|
| O marxismo e a cuestión nacional vasca
|
| 26/06/2008 |
 Publicado no ano 2000 pola antiga EHK
Unha das máis importantes razóns polas que somos marxistas-leninistas é a extraordinaria precisión coa que o MARXISMO-LENINISMO permite comprender (e ademais transformar nun sentido democrático e liberador) a cuestión nacional, que atravesa de maneira central a todas as clases e toda a vida de Euskal Herria.
Á vista do avance das ideas e das propostas cada vez mais dereitistas, que afecta a antigos militantes marxistas, hoxe derrotados e arrepentidos, queremos rescatar os aspectos chaves da ideoloxía revolucionaria da clase obreira ante a cuestión nacional.
Ademais, queremos analizar brevemente a cuestión nacional vasca á luz destes aspectos. Coidamos fundamental que as masas populares e as organizacións que integran o Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV) ademais de toda a clase obreira e todo o Pobo, fagan súas, como dun compás na montaña ou no mar, estas ideas, este método e estes valores á hora de afrontar de xeito democrático este problema tan central.
I. QUE DIN OS AUTORES MARXISTAS SOBRE A CUESTIÓN NACIONAL?
A) Marx e Engels
Marx e Engels son os primeiros en unir a liberación das clases e sectores oprimidos pola explotación económica e a liberación das nacións sometidas. Moitos anticomunistas interpretan segundo os seus intereses a frase do Manifesto Comunista «os obreiros non teñen patria. Non se lles pode arrebatar o que non posúen» (Manifesto do Partido Comunista).
Baixo o capitalismo os obreiros non teñen patria nin poder nin medios de produción nin nada; son a clase oprimida e para liberarse deben «en primeiro lugar conquistar o poder político, elevarse á condicións de clase nacional, constituírse en nación». Marx e Engels aspiran a sociedades onde a Nación non se identifique coas castas gobernantes ou con oligarquías poderosas, senón coa clase traballadora. Volve repetir esta idea central noutra das súas obras: «O desenvolvemento do proletariado industrial está condicionado, en xeral, polo desenvolvemento da burguesía industrial. Baixo a dominación desta, adquire aquel unha existencia a escala nacional QUE PODE ELEVAR A SÚA REVOLUCIÓN A REVOLUCIÓN NACIONAL» (A loita de clases na Francia de 1840 a 1850).
Abolindo o capitalismo explotador abólese a opresión nacional: «Na mesma medida na que sexa abolida a explotación dun individuo por outros, será abolida a explotación dunha nación por outra. Ao mesmo tempo que o antagonismo das clases no interior das nacións, desaparecerá a hostilidade das nacións entre si». Estas frases xeniais sitúan aos seus autores entre os pensadores máis destacados da liberdade nacional. Mais non se limitaron a escribilas. Loitaron activamente durante toda a súa vida en contra da opresión das nacións oprimidas da súa época a mans dos grandes imperios. Nun congreso da I Internacional Obreira en 1886, Marx defende unha Polonia independente da Rusia. Engels, en 1882, escribe que Polonia debe deixar de estar sometida e dividida para que a súa clase obreira poda desenvolverse.
O escritor comunista inglés Ralph Fox, que morreu combatendo heroicamente contra os franquistas españois nas Brigadas Internacionais, escribiu que «ningún historiador burgués ofreceu xamais unha visión tan real e terríbel deste proceso de despoboamento de todo un país (Irlanda), a tentativa de exterminio completo dunha gran nacionalidade, como o fixo Marx... Que ocorrera en Irlanda? Marx explícao perfectamente. Un novo e xigantesco proceso de saqueo. No século XVII, o pobo irlandés estaba sufrindo o saqueo dos colonialistas ingleses das súas propiedades na súa propia terra. A mediados do século XIX continuaban sendo saqueados, e ademais, a finais de século, máis da metade obrigados a abandonar para sempre o seu país...
Nos anos 50, Marx fixo que se coñecera amplamente a postura de Irlanda a través dos seus artigos na prensa alemá e norteamericana. Especial atención prestou á atención en pro dos dereitos dos arrendatarios, denunciando todo o sistema terratenente inglés.» (Marx, Engels e Lenin sobre Irlanda, VOSA, Madrid, 1985, pp. 22, 25, 29).
Marx e Engels distinguen nas súas exposicións dous nacionalismos diferentes: o da burguesía explotadora que busca perpetuar a súa dominación sobre outra nación ou que busca impedir a loita revolucionaria da clase obreira; e o do pobo traballador oprimido e explotado. O sociólogo marxista francés Henri Lefebre (que visitou Bilbo hai anos convidado pola IPES) estuda nunha obra súa a distinción irreconciliábel entre o nacionalismo burgués e/ou fascista e o patriotismo revolucionario (Le nationalismo contre les nations).
O sentimento nacional é ambivalente: ten unha interpretación revolucionaria e outra reaccionaria. Lefebre, seguindo a Marx, interpreta a reaccionaria: «a deificación da nación permite evitar a análise precisa, obxectiva da realidade nacional e dos intereses nacionais no marco europeo e mundial, e confundir o interese da reacción política co do país». Estudando o caso francés, constata que a propaganda fascista sobre a nación impúxose ás veces á solidariedade de clase porque a conciencia de clase foi a miúdo presentada polos marxistas de xeito idealista, como unha conciencia espontánea cando o certo é que debe ser construída mediante unha loita incesante contra o individualismo e o nacionalismo.
Os comunistas de EHK tomamos nota e, como din os nosos camaradas de Iruña, reforzaremos o “Orgullo Proletario”, o orgullo de pertencer á clase que todo o produce e que todo o ten que cambiar porque «só ten que perder ás súas cadeas».
A necesidade de comunidade é máis ampla e máis difusa que a solidariedade de clase polo feito de supervivencias biolóxicas, místicas e patriarcais. A súa tese central é que a loita de clase se identifica coa construción da comunidade nacional popular. Mais que é o destino das clases medias, que foron empobrecidas sen por iso chegar a proletarizarse, o que confire á nación unha indubidábel realidade substancial. Reflexión útil para o caso vasco.
Henri Lefebre simpatizaba coa solución dada pola Revolución Bolxevique á cuestión nacional. Pero insistindo en Marx, este xa denunciou o uso demagóxico que na súa época (tamén nesta) fan as grandes potencias imperialistas do dereito de autodeterminación, dos dereitos nacionais ou do que na súa época se coñecía como “principio das nacionalidades” para asegurar o seu dominio.
O xesuíta vasco Gotzon Garate escribe nun tratado ao respecto: «Con ironía fai notar Marx que o principio das nacionalidades sirve de escusa a Rusia para que ningunha outra nación se envurulle nos asuntos das nacionalidades eslavas, e finalmente estas fagan valer a súa condición de irmáns de raza para formar un grande imperio paneslavo ás ordes de Moscova». (Marx y los nacionalismos separatistas, San Miguel, Bilbo, 1974, p. 126).
Hoxe, o “principio das nacionalidades” é utilizado arbitrariamente polo imperio ianqui e alemán para dobregar as independencias dos Pobos e impoñer estados satélites.
O secretario da Internacional Comunista e primeiro presidente da Bulgaria socialista, Dimitrov, lembraba xa en 1935 o verdadeiro sentido que daba Marx á cuestión nacional: «Os intereses da loita de clases do proletariado contra os explotadores e opresores patrios non están en pugna cos intereses dun porvir libre e feliz da nación. Ao contrario: a revolución socialista será a salvación da nación. E abriralle o camiño para un avance máis esplendoroso... os comunistas da nación opresora tampouco poderán facer o que é necesario para educar ás masas traballadoras da súa nación no espírito do internacionalismo se non libran a súa loita decidida contra a política de opresión da súa “propia” burguesía, polo dereito da completa autodeterminación das nacións escravizadas por ela... pois como ensinaba Marx, o pobo que oprime a outros pobos xamais pode ser libre». (“Informe ante o VII Congreso da Internacional Comunista”).
É certo que a única referencia que fai Engels aos vascos non é moi eloxiosa. Ao citar o que el considera «restos de nación esmagados desapiadadamente pola marcha da historia» inclúenos aos «vascos en España, seguidores de Don Carlos» (Citado por Gotzon Garate, p. 167).
Coidamos que é necesario unha análise materialista correcta das insurreccións populares vascas dirixidas polos carlistas do pasado século. Análise que xa foi correctamente realizada por ETA hai moitos anos: «As masas campesiñas, pequeno burguesas e preproletarias vían os Foros da clase dominante como unha cousa súa e podían sentir o liberalismo español como unha efectiva invasión estranxeira e aos liberais bilbaínos e donostiarras como traidores, como beltzak... O contido real daquela loita, lonxe de ser a conservación da independencia nacional vasca, estaba condenada a ser o dun forismo profeudal, inseparabelmente unido ao destino do representante reaccionario da estranxeira coroa española... Mentres que a loita dos patriotas vascos actuais é UNHA LOITA REVOLUCIONARIA, a dos combatentes carlistas era contrarrevolucionaria con todas as súas consecuencias». (“Hacia una estrategia revolucionaria vasca”, K. De Zunbeltz, Iraultza, nº 1, pp 60 e 65).
Por iso precisamente a loita actual está inspirada nas verdades universais formuladas por Marx e Engels e por iso Engels non vía con bos ollos a orientación daquela.
B) Lenin
O combatente máis incansábel polos dereitos nacionais dos Pobos (e, ademais, pola unidade indestrutíbel de todo o proletariado mundial) de todas as épocas foi Vladimir Ilich Lenin. É certo que Marx e Engels non profundaron nunha visión abstracta e acabada sobre a cuestión nacional (tampouco fixeron unha definición científica das clases sociais e ninguén dubida do seu compromiso coa emancipación da clase obreira e de todos os explotados). Porén, Lenin outorga unha grande preocupación teórica e política a este tema e imponse en duros debates a outros compañeiros revolucionarios de grandes méritos, mais que erraron en non dar á cuestión a importancia que ten. En 1912, Lenin observa no seu exilio na cidade polaca de Cracovia, cando Polonia era un estado vasalo do imperio ruso, a dominación nacional que sofren os polacos e faille este comentario ao seu compañeiro Stalin: «Os polacos detestan a Rusia e non sen razón. Non podemos ignorar a forza do seu sentimento nacional. A nosa revolución deberá tratalos con moito coidado e incluso autorizalos a rachar con Rusia se é necesario». (Citado polo autor trotskista Isaac Deutscher na súa obra Staline, Gallimar, París, 1953, p. 156).
Lenin suxeriu a Stalin nese momento a redacción da súa obra O Marxismo e a cuestión nacional da que falaremos despois. Lenin depura as súas posicións en polémica con outros revolucionarios da súa época. En 1912 escribe Notas críticas sobre o problema nacional na que defende que o programa marxista sobre este tema inclúa dous puntos principais: «Primeiro, defende a igualdade de dereitos das nacións e dos idiomas (e tamén o dereito de autodeterminación...) e considera inadmisíbel a existencia de calquera privilexio neste aspecto; segundo, propugna o principio do internacionalismo». (Notas críticas sobre o problema nacional, Progreso, Moscova, 1979).
Lenin estabelece unha posición dialéctica e xusta que une os dous principios e que aborda a cuestión nacional desde o punto de vista da loita de clase. Di tamén: «Se o marxista ucraíno se deixa levar polo seu odio, moi lexítimo e natural, aos opresores rusos, até o extremos de facer extensiva aínda que só sexa unha partícula dese odio, aínda que só sexa certo distanciamento, á cultura proletaria e á causa do proletaria dos obreiros rusos, ese marxista irá parar á poza do nacionalismo burgués. Do mesmo xeito que se deslizará o marxista ruso á poza do nacionalismo non só burgués, senón tamén ultrarreaccionario, se esquece, aínda que sexa por un intre, a reivindicación da plena igualdade de dereitos para os ucraínos ou o deito destes a constituírse en Estado independente» (Idem pp. 19 e 20).
Esta análise é doadamente traída á Euskal Herria do 2000, na que existen algúns patriotas vascos que chapinan na poza citada, mentres que toda Izquierda Unida-PCE navega coas velas despregadas nos noxentos lameiros do españolismo reaccionario.
