Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Khrushchev mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés
21/02/2011


A editorial estadounidense Erythors Press and Media ven de tirar do prelo a versión en inglés, revisada e estendida, do libro que Grover Furr publicou en ruso en 2007 sobre o Discurso Secreto de Khrushchev, co título de Khrushchev Mentiu, e o subtítulo de Evidencias de que Todas as 'Revelacións' sobre Stalin (e Beria) no Infame 'Discurso Secreto' de Nikita Khrushchev ao XXº Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética o 25 de febreiro de 1956 son probadamente falsas.


Nota de Erythrós Press and Media sobre Khrushchev Mentiu:

No seu 'Discurso Secreto' de febreiro de 1956, Nikita Khrushchev acusou Stalin de innumerábeis crimes. O discurso de Khrushchev foi un duro golpe do que nunca se puido recuperar o Movemento Comunista Internacional. Cambiou o curso da Historia.

Grover Furr pasou unha década estudando a montaña de documentos antes secretos dos arquivos soviéticos, publicados desde a fin da URSS. Neste detallado estudo do discurso de Khrushchev revela os sorprendentes resultados da súa investigación. Nin unha soa 'revelación' de Khrushchev é certa!

O discurso máis influínte do século XX -por non dicir de sempre-, unha deshonesta estafa? É algo monstruoso; as implicacións para a comprensión da historia da Esquerda son inmensas. Baseando os seus traballos nas mentiras de Khrushchev, historiadores soviéticos e occidentais, incluíndo trotskistas e anticomunistas, falsificaron efectivamente a historia soviética.

Practicamente todo o que pensabamos que sabiamos sobre a época de Stalin é falso. A Historia da URSS e do Movemento Comunista do século XX debe ser totalmente reescrita.


Análises e comentarios sobre Khrushchev Mentiu

«Khrushchev Mentiu é un marabilloso traballo, formidábel na súa investigación e no seu razoamento, limpo e preciso na súa redacción, e impresionante nas súas conclusións e implicacións. Revistando fontes antigas e empregando novos materiais dos arquivos soviéticos, o estudo de Grover Furr esixe dunha completa revisión da historia soviética e da historia do socialismo, de feito da historia mundial do século XX.»
  • Roger Keeran, Empire State College, coautor de Socialism Betrayed: Behind the Collapse of the Soviet Union.

«Grover Furr presta un valioso servizo ao campo dos estudos soviéticos investigando en profundidade o Discurso Secreto de Nikita Khrushchev de 1956... Mentres que algunhas das acusacións feitas por Khrushchev son rexeitadas no Occidente e na Rusia, por exemplo a idea de que o xefe da policía secreta, Lavrenty Beria, era un axente estranxeiro, moitos outros puntos tratados por Grover Furr son novos e dignos de moita atención».
  • Robert W. Thurston, Universidade de Miami; autor de Life and Terror in Stalin's Russia, 1934-1941.

«Grover Furr escribiu un intrigante libro que desafía a maioría da historiografía existente sobre a época de Stalin. Este libro lanza cuestións e preguntas esquecidas pola maioría dos estudosos hoxe no Occidente, e fai isto de maneira sobria e penetrante. Chega a conclusións fascinantes que derruban boa parte do que nós coidabamos que sabiamos sobre a época de Stalin... A tradución ao inglés deste traballo pioneiro, que xa causou moito furor en círculos académicos rusos, chega con moito atraso.»

- Jeff Jones, profesor asociado de Historia na Universidade de Carolina do Norte en Greensboro; autor de Everday Life and the 'Reconstruction» of Soviet Russia During and After the Great Patriotic War, 1943-1948.




Estoutras busca colaboradores para traducir esta obra ao galego
14 Comments:
  • At 2/21/2011 03:00:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Ánimo con esa traducción, que sen dúbida será un traballo tela. Xa debezo por poder lelo en galego. Mágoa que non controle inglés para poder colaborar.

     
  • At 2/21/2011 06:16:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Antón.

