun espírito construtivo crítico. Artista, home de letras, inconformista e frecuentemente profeta, non se pudo reconciliar cos dogmas primários do Partido.”
Deste xeito fala un dos principais chefes do servizo de investigazón militar sobre os méritos de Trotsky.
En 1938, agresión de Hilter é unha ameaza constante para a Unión Soviética, momento no cal o Partido Comunista leva a cabo unha luita definitiva contra os derrotistas e colaboradores, e é precisamente aí, cando o Partido mobiliza todas as forzas para a xigantesca luita que se aproxima, cando Trotsky leva a cabo a sua provocadora axitazón, que serviu sobretodo de argumento aos nazis. En 1938 todos os comunistas e patriotas soviéticos preparaban-se, en corpo e alma, para as tarefas políticas e militares coa olhada posta na agresión nazi. Os dementes chamados de Trotsky por un levantamento armado encontraron grande repercusión nos peores inimigos do socialismo.
Eis algúns dos pontos de vista que Trotsky defendia entre 1938 e 1949:

“Só se pode asegurar a defensa do país por meio da destruizón do grupinho autocrático de saboteadores e derrotistas”- 3 de xulho de 1938.
Neste momento, ante a ameaza nazi, as tensións na URSS facian-se maiores. Algúns grupos de oportunistas, para os cuais os sacrifícios eran demasiados, e algúns grupos contra-revolucionários, planexaran un golpe de estado. A depurazón estritamente necesária en vista das perspectivas de guerra, devía ser dirixida precisamente contra estes grupos. Trotsky deu-lhes un argumento novo para apoiar a axitazón contra o Partido: A derrota da URSS polos nazis é un feito se Stalin e os stalinistas permanecen no poder, por isto hai que destituir á direzón actual do Partido por meio dun levantamento. Isto coincidia exactamente cos obxectivos dos nazis, que querian desencadear unha guerra civil para realizar máis facilmente os seus planos de invasión.
“Só o derrocamento do grupo separatista do Kremlin poderá restaurar a forza militar da URSS. Todos os que de forma direta ou indiretamente apóien o estalinismo, todos os que esaxeren a forza do seu exército, son os grandes inimigos da revoluzón socialista e dos povos oprimidos.”- 10 de outubro de 1938.
Cómpre ter en conta que os nazis alemáns acreditaran nesta propaganda e apoiaron-na con firmeza para acabar co bolcehvismo. Mais após seis meses de guerra tiveron que reconhecer que menospreciaran as posibilidades militares e a combatividade dos Soviéticos.
“Só un levantamento do proletariado Soviético contra a tirania vergonhenta dos novos parásitos pode salvar o que resta nas bases da sociedade das conquistas do outubro” – 14 de novembro de 1938.
“As conquistas da revoluzón de outubro só poden servir ao povo se é quen de actuar contra a burocrácia stalinista, como cando actuaron contra a burocrácia tzarista e a burguesia. (…) Iso só se pode conseguir dun xeito: Por meio do levantamendo dos operários, don campesinhos e dos soldados do Exército Vermelho contra a nova casta de opresores e parásitos. Para preparar un levantamento desta manitude precisa-se dun novo partido, a IV Internacional” – Maio de 1940.
Os leitores notarian a data desta proposta delirante: maio de 1940. Sete meses antes Inglaterra e Fraza declararan a guerra á Alemanha de Hitler; dous meses antes a Finlándia, aliada de Alemanha, rendia-se á Unión Soviética após tres meses de guerra. Stalin tentou por todos os meios ganhar temop sabendo que a agresión nazi poderia-se dar en calquer momento. No meio desta coxuntura, Trotsky lanzaba provocazóns escandalosas e criminais, fixo un chamado ao povo e máis tarde ao exército contra a “nova clase de parásitos”. Naqueles tempos esta terminoloxia era mui popular entre os seguidores de Hitler. Como non ian chegar os bolcheviques á conclusión de que Trotsky se desviara de tal maneira que actuaba como un axente de Hitler?
Por mor das suas declarazóns anticomunistas, durante o periodo de 1938-1940, Trotsky e os seus pequenos grupos de acólitos converteran-se en provocadores, consciente ou incoscientemente, ao servizo dos nazis. Mais eles non puderon exercer a máis mínima influéncia no desenvolvimento dos combates. Grazas a un xigantesco esforzo na organizazón e mobilizazón da povoazón, do Exército Vermelho e dos grupos guerrilheiros, grazas aos esforzos sobrehumanos no campo da produzón militar e da construzón de novas fábricas, os bolcheviques foron quen de se preparar eficazmente para a inevitável confrontazón cos criminais nazis.
Ao remate da guerra antifascista os pequenos grupos trotskistas no mundo enteiro estaban completamente ilhados e desacreditados. Kruchov deu a oportunidade aos trotkistas anticomunistas de erguer-se coa crítica ao xigantesco trabalho do camarada Stalin utilizando as mesmas palavras que a dos reacionários de todo o mundo. Por isto, a dia de hoxe, a linha que foi aprofundada e ampliada por Brezhnev e Gorbachov deu a base para a restaurazón do capitalismo selvaxe.
Neste sentido, dicemos hoxe, que aqueles que non son capaces de reconhecer o caráter provocador, anticomunista e profascista das mencionadas teses de Trotsky non son verdadeiros comunistas.