En 1914 Lenin escribe a folla Sobre o dereito das nación á autodeterminación en loita dialéctica coa revolucionaria Rosa Luxemburgo (cuxa memoria de mártir da clase obreira alemá europea asasinado pola socialdemocracia traidora saudamos) que non considera conveniente loitar polo citado dereito. Lenin estabelece con claridade a posición a respecto: «Por autodeterminación das nacións enténdese a súa separación estatal das colectividades de nacionalidade estraña, enténdese a formación dun Estado nacional independente».
Neste traballo Lenin axusta contas con Trotski, que desde 1903 levaba atacando as súas posicións e acusándoo de «burócrata»: «Trotski presta realmente un mal servizo a certos admiradores de Rosa Luxemburgo cando di “... Os marxistas polacos consideran que o dereito á autodeterminación nacional carece en absoluto de contido político e debe ser suprimido do programa”. O servizal Trotski é máis perigoso que un inimigo! En ningures, se non é en “conversas particulares” (é dicir, sinxelamente en chismes, dos que sempre vive Trotski) puido atopar probas para incluír aos “marxistas polacos” en xeral, entre os partidarios de cada artigo de Rosa Luxemburgo. Trotski presentou aos “marxistas polacos” como xente sen honra e sen conciencia, que non sabe tan sequera respectar as súas conviccións e o programa do seu partido. O servizal Trotski!... Xamais, nin nun só problema serio do marxismo, tivo Trotski opinión firme, sempre “se meteu pola fenda” destas ou desas diverxencias, pasando dun campo ao outro» (Idem. Pp. 53 e 54).
En 1916 replica ao trotskista ucraíno Piatakov que rexeita o dereito de autodeterminación no artigo “Sobre a caricatura do marxismo e o economismo imperialista” no que escribe: «A autodeterminación das nacións é so o mesmo que a loita pola liberación nacional completa, pola independencia completa». (Recompilado en Contra a guerra imperialista, Progreso, 1978, p. 216).
Cando triúnfa a revolución, Piatakov seguen dándolle a roncha a Lenin con que a autodeterminación é un «lema burgués». Lenin respóndelle con outra frase xenial: «Dinnos que Rusia será dividida, que se desfará en repúblicas separadas, pero non hai razón para que iso nos asuste. Por moitas repúblicas independentes que haxa, non nos asustaremos; o que é importante para nós non é por onde pase a fronteira do Estado, senón que a unión dos traballadores de todas as nacións se conserve para a loita contra a burguesía de calquera nación». É o que hoxe repetimos aos españois progresistas que tremen porque se desfaga a vella España monarco-reaccionaria. A independencia de Euskal Herria dará paso a unha maior estreita unidade da clase obreira combativa de ambos os dous pobos (libre da desconfianza, a división e até o odio que xeran as relacións de dominación) e a maiores derrotas da burguesía imperialista e rapaz.
C) Stalin
A onda contrarrevolucionaria mundial, ben apoiada por esquerdistas arrepentidos, fixo de Stalin un “autor maldito” malia que a súa obra, antes citada, non só é unha referencia mundial indubidábel senón que nos 80 JARRAI mercou decenas de exemplares da mesma á casa editorial correspondente para que todos os seus futuros militantes a estudasen (se alguén pensa que contamos un conto que lle escriban unha carta ao preso político vasco José Antonio Enbeita “GORRI” preguntándollo).
Abordamos este tema coa brillante axuda dun grande historiador francés amigo da causa vasca, Pierre vilar, presente no gran cincuentenario do bombardeo de Gernika en 1987, organizado polo MLNV xunto con outras forzas sociais e políticas:
«Un subterráneo terrorismo intelectual impulsa a pedir perdón por citar a Stalin. Isto quizais poda explicarse, pero o que non ten explicación posíbel é que haxa que encarar calquera texto de Stalin co cello engurrado. O peor método a seguir se se quere xulgar a un home é tomalo por parvo e non é lícito, en calquera caso, transgredir as regras elementais da crítica por propia conveniencia, como fai o historiador americano Ricahard Pipe... Segundo el, cando Lenin, en decembro de 1912, encargou a Stalin un artigo sobre a nación foi ao chou, en ausencia de Shumian, o verdadeiro experto, xa que Stalin non escribira nada sobre o tema por entón. E a maioría dos historiadores dan a razón a Pipes pregoando a súa talla de erudito! Abonda con abrir as Obras Completas de Stalin –que si que se poden atopar (están na Biblioteca Central da UPV no Campus de Leioa; nota nosa)- para encararse... cun longo artigo datado en 1904 e titulado: “Como entende a socialdemocracia a cuestión nacional?” E preguntarse en consecuencia cal é o método de traballo dos historiadores. Artigo fundamental que explica a razón pola cal Lenin, en carta a Gorki (febreiro de 1913), fale dun «marabilloso xeorxiano que traballo no problema nacional...»
«As súas apreciacións coinciden coas de Lenin, hai que loitar contra a opresión do Estado e non a prol da ideoloxía nacionalista. Hai que proclamar o dereito ao “divorcio” e non a obriga de divorciarse. Corresponde ás nacionalidades demostrar a súa madurez. Non hai nación en si senón conciencias en formación segundo diversos graos de esixencia política».
«Ante estas constatacións, como sorprenderse de que en 1913 Lenin encargue a Stalin un artigo “teórico” sobre a “nación”, rebatendo aos “austro-marxistas”? Sempre, segundo Pipes, é un tópico afirmar que Lenin non ficou moi satisfeito co artigo e hai varios indicios ao respecto. Mais esquecen un: en 1917, Lenin confiou a Stalin a Comisaria das nacionalidades» (“Sobre os fundamentos das estruturas nacionais”).
E, exercendo de comisario do Pobo das nacionalidades, Stalin dixo aos socialdemócratas finlandeses en 1917: «Dáse total liberdade de determinar a súa propia vida aos finlandeses ao igual que aos outros pobos da Rusia». En 1921 Stalin recoñeceu unha ampla autonomía, a restitución das terras incautadas polos tsares aos campesiños e a “chariah” musulmá aos pobos musulmáns do norte do Cáucaso e estes, reciprocamente, crearon a República Soviética dos Montañeses que incluía a actual Chechenia (masacrada polo neotsarismo capitalista de Ieltsin-Putin), Ingushetia, Osetia e outros territorios.
Interésanos subliñar que os intelectuais progresistas máis serios e menos submisos ao totalitarismo burgués consideran a obra de Stalin O Marxismo e a cuestión nacional un aporte clásico e, xa que logo, de permanente actualidade. Ademais dos citados Henri Lefebre e Pierre Vilar, dous sociólogos vascos inscritos na esquerda abertzale recoñeceron que «ninguén pon en dúbida a personalidade de Stalin nos asuntos concernentes ao problema nacional» e a súa «reputación como autoridade respectábel nesa materia» Paulo Iztuta, Jokin Apalategi, (El marxismo y la cuestión nacional vasca, Itxaropena, Zarauz, 1977).
O historiador inglés Eric Hobsbawn (hoxe o máis prestixioso) recoñece que a obra citada de Stalin «exerceu moita influencia internacional, non só entre os comunistas, senón sobre todo no mundo dependente» e estima que a definición que nela Stalin dá da nación «é probabelmente a máis coñecida» (Naciones y nacionalismo desde 1780, Crítica, Barcelona, 1997).
A definición en cuestión é esta: «A nación é unha comunidade humana, estábel, historicamente constituída, de idioma, vida económica e formación psíquica que se traduce nunha comunidade de cultura».
Existe outra posición de Stalin que consideramos útil na actualidade. A que se refire á necesidade que ten «o proletariado das nacións dominantes de prestar un apoio resolto e activo ao movemento de liberación nacional do pobos oprimidos». Stalin pregúntase se é necesario apoiar indiscriminadamente a todos. A súa resposta é que só «aos que tenden a debilitar e derrocar o imperialismo e non a mantelo e consolidalo» (Principios do leninismo, Edicións en linguas estranxeiras, Pequín, 1969).
É claro que os movementos mafiosos e fascistas que tomaron o poder nalgunhas ex repúblicas socialistas, como por exemplo os chamados “frontes populares” bálticos de hai 10 anos, os integristas procapitalistas en Chechenia e Bosnia, o ditador pro OTAN de Xeorxia, Shevarnadze (antigo dirixente do PCUS na época de Gorbachev), os neonazis en Croacia, os terroristas a soldo da OTAN do antigo “Exército de Liberación de Kosovo”, etc. E outros movementos de extrema dereita como o Vlaams Block flamenco e a Liga Norte italiana e o arquifeudal e escurantista movemento do Dalai Lama tibetano, empregado como ariete contra a China Popular, non só non merecen apoio senón o rexeitamento máis activo de todos os antiimperialistas e antifascistas. Pola contra, auténticos movementos de liberación como a Fronte Polisaria, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, a Fronte de Liberación Nacional Kanak e Socialista, os patriotas libaneses antisionistas, o movemento republicano irlandés nas súas diversas vertentes, os patriotas comunistas galegos e cataláns, o movemento corso, o movemento revolucionario de liberación dos negros norteamericanos, as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia, a Revolución Cubana, as masas iugoslavas e iraquís antiimperialistas, os movementos indíxenas e campesiños do Ecuador, os lumumbistas congoleses, o Novo Exército Popular do Pobo das Filipinas e outros moitos máis, merecen un activo apoio solidario. Tamén observamos como antigos movementos de liberación optan por diversas razóns pola vía da claudicación e o paso ás fileiras inimigas. É o caso dalgunha guerrilla colombiana (M-19), da burguesía palestina ao redor de Arafat e recentemente o triste caso do PKK e o seu líder Ocalan. Véxase o clarificador artigo “O dobre drama do pobo kurdo” publicado en Resumen Latinoamericano, nº 45, xaneiro-febreiro do 2000.
Cando isto se produce, de maneira automática deixan de ser suxeitos de solidariedade internacionalista. Lamentamos que, malia a experiencia destes últimos anos, aínda non se instalara en toda a esquerda abertzale esta simple e clara reflexión, o que lle levou a ir aos tombos, a illarse e, a miúdo, a meter o zoco.
D) James Connoly e outros
As loitas de liberación nacional máis importantes do século XX foron dirixidas por loitadores inspirados no marxismo. Na Palestina George Habache e Nayef Hawatme, no Sáhara Occidental Mohamed Lamine, na Guinea Amilcar Cabral, en Ghana N’Drumah, no Surinam Anton de Kom, Charles Balagne en Guadalupe, Camille Sylvestre na Martinica, en Alxeria Houari Boumediene, en Angola Agostinho Neto, no Vietnam Ho Chi Minh e Phan Van Dong, en Mozambique Samora Machel, en Birmania Aun Sang, en Corea Kim Il Sung, na India Manabendra Roy e tantos e tantos máis, coñecidos e anónimos. Os Partidos Comunistas loitan activa e militarmente contra a dominación nacional e colonial dos pobos de Chipre (anos 20 e 30), Iraq (30), Siria (20 e 30), Sudán (40), Indonesia (20 e 30), Vietnam (dos 30 aos 70), Laos e Campuchea (anos 60 e 70), China (40), a India (30 e 40), Malaisia (50), Líbano (70) e outros, sen contar as loitas armadas contra a dominación nazi-fascista na II Guerra Mundial en Europa.
Mais queremos deternos particularmente no pensamento e a loita dos revolucionarios máis achegados. En Irlanda está a grande figura de James Connoly, o primeiro marxista que uniu a loita de liberación nacional irlandesa coa loita polo socialismo. En todos os países onde viven oriúndos de Irlanda hai asociacións fundadas na honra de James Connoly. Loitou contra o desmembramento de Irlanda. No seu traballo A Reconquista de Irlanda (1914) expuxo os métodos usados pola burguesía anglo-irlandesa para evitar a alianza entre os traballadores protestantes e a poboación católica castigada e empobrecida. Era partidario de unir ao movemento obreiro. Outros traballos seus son A clase obreira na historia de Irlanda (1910) e a biografía do xefe da insurrección de 1798 Wolfe Tone. O Movemento Republicano Socialista Irlandés, formado pola organización armada INLA, o Partido Socialista Republicano Irlandés (IRSP) e os prisioneiros de guerra socialistas republicanos, considérase herdeiro de James Connoly. Foi executado polos imperialistas británicos en 1916 após a insurrección independentista de Pascua en Dublín.