    A min tamén me encantaría poder telo en galego. O comunista debe estudar a Historia de xeito obxectivo, baseándose nas probas. Unha persoa por considerarse contraria a Stalin, non pode rexeitar descoñecer a Historia. De feito, a súa posición oposta a Stalin, pode vir dun monte de propaganda disfrazada de investigación.
    Un comunista non pode tapar os ollos. De facer así, o seu comunismo é dubidoso.

     
  • At 2/22/2011 01:20:00 da manhã, Blogger Charles Moraes said…

    Muito bom, agora ficará mais fácil para leitura e tradução dessa excelente obra, que desmascara essa fraude que foi o relatório de Krustchev e, que tanto mal fez para o movimento comunista internacional

    Publiquei essa noticia no Blog, Comunidade Stálin, para ajudar na divulgação do livro.

    http://comunidadestalin.blogspot.com/2011/02/editoranorte-americana-erythors-press.html


    Charles Engels

     
  • At 2/22/2011 08:05:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Amig@s da Comunidade Josef Stálin, agradecemos a publicación desta nova no voso blogue, que non coñecíamos.

    En breve, aparecerá a ligazón da Comunidade Josef Stálin en Estoutras.

    Unha forte aperta comunista!

     
  • At 2/23/2011 12:46:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Había unha gralla no subtítulo do libro que acabamos de corrixir:

    "son probadamente falsas." e non, como incialmente aparecía, "son posibelmente falsas".

     
  • At 2/23/2011 07:17:00 da tarde, Blogger Charles Moraes said…

    Camaradas.

    Já corrigimos também em nosso Blog, e aproveitamos a oportunidade para agradecer a ligação de nosso Blog no ESTOUTRAS.


    Um forte abraço Comunista!


    Comunidade Josef Stálin

     
  • At 2/25/2011 02:17:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Pois a ver se se anima xente a colaborar coa traducción, que seguro que é unha obra de moitas páxinas.
    Xa vai sendo hora de poñer fin a tantas calumnias revisionistas que tanto dano fixeron ao movemento comunista en todo o mundo.

     
  • At 3/02/2011 11:25:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Antón, e logo ti non te animas a colaborar na traducción? Cantos máis mellor.
    Eu apúntome!
    (Envío mail a Estoutras, para ver como nos organizamos)
    Saúde!

     
  • At 3/03/2011 12:21:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Antón.

    De boa gana colaboraba... peroooooo os meus 8 anos de estudar inglés no sistema educativo non me dan para moito máis que How are you?

    He, he, éche o que hai!

     
  • At 3/03/2011 06:54:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Antón, iso mesmo pásame a min, mais para qué están os traductores online? ;-)
    Realmente calquera pode traducir, só hai que estar disposto a botarlle horas (que serán menos cantos máis nos animemos). O combustíbel necesario para afrontar este traballo non é saber inglés, senón a necesidade irrenunciábel de achegar esta importante obra a Galiza e desmentir todas esas mentiras anticomunistas extendidas por todo o mundo ao longo da historia. Ánimo!

     
  • At 3/12/2011 12:32:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Yo no sé escribir em galego (al ser de Barcelona..) pero si puedo echar una mano en lo que sea comentadlo.. que a mí el inglés se me da muy bien (casi media vida estudiándolo tenía que dar sus frutos!)

     
  • At 3/13/2011 12:00:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Para o último anónimo, de Barcelona.
    Escríbenos (estoutras@yahoo.com) e podemos falar do tema. Que non saibas escribir en galego non é un impedimento. Hai algunha colaboradora que tampouco é galega.

     
  • At 10/20/2011 03:48:00 da tarde, Blogger Comunidade Josef Stálin said…

    Camaradas, como anda a tradução do Livro, ja tem em versão impressa para venda, em Galego?

    Um forte abraço comunista.

     
  • At 10/20/2011 07:55:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Caros camaradas:
    A tradución está practicamente acabada. Falta unha revisión por un tradutor profesional e, o máis complicado, a súa edición impresa (cuestes, financiamento, etc...)
    Cando teñamos listo o livro, será anunciado neste blog.
    Receban un forte saúdo comunista desde Galiza!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com