Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Maoístas indios falan sobre a situación do Nepal (Parte I)
20/05/2008

Srinivas Reddy
The Hindu
16/05/08


A coalición política actual vai ser a maior eiva para o Partido Comunista do Nepal (Maoísta) para ocuparse das reformas prometidas no país do Himalaia. Unha reforma radical do sistema non pode emprenderse por medio de leis e decretos de Estado, esta virá por unha loita de clases dura e cruel no Nepal. Así podemos resumir o punto de vista dos maoístas indios sobre a nova situación no Nepal. Nunha extensa entrevista, Azad Satya, voceiro do Partido Comunista da India (Maoísta), fala sobre os moitos problemas aos que se enfrontan os maoístas no Nepal.



Os resultados da Asemblea Constituínte do Nepal foron notabelmente favorábeis aos maoístas. Como ve o seu partido, o Partido Comunista da India (Maoísta) os resultados electorais no Nepal?

Os resultados das eleccións demostran a inmensa ira das masas contra o anticuado poder monárquico-feudal no Nepal, a dominación da India e dos Estados Unidos, e os partidos feudais que traizoaron ás masas durante moito tempo. Son o reflexo das crecentes aspiracións das masas do Nepal pola democracia, a terra, os medios de vida e a auténtica liberación do imperialismo e da explotación feudal. Son estas aspiracións a completa derrota dos partidos que apoiaban ao rei e ás clases dominantes indias.

Cando unha alternativa como o Partido Comunista Nepalés (Maoísta) ocupa o primeiro plano cun compromiso de abolir a monarquía feudal, de derrogar todos os tratados inxustos asinados coa India e garantir a democracia e a igualdade para todos, as masas camiñan cara a ela. O noso partido ve nos resultados un sinal positivo de enorme importancia para todos os pobos do sur de Asia.

Cales son para vostede as razóns do éxito dos maoístas nestas eleccións?

Existen seis razóns principais: Unha, as masas do Nepal non aturaban máis o autoritarismo e a autocracia do rei Gyanendra. Cando viron a oportunidade de acabar con el, non o dubidaron. Nunca antes existira esta oportunidade. Só o PCN(M) demostrou o seu firme compromiso de abolir a monarquía, converténdose na única alternativa.

Dúas, as masas estaban fartas da dominación india. O Nepal padeceu durante demasiado tempo as desigualdades dos tratados asinados coa India, como o Tratado de Paz e Amizade Indo-Nepalés de 1950, o Tratado de Mahakali, e así sucesivamente. A India sempre ollou para as riquezas naturais do Nepal, e apoiou á monarquía defendendo a Teoría dos dous Piares, ao igual que o Congreso Nepalés. Adestru e armou ao Exército Real do Nepal e enviou todo tipo de axuda destinada a conter aos revolucionarios maoístas do Nepal. Estes actos alimentaron a ira das masas. Votaron polo PCN(M) xa que ningún outro partido amosou coraxe para facer fronte á India.

Tres, as masas do Nepal están fartas da explotación, da opresión e da intervención dos imperialistas Estados Unidos. Durante todo o imperio do rei Gyanendra, os Estados Unidos foron un sostén importante, e incluso a día de hoxe están ao seu lado. Engadiron ao PCN(M) á súa lista de grupos terroristas. Isto foi un grave insulto ao pobo.

Catro, a promesa do PCN(M) de estabelecer no Nepal unha sociedade democrática, federal e laica, con liberdade, democracia e igualdade para todos os oprimidos, tivo un efecto electrizante. Por vez primeira, as clases oprimidas estiveron representadas nas eleccións.

Cinco, o factor máis importante, é o impacto positivo creado polos dez anos de guerra popular dirixida polos maoístas. Estes conquistaron o control de case tres cuartas partes das zonas rurais do Nepal. A través dos gobernos revolucionarios do pobo levaron a cabo varias reformas que achegaron ás masas a eles. A guerra popular aumentou a conciencia política das masas e espertou as súas aspiracións democráticas. O crecemento do movemento de masas por unha Asemblea Constituínte por todo o Nepal, é unha consecuencia lóxica da guerra popular. Neste contexto, os partidos que fixeron da loita pola Asemblea Constituínte un mero espectáculo teatral pasaron a ser irrelevantes.

E por último, aínda que non menos importante, o apoio de capitalistas locais e de unha parte dos comerciantes que, malia a que se opuxeron polo xeral aos maoístas, consideraron que unha vitoria maoístas era a única garantía de paz no Nepal.

Agora que os maoístas chegaron ao poder, van poder levar a cabo as súas promesas?