Mandel apóia aos nazis ucranianos
Vexamos deseguido que forzas políticas e sociais foron apoiadas polos trotskistas desde a Segunda Guerra Mundial no nome da sua “revoluzón política”.
Cando en 1941 os nazis invaden unha parte da URSS, fundan e apóian na Ucránia un movimento chovinista e pronazi que asasinaba a miles de xudeus, polacos e comunistas. En 1944 os nazis, na sua partida, deixaron grupos fascistas ucranianos treinados por oficiais alemáns nazis. O grupo de Mandel aplaudiu esta contra-revoluzón naxi, como se esta fose unha parte da “revoluzón política antiburocrática”. Incrível? Xulgue vosté mesmo:
En 1988 escrevia Mandel: “Durante a Segunda Guerra Mundial a IV Internacional subestimou o potencial revolucionário do movimento nacionalista ucraniano. A Internacional tan so percebeu a existéncia do movimento revolucionário de liberazón nacional cinco anos despois da guerra, cando os combatentes ucranianos libraban a sua última batalha”.
Aquí os trotskistas deixaron-se ver claramente como provocadores ao servizo dos nazis. Os trotskistas utilizaron nesta oportunidade a mentira que, desde 1945, foi divulgada polo servizo norteamericano de informazón, segundo a cal os chovinistas ucranianos luitaban contra Hitler e contra Stalin. Cal será a verdade? Nunha revista para ex-combatentes da frente oeste, un oficial alemán da Waffen-SS relataba as suas experiéncias na Ucránia. El reconhecia que o povo ucraniano “estaba mui defraudado coa política alemana durante a invasión.” Antes da retirada do exército alemán formara-se a división Galitzia da Waffen-SS, que estaba composta por ucranianos e dirixida por militares alemáns. Melnik, o comandante do Exército insurrecional ucraniano tomou “a responsável decisión de luitar en duas frentes: contra os Soviéticos e contra os alemáns (contra os alemáns… que xa se estaban retirando). O oficial nazi descreve as luitas que el liderou en xulho de 1944 xunto cos “seus ucranianos” contra o Exército Vermelho. “O feito de que soldados alemáns e ucranianos combateran conxuntamente contra o inimigo común deu-lhe unha nova dimensión á história das relazóns nazi-ucranianas.”
Realmente é unha realidade marabilhosa esta revoluzón política trotskista encabezada pola Waffen-SS!


