SIRIA: MÁIS DE UN ANO DE BARBARIE TERRORISTA PARAMILITAR
15/03/2012
SIRIA: MÁIS DE UN ANO DE BARBARIE TERRORISTA PARAMILITAR ESPEDAZANDO O POBO E PERSEGUINDO ESPEDAZAR O PAÍS
(PERANTE AS CELEBRACIÓNS EN BARCELONA DO “ANIVERSARIO DAS REVOLTAS”)
Tamer Sarkis Fernández
1. Israel e os centros mundiais do Capital financeiro “moi preocupados polo sufrimento na Siria”, ou as bágoas de crocodilo dos verdadeiros causantes.
A Fronte Exterior de Asedio Propagandístico monta en Barcelona un documental e anuncia proxectalo, seguido de “debate”, para a tarde do 15 de marzo, todo iso baixo aloxamento xeneroso do sionista Instituto Europeo do Mediterráneo (faltaría máis: gran valor xeo-estratéxico do arco Mediterráneo Oriental, a todos os niveis, para a preada e decadente Europa).
A este interese europeo deberase a entrada na Siria, chovendo a centos cal praga cos seus paracaídas, de militares franceses pagados para seren sicarios da “revolta”. Pagados por quen?: a ex metrópole e a ONU coinciden, nese terreo, en exixiren ao Goberno sirio dar trato de “prisioneiros de guerra” aos militares galos xa capturados. O askenazi Sarkozy estás así nada menos que declarando a guerra a Siria, ou ben subscribindo un estado de guerra xa preexistente (e niso ten toda a razón).
Os organizadores chamaron o evento en Barcelona “Siria, un any de revoltes”. Eu, pensando nesa conmemoración que tanto lles comprace, propúxenlles un título máis acaído á realidade:
KKE: Resposta à carta do presidente do PEE e secretário-geral do PCF publicada no Morning Star
12/03/2012
As lágrimas de crocodilo devem parar!
É verdade que o desenvolvimento da crise capitalista na Grécia tem sido acompanhado por um assalto sem precedentes aos direitos da classe trabalhadora e dos extractos, assim como consequente aguçamento intenso da luta de classe, o que tem chamado a atenção dos trabalhadores em outros países. Dentro deste quadro, mesmo forças políticas burguesas, as quais arcam com enorme responsabilidade por esta ofensiva anti-povo, declaram que "simpatizam" com o povo grego, tomando todo o cuidado de esconder as causas dos problemas que o povo experimenta: a crise capitalista, o aprisionamento do país em uniões imperialistas como a NATO e a UE, a exploração capitalista.
10 DE MARZO: DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA A saída á crise capitalista só pode vir dada polo triunfo da Clase Obreira e da súa Revolución
Comunicado de Forxa! Colectivo Marxista-Leninista e PCPE-Comunistas da Galiza
10 DE MARZO: DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
A SAÍDA Á CRISE CAPITALISTA SÓ PODE VIR DADA
POLO TRIUNFO DA CLASE OBREIRA E DA SÚA REVOLUCIÓN
O 10 de Marzo de 1972, a clase obreira librou unha batalla histórica contra as forzas do capital e da oligarquía, unha batalla que formaba parte da loita contra o réxime fascista, froito da cal foron arrincadas importantísimas conquistas obreiras e democráticas que hoxe a oligarquía pretende arrebatarnos. Este 10 de Marzo debe ser visto como un símbolo da nosa resistencia e da nosa determinación. As conquistas adquiridas mediante a loita e polo sangue dos nosos mártires non poden perderse, deben ser mantidas e tamén ampliadas.
Siria: xornalista/mercenario inglés fica en evidencia manipulando información
07/03/2012
Presentámoslles ao gran “Danny”, un mozo de orixe siria que vive en Inglaterra, e que se converteu nunha estrela nos noticiarios da CNN sobre Siria. Este “activista humanitario”, coñecido polos seus constantes chamamentos para que Israel e Estados Unidas invadan directamente Siria, foi sorprendido mentres preparaba os efectos especiais da súa conexión coa CNN.
No vídeo podemos escoitar como Danny, mentres agarda pola transmisión, di: «Ben, daquela deixa que soe o tiroteo». Pregúntalle despois a unha persoa: «Dixécheslle que teña listo o tiroteo?» Mentres coordinan os efectos sonoros, o cámara lémbralle que ten que falar de como a xente está recuperando os cadáveres.