En Córsega destacan dúas figuras: Simon Jean Vinciguerra, grande intelectual en lingua corsa e resistente antifascista, membro do Partido Comunista. Escribiu: «Hai que lembrar que a lingua francesa foinos imposta, que é a lingua dos que nos gobernan... Nunha lingua está toda a alma e o espírito dun pobo. E nós, corsos, somos un Pobo!». E Jean Nicoli. Resistente comunista á invasión fascista de Córsega. Salvaxemente asasinado polos fascistas en agosto de 1943. Na última carta aos seus fillos di «Morro por Córsega e polo Partido». Na Galiza dos nosos días destaca Mariano Abalo, ex secretario xeral da Unión do Pobo Galego que racha con esta organización e co BNG cando se impón a liña socialdemócrata e crea o Partido Comunista de Liberación Nacional e a Frente Popular Galega. Foi alcalde de Cangas do Morrazo, fiel sempre á solidariedade internacionalista coa loita do Pobo Vasco.
II. A FORMACIÓN DA NACIÓN VASCA
Nós defendemos a tese de que a Nación forxou a súa conciencia pasando por tres fases sucesivas e progresivas: a fase forista-carlista, que é un momento embrionario e primitivo da conciencia nacional alienado pola ideoloxía ultrarreaccionaria do carlismo integrista, feudal e arquimonárquico; a fase do nacionalismo burgués na que por vez primeira Sabina Arana, afirmando «Euskadi é a patria dos vascos» e «non somos nin españois nin franceses» senta as bases da conciencia nacional moderna. Racha parcialmente coa ideoloxía carlista, pero arrastra as adherencias reaccionarias do antiobreirismo, racismo, antimaketismo, integrismo católico, etc., propias desa ideoloxía; por último, a fase da conciencia nacional e popular enmarcada no pensamento liberador de Marx e Lenin construída por ETA na ruptura co nacionalismo burgués. Esta é a fase superior e a máis democrática, progresista e consecuente.
A Nación vasca non se fundamenta en ningunha bobada racial, como afirmaba Arana, senón na vontade política da maioría popular. É á clase obreira á que ten que asumir un rol decisivo e directivo. Únense por vez primeiro a revolución socialista e a liberación nacional, e de maneira natural e lóxica acódese aos pensadores que teorizaron esta unidade.
Esta evolución non hai que vela de maneira dogmática nin mecánica senón dialéctica. Cada fase foi necesaria e compartiu elementos positivos e negativos e loitas internas entre correntes e fraccións de clase enfrontadas. Non se avanzou tampouco de maneira constante senón que, coa calor da loita de clases, se producen retrocesos en ocasións. Tampouco este proceso está á marxe da situación internacional senón completamente influído por esta, para o bo e para o malo. Por exemplo, Arana fai súas as teorías sobre a existencia e a superioridade da “raza” inventadas polo nacionalismo romántico europeo do século XIX. O conde francés de Gobineau di no seu Ensaio sobre a desigualdade das razas humanas (1853-1855) que «toda civilización é produto da raza branca». Marx cualificouno de «cabaleiro da barbarie».
Nos anos 60, os militantes de ETA rachan co nacionalismo burgués, achéganse á clase obreira revolucionaria, descobren aos seus grandes pensadores e fannos seus. Asumen a táctica das 4 frontes exposta polo comunista vietnamita Truong Chin: a fronte militar, fronte cultural, fronte obreira e fronte política. Asumen as ideas de Mao, de Lenin e de Marx, mentres os nacionalistas pequeno burgueses da primeira xeración abandonan a organización desconformes coa adopción do marxismo. Este é o caso de Txillardegi que abandonou ETA en 1967 e que no 2000 segue a insistir no seu vello anticomunismo con cheiro a naftalina, coas costas cubertas polo avance das forzas contrarrevolucionarias a nivel mundial. A pequena burguesía é derrotada e ETA renace como grande vangarda revolucionaria de todo o Pobo cando asume o MARXISMO-LENINISMO na segunda parte da V Asemblea en 1966. Así o escriben os presos no cárcere de Burgos no seu manifesto de 1970:
«ETA definiuse na V Asemblea, sen límites de ningún tipo, como organización socialista. Tampouco cabe ningunha dúbida no tocante ao tipo de socialismo que definimos: nin humanista nin reformista nin nada polo estilo: marxista-leninista. Ao ficar definida como organización socialista, quedaba rexeitado que ETA fose unha fronte nacional, a non ser que o que constituíramos fose unha fronte nacional socialista, cousas absurda... O programa político dos marxistas-leninistas non é unha técnica para captar incautos, senón a expresión fiel dos intereses de clase do proletariado».
O chauvinismo estreito é substituído polo internacionalismo proletario: «O Pobo Vasco é solidario cos pobos español e francés no seu enfrontamento con esta oligarquía opresora». A clase que asume a loita nacional é o proletariado arrebatándolle a dirección á burguesía: «Durante máis de medio século o nacionalismo vasco foi dirixido pola burguesía. Despois, coa consolidación do poder monopolista no Estado español sobre todo, as contradicións foron a máis e o nacionalismo vasco devén revolucionario. A partir deste momento a burguesía nacional comeza a ser desprazada polo proletariado». A V Asemblea recoñece que «a clase obreira é a clase máis revolucionaria e a que debe dirixir, xa que logo, a Revolución Vasca». Todas estas citas están tomadas do libro de Iztueta e Apalategi xa citado.
Esta revolución ten como obxectivo construír o socialismo e a sociedade sen clases. O filósofo francés Jean Paul Sartre recoñece no seu prólogo ao libro de Giselle Halimi Le procés de Burgos en 1970 que a maioría de dirixentes de ETA «parecen marxistas-leninistas». (“El documento de Burgos”, Punto y Hora, 172, abril 1980).
Estas definicións son dunha importancia transcendental para a constitución dunha conciencia nacional democrático-revolucionaria e consideramos fundamental que o MLNV as reasuma na súa integridade. Toda a nosa homenaxe militante aos compañeiros que levaron a loita a este nivel: Jokin Gorostidi, Itziar Aizpurua, Txutxo Abrisketa, Goio López Irasuegi (falecido após a súa última loita contra os liquidadores de EE), Arantza Arruti e o resto dos procesados en Burgos en 1970 (a excepción dos socialdemócratas traidores), os irmáns Enbeita, Madariaag, Xabier Bareño, Beltza, Mikel Etxeberria, Txomin Ziluaga, os irmáns Etxebarrieta desgraciadamente falecidos e tantos máis.
O precedente e a primeira pedra da concepción democrática e revolucionaria da Nación Vasca foi a posición que asumiron os comunistas vascos da Federación Vasco Navarra do Partido Comunista de España que en 1935 crearon o Partido Comunista de Euskadi. Posición fundamentada no marxismo-leninismo e na crítica que realizou a Internacional Comunista (I.C.) en 1931 ao PCE para que abandonase a liña antileninista, españolista e de negación do dereito de autodeterminación que viña seguindo:
«A situación presente, na cal a loita nacional de Catalunya, Vasconia e Galiza converteuse nun dos factores máis importantes do desenvolvemento da revolución democrática española, crea o deber ao Partido de operar unha viraxe seria na súa política nacional... o Partido debe propagar por todo o país o dereito de Catalunya, Vasconia e Galiza a dispor delas mesmas até a separación. Debe defender este dereito con grande enerxía ante os obreiros de España, para destruír a mentalidade hostil ao nacionalismo catalán, vasco e galego. En Catalunya, Vasconia e Galiza, os comunistas deben facer comprender aos obreiros e campesiños a necesidade da súa estreita unión cos obreiros e campesiños revolucionarios de España para levar con éxito a loita contra o imperialismo español, para desenmascarar as vacilacións dos nacionalistas, chamando ás masas a usar libremente de maneira absoluta o seu dereito a dispoñer delas mesmas até a separación...»
Esta política significaba rachar a influencia que exercía a equivocada liña antivasca do PSOE que contribuía a dividir ao proletariado vasco e significou que por vez primeira sectores proletarios encabezasen a loita nacional. Política que se reflicte nestas verbas de 1934:
«O comité rexional da Federación Comunista Vasco-Navarra, partindo do feito rigoroso da existencia do movemento nacional-revolucionario de Euskadi e das arelas, fondamente sentidas, de emancipación e liberación nacional das masas populares vascas, en estreita intelixencia co noso Partido Comunista da nación opresora e a nosa gloriosa I.C., fai público ante as masas oprimidas de España, Catalunya, Galiza, Euskadi e Marrocos, o propósito firme de ir á creación do Partido Comunista Vasco» que «aspira a ser a vangarda consciente, activa, organizada e combatente do proletariado revolucionario vasco. E só o proletariado revolucionario vasco, dirixido polo seu Partido Comunista, arrastrando ao seu lado a todos os obreiros, a todos os campesiños laboriosos, a todos os explotados e oprimidos de Euskadi, impulsará até o seu triunfo a liberación nacional e social vasca da vasalaxe e opresión do imperialismo español». (“Hacia la creación del Partido Comunista Vasco”, Euskadi Roja, nº54, 31 marzo 1934).
O cume organizativo e militante representouno o dirixente comunista Jesús Larrañaga Txurruka “Goiherri” e todo o PC de Euskadi que converteron a este partido no máis bravo defensor de Euskal Herria nos campos de batalla de 1936 a 1939. A derrota militar, o seu asasinato a mans do franquismo e a desaparición da I.C., que tan boa tarefa de vixilancia leninista exercía, permitiu á dirección do PC de España, con Carrillo á cabeza, liquidar a liña leninista e volver a basearse no españolismo divisor da clase obreira. Este baleiro encherano desde finais dos 60 a nova vangarda da Revolución Vasca: Euskadi ta Askatasuna (ETA). Nós recoñecémonos como modestos pero firmes continuadores da liña marxista-leninista de Goiherri e do Partido Comunista de Euskadi de 1935 a 1937 e da liña marxista-leninista de ETA e da esquerda abertzale e revolucionaria.
A concepción m-l de ETA permítelle entender a relación entre as diversas clases sociais de Euskal Herria, estender o seu traballo entre a clase obreira até dar lugar á creación do sindicato LAB (que nesta ano 2000 cumpre felices 25 anos de loita), a comprender a nova táctica empregada pola oligarquía após a morte de Franco, utilizar a loita armada non para substituír a loita de masas como o acusaban os trotskistas, senón para impulsala, activala e protexela, golpear ao aparello de represión con exactitude e facer, en definitiva, da Nación Vasca unha trincheira de combate das ideas máis progresistas e máis democráticas. Son enormes acertos seus a creación de novos partidos obreiros abertzales como LAIA e HASI, a creación dunha ampla Unidade Popular ao redo da “Mesa de Alsasua”, o rexeitamento activo á constitución española, a crítica consecuente da claudicación da esquerda española do PSOE-PCE, o nacemento dun xornal de masas e a eliminación do grupo socialdemócrata que se fixera forte nel, a loita consecuente contra a oligarquía financeira en todas as frontes, a práctica activa do internacionalismo proletario con outras nación sen estado europeas e o movemento de liberación do terceiro mundo. A elaboración teórica da esquerda abertzale expón o carácter da futura revolución socialista vasca e a necesidade da organización:
«A revolución socialista, polo seu carácter intrínseco, esixe a participación activa e consciente da maioría dos oprimidos. A toma do poder e a desaparición paulatina do estado non pode ser realizada por unha minoría consciente e radicalizada, senón que só pode ser obra do proletariado xunto coas capas populares oprimidas... Negar a necesidade do partido, significa desarmar á clase obreira do instrumento indispensábel da súa liberación e abandonala á sorte da ideoloxía burguesa». (“El partido revolucionario”, Lantzen, LAIAren aldizkari, 1978).