Esta é a pregunta máis difícil de responder. O problema inmediato é conseguir unha coalición de forzas que teña o control de dous terzos da Asemblea, para poder así incorporar as reformas radicais na nova Constitución. Porén, para acadar unha maioría de dous terzos, ten que confiar en partidos como o Congreso Nepalés e o socialdemócrata Partido Comunista do Nepal (Marxista Leninista Unificado). É imposíbel levar a cabo as reformas prometidas con tal combinación de forzas. Eles non van estar dispostos a formar parte do programa dos maoístas e trataran de subverter calquera cambio radical que poña en perigo os seus propios intereses de clase. Coidamos imposíbel calquera reestruturación radical do sistema sen a mobilización militante das grandes masas nunha dura loita de clases. É imposíbel realizar cambios a través das medidas postas en marcha "desde arriba", é dicir, a través de decretos de estado e de leis. Para aplicar estas leis, é indispensábel mobilizar ás masas e facer avantar a loita de clases. Sen isto, a liberación dos pobres é unha tarefa imposíbel.

E dada a actual coalición, incluso a promulgación das tan prometidas leis será unha tarefa case imposíbel. Por esta razón, vai desenvolverse unha verdadeira loita, máis dura e cruel, polo poder. A falta dunha maioría na Asemblea Constituínte, deixa aos maoístas impotentes. Terán que recuar e chegar a compromisos, sacrificando os intereses dos oprimidos, intereses polos que chegou ao poder. Ou, pola contra, terán que mobilizar á poboación e intensificar a loita por todos os medios, incluída a insurrección armada, co gallo de aplicar unha auténtica democracia e estabelecer o poder popular. Non hai máis alternativas.

Como contempla vostede o futuro escenario no Nepal? O imperialismo indio e norteamericano adaptarase á nova realidade e apoiará ao goberno maoísta, ou porá todas as trabas posíbeis?

Viviriamos nun mundo de fantasía se consideráramos que os Estados Unidos e a India están cómodos cos maoístas no Nepal, ou que vaian adaptarse á nova realidade. Malia continuar as relacións diplomáticas, crearase unha situación adversa se o novo goberno non obedece aos seus ditados. Os Estados Unidos fixo todo o posíbel por manter viva a monarquía, xa que o monarca non era máis que un peón deles. No tocante á India, recibiu unha labazada no rostro cando Koirala e o seu Congreso Nepalés saíu derrotado.

Porén, a India gañou terreo noutra fronte. Na rexión de Tarai, apoia aos dous partidos Madhesi que obtiveron moitos escanos. A India utilizará a estes partidos para crear perturbacións, se o novo réxime non se prega á súa liña. Xa, o Foro Janadhikar Madhesi esixiu aos maoístas que aclaren a súa posición sobre as demandas de autonomía Madhsei e pediu aos maoístas que suspenderan as súas relacións con foros internacionais como o MIR* e a CCOMPOSA**.

Tanto os Estados Unidos como a India poden, por exemplo, golpear a economía do Nepal, paralizando a produción industrial, o comercio e bloqueando as liñas de subministro, provocando así escaseza de alimentos e de bens de consumo. Noutras palabras, poden estrangular ao Nepal por medio dun bloqueo económico. Farano se coidan que o novo réxime vai demasiado lonxe.

Xa que logo, a situación no Nepal é delicada, con ausencia de produtos esenciais, incluso na capital Katmandú. Os poderosos veciños do Nepal poden alterar o equilibro a través da chantaxe económica, que podería dar lugar a disturbios sociais e protestas masivas contra os maoístas. A escaseza de produtos esenciais e o aumento dos prezos pode conducir ao desencanto co incipiente réxime e a súa perda de popularidade, dando así a oportunidade de volver a estabelecerse aos desacreditados partidos. Polo tanto, a situación no Nepal seguirá sendo extremadamente delicada e inestábel, aínda que os maoístas obtiveran unha impresionante vitoria electoral.

Os camaradas Prachanda e Bhattarai saben moi ben isto e, polo tanto, apelaron á cooperación da India. Decátanse que non haberá estabilidade no Nepal sen a cooperación da India. O feito de que o Nepal sexa un país pequeno encadrado entre dous grandes e poderosos veciños -a India e China-, e que sexa un obxectivo para o imperialismo norteamericano, fan do goberno algo moi difícil. E por iso, polo que os maoístas se enfrontan á tarefa sumamente difícil de equilibrar todas estas forzas e levar a cabo á súa axenda popular.

* Movemento Internacionalista Revolucionario
** Comité de Coordinación dos Partidos e Organizacións Maoístas do Sur de Asia


Ler a primeira parte da entrevista

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com