Nunha situación presuntamente de máxima tensión, e sendo un opositor mundialmente coñecido que pide que a OTAN bombardee Siria, non semella estar moi nervioso (antes de entrar en directo, claro) e inclusive chega a pedir un colchón...)
Estes “xornalistas” ao servizo dos poderes imperialistas, moitos deles directamente a soldo dos servizos secretos occidentais, son un elemento fundamental para, coas súas mentiras, ir moldeando a percepción da xente e preparala para a invasión armada. O discurso, que por moito que se repita seica funciona sempre, é moi sinxelo: un “réxime” (nunca goberno, réxime evoca máis ás películas sobre a RDA coas súas rúas chuviosas e grises) despótico, criminal e sen escrúpulos, está a masacrar á poboación en xeral. Poboación que protesta maioritariamente e pacificamente buscando liberdade. Os rebeldes ou revolucionarios, non lles queda outra, ármanse para se defenderen. Mais, coitados, non teñen moitas armas e non poden co arsenal demoledor da maquinaria sanguinaria estatal. Os bos brancos e cristiáns occidentais debemos axudalos. Darlles armas e, de non chegar, bombardear o país para traer a paz, a liberdade e a democracia... E pouco importa que os que combaten o Goberno sirio sexan mercenarios qatarís e libaneses e fundamentalistas sunnitas e wahabistas na procura da súa Sharia.
Informe onde se analiza a situación das mulleres no mundo laboral na Galiza. Realizado por Natividad López Gromaz, do Gabinete Técnico Confederal da CIG.
Prema na imaxe para a súa visualización e/ou descarga.
Diego Viña, morto en 2004 no cuartel da Garda Civil de Arteixo
06/03/2012
AOS MEDIOS DE COMUNICACION:
OS RESPONSABEIS DA MORTE DE DIEGO VIÑA
NO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE ARTEIXO
¡¡¡QUEDARAN IMPUNES!!!
Mañá día 6 de Marzo de 2012, no Xulgado do Penal de A Coruña, xulgarase ao pai do falecido Diego Viña, como responsable dun delito de denuncia falsa. O proxenitor, será así chibo expiatorio, dun proceso que se fecha en falso, con moitas incógnitas por aclarar, e sen que aínda se aclarase a sociedade ¿Cómo e porque morreu Diego Viña?.
Lembremos que este rapaz da Coruña, faleceu aos 22 anos o día 22 de setembro de 2004, no cuartel da Garda Civil de Arteixo, logo de ser detido inxustificadamente por falsas imputacións realizadas polo seu proxenitor.
A lei da revolución violenta do proletariado, a lei da destrución da máquina do Estado burgués, como condición previa á revolución, é unha lei inescusábel do movemento revolucionario nos países imperialistas do mundo
O estupor, a anguria, a tristeza, atenázannos as entrañas a moitos sirios en Catalunya ao sabernos ofendidos, manchados até os osos, como manchadas están sendo tantas e tantas vítimas que nos son achegadas, por quen colaboran na farándula “da necesidade” proxectada ultimamente verbo de Siria, a coincidir, non casualmente, coa Campaña imperial-mediática “pro-Humanitaria” usando a súa ONU.
O obxectivo presidindo estas estrataxemas é invariante: o de sempre concorde ao Plan de operacións que empezou a se tramar xa hai anos, quizais aínda con Bush á cabeza e o seu listado “Eixe do Mal” onde estaba incluída Siria. A sabermos: o obxectivo consiste en apuntalar a “Versión” huxleyana da “rebelión das masas afogada en represión”, co gallo de ir abrandando os sentimentos de masas até os sintonizar co Happy End correspondente coa “inescusábel Operación por Siria como mal menor”. Neste sentido, podemos afirmar que –aínda que falando só metaforicamente- as bombas dos Estados expansionistas agresores van xa agochadas entre tanta filantrópica caixa inzada de recolectas.
A Reforma Laboral explicada sen eufemismos aos empresarios. Ou como poder explotarnos mellor.
01/03/2012
A Reforma Laboral explicada sen eufemismos aos empresarios, que xa fregan as mans e babean como o can de Pávlov. Unha explicación das novas medidas «que vostede debe coñecer para poder aplicalas ao seu favor». Como o “Despedimento express” («contámoslle como terá que actuar a partir de agora»), os “Despedimentos colectivos sen necesidade de autorización administrativa” («xa non necesitan a autorización da autoridade laboral, nin, en consecuencia, vai ser xa necesario buscar a toda costa o acordo cos representantes dos traballadores»).