A esquerda abertzale é o punto de converxencia natural de moitos militantes comunistas, marxistas e progresistas non dispostos a claudicar ante as manobras do inimigo de clase: a Organizacion Comunista de Euskadi (Bandera Roja)-OCE-BR intégrase en HASI, LAB e ETA e o seu responsábel político, Carlos Lucio, ofrece a súa vida no combate armado; intelectuais do Estado como Alfonso Sastre, Eva Forest, José Bergamín, Justo de la Cueva, De la Mata, etc. fixan a súa residencia en Euskadi; ex militantes de ORT, PTE, AC, PCE, PCE VIII-IX, PCT, MC, LCR, e outras organizacións comunistas intégranse no MLNV; veteranos do PSOE como Miguel de Amilibia, deputado socialista da Fronte Popular e presidente da Junta de Defensa de Gipuzkoa na guerra fan o mesmo. Ademais de antigos jelkides de dereita que como Telesforo de Monzón viven unha nova xuventude abertzale e popular nas fileiras do MLNV.
Queremos subliñar tamén a importancia do feito que comunistas exerceran funcións de dirección do MLNV nos anos 70 e 80. Parécenos indiscutíbel a importancia central dun cadro comunista de alto nivel como Jose Miguel Beñaran “Argala” no deseño da política de ETA e do MLNV tanto en contra da última fase da ditadura fascista como da instalación do réxime de dominación monarco-liberal. Non se comprende o xurdimento de dirixentes desa calidade política sen a acumulación revolucionaria de ETA e de todo o Pobo desde décadas anteriores. Non cansaremos de sinalar en Argala as virtudes dun auténtico militante comunista vasco do século XXI, servido do Pobo e da clase obreira e portador dunha nova moral, a marxista-leninista.
Non nos parece casual que a dirección represiva do estado capitalista español, o servizo secreto militar, asasinara aos dous dirixentes que exerceron un rol máis destacado na orientación revolucionaria do MLNV: Argala e Santi Brouar. A actividade política do partido HASI (Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea) até o seu III Congreso nos anos 80 supón outro momento excepcional na organización da Unidade Popular – Herri Batasuna, na combinación acertada da loita institucional e de masas e na construción dunha conciencia nacional democrática e internacionalista. O seu presidente Santi Brouard afirma que «a loita é a nosa principal arma cara á conquista da Independencia e o Socialismo en Euskadi». (Santi Brouard: “Lucha y organización, la clase de la victoria”, Punto y Hora, nº 321, 1983).
A liquidación deste partido, a finais de 1987, parécenos un episodio funesto para a loita nacional e social en Euskal Herria, cuxos autores e responsábeis (non os simples executantes) aínda lle deben ao noso Partido unha explicación honesta e transparente. A nosa hipótese é que se produciu unha alianza das forzas pequenoburguesas non dispostas a aceptar a hexemonía comunista conseguida a pulso polo traballo esforzado dos militantes de HASI e outros revolucionarios do MLNV. Se nos equivocamos rectificaremos moi a gusto ante a explicación razoada que demandamos.
A liquidación de HASI coincide co esboroamento do campo socialista nucleado ao redor da URSS e isto permite aflorar á corrente pequenoburguesa socialdemócrata e anticomunista que se mantivo á espreita do seu momento no MLNV. Un caso escandaloso, e que aínda exerce certa influencia, é o de Txillardegi.
Cando en agosto de 1991 a Mesa Nacional de HB se nega a condenar o intento de restabelecer a orde soviética por unha parte da burocracia que quere evitar a contrarrevolución que levou á ex URSS ao caos absoluto, á guerra civil e ao saqueo por unha banda de criminais sen escrúpulos capitaneados por Ieltsin, Txillardegi publica no Enbata “Fallait-il condamner le putsch?” (Txillardegi, Enbata, nº 1190, 29 août 1991, Baiona), un texto atacando ao órgano ao que pertence e eloxiando ao criminal Boris Ieltsin:
«Se existe alguén que mostrou sensibilidade efectiva fronte aos problemas nacionais ese é Ieltsin. No relativo ao golpe, é el quen fixo rapidamente fronte aos conspiradores... Ieltsin é un antigo dirixente de alto nivel do PCUS: e coñece mellor que os esquerdistas occidentais de salón o que o sistema comunista deu».
Fronte á Mesa de HB, que propón a volta aos ideais de 1917, «esmagados por Gorbachev e Ieltsin» este demagogo di que «é falso... Condenemos o golpe sen reservas» e demanda unha esquerda «humanista, non burocrática, non estalinista, pluralista».
Baixo a bandeira do antiestalinismo, apoia ao Ieltsin en agosto de 1991, que se dispón a lanzarse sobre o estado soviético para afundilo e saquealo, arruinar á poboación, bombardear o parlamento ruso, destruír Chechenia e facer renacer o vello tsarismo. O anticomunista Txillardegi é cómplice político do bandido Ieltsin.
Este discurso envelena a un sector da esquerda abertzale que abandona toda referencia ao socialismo e ao marxismo, aferrándose a unha concepción maximalista da independencia, desprovista do contido revolucionario que ETA lle imprime desde finais dos 60.
Acorde a estes tempos de contrarrevolución, JARRAI abandona a comezos dos 90 o marxismo nos programas de formación dos militantes e Egin adopta unha liña cada vez máis anticomunista. O internacionalismo solidario nas relacións exteriores é substituído polo apoio a procesos contrarrevolucionarios que desintegran estados socialistas federais e favorecen a neocolonización occidental. O pragmatismo neosocialdemócrata non conduce á loita nacional e social de Euskadi a ningures e confunde á militancia. Afástanos dos nosos aliados naturais que son os auténticos movementos de liberación nacional, os sectores democráticos e revolucionarios e os réximes progresistas.
Nós estamos por recuperar a liña histórica do MLNV, que une inseparabelmente liberación nacional e social co horizonte posto na constitución dunha República Popular de Euskal Herria. Hoxe, coma onte, a alternativa máis razoábel é máis democrática é INDEPENDENTZIA TA SOZIALISMOA.
GORA EUSKAL HERRIA ASKATUTA GORA EUSKAL HERRIA SOZIALISTA GORA MARXISMO-LENINISMOA Ler máis Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Os Fundamentos do Leninismo
|
| 22/06/2008 |
Unha nova crise capitalista avanza sen pausa. Como xa acontecera na primeira metade do pasado século, a burguesía semella disposta a abrir as portas do seu cortello para deixar saía á súa besta fascista, a ferramenta dos capitalistas nos momentos de crise. Non fai falla ningún esforzo para sentir no aire as primeiras bafaradas do fascismo. Acaban de aprobar os representantes dos capitalistas europeos dúas novas leis contra a clase traballadora. Por unha banda, os traballadores migrantes poden ser retidos (eufemismo para evitar a expresión máis real encarcerados) durante 18 meses, e por outra banda, a xornada laboral legal, porque a real é outra cousa, pode acrecentarse até as 60 e incluso ás 65 horas.
Na primeira metade do século XX, cando soltaron á súa besta, a clase obreira tiña ferramentas de defensa. Os partidos comunistas -reais, bolxeviques- eran fortes, as ideas leninistas estaban presentes. O internacionalismo era algo máis que unha consigna duns poucos. A conciencia da loita de clases entre o proletariado nunca estivo tan viva.
E agora? Con que ferramenta conta o mundo do traballo para levar a cabo esta loita? Cuns partidos comunistas moi debilitados, sen influencia real, agás excepcións, na clase obreira. Cun sindicalismo que xa hai tempo que deixou de pertencer á clase obreira. Cuns valores e ideas burguesas sen rival nos medios de comunicación de masas. Seica non é evidente que a ideoloxía burguesa domina aos dominados? Calquera de nós pode velo nos compañeiros de traballo. Seica o racismo non é algo real entre a maioría? Seica o botar a culpa das pésimas condicións do traballo aos migrantes, no canto de aos capitalistas, non é práctica común entre os traballadores? Non ver isto é pechar os ollos. U-las armas de defensa ideolóxica capaces de deter a ofensiva ideolóxica do capitalismo?
Pensemos na historia. Quen foron capaces de esmagar aos burgueses? De soterrar ao capitalismo? De erguer unha alternativa socialista? Pois si, as clases obreira e campesiña rusas. Eles venceron. Cal foi a súa “poción máxica”? Non hai dúbida. O leninismo.
Si, xa sabemos. Non é un dogma a transferir mecanicamente á nosa realidade. E que iso xa o di o propio leninismo, non fai falla que o diga ningún gurú anticomunista de hoxe. Adaptarse á realidade propia forma parte das esencias do leninismo.
Deixámoslles a ligazón para descargar Os Fundamentos do Leninismo do camarada Stalin, traducido ao galego por Estoutras. Este traballo, que forma parte das Cuestións de Leninismo, resume o máis importante aspectos do marxismo-leninismo cunha linguaxe libre da prepotencia burguesa. Cuestións fundamentais como o Partido, a Ditadura do Proletariado, a Táctica e a Estratexia, etc., teñen resposta neste traballo. Preme para descargar ou visualizar Os Fundamentos do LeninismoEtiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| 63º Aniversario da derrota do Fascismo
|
| 13/06/2008 |

Evidentemente, a semente da Segunda Guerra Mundial podémola atopar no feito histórico da axuda que o imperialismo dos Estados Unidos e doutros estados imperialistas proporcionaron ao financiar a edificación do capitalismo monopolista alemán após o remate da Primeira Guerra Mundial, co obxectivo de colocar os cimentos para o avance cara ao Leste, para «afogar aos bebés bolxeviques nos seus berces», nas verbas de Churchill. O apoio a Hitler e ao seu movemento nazi continuou até o 7 de decembro de 1941. Desde 1945, o imperialismo norteamericano sempre axudou a todos os líderes reaccionarios e fascistas do mundo. A declaración de guerra de Inglaterra á Alemaña en 1939 foi cualificada –correctamente- por todos os movementos progresistas do mundo como a “Falsa Guerra!” A suposta guerra de Inglaterra non era mais que guindar panfletos no canto de bombas sobre Alemaña e non saír en axuda de Polonia coa que tiñan un pacto militar. Nin Inglaterra, nin os Estados Unidos, nin Francia fixeron nada real para deter ou castigar a invasión de Polonia por Hitler. Nin Inglaterra, nin os Estados Unidos, nin Francia puxeron un pé en Polonia para axudar, malia que o goberno reaccionario de Polonia pedira a axuda dos seus “aliados”. A propaganda occidental e polaca estaban en marcha: comparar a Stalin con Hitler e cualificar á URSS de “inimigo”.  Despois de que Inglaterra e Churchill cedera a Hitler, co infame “Acordo de Múnic”, o sueste de Checoslovaquia, a URSS tentou asinar un pacto de seguridade colectiva cos países occidentais, mais estes se negaron, incitando a Hitler, asemade, para que continuara a súa agresión máis cara ao Oriente, cara á URSS! Foi só entón, en agosto de 1939, cando a Unión Soviética se decatou do que se estaba a planificar, e co gallo de gañar tempo de cara á invasión alemá da Unión Soviética, algo que Stalin sabía perfectamente, cando se asinou o pacto de non agresión xermano-soviético. Desta maneira, a URSS tivo tempo para trasladar a súa industria ao leste da Cordilleira dos Urais, así como tamén aos xudeus soviéticos, evacuados tamén ao leste, especialmente a Tashkent e Tadjikistan, na Asia Central. Este feito histórico de salvar aos xudeus soviéticos do fascismo hitleriano nunca foi dado a coñecer polos sionismo mundial. Por que? Os aliados occidentais tardaron dous anos en poñer en marcha a Segunda Fronte. Alemaña concentrou máis de dous terzos do seu exército, forza aérea e toda a maquinaria de guerra na Fronte Oriental. Os soviéticos sufriron máis baixas que todos os países occidentais xuntos, ademais dunha devastación incalculábel e case 27 millóns de mortos! Malia que a Unión Soviética mantivo a súa promesa e sumouse á loita contra os imperialistas xaponeses, desempeñando un papel decisivo na derrota do exército nipón en Manchuria, e que os Estados Unidos sabían que Xapón estaba a piques de renderse, os norteamericanos guindaron as bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, avisando á Unión Soviética de que comezaban a Guerra Fría e tiñan a intención de ser a única superpotencia no mundo. En 1948, as forzas da reacción en Washington comezaron a culpar ao Comunismo e a Stalin dos problemas económicos e dos crimes do capitalismo, cargándoos sobre os ombreiros de Stalin.