Coa contra-revoluzón en Berlín e Dudapest
A meirande parte da povoazón alemá apoiou ativamente o rexime de Hitler durante toda a guerra. Cinco anos despois da derrota a influéncia dos nazis estaba presente, tanto na Alemanha Ocidental como na Oriental. Na Ocidental os velhos nazis e os seus colaboradores continuaron á frente das grandes empresas, da maxistratura e do exército. A guerra fria desatada polos EEUU e Inglaterra, conservou o anticomunismo entres eses que na RDA sentian saudade do anteiror sistema. Cando en 1953 en Berlín do Leste estoupa unha revolta dirixida por velhos nazis e apoiada polo grupo de Xeneral Gehlen (ex-chefe do servizo secreto nazi que desertara á CIA), Mandel aplaudiu esta “luita antiburocrática”. “A casta burócrata non retrocede ante ás peores crueldades, esta lizón histórica foi escrita con sangue no muro de Berlín en 1953”.
En Hungria o rexime fascista de Horthy dominara sen trégua desde 1919 até 1944. En 1956 rebenta a contra-revoluzón húngara, desatada polos fascistas co apóio da CIA; Mandel aplaudiu: “A revoluzón húngara de outubro-novembro de 1956 é a que ten chegado máis lonxe en direzón á revoluzón política antiburocrática”.
Queremos engadir aquí que aqueles que en 1989 en Budapest pediron o livre comércio e a alianza coa OTAN declaraban con isto a realizazón do programa de levantamento anticomunista de 1956. Con iso honraron ao seu “Heroi Nacional”, Imre Nagy, que o 31 de outubro de 1956 se retirou do Pacto de Varsóvia e declarou a “neutralidade” de Hungria… foi ista, de feito, a frase máis repetida que se formulou en Rádio Europa Libre. A imprensa trotskista aprovou as grandes manifestazóns anticomunistas do verán de 1989 en Hungria. Así escreve Mandel: “Nesta semana protestaron un milhón de persoas en Budapest, rendendo homenaxe á memória do camarada Imre Nagy, líder comunista do governo da revoluzón, fusilado polos estalinistas”. (Entre parénteses, a imprensa fascista tamén fixo homenaxes a Nagy, este partidário chovinista executado polos estalinistas…). O mesmo xornal trotskista foi ainda máis lonxe: Imre Nagy tivo que pagar coa sua vida pola sua atividade valerosa do lado dos conselhos de operários na grande Budapest. Estes conselhos esixian a democrácia dentro do socialismo”.
No livro “A URSS e a Contra-Revoluzón do Veludo” adicamos un capítulo á análise da contra-revoluzón de 1956 en Hungria.

Con Solidariedade, o “Poder Obreiro”
Solidariedade foi apresentada polos trotskistas como unha organizazón comprometida na luita contra a burocrácia estalinista e polo socialismo proletário! A IV Internacional escreve en 1980: “Solidariedade trabalha, cando menos a nível local e rexional, obxectivamente visto, cada vez máis como un órgao de dobre poder; a revoluzón política antiburocrática apenas comezou en Polónia. A experiéncia polaca amosta o contido da revoluzón proletária das esixéncias democráticas e nacionais nos estados operários burocratizados.”
Os trotskistas queixan-se xa en 1981 que Solidariedade non quer tomar o Poder, embora eles representen o Poder alternativo, o dos trabalhadores. “O povo está desarmada pola incapacidade de Solidariedade de tomar o Poder: seria tráxico neste momento se o ódio do totalitarismo chegase a desarmar aos trabalhadores que están confrontando-se cunha ditadura totalitária. O que existe agora contra o Estado é a forza dos trabalhadores polacos.” E cando Solidariedade avanza en 1989 coa axuda de Reagan, Bush, Thatcher e de todos os servizos de intelixéncia de Ocidente e está pronta para tomar o poder, Mandel ainda non mudou de opinión no que corresponde á natureza autética de Solidariedade e declara: “O goverdo de Solidariedade é unha vitória para a clase operária.”

Coa CIA en Checoslováquia
En 1990 en Checoslováquia toma o poder Vaclav Havel, xeralmente conhecido como colaborador da Rádio Europa Livre e da CIA, nomeando ao famoso trotskista Peter Uhl como diretor da axéncia de imprensa checoslovaca, voceiro do novo estado burgués pro-norteamericano! Uhl escreve: “Pode-se discutir até que ponto foi xustificada a teoria de Trotsky sobre a revoluzón política. Eu penso que é en Checosolováquia onde a realidade se aproxima máis á teoria”. O 12 de novembro Mandel reflexiona o mesmo, e leva esta idea até o absurdo: el compara a contra-revoluzón checoslovaca… coa grande Revoluzón de Outubro! No seu resumo escreven os trotskistas: “O noso camarada Ernest Mandel ten confirmado máis claramente que nunca que non hai nengunha dúvida: o que nós vivemos agora en Checoslováquia e na RDA é a verdadeira revoluzón cunha magnitude e unha profundidade sen precedentes desde a Revoluzón de 1917”.
Peter Uhl deu unha descrizón extraordinária da “revoluzón política” na Checoslováquia, como unha revoluzón anticomunista levada a cabo pola frente de todas as forzas reacionárias: “Haverá algúns que vian na Carta 77 un paso cara a revoluzón política, tamén eu; outros vian nela un meio para predicar a palavra de Cristo; era un verdadeiro laboratório de toleráncia.” “No tocante a dicer que se está contra o ‘comunismo’, contra o estalinismo, contra a burocrácia, todo o mundo está de acordo”. Linda descrizón desa frente dos fascistas clericais, os chovinistas reacionários, os social-demócratas, os axentes da Rádio Europa Livre e dos trotskistas en servizo.
Engadimos o que os trotskistas nos ensinaban en 1989: “Que a história de Checoslováquia tomou unha revancha fantástica. A honra de Dubcek restabelece-se”. Ainda que verdadeiros comunistas pudesen diverxer de opinión sobre a pregunta se a intervenzón soviética de 1968 foi xusta ou non, non haverá dúvidas no que respeita a análise unánime da “Primavera de Praga” como unha contra-revoluzón de tipo socialdemócrata.
En “A URSS e a Contra-Revoluzón de Veludo”, adicamos-lhe un capítulo completo a Checoslováquia entre 1969 e 1989 onde se esclarece a relazón entre as ideas socialdemócratas de Dubcek en 1969 e as da revoluzón de veludo de Havel e de Uhl. Tamén se comentan os pontos de vista de Castro, que apoiou a intervenzón, e da China que a condeou.