Linguaxe directa e clara, sen os subterfuxios dos representantes burgueses cando falan para as clases traballadoras. A Reforma Laboral e as súas consecuencias, explicadas coa maior claridade posíbel.
A atual crise do capitalismo, se iniciou em 2008, já está chegando ao seu quarto ano e vêm provocando verdadeiros cataclismas na economia mundial. Muito embora vários velhos remendios venham sendo utilizados para conter os efeitos da maior crise econômica desde o Crack de 1929, os pensadores e economistas da burguesia ainda não conseguiram encontrar uma solução.
Para tentar minimizar os danos provocados a imagem do capitalismo, os meios de comunicação escondem dados e não mostram a verdadeira face da realidade social. Entretanto, mesmo com tanto esforço é dificil esconder a realidade, pois ela é brutal, violenta.
Apenas entre 2008 e 2009 o numero de pobres na Europa saltou de 85 milhões para 115 milhões. Somente nos Estados Unidos a população pobre atinge 50 milhões. O numero de desempregados no mundo atingiu a marca de 200 milhões de pessoas e 1,3 Bilhão de pessoas passam fome no mundo.
A CIG reúnese con organizacións sociais e políticas para sumar apoios á folga xeral
28/02/2012
CIG
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, reuníase este luns, na sede da central sindical en Compostela, con representantes de organizacións sociais e políticas para expor as razóns que levaron á CIG a convocar a folga xeral para o 29 de marzo. Na xuntanza presentouse un manifesto, aberto ás aportacións destas organizacións, que se fará público, unha vez sexa definitivo.
A CIG segue traballando de cara á convocatoria de folga xeral do vindeiro 29 de marzo. Desta volta, sumando os apoios de organizacións políticas e sociais que participaron nun encontro no que o secretario xeral explicou as consecuencias que terá unha reforma laboral que, afirmou “deixará aos traballadores e traballadoras na indefensión”.
Muito já se disse sobre o que ocorre na Síria hoje. Os meios de comunicação de massa, nacionais e internacionais, expressam o que pensa o Pentágono. Com honrosas exceções, tudo que recebemos no Brasil em particular, publicados em língua pátria na Folha, Globo e Estadão reproduz quase que sem retirar nenhuma frase, o que as agências noticiosas internacionais despacham para o mundo todo. Agências, diga-se de passagem, que sequer possuem um só correspondente em Damasco, capital da Síria.
A seguir, para auxiliar nossos leitores, fazemos um pequeno resumo de tudo que se diz sobre a República Árabe da Síria. Resumimos 15 pontos que se destacam na atualidade.
1. Governo de Bashar Al-Assad mata milhares – Mentira.
Dia após dia, manchetes garrafais estampam que o governo vem matando “milhares” de sírios, todos “inocentes”. A única fonte de informação que o Ocidente inteiro possui sobre tais “dados” de mortes é de um obscuro Observatório Sírio de Direitos Humanos (sic), com sede em Londres e que recebe farto financiamento de países do Golfo Pérsico, todos, sem exceção, monarquias antidemocráticas, absolutistas e extremamente reacionárias e pró-EUA.
Tunesinos solidarios protestan contra a Conferencia de Inimigos de Siria
Mulleres e homes tunesinos mostraron o seu apoio á soberanía siria e protestaron contra a “Conferencia dos Amigos de Siria”, que máis debía chamarse “Conferencia de Amigos de Washington e demais inimigos de Siria”. Unha Conferencia que non se afastou do guión estabelecido polos amos, máis sancións contra Siria e máis armas para sipaios e feudalistas. Os mesmos pasos que na Libia.
Bandeiras sirias, libias (a única bandeira lexítima, a verde) e bandeiras palestinas recibiron aos fantoches representantes da oposición siria.
Vexan a partir do minuto 1:20 como estes representantes da "oposición siria" recúan coas súas bandeiras deseñadas nalgún despacho da CIA.
Réquiem por outro fillo do pobo sirio asasinado, na memoria do irmán dunha amiga
25/02/2012
Tamer Sarkis Fernández
PÉSAME
Hai un par de días asasinaron na cidade siria de Alepo ao