O anticomunismo é un crime, e parte indisolúbel desta carreira cara á dominación mundial na que participan todos as forzas reaccionarias e relixiosas, os socialdemócratas que predican o socialismo mentres comparten leito co capitalismo, e por suposto, o rico e reaccionario movemento sionista.
A Historia seguirá avanzando e ningún poder sobre a terra será quen de parar á humanidade no seu camiño cara á paz, á harmonía e ao Socialismo!
Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Encontro de organizacións comunistas vascas convocado polo EHAKI
|
| 29/05/2008 |
Kimetz KolektiboaO Comunismo Revolucionario Vasco deu un importante paso na constitución do partido que guíe o proceso revolucionario en Euskal Herria. O Euskal Herriko Alderdi Komunista Iraultzailea (EHAKI) presentou, esta fin de semana en Iruñea, as súas propostas centradas na cuestión nacional e como se debe enfocar o traballo revolucionario na Euskal Herria actual. Estas propostas enmárcanse dentro da súa II Conferencia de Estratexia e Táctica revolucionaria. O encontro, que contou coa presenza de distintas organizacións comunistas e con persoas que acudiron a título individual, dispuxo dun apaixonante debate sobre cal é a natureza e o marco de actuación da organización comunista revolucionaria vasca. Entre os acordos adoptados, cabe destacar a aposta por dar un maior impulso ao Eusko Bilgune Komunista (EBK) como punto de encontro entre comunistas vascos e o relanzamento das relacións bilaterais entre organizacións. Kimetz Kolektiboa estivo presente neste encontro e lanzou a proposta de colaboración entre todos os comunistas de Eukal Herria. Puxo a disposición de todos eles a súa publicación dixital para que sirva como referencia dos avances que na constitución dun partido revolucionario para o noso pobo están levándose adiante. Ademais, adiantou a súa intención de dar “o salto ao papel” desta publicación nun futuro non moi distante. O EHAKI manifestou a súa intención de realizar unha ampla campaña na que explicar as súas posicións e aglutinar forzas en torno á constitución do Partido Comunista Revolucionario que guíe o proceso revolucionario vasco e sirva de base de apoio para outros procesos revolucionarios. Esta campaña contará con reunións con distintos grupos comunistas, tanto de Eukal Herria como do exterior, así como reunións con distintos axentes políticos e sociais vascos. Ademais contará cun amplo despregue de propaganda, a edición dos materiais aprobados e charlas informativas en distintas localidades do noso territorio. Etiquetas: Euskal Herria, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Seminario Comunista Internacional: Resolución sobre o anticomunismo
|
| 22/05/2008 |

XVIIº Seminario Comunista Internacional Bruxelas, 16-18 de Maio de 2008
Resolución sobre o anticomunismo
O anticomunismo quere manipular o futuro dos pobos! A recente iniciativa do grupo socialista do Parlamento Europeo sobre a necesidade de condenar o que eles chaman crimes dos réximes totalitarios, na que se equipara o fascismo co comunismo e que recibiu o apoio das forzas conservadoras do Parlamento, é unha continuación do "memorando anticomunista" denominado "Sobre a necesidade dunha condena internacional aos réximes comunistas totalitarios". Paso frustrado para aprobar este memorando con anterioridade. A frenética histeria anticomunista está dando pasos cualitativamente novos.
Cualificar á ideoloxía comunista e a loita de clases como un crime non apunta só contra os comunista. Vai directamente contra todos os pobos e os seus movementos.
O obxectivo da campaña anticomunista é un compoñente esencial da estratexia do imperialismo. O retorno a este simplista e aberto anticomunismo é a porta de entrada a un novo ciclo de medidas reaccionarias contra os dereitos sociais e democráticos dos pobos e o comezo dunha novo ciclo de guerras. Histeria anticomunista que emprega mentiras e as súas leis nunha tentativa de golpear ás forzas da resistencia e á contraofensiva dos pobos.
O seu obxectivo directo é aplicar presión ideolóxica sobre os partidos comunistas que están a defender coherentemente os principios da loita de clases e loitan contra o imperialismo seguindo a teoría do socialismo científico.
Demostrando a súa histeria anticomunista, os imperialistas admiten que necesitarán novas medidas represivas porque agora, case vinte anos desde o derrube do sistema socialista na Europa, descobren que todas as toneladas de terra que tiraron contra o socialismo non abondan. Decátanse agora dos seus miserábeis resultados e que a ideoloxía comunista e o socialismo continúan e continuarán interesando e inspirando a millón de traballadores.
Tentan desacreditar o socialismo do século XX e o movemento revolucionario, anuncian represión contra os comunistas, que están loitando por un mundo novo, mentres que absolven a quen defenderon o nazismo e colaboraron con el.
Reescriben a historia dun xeito desafiante, igualando aos heroes cos criminais.
O seu principal obxectivo son os partidos comunistas, comunistas que viven e loitan baixo duras condicións nos antigos países socialistas. As súas intencións son desarraigar a memoria colectiva de millóns de traballadores que hoxe teñen a oportunidade de comparar por eles mesmos o presente e o pasado.
Actualmente nos países bálticos, estados membros da Unión Europea, os partidos comunistas están prohibidos e decenas dos seus partidarios están sendo castigados de distintos xeitos, mentres eses mesmos gobernos conceden honores e medallas aos antigos colaboradores dos nazis e levantan monumentos glorificadores do fascismo.
Os anticomunistas demostran o seu odio e as súas intencións imperialistas en relación a eses países onde os partidos comunistas son poderosos. Tenta acabar cos procesos políticos positivos e os levantamentos populares de América Latina, en Venezuela, en Bolivia.
Estamos orgullosos da historia do movemento comunista internacional; da súa contribución aos pobos e aos seus movementos. Estamos orgullosos do internacionalismo proletario. E opinamos que só a clase traballadora ten o dereito de revisar criticamente as nosas actividades e a nosa construción socialista.
A simplista propaganda anticomunista fai referencia ao que chaman "Período Estalinista", período no que se estaban a crear as bases da construción socialista baixo condicións de sitio, sabotaxes internas, e intentos por debilitar e derrotar a loita por estabelecer o poder dos traballadores. Legaliza a contrarrevolución e cuspe diversas difamacións sobre a revolución. Tenta o imperialismo obrigar aos pobos a abandonar o uso revolucionario da forza, para así poder eles utilizar a violencia capitalista sen ningunha restrición.
As nacións defenderon importantes revolucións capitalistas que fixeron avantar á humanidade. Defenderon revolucións socialistas-revolucionarias (Comuna de París, Revolución de Outubro, etc.) A historia demostra que o grao e formas do uso revolucionario da forza depende, en primeiro lugar, do nivel e formas de resistencia das clases que eran derrocadas.
Durante a Segunda Guerra Mundial, os pobos do mundo derramaron o seu sangue opoñendo á violencia da inxustiza á súa violencia pola xustiza. Castigaron aos que colaboraron cos ocupantes. E hoxe somos testemuñas do crecemento da loita contra o que se coñece como "lexislación", é dicir, as leis e as institucións que estabelecen e garanten a inxustiza contra a clase traballadora e outros grupos da poboación.
Os traballadores e a mocidade deben loitar contra as accións que procuran denigrar o socialismo. Só os pobos teñen o dereito de xulgar o socialismo, non os imperialistas quen loitaron contra el con todos os medios posíbeis. Estes últimos non están interesados nunha auténtica aprendizaxe sobre os erros e as decisións desacertadas que sen dúbida tiveron lugar neste difícil camiño sen precedentes na historia da humanidade.
Eles queren que a xente non saiba nada, especialmente a mocidade. Ansían poñer obstáculos no camiño cara ao socialismo porque saben que é a resposta necesaria e a única real á barbarie capitalista.
Están intentando perseguir non só as ideas. En primeiro lugar perseguen aos comunistas e á loita da clase traballadora. As ideas e a loita están inseparabelmente relacionadas.
O feito de que a histeria anticomunista está sendo apoiada activamente polos socialdemócratas e os "mutantes-comunistas" só confirma que a loita contra o imperialismo só pode ser efectiva se se conecta coa loita contra o reformismo e o oportunismo.
A resposta á agresividade do anticomunismo e o imperialismo demanda o fortalecemento do movemento comunista e dos traballadores, a reorganización do movemento comunista internacional, a coordinación de accións comúns das forzas antiimperialistas baseadas en ideas concretas.
A clase traballadora e outros sectores da poboación están interesados en derrotar a histeria anticomunista, empeñada esta en condicionar o seu futuro. Ler máis Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Maoístas indios falan sobre a situación do Nepal (Parte II)
|
| 21/05/2008 |

K. Srinivas Reddy The Hindu 17/05/08Quere dicir vostede que a vitoria electoral dos maoístas no Nepal e a chegada ao poder a través dos medios parlamentares é un exercicio inútil e que non pode traer o desexado cambio radical no sistema social?Non exactamente iso. Controlar o poder estatal, se é que realmente poden controlalo, dá aos maoístas un medio para defender os beneficios acumulados durante os moitos anos de guerra revolucionaria e levar a cabo cambios radicais no sistema social. Mais isto será complicado de lograr debido a especial conxuntura na que os maoístas chegan ao poder. De feito, incluso nas revolucións clásicas, como na China, onde os comunistas revolucionarios tomaron o poder mediante unha revolución armada, Mao advertira do perigo do xurdimento dunha nova clase por mor das súas posicións na maquinaria estatal. Despois de Mao, o estado dexenerou nun mecanismo de opresión e represión das grandes masas. A lección dos comunistas, após aprender desta experiencia, é que o partido debe concentrarse na organización e a mobilización das masas, dispostas a rebelarse contra todo tipo de inxustiza e explotación perpetrados por parte do Estado e dos burócratas.
No Nepal, onde os maoístas chegaron ao poder aliados coas clases dominantes, é aínda máis urxente a tarefa de continuar a loita de clases mediante a organización das masas contra todas as formas de explotación e opresión. Na medida do posíbel, os maoístas poderían utilizar o seu control relativo do Estado para axudar ás masas na súa loita pola liberdade, a democracia e os medios de subsistencia. Cambios básicos poderían lograse a través da continuación da loita de clases, loita na que o Estado, como moito, pode dar algo de axuda.
Sitaram Yechury, do Partido Comunista da India (Maoísta), afirmou que os maoístas indios tiñan que aprender das experiencias do Nepal e adoptar o camiño parlamentar para chegar ao poder. Que ten que dicir a isto?
Por que Yechury só? Incluso os políticos dos estados onde o movemento maoísta é forte xa o dixeran antes. Os políticos insistiron sobre o mesmo tema desde que os revisionistas comezaron a participar no Parlamento no noso país. Algúns dixeron que a vitoria maoísta no Nepal tería un efecto de demostración para os maoístas da India.
Os que así falan esquecen que as situacións no Nepal e na India son completamente diferentes. No Nepal a tarefa política inmediata foi a loita contra a monarquía, que provocou un certo grao de unidade entre as diversas partes e un amplo sector da poboación. A situación creada pola monarquía, obrigou a todas as forzas a pechar filas e librar unha loita polo democracia.
Na India estamos nunha loita contra un sistema social semifeudal e semicolonial no que o sistema parlamentar é unha parte integrante. Todos os partidos do parlamento obedecen os ditados dos imperialistas, polo que se aliñan no bando contrarrevolucionario. Aquí a tarefa inmediata é unha loita pola terra, os medios de subsistencia e a liberación das masas.
En segundo lugar, estes socialdemócratas, no seu intento de defender a súa liña parlamentar, minimizan conscientemente e gardan silencio sobre as experiencias de Chile, O Salvador, Nicaragua, etc. Nicaragua é un exemplo, onde a Fronte Sandinista de Liberación Nacional tomou o poder en 1979 após derrocar á familia Somoza. Malia os grandes cambios que trouxeron os sandinistas, o certo é que os exércitos privados, armados e adestrados polos Estados Unidos, comezaron a súa loita contra os sandinistas, que tamén tiveron que enfrontarse aos problemas económicos consecuencia do embargo comercial. Os sandinistas acordaron celebrar eleccións en 1990 despois das negociacións de paz coa ONU, mais perderon fronte a unha coalición dereitista de 14 partidos da oposición. O masivo apoio dos Estados Unidos ás clases reaccionarias nicaraguanas, xunto a unha grave crise económica, conduciron á derrota dos sandinistas.