A revoluzón proletária na RDA!
Desde setembro de 1989, a burguesia revanchista da República Federal Alemá apoiou con grandes meios económicos, coa sua rádia e a sua televisión a axitazón anticomunista na RDA. O grupo de Mandel asegura que “unha verdadeira revoluzón política princípia”.
Duas semanas despois, Mandel dá a benvida á revoluzón proletária na RDA! “O éxito do movimento de masas que ten sacudido á RDA posue a magnitude dunha verdadeira revoluzón. Este movimento ultrapasa todo o que se viu en Europa desde 1968, quizais desde a revoluzón espanhola. O caráter proletário co que se comezou a revoluzón na RDA é demostrado pola imensa desorde nas fábricas”. Un mes despois, en decembro de 1989, acadou o seu cume: “Estou realmente entusiasmado con todo o que acontece en Berlín. Todo o que Rosa Luxemburgo, Trotsky e Lenin algún dia agardaron, realiza-se agora. A primeira revoluzón, desde a revoluzón dos Países Baixos no século XVI, que non é ameazada por unha intervenzón militar internacional. Atopamo-nos diante da primeira xerazón alemá, após douscentos anos, completamente antimilitarista e antinacionalista. O que estimula o meu entusiasmo é a magnitude e a forza deste movimento popular. Dos cincocentos mil habitantes de Leipzig, de 200 a 300 mil persoas sairon á rua durante oito luns consecutivos. Na Alemanha Oriental a corrente antisocialista ainda é escasa. Ninguén pode dicer onde acontecerá a próxima revoluzón na Rúsia, Fraza, África do Sul ou Espanha, mais o que é certo é que as revoluzóns na Alemanha Oriental e en Checoslováquia terán os seus frutos”.
Para ilustrar o caráter socialista destes movimentos, a IV Internacional cita unha declarazón dun… grupo social-demócrata. Porén é xustamente a social-democrácia unha do imperialismo alemán como poténcia expansionista. A estratéxia e a táctica que Willy Brandt utilizou para infiltrar e influenciar o partido comunista da RDA, para dividí-lo e deste xeito destruí-lo, tivo un papel mui sobranceiro na dexenerazón oportunista da S.E.D.
Os trotskistas citaban o seguinte texto: “A democratizazón necesária na RDA presupón unha oposizón ao poder e á pretensión do partido dominante de ser voceiro da verdade. Para nós, a formazón dun partido social-demócrata é mui importante. As nosas orientazóns programáticas: formazón dun Estado de direito, democrácia parlamentar e pluripartidismo; economia social de mercado cunha proibizón de formazón de monopólios; e a liberdade de estabelecer sindicatos independentes.”
Desta maneira os trotskistas apresentan un programa que louva abertamente o rexime burgués, como ilustrazón do caráter “proletário” da “revoluzón política” que es está levando a cabo…

A Glasnost e o sistema mulpiartidista contra os “estalinistas”
Mandel estabeleceu tres critérios para distinguir aos seguidores do “estalinismo”, e das forzas que estaban a prol do caminho ao “socialismo democrático e autoxestionário”: a posizón con respeito á Glasnost de Gorbachov, ao rol do partido comunista, e a represión na praza Tien An Men.

“Que viva a Glasnost”
“Definimos a Glasnost como un proceso de mudanzas políticas que amplian o exercício das liberdades democráticas”, escreveu Mandel.
No livro “A URSS e a Contra-revoluzón do Veludo”, oferecemos un capítulo completo para demostrar que os cinco anos da Glasnost prepararon sistematicamente os espíritos para toda a restaurazón do capitalismo integral; que a Glasnost resucitou os ideais da grande burguesia rusa de 1917; que a Glasnost deu a voz a todos os anticomunistas, a axentes da CIA como William Colby, o seu anteiror director, ou ao Pastor Moon, aos seguidores do tzarismo e da igrexa ortodoxa tzarista, a antigos colaboradores naxis e aos homes de Vlassov e de Bandera.
Mandel falaba de liberdades democráticas en xeral sen caráter de clase, no momento no que Gorbachov daba liberdade a todos os contra-revolucionários que querian enterrar as últimas estruturas e influéncias socialistas. O princípio fundamental do Leninismo é que o socialismo é unha ditadura de clase que une aos trabalhadores, contra as forzas da burguesia, contra os explotadores. Lenin di: “Reconhecer que toda a liberdade, se ela non está subordinada a liberar o trabalho da opresión capitalista, é un engano”.

“Abaixo o partido único!”
A Glasnost cedeu a palabra a todas as correntes anticomunistas, e fixo posível que todas as forzas capitalistas e pró-imperialistas se organizasen e luitasen abertamente pola restaurazón. Mandel aplaudiu en 1989 a instaurazón de partidos anticomunistas e contra-revolucionários na URSS. “O comezo de eleizóns auténticas, como hoxe se manifesta na URSS, é un grande paso adiante. Mais se necesitan eleizóns livres, con liberdade para constituir tendéncias, frazóns e partidos diversos, sen restrizóns ideolóxicas”.
Entre 1989 e 1990, Mandel logra atopar o seu maior sonho que é a legalizazón “de partidos diversos sen restrizóns ideolóxicas”, como tamén a posibilidade de que a burguesia soviética se manifeste por meio de partidos social-demócratas, liberais, democrata-cristiáns, chovinistas-tzaristas, etc. Este pluralismo burgués marcou a fin do socialismo e trouxo a restaurazón completa do capitalismo. Hoxe, a prática da luita de clases ten demostrado o caráter e a natureza desta esixéncia fundamental dos trotskistas. Con isto, comproba-se máis unha vez, a verdade que tantas veces foi repetida polo Partido bolchevique e o camarada Stalin: o trotskismo é a social-democrácia de direita, agochada na verbosidade de “esquerda”. No capítulo: “Partido único ou pluripartidismo”, Mandel di: “ Se se supón que tan só se poden legalizar aqueles partidos e organizazóns que non tenhan programas burgueses (e pequeño-burgueses?), onde se vai trazar a linha de demarcazón? Serán proibidos partidos que tenhan membros maioritariamente proletários, mas que tenhan unha ideoloxia burguesa? Onde se porá a linha demarcatória entre un “programa burgués” e a “ideoloxia reformista”? Entón, é necesário proibir os partidos reformistas? É necesário suprimir a social-democrácia? (…) Nengunha democrácia obreira auténtica é posível sen a liberdade de estabelecer un sistema multipartidário.”
Si, Lenin proibiu os partidos social-demócratas, é dicer, os mencheviques e os social-revolucionários, porque eses luitaron durante a guerra civil a carón do tzarismo, da burguesia e dos exércitos intervencionistas; e porque eses foron derrotados xunto coas forzas feudais e da burguesia. E Lenin enfatizou-no tantas veces que un representante intelixente da grande burguesia, Milioukov, comprendeou perfeitamente que durante o primeiro periodo tan só un partido social-demócrata de “esquerda” teria posibilidades de mobilizar as masas na luita antibolchevique.