Estes socialdemócratas tamén minimizan o tremendo impacto nas masas da guerra popular no Nepal durante a última década. Teñen máis de 40 anos de experiencia na política parlamentar. Que cambios fundamentais conseguiron? Sen o seu apoio aos poder de goberno da UPA*, liderado por Manmohan Singh, este non se atrevería a levar a cabo as súas políticas antipopulares.
Non é de estrañar que pediran aos maoístas indios que seguiran o exemplo dos nepaleses. O noso partido coida que un cambio fundamental no sistema non pode lograrse a través da vía parlamentar, senón a través da loita de clases. No noso país esta loita adopta a forma dunha guerra agraria levada por unha organización armada. Nós, por suposto, non rexeitamos outras formas de loita e organización, ademais da loita armada, e disto se pode decatar un se observa o noso movemento.
A tarefa dos revolucionarios é destruír e reconstruír a totalidade dos dereitos económicos, sociais, políticos, culturais, etc. Se un acaba de chegar ao Poder a través do Parlamento non pode levarse a cabo unha reestruturación do sistema.
Bhattarai e Prachanda declararon que están dispostos a animar ao investimento estranxeiro directo e crear un entorno favorábel á empresa no Nepal. Tamén falaron de fomentar o capitalismo. É correcto que un partido maoísta anime ao investimento estranxeiro e queira desenvolver o capitalismo?
Nepal é un país tremendamente atrasado que carece da mínima infraestrutura e de produción industrial. Forma parte do cuarto mundo, se podemos chamalo así. A ONU colocouno na categoría de países menos adiantes. Polo que a primeira tarefa no Nepal sería a de liberar ás grande masas das gadoupas feudais e desenvolver unha industria sobre esa base. Polo que respecta a desenvolver o capitalismo existente no Nepal, non ten que constituír ningún problema para os revolucionarios na medida en que o capitalismo sexa nacional e estea regulado axeitadamente para satisfacer as necesidades das masas, encamiñándose ao crecemento da economía interna e non para a exportación ou para servir aos imperialistas. Mais se o estímulo é para a entrada de capital estranxeiro será prexudicial para os intereses do país a longo prazo.
No pasado, os maoístas opuxéronse ás institucións privadas nos sectores da saúde e da educación. Mais agora Prachanda prometeu eliminar todos as eivas ao sector privado. Imos coñecendo os informes das conversas entre os dirixentes maoístas e os funcionarios do Banco Mundial. De ser certos estes informes, entón as consecuencias poden ser perigosas para o futuro do Nepal.
Como prevé o futuro das relacións entre o seu partido e o PCN(M)? Tendo en conta o feito de que o estado indio non quere que existan relacións entre os maoístas da India e os do Nepal, e que as esixencias formuladas polo Foro polos Dereitos do Pobo Madhesi neste sentido constitúen un claro indicio da crecente presión da India, as fraternais relacións entre as dúas partes seguirán como antes?
Coidamos e desexamos que as relacións fraternais entre o PCI(M) e o PCN(M) seguirán como antes. Mentres as dúas partes estean firmemente comprometidas co internacionalismo proletario, as presións internacionais e internas non poderán variar esta realidade.
Por suposto, vai medrar a crecente presión de varios sectores sobre os maoístas nepaleses para que rachen as súas relacións con outros partidos maoístas. En particular, a India e os Estados Unidos van exercer unha maior presión neste sentido. Hai que decatarse da complexidade da situación. O camarada Prachanda afirmou correctamente que os vínculos ideolóxicos entre as dúas partes permaneceran intactos. Coidamos que os debates ideolóxicos e as discusións teñen que continuar. Os diversos foros internacionais, como a CCOMPOSA, deben continuar cos seus obxectivos e actividades malia a nova situación.
Que ten que dicir sobre o comentario do camarada Prachanda nunha entrevista que concedeu ao xornal The Hindu: "No caso do Partido Comunista da India (Maoísta), os seus dirixentes e cadros, os nosos esforzos proporcionaranlles algún material novo para o estudo, para pensar sobre como seguir adiante no novo camiño. Os nosos esforzos proporcionan un punto de referencia."?
Como marxistas, debemos estudar criticamente calquera fenómeno, particularmente as nosas experiencias. Porén, non debemos tirar conclusións precipitadas, senón que temos que observar coidadosamente os resultados deses esforzos. Todos estes esforzos deben ser avaliados dun punto de vista de clase. O marxismo é unha ciencia e ofrece as ferramentas para analizar todos os fenómenos sociais cientificamente. Isto é o que debemos facer ante a nova realidade do Nepal, como ante calquera outra nova realidade. Por suposto, temos xa moitos precedentes históricos que tamén deben ser considerados. A experiencia do Nepal debe verse en funcións destes precedentes e non como un caso illado.
* Alianza Progresista Unida nas súas siglas en inglés. Ler máis Etiquetas: Asia, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Maoístas indios falan sobre a situación do Nepal (Parte I)
|
| 20/05/2008 |

Srinivas Reddy The Hindu 16/05/08A coalición política actual vai ser a maior eiva para o Partido Comunista do Nepal (Maoísta) para ocuparse das reformas prometidas no país do Himalaia. Unha reforma radical do sistema non pode emprenderse por medio de leis e decretos de Estado, esta virá por unha loita de clases dura e cruel no Nepal. Así podemos resumir o punto de vista dos maoístas indios sobre a nova situación no Nepal. Nunha extensa entrevista, Azad Satya, voceiro do Partido Comunista da India (Maoísta), fala sobre os moitos problemas aos que se enfrontan os maoístas no Nepal.
Os resultados da Asemblea Constituínte do Nepal foron notabelmente favorábeis aos maoístas. Como ve o seu partido, o Partido Comunista da India (Maoísta) os resultados electorais no Nepal?
Os resultados das eleccións demostran a inmensa ira das masas contra o anticuado poder monárquico-feudal no Nepal, a dominación da India e dos Estados Unidos, e os partidos feudais que traizoaron ás masas durante moito tempo. Son o reflexo das crecentes aspiracións das masas do Nepal pola democracia, a terra, os medios de vida e a auténtica liberación do imperialismo e da explotación feudal. Son estas aspiracións a completa derrota dos partidos que apoiaban ao rei e ás clases dominantes indias.
Cando unha alternativa como o Partido Comunista Nepalés (Maoísta) ocupa o primeiro plano cun compromiso de abolir a monarquía feudal, de derrogar todos os tratados inxustos asinados coa India e garantir a democracia e a igualdade para todos, as masas camiñan cara a ela. O noso partido ve nos resultados un sinal positivo de enorme importancia para todos os pobos do sur de Asia.
Cales son para vostede as razóns do éxito dos maoístas nestas eleccións?
Existen seis razóns principais: Unha, as masas do Nepal non aturaban máis o autoritarismo e a autocracia do rei Gyanendra. Cando viron a oportunidade de acabar con el, non o dubidaron. Nunca antes existira esta oportunidade. Só o PCN(M) demostrou o seu firme compromiso de abolir a monarquía, converténdose na única alternativa.
Dúas, as masas estaban fartas da dominación india. O Nepal padeceu durante demasiado tempo as desigualdades dos tratados asinados coa India, como o Tratado de Paz e Amizade Indo-Nepalés de 1950, o Tratado de Mahakali, e así sucesivamente. A India sempre ollou para as riquezas naturais do Nepal, e apoiou á monarquía defendendo a Teoría dos dous Piares, ao igual que o Congreso Nepalés. Adestru e armou ao Exército Real do Nepal e enviou todo tipo de axuda destinada a conter aos revolucionarios maoístas do Nepal. Estes actos alimentaron a ira das masas. Votaron polo PCN(M) xa que ningún outro partido amosou coraxe para facer fronte á India.
Tres, as masas do Nepal están fartas da explotación, da opresión e da intervención dos imperialistas Estados Unidos. Durante todo o imperio do rei Gyanendra, os Estados Unidos foron un sostén importante, e incluso a día de hoxe están ao seu lado. Engadiron ao PCN(M) á súa lista de grupos terroristas. Isto foi un grave insulto ao pobo.
Catro, a promesa do PCN(M) de estabelecer no Nepal unha sociedade democrática, federal e laica, con liberdade, democracia e igualdade para todos os oprimidos, tivo un efecto electrizante. Por vez primeira, as clases oprimidas estiveron representadas nas eleccións.
Cinco, o factor máis importante, é o impacto positivo creado polos dez anos de guerra popular dirixida polos maoístas. Estes conquistaron o control de case tres cuartas partes das zonas rurais do Nepal. A través dos gobernos revolucionarios do pobo levaron a cabo varias reformas que achegaron ás masas a eles. A guerra popular aumentou a conciencia política das masas e espertou as súas aspiracións democráticas. O crecemento do movemento de masas por unha Asemblea Constituínte por todo o Nepal, é unha consecuencia lóxica da guerra popular. Neste contexto, os partidos que fixeron da loita pola Asemblea Constituínte un mero espectáculo teatral pasaron a ser irrelevantes.
E por último, aínda que non menos importante, o apoio de capitalistas locais e de unha parte dos comerciantes que, malia a que se opuxeron polo xeral aos maoístas, consideraron que unha vitoria maoístas era a única garantía de paz no Nepal.
Agora que os maoístas chegaron ao poder, van poder levar a cabo as súas promesas?
Esta é a pregunta máis difícil de responder. O problema inmediato é conseguir unha coalición de forzas que teña o control de dous terzos da Asemblea, para poder así incorporar as reformas radicais na nova Constitución. Porén, para acadar unha maioría de dous terzos, ten que confiar en partidos como o Congreso Nepalés e o socialdemócrata Partido Comunista do Nepal (Marxista Leninista Unificado). É imposíbel levar a cabo as reformas prometidas con tal combinación de forzas. Eles non van estar dispostos a formar parte do programa dos maoístas e trataran de subverter calquera cambio radical que poña en perigo os seus propios intereses de clase. Coidamos imposíbel calquera reestruturación radical do sistema sen a mobilización militante das grandes masas nunha dura loita de clases. É imposíbel realizar cambios a través das medidas postas en marcha "desde arriba", é dicir, a través de decretos de estado e de leis. Para aplicar estas leis, é indispensábel mobilizar ás masas e facer avantar a loita de clases. Sen isto, a liberación dos pobres é unha tarefa imposíbel.
E dada a actual coalición, incluso a promulgación das tan prometidas leis será unha tarefa case imposíbel. Por esta razón, vai desenvolverse unha verdadeira loita, máis dura e cruel, polo poder. A falta dunha maioría na Asemblea Constituínte, deixa aos maoístas impotentes. Terán que recuar e chegar a compromisos, sacrificando os intereses dos oprimidos, intereses polos que chegou ao poder. Ou, pola contra, terán que mobilizar á poboación e intensificar a loita por todos os medios, incluída a insurrección armada, co gallo de aplicar unha auténtica democracia e estabelecer o poder popular. Non hai máis alternativas.
Como contempla vostede o futuro escenario no Nepal? O imperialismo indio e norteamericano adaptarase á nova realidade e apoiará ao goberno maoísta, ou porá todas as trabas posíbeis?
Viviriamos nun mundo de fantasía se consideráramos que os Estados Unidos e a India están cómodos cos maoístas no Nepal, ou que vaian adaptarse á nova realidade. Malia continuar as relacións diplomáticas, crearase unha situación adversa se o novo goberno non obedece aos seus ditados. Os Estados Unidos fixo todo o posíbel por manter viva a monarquía, xa que o monarca non era máis que un peón deles. No tocante á India, recibiu unha labazada no rostro cando Koirala e o seu Congreso Nepalés saíu derrotado.