“Non reprimir a contra-revoluzón!”
O trotskismo nunca perderá de vista o seu inimigo, o marxismo-leninismo e o movimento comunista internacional. Por iso Mandel concentra todos os seus esforzos contra aqueles que denuncian os procesos contra-revolucionários. Durante 1989, duas tendéncias políticas tentaron enfrentar a contra-revoluzón en marcha. En primeiro lugar, forzas no Leste Europeu que durante muitos anos amosaron inclinazóns oportunistas do tipo de Kruchov, e que con respeito á URSS amostraron un cego seguimento, mais que comezaran a decatar-se das verdadeiras intenzóns de Gorbachov; e en segundo lugar, o Partido Comunista Chinés, que reprimiu a revolta anti-socialista en Pequín.
Para acelerar o proceso de restaurazón na Unión Soviética, Gorbachov deu luz verde ás forzas anticomunistas no Leste Europeu, tentando impedir que os auténticos comunistas construisen unha frende de anti-restaurazón. Ao mesmo tempo, a restaurazón no Leste Europeu tinha que alentar e axudar aos “reformadores” da URSS.
Cando a restaurazón culminara praticamente en Polónia e Hungria, Mandel dicia: “O Leste Europeu está neste momento sacudido por unha crise sen precedentes desde a fin da Segunda Guerra Mundial. Ao contrário do que unha análise superficial poda facer parecer, a burguesia europea non ve con bons olhos esta desestabilizazón. Ela non mantén nengunha esperanza de recuperar aos países do Leste para o capitalismo”. Un ano despois esa afirmazón deixa a Mandel como o títere da contra-revoluzón. Mais serviu para xustificar a axuda ás forzas anti-socialistas na sua agresión contra a “burocrácia”. Mandel minou toda vixiláncia contra a nova burguesia e o imperialismo.
Ao mesmo tempo, Mandel estabeleceu unha vixiláncia inigualável contra as febles forzas comunistas que resistian á ofensiva da burguesia! “Está sendo organizada unha espécie de “frente internacional” anti-Gorbachov que inclue a aqueles que son chamados “conservadores” na Roménia, Checoslováquia, Alemanha do Leste, minorias neo-estalinistas na Polónia e Hungria.”
En abril de 1989, Mandel dá a benvida ao evidente progreso da restaurazón na Polónia e Hungría, á que chama “experiéncia pluralista”. Havel é o seu heroi e os opositores á restaurazón son inimigos inflexíveis. “No momento en que Polónia e Hungría dan os primeiros pasos nunha experiéncia limitada de pluralismo, a direzón de Praga reafirma o princípio do “rol dirixente do partido” (…) A imprensa na Alemanha do Leste continua apoiando a represión na Checoslováquia, e estimula a formazón do eixo Praga-Berlín-Bucarest contra a Perestroika. Para Havel, o Neues Deutschlanda é considerado provocativo”. “Envien mensaxes de solidariedade a Vaclav Havel na prisión”. Para os trotskistas cada represión ás forzas anti-socialistas, cada encarceramento de axentes subversivos que trabalhan para a CIA, como Havel, é un crime monstruoso.
En maio de 1989, os estudantes anticomunistas de Pequín aclamaran a Gorbachov berrando: “Que viva a Glasnost e a Perestroika”! e “Que viva Solidariedade”! Cando o 4 de xunho de 1989 as revoltas contra-revolucionárias foron reprimidas, Mandel pon-se do lado da extrema-direita internacional, naqueles momentos dirixida polo Kuomintang, O Partido Fascista no poden en Taiwan. Nunha primeira reazón aos acontecimentos de Pequín, Mandel escreveu: “A casta burocrática… non retrocede ante os crimes máis repugnantes. Esta lizón de história xa foi escrita con sangue no muro de Berlín en 1953, en Praga en 1968, en Gdansk en 1970 e en Varsóvia en 1981. A magnitude das crueldades en Pequín tan só poden ser comparadas co xeitos de esmagar a revoluzón húngara en 1956. (…) Os verdugos de Pequín ainda non ganharon a batalha e o povo chinés hoxe se levanta. A insurreizón expande-se polo país. O exército desmorona-se e unha verdadeira guerra civil ameaza”. Como os fascistas de Taiwan, os trotskistas agardaban que se destase na China unha “verdadeira guerra civil” contra a clase burocrática. Despois Mandel fixo unha análise teórica na que asegura o seguinte: “A comuna (¡) de Pequín en abril-maio de 1989, foi o início dunha real revoluzón política que tentou substituir o poder corrupto e ineficaz dunha casta de burócratas polo poder auténtico das masas populares. (…) as masas que se ergueron en Pequín non tinhan nengún interese en restabelecer o capitalismo. Tampouco era o seu obxectivo”.
Embora non fosen os únicos, felizmente, que devian salvar a honra, rapidamente declararon: “Tan só a ala esquerda do partido comunista da URSS salvou a honra do comunismo”. “Hoxe estamos orgulhosos de ir a carón de outros comunistas no noso proxecto contra a represión sanguenta na China. A primeira reazón foi de Boris Yeltsin. “O que acontece na China é un crime”, declarou o membro recentemente eleito do Soviet Supremo.” Por suposto, Mandel estaba orgulhoso da companha de Yeltsin.
No ensaio “Tien An Men 1989: do rumo revisionista ao levantamento contra-revolucionário”, demostramos o verdadeiro caráter do movimento de Pequín.
Fang Li-Zhi, indiscutivelmente o pai espiritual da “protesta” estudantil de Pequín, declarou o 17 de xaneiro de 1989: “O socialismo, tipo Lenin-Stalin-Mao está completamente desacreditado. É compatível a forma típica chinesa de rexime ditatorial co mercado livre? A ditadura socialista está entrelazada co sistema de propriedade coletiva e a sua ideoloxia é contrária ao direito de propriedade esixido polo livre mercado”. Tres dos principais líderes de Pequín, Yan Jiaqi, Wuer Kiaxi e Wang Runnan, refuxiaron-se na Franza e alí estabeleceron a Federazón para a Democrácia. Eles fixaron os obxectivos no seu programa: “Desenvolver unha economia de iniciativa privada e pór fin á ditadura do partido único”. No nome do sistema multipartidário, eles incorporaron-se ao partido fascista do Kuomintang. Wuer Kiaxi, louvado na imprensa trotskista, reuniu-se o 29 de xaneiro de 1990 co chefe do servizo de espionaxe taiwanés na República Popular da China. A el, John Chang, declarou-lhe: “A comunicazón entre os chineses anticomunistas é o primeiro paso para a unidade”. Yan Jiagi e Wang Runnan tamén visitaron Taiwan. Yan declarou que “o feito de que Taiwan tenha un governo democrático é un xeito de benvida. Isto semelha-me a base máis importante para a unificazón de Taiwan e a China continental”. Yueh Wu, o líder da chamada Unión Operária Independente, tan querido polos trotskistas, chegou a Taiwan o 16 de xunho de 1990… convidado pola Liga Mundial Anticomunista.
Deste xeito, na sua tentatiba por diferenciar aos estalinistas que defenden os princípios do marxismo-leninismo, dos seguidores do “socialismo multipartidário”, Mandel lanzou un terceiro critério: “Outro indicador é a posizón con respeito á represión sanguenta da Comuna de Pequín. Case todos os partidos que son seguidores da Glasnost, atopamo-los novamente entre aqueles que condenaron as crueldades da praza Tien An Men”.