Porén, a India gañou terreo noutra fronte. Na rexión de Tarai, apoia aos dous partidos Madhesi que obtiveron moitos escanos. A India utilizará a estes partidos para crear perturbacións, se o novo réxime non se prega á súa liña. Xa, o Foro Janadhikar Madhesi esixiu aos maoístas que aclaren a súa posición sobre as demandas de autonomía Madhsei e pediu aos maoístas que suspenderan as súas relacións con foros internacionais como o MIR* e a CCOMPOSA**.
Tanto os Estados Unidos como a India poden, por exemplo, golpear a economía do Nepal, paralizando a produción industrial, o comercio e bloqueando as liñas de subministro, provocando así escaseza de alimentos e de bens de consumo. Noutras palabras, poden estrangular ao Nepal por medio dun bloqueo económico. Farano se coidan que o novo réxime vai demasiado lonxe.
Xa que logo, a situación no Nepal é delicada, con ausencia de produtos esenciais, incluso na capital Katmandú. Os poderosos veciños do Nepal poden alterar o equilibro a través da chantaxe económica, que podería dar lugar a disturbios sociais e protestas masivas contra os maoístas. A escaseza de produtos esenciais e o aumento dos prezos pode conducir ao desencanto co incipiente réxime e a súa perda de popularidade, dando así a oportunidade de volver a estabelecerse aos desacreditados partidos. Polo tanto, a situación no Nepal seguirá sendo extremadamente delicada e inestábel, aínda que os maoístas obtiveran unha impresionante vitoria electoral.
Os camaradas Prachanda e Bhattarai saben moi ben isto e, polo tanto, apelaron á cooperación da India. Decátanse que non haberá estabilidade no Nepal sen a cooperación da India. O feito de que o Nepal sexa un país pequeno encadrado entre dous grandes e poderosos veciños -a India e China-, e que sexa un obxectivo para o imperialismo norteamericano, fan do goberno algo moi difícil. E por iso, polo que os maoístas se enfrontan á tarefa sumamente difícil de equilibrar todas estas forzas e levar a cabo á súa axenda popular.
* Movemento Internacionalista Revolucionario ** Comité de Coordinación dos Partidos e Organizacións Maoístas do Sur de Asia Ler a primeira parte da entrevista Etiquetas: Asia, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Ho Chi Minh: 118 aniversario
|
| 19/05/2008 |
"Na obra de Lenin 'Teses sobre as cuestións nacional e colonial' había termos políticos complicados de entender. Mais, léndoos unha e outra vez, finalmente puiden comprender as partes esenciais. Que emoción, entusiasmo, ensinanza e confianza me deron! Choraba de ledicia. Sentado no meu cuarto, berraba como se estivera dirixíndome a unha multitude: 'Queridos compatriotas, queridos mártires! Isto é o que precisamos, este é o noso camiño á liberación!' Desde entón, tiven unha confianza absoluta en Lenin, na Terceira Internacional!"
Ho Chi Minh (19/5/1890 - 2/9/1969)Etiquetas: Asia, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Comunistas exemplares: Xanti Brouard
|
| 12/05/2008 |

Discurso do presidente do Comité Central de H.A.S.I.*, Xanti Brouard, na clausura do II Congreso deste partido en 1983
Queremos, máis unha vez, reafirmar a nosa militancia, a nosa obriga militante, e iso foi o que en substancia e en esencia tiveron estes tres días densos nos que convivimos aquí, totalmente entregados, convencidos de que unha militancia revolucionaria é o único camiño para que se poida conseguir a vitoria que nos propoñemos. Esta militancia non se pode conseguir só a través dunha análise científica, necesitamos dun proxecto político histórico, ao que nos achegamos na nosa militancia. Nós acreditamos na identidade específica do pobo vasco, nós acreditamos en Euskadi e coidamos que a recuperaremos a través da independencia e o socialismo. Para isto fai falla amor, comprensión profunda e identificación total cos compañeiros que sofren represión en todos os puntos de Euskadi, e en todos os puntos dos distintos pobos do mundo, a través do internacionalismo proletario, que adoptamos como un dos fachos do noso camiño.
Coidamos que isto só se conseguirá na meta final a través da independencia e o socialismo, coidamos que é un camiño real, único, difícil, áspero, mais nos agarda na distancia e a liberdade nos alumea. Antes, o pobo, nós, chegamos a crer, en certos momentos de debilidade, nuns presupostos mal pensados e que, como consecuencia, deron mal resultado e non conduciron a nada. Coidabamos que a queda do franquismo podía traer a liberdade, que podería traer o socialismo e a superación das clases. Como é natural, foron ideais que non se cumpriron. A historia do mundo e a historia propia do pobo de Euskadi ensinounos moi claro que as ditaduras e as consecuencias, as que fican agora, non caen por si mesmas, aínda que fracasaran, como está acontecendo no estado español. É evidente que hai que derrubalos e ese ten que ser o noso esforzo. A propaganda capitalista a través de todos os medios quere quitarnos fundamentalmente a fé no noso proxecto histórico; para iso menten, insinúan, empregan todos os medios dos que se vales para confundir e falsear, insinuar no noso espírito. É frecuente ouvir “é inútil loitar”, “todo dá igual”, “que máis dá uns políticos ca outros, que todos son iguais”, “que na URSS hai clases”, “que Nicaragua vai fracasar sometida ao imperialismo americano”, “que en Cuba existen fillos de papa”. Toda esta propaganda non ten outro fin que quitarnos a fé que todos nós cultivamos no proceso revolucionario que defendemos.
Vós apostastes por algo, apostastes polo proxecto que eu digo, apostastes até coas vosas vidas, porque todos somos conscientes de que esta situación política na que vivimos, todos os riscos son posíbeis en calquera momento. Mais apostamos en esperanza, mais con esperanza analítica, creativa, con fé no noso proxecto e nos compañeiros que están dando todo, o seu traballo, diñeiro, comodidades e até a vida. Hai que considerar a militancia total como un proxecto de vida diaria, non como a actuación en determinados momentos da vida diaria, senón como un compromiso e un proxecto de vida, de compromiso total. Non só tentando facer o posíbel, senón que nós, co noso esforzo, debemos facer que o imposíbel se converta en posíbel mañá. Como dixeron os compañeiros de ETA, dotámonos duns instrumentos ideolóxicos e organizativos, porque instrumentos foron os que aprobamos a través das teses nestes días. Nós militamos fundamentalmente no partido, en segundo lugar, -non por orde senón porque é así-, no bloque, no que un grande esforzo temos que facer todos para que sexa verdadeiramente un bloque sen diferenzas, e na unidade popular. Unidade popular que nestes momentos está concibida por nós en HB, mais coa esperanza de ir ampliándoa máis e máis, abarcando a máis xente no noso proxecto político. Animando a todas as organizacións populares abertas e libres que existen en Euskadi, que son moitas, coordinándoas, non substituíndoas, utilizando todos os medios necesarios, de comunicación, de masas e institucionais, como nos lembran os compañeiros de ETA, e até coas armas. Mais coidamos que no proxecto de liberación de Euskadi todos os medios son necesarios, dispostos a morrer ou a matar, para que outros non morran, dispostos a pasar pola prisión para ser máis libres, non por estar na prisión, dispostos a exercer a violencia dialéctica pola nosa parte mais incluso física pola honra dunha causa, nunca por vinganza, por revengueita ou por egoísmo.
O revolucionario, o militante de HASI ten que unir o amor á súa causa, coa entrega e o amor a todos os seus compañeiros, é de todos coñecidos que hai momentos nos que militantes entran en crise porque coidan que hai unha vida interpersoal afectada en certa medida pola vida militante do partido, mais non debe ser así, o amor interpersoal, o amor á familia, aos compañeiros, a entrega debe de dar calidade ao amor revolucionario. Remato dicindo que a liberación de Euskadi é consubstancial ao Pobo Traballador Vasco, é anterior á existencia de Franco na España e, como dixen antes, é totalmente necesaria. Coidamos que a través da independencia e o socialismo conseguiremos a liberdade do pobo vasco e a liberdade de cada individuo dos que vivimos en Euskadi, cousa que non conseguiríamos só co socialismo. Como dicía onte na cea o compañeiro do Salvador, eles coa súa loita queren aportar un gran de area para que alimente profundamente a praia da liberdade e do socialismo en todo o orbe. Ese é o noso empeño e de todos os demais grupos, conscientes de que o gran aporte á sociedade que loita pola liberdade, é loitar pola nosa liberdade aquí e conseguila para incorporala a todos.
Gora Euskadi Askatua!! Gora Euskadi Sozialista!! Gora KAS!! Gora Euskal Herriko Langileria!! Viva o Internacionalismo Proletario!!
*Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea (Partido Socialista Revolucionario Popular)Ler máis Etiquetas: Euskal Herria, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Gloria ao Exército Roxo no 63 aniversario da súa vitoria sobre o nazifascismo
|
| 10/05/2008 |
 Stalin 9 de Maio de 1945 Boletín de Información. Embaixada da U.R.S.S
Camaradas! Compatriotas, homes e mulleres! O Gran Día da Vitoria sobre Alemaña chegou. A Alemaña fascista viuse obrigada a axeonllarse ante o Exército Roxo e as tropas dos nosos aliados, recoñeceu a súa derrota e declarou a súa incondicional rendición.
O 7 de maio, o anteproxecto de rendición foi asinado na cidade de Reims. O 8 de maio, representantes do Alto Mando Alemán, en presenza de representantes da Comandancia Superior das tropas aliadas e da Comandancia Superior das tropas soviéticas, asinaron en Berlín a acta final de rendición, cuxa execución comezará en 24 horas..
Conscientes dos raposeiros hábitos das dirixentes alemáns, que sempre consideraron os tratados e acordos como papeis en branco, nunca tivemos razóns para crer nas súas palabras. Desde esta mañá, en cumprimento da acta de rendición, as tropas alemás comezaron a entregar as armas e a renderse ás nosas tropas.
Isto xa non é unha simple folla de papel. Esta é a rendición real das forzas armadas alemás.
É certo que un grupo de tropas alemás na zona de Checoslovaquia seguen eludindo a rendición. Mais agardo que o Exército Roxo sexa quen de facerlles cambiar de opinión.
Agora podemos comprobar con plena satisfacción que o histórico día da derrota final da Alemaña, o Día da Vitoria do noso pobo sobre a Alemaña imperialista, chegou. Os grandes sacrificios que fixemos no nome da liberdade e na defensa da nosa Patria, as incalculábeis privacións e sufrimentos padecidos polo noso pobo no curso da guerra, o esforzo produtivo na retagarda e o valor na liña da fronte non foron en van e foron coroados pola completa vitoria sobre o inimigo.
A longa loita dos pobos eslavos pola súa existencia e pola súa independencia finalizou coa vitoria sobre os invasores alemáns e a tiranía da Alemaña. De aquí en adiante, a grande bandeira da liberdade das nacións e da paz entre as nacións ondeará sobre Europa.
Hai tres anos, Hitler declarou publicamente que entre os seus obxectivos estaban o desmembramento da Unión Soviética e a usurpación do Cáucaso, Ucraína, Bielorrusia, o Báltico e outras rexións. Declarou sen rodeos: "Imos destruír Rusia, para que nunca sexa capaz de poñerse en pe de novo". Isto sucedeu hai tres anos. Porén, as tolas ideas de Hitler non estaban destinadas a ter éxito. O curso do guerra diluíunas no aire. En realidade, sucedeu algo totalmente contrario aos delirios dos nazis. Alemaña foi totalmente destruída. As tropas alemáns réndense. A Unión Soviética está celebrando a vitoria.
Camaradas! A Grande Guerra Patria acabou coa nosa vitoria completa. O período de guerra en Europa finou. O período de desenvolvemento pacífico encetouse.
Felicítoos pola vitoria, os meus queridos compatriotas, homes e mulleres!
Gloria ao noso heroico Exército Roxo que defendeu a independencia da nosa Patria o obtivo a vitoria sobre o inimigo!
Gloria ao noso pobo vencedor!
Eterna gloria aos heroes que caeron nas batallas contra o inimigo e deron as súas vidas pola liberdade e a felicidade do noso pobo!