Os “estalinistas” desde Pyongyang até La Havana
En outubro de 1989, Mandel clasifica como forzas “estalinistas” aos partidos comunistas de China, Alemanha do Leste, Vietnam, Roménia, Checoslováquia, Bulgária, Xapón, Índia (o PCI-marxista), Corea do Norte, Albánia, Portugal e aos grupos que el clasifica como pró-albaneses e maoistas. E tamén ao Partido Comunista Cubano.
Cando Mandel declara que “o partido comunista cubano ocupa unha posizón especial”, fai referéncia á sua táctica particular, con respeito a Cuba, para axudar a destruizón do Partido Comunista. Iste clarexa-se en base á seguinte tese que propón: “Os ataques de Fidel Castro e da direzón cubana contra a Glasnost, isto quer dicer, contra o proceso de democratizazón parcial que se adianta na URSS, son crontrários aos intereses do proletariado soviético, do proletariado mundial e aos da revoluzón cubana. Arriscan-se a provocar unha verdadeira crise de lexitimidade da direzón cubana ante unha parte das masas, sobretodo da mocidade”. “As limitazóns de liberdade de pensamento fan-se cada vez máis abondosas en Cuba”. O Partido Comunista “substitue” ás masas. “Este triste retroceso ideolóxico, a longo prazo é un suicídio”. Castro non pode eficazmente “a dexenerazón burocrática do Estado cubano” porque el “rexeita a Glasnost, a democratizazón pluralista, o controlo institucional polas masas”. “Non lhe resta máis nada que a luita burocrática contra a burocráica. El entra no caminho dunha derrota como xa o vimos na URSS e na República Popular da China”. Isto amosa que o ódio dos trotskistas “ao rexime burocrático unipartidário” extende-se até o “Partido único Cubano”. Se a sua táctica de aproximazón difire, é porque están convencidos que poden destruir máis eficazmente o movimento comunista na América do Sul, por meio de infiltrazóns no Partido Comunista Cubano e os partidos próximos a Cuba. Isto foi claramente demostrado no trabalho destrutivo que estes anticomunistas executaron durante dez anos no interior da Frente Sandinista. Agora eles agardan poder aproximar-se á ala “progresista, anti-burocrática e reformista” do Partido Comunista Cubano. Eles esperan que os contínuos encontros dos cubanos cos soviéticos serán suficientes para formar partidários da Glasnost e do pluripartidismo.