Video do Desfile da Vitoria en 1945 Parte 1 Parte 2 Parte 3 Parte 4
Ler máis e ligazón ao video do Desfile da Vitoria
Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Clase obreira e fascismo
|
| 18/03/2008 |
Discurso pronunciado na Conferencia Científica de Historiadores URSS-RDA
Kiev, setembro de 1978
Tradución ao galego da versión en francés publicada pola revista Etudes Marxistes (nº 68-69, 2007)
1. O socialismo dos industriais do aceiro
2. Un partido fascista para realizar unha "dobre misión"
3. A creación dun partido nacional pseudo obreiro
4. Converter aos socialistas internacionalistas en nacionalsocialistas
5. Acabar co marxismo a través do terror e a demagoxia social
6. A conquista dos traballadores organizados: todos os medios son válidos
7. As células de fábrica do partido nazi: terror e espionaxe ao servizo dos capitalistas
8. A responsabilidade da clase obreira e da súa vangarda para contrarrestar os esforzos dos fascistas
Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
| Clara Zetkin e o 8 de Março
|
| 11/03/2008 |

PCP - Reflexão e Prática Nº 293 - Mar/Abr 2008Se existe facto que celebrizou internacionalmente Clara Zetkin (1857-1933) foi sem dúvida a proposta de criação de um Dia Internacional da Mulher, apresentada em 1910, na 2.ª Conferência Internacional de Mulheres. (1) Mas a acção política desta revolucionária alemã, que se tornou uma prestigiada e influente dirigente do movimento comunista alemão, da II Internacional e da Internacional Comunista, foi bem mais vasta e rica em defesa dos direitos das mulheres e pela sua emancipação social. No plano teórico, Clara Zetkin «assimilou e divulgou a matriz política e ideológica legada por Marx, Engels e por Lénine, e o conjunto dos seus escritos integra, amplia e enriquece o património do marxismo-leninismo quanto à situação da mulher na sociedade, sobre a situação da mulher no capitalismo e sobre a revolução socialista como resposta à aspiração de emancipação social da mulher. É por isso que, muito justamente, o conjunto das suas reflexões teóricas deve ser destacado como parte integrante do acervo teórico do marxismo-leninismo sobre a situação da mulher na sociedade, legado de contundente actualidade». (2)
Razões históricas de uma data
A proposta de Clara Zetkin de criação de um Dia Internacional da Mulher, aprovada em 1910, estipulava uma acção internacional comum pela emancipação das proletárias e pelo sufrágio universal: «Em acordo com as organizações políticas e sindicais do proletariado nos seus respectivos países, as mulheres socialistas de todos os países organizarão todos os anos um dia das mulheres que, em primeiro lugar, será consagrado à propaganda a favor do voto das mulheres (…). Este dia das mulheres deve ter carácter internacional e ser cuidadosamente preparado». (3)
Esta proposta de Clara Zetkin não foi um acto isolado. Correspondeu à necessidade de dar um forte impulso à luta organizada das operárias, numa época em que a entrada massiva das mulheres no trabalho fabril e o desenvolvimento do movimento comunista conduziram à intensificação da luta das mulheres por melhores condições de trabalho, melhores salários e por direitos sociais e políticos. Consciente da importância decisiva da participação das mulheres trabalhadoras na transformação da sociedade, Clara Zetkin assumiu um papel notável na dinamização e na luta organizada das trabalhadoras e na incorporação das reivindicações específicas das mulheres no movimento operário e comunista.
A data do primeiro Dia Internacional da Mulher não foi uma escolha ao acaso. A indicação do mês de Março está associada a dois acontecimentos de importância simbólica para o proletariado: a revolução alemã (Março, 1848) e a Comuna de Paris (Março, 1871), acontecimento de grande alcance histórico que deu forte impulso à luta do proletariado em todo o mundo. A 19 de Março de 1911, o sucesso da primeira celebração foi considerável – a maior manifestação do movimento pela emancipação das mulheres, com mais de um milhão de mulheres nas ruas das cidades da Alemanha, Suíça, Áustria e Dinamarca. Só em Berlim foram realizadas 42 reuniões em simultâneo e centenas de outras em toda a Alemanha. No final das reuniões, as mulheres desfilavam pelas ruas empunhando cartazes. Na Áustria, mais de 30 000 mulheres manifestaram-se nas ruas de Viena –, como relatou Clara Zetkin no Die Gleichheit. (4)
Em 1912, as manifestações na Alemanha foram menos numerosas mas mesmo assim impressionantes: 1200 mulheres reuniram-se em Essen, 1000 em Leipzig e em Erfurt. Na maior parte das vezes, as mulheres desfilavam, disciplinadas e pacíficas, sem que a polícia interviesse. Outras vezes, como em Dusseldorf e em Berlim, a polícia espancava e prendia.
Na Suécia, realizaram-se enormes manifestações de mulheres em 1912 e 1913. Em 1913, apesar da repressão tsarista, as revolucionárias russas celebram o dia em reuniões clandestinas em algumas cidades: Moscovo, Kiev, S. Petersburgo, entre outras. Em 1914, em Paris, mais de 20 000 mulheres estiveram presentes na primeira celebração francesa.
É só a partir de 1917 que se estabelece a data de 8 de Março para as comemorações do Dia Internacional da Mulher. No dia 23 de Fevereiro do calendário gregoriano (8 de Março no calendário juliano), as mulheres russas manifestam-se em S. Petersburgo, exigindo pão, o regresso dos maridos enviados para a frente da guerra, a Paz e a República. A greve estende-se rapidamente a todo o proletariado. Em poucos dias a greve de massas transforma-se numa insurreição e ao fim de cinco dias cai o império russo.
O Dia Internacional da Mulher Trabalhadora tornou-se um momento privilegiado de agitação entre as proletárias politicamente menos conscientes. Um dia que reforçava a solidariedade internacional entre as trabalhadoras na luta por objectivos comuns e uma demonstração da sua força organizada. Um contributo importante para o seu envolvimento político, um dia de «militância das mulheres trabalhadoras que ajuda a aumentar a consciência e a organização das mulheres proletárias». (5)
Organizar a luta. Transformar a condição social das trabalhadoras
De facto, consciente da importância decisiva de aumentar a sua consciência social e política, fortalecendo assim a luta do conjunto do movimento operário e revolucionário, Clara Zetkin dedicou a sua vida à dinamização da organização entre as trabalhadoras na Alemanha e em diversos países.
Concentrou muita da sua actividade na criação da organização das trabalhadoras, destacando o papel da sua participação nos sindicatos, e na aprovação de orientações claras para a luta organizada das mulheres no seio dos partidos comunistas nos diversos países.
Para Clara Zetkin «pretender transformar a condição das mulheres sem abolir o modo de produção capitalista conduziria as trabalhadoras a um beco sem saída, observando que as “reformas” que o próprio sistema levava a cabo serviam para atenuar um pouco a vida das mulheres mas não daria êxito ao objectivo de transformação da condição social das mulheres das classes trabalhadoras, nem permitiriam efectivar o conjunto dos direitos económicos, sociais, políticos e culturais». (6)
Clara Zetkin advertiu que a igualdade jurídica e política (direitos pelos quais se bateu!) não seriam condição suficiente (ainda que necessária) para transformar a situação das mulheres das classes trabalhadoras: «A emancipação da mulher, como a de todo o género humano, só se tornará realidade no dia em que o trabalho se emancipar do capital. Só na sociedade socialista as mulheres, como os trabalhadores, tomarão posse plena dos seus direitos». (7)
A luta pelo direito ao voto
A maior parte das referências historiográficas às lutas pelo direito ao voto das mulheres atribui um lugar de destaque às sufragistas, ou a movimentos de mulheres da classe média, ocultando a posição dos movimentos de mulheres operárias e socialistas, afirmando, por exemplo, que estes consideravam os direitos políticos das mulheres subordinados ao avanço económico dos homens da classe trabalhadora. Mas, na verdade, antes do final do século XIX, o direito das mulheres ao voto integrou os programas dos partidos operários europeus como exigência do sufrágio universal para os dois sexos. (8)
Na Alemanha, como em outros países da Europa, a luta pelo direito ao voto não foi liderada pelas mulheres da classe média, ou pelas suas organizações, mas pelas mulheres das organizações proletárias, cujo movimento mais impressionante foi sem dúvida o das mulheres do Partido Social Democrata da Alemanha (SPD), lideradas por Clara Zetkin.Tais factos, apesar de largamente documentados, são deliberadamente «esquecidos» por algumas historiadoras, ocultando o papel de Clara Zetkin e dos partidos operários e revolucionários nesta luta.
Clara Zetkin defendia que a luta das proletárias pelo sufrágio directo e universal intensificava a luta geral do proletariado pela sua libertação e era imprescindível para a mobilização e educação política das proletárias. Ao contrário das burguesas, Clara Zetkin não considerava o voto das mulheres como o «objectivo final», porque a concessão do direito ao voto não bastava «para suprimir o antagonismo de classe entre exploradores e explorados». (9)
Como o referiu em 1907: «O direito ao voto ajuda as mulheres da burguesia a derrubar as barreiras que, sob a forma de privilégios masculinos, limitam as suas possibilidades de acesso à educação e à vida profissional. E arma as mulheres proletárias na luta que levam a cabo contra a exploração e a dominação de classe para conseguirem ser reconhecidas como seres humanos de corpo inteiro.» (10)
Na Conferência Internacional de Mulheres, em 1910, foi aprovada nova resolução sobre o direito ao voto para as mulheres: «… o sufrágio universal, atribuído a todas as maiores de idade e que não dependa da propriedade, nem do imposto, nem do grau de cultura, nem de outras condições que excluam os membros da classe operária do gozo deste direito». (11)
As divergências existentes entre os movimentos de mulheres burguesas e proletárias reflectem que também a luta pelo direito ao voto foi dominada pelo antagonismo de classe que decorre dos interesses próprios das mulheres de cada classe social. De facto, o voto das mulheres das classes dominantes significava apenas o fim dos privilégios dos homens da mesma classe e por isso não alterava qualquer relação de poder entre as classes sociais.
Dar a conhecer a vida e a obra desta comunista, que tem sido ocultada e esquecida na(s) História(s) das mulheres e dos Feminismos, foi a razão que levou à publicação, em 2007, do livro Clara Zetkin e a luta das mulheres. Uma atitude inconformada. Um percurso coerente, das Edições «Avante!», na passagem dos 150 anos do seu nascimento.
Notas
(1) Teve lugar em Copenhaga, em Agosto de 1910, e precedeu o Congresso da II Internacional. Presentes 100 delegadas oriundas de 17 países, que aprovaram resoluções contra a invasão da Finlândia pelas tropas russas, pela manutenção da paz, pela protecção social das crianças e das mulheres trabalhadoras e pelo sufrágio universal das mulheres. (2) Clara Zetkin e a luta das mulheres, Uma atitude inconformada. Um percurso coerente, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 15. (3) Citado por Gilbert Badia (1980), in Clara Zetkin, Batailles pour les femmes, Paris, Éditions Sociales, p. 44. (4) Fundado em 1891, Die Gleichheit (A Igualdade) é um jornal dirigido às mulheres, cujo primeiro número sai em Janeiro de 1892. Clara Zetkin assume a responsabilidade de redactora-chefe até 1917, tornando-o um dos órgãos mais importantes da imprensa operária. (5) Alexandra Kollontai, 1920. International Women’s Day. (6) Clara Zetkin e a luta das mulheres, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 16. (7) Clara Zetkin, «Pela libertação da mulher», in Clara Zetkin e a luta das mulheres, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 118. (8) Os socialistas franceses em 1879, os austríacos em 1888, os alemães (1890), os bolcheviques (1903) e foi integrado nas decisões do Congresso de Paris da II Internacional (1900). (9) Clara Zetkin (1907), «Relatório sobre a luta pelo direito de voto das mulheres», in Clara Zetkin e a luta das mulheres, Lisboa, Edições «Avante!», 2007, p. 166. (10) Idem, pp. 165. (11) Résolutions de la Conférence Internationale des Femmes Socialistes, ténue à Copenhague les 25 et 26 août 1919 et communiquées au Congrès Socialiste International, in http://library.fes.de. [Acesso a 5.02.07]. Ler máis Etiquetas: Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
|
|