Pasado o tempo, tivemos a oportunidade de verificar, na ex-URSS e no Leste Europeu, as consecuéncias que os conselhos de Mandel deixaron: triunfo da contra-revoluzón; unha restaurazón total do capitalismo; rexurdimento do fascismo e do chovinismo reacionário; un capitalismo do máis selvaxe, onde os super-ricos tenhen levado a milhóns de persoas á miséira, á guerra civil. Non existe nengunha dúvida de que o Partido Comunista Cubano tomara as medidas necesárias para impedir a infiltrazón destes contra-revolucionários e anticomunistas profisionais.

NOTA EXPLICATIVA AO LEITOR: Ao texto sobre o trotskismo, do PTB, nós somamos un trabalho que abranxe unha conferéncia que deu o camarada Sérgio Ortiz, do Partido de Liberación de Argentina en novembro de 1987 diante de cuadros e militantes do PL. Este texto é un complemento útil á informazón recolhida no trabalho do PTB e por iso pedimos autorizazón ao autor para distribuir os documentos xuntos. Nunha recente nota sobre este documento, o autor abraxe certos aspectos sobre a posizon trotskista relativa a Cuba que nós reproducimos aquí:

“Os trotskistas maltratan a Cuba socialista como se esta fose o “mao da película”. Todos eles pegan duro contra o governo de Fidel Castro, con algúns matices. O máis obstinado na Arxentina é o MAS, que no seu acto do último Primeiro de Maio (Praza Once en Buenos Aires) incluiu esta consigna de convocatória: “Fora Castro e os capitalistas de Cuba”. O P.O., pola sua banda, reivindica “liberdades democráticas e de organizazón para as masas cubanas explotadas”.
Nós defendemos fervorosamente Cuba como bandeira socialista ao vento latino-americano, que segue ondulando mália o duplo bloqueo e as cruzadas pró-yankes como as do presidente Carlos Menem. (…) Os trotskistas tratan á bloqueada Cuba con punho de ferro e, por outra lado, enchen de elóxios a contra-revoluzón que restabeleceu o capitalismo na ex-URSS e no Leste Europeu, e que fortaleceron a capacidade de manobra do G-7. Sen o fortalecimento táctico do imperialismo non se explicaria a sua agresividade no Panamá, na Guerra do Golfo, Somália, a Lei Torricelli contra cuba, etc. A posizón trotskista significou, alén da vontade de abnegados militantes que ten na base, facer o xogo ao imperialismo. Ao peor imperialismo. Así son os trotskistas: intolerantes coa única revoluzón socialista da América Latina e xoviais admiradores da contra-revoluzón do 89 e 90, de Thatcher, Bush e Menem (verdadeira restaurazón capitalista prevista no seu tempo non polos trotskistas senón por un inimigo destes, o grande revolucionário marxita Mao Tsé-Tung).
Que tenha comezado a resisténcia obreira na Rúsia, Polónia, Alemanha, etc… contra os governos restauradores, non desculpa aos trotskistas, quen favoreceron a restaurazón e sementaron unha grande confusión política ao cualificá-la de “revoluzón obreira”. De semelhantes traizóns non se pode sair tan só cun pouco de autocrítica; muito máis difícil no caso dos trotskistas, tan reácios á menor autocrítica. No tema da revoluzón e contra-revoluzón rusa resultara-lhes imposível acertar a menos que se afasten da linha do seu inspirador, Leon Trotsky, quen se enfrentou a Lenin de 1902 en diante. (Nota do autor, Arxentina, 29.06.93).”


Ler máis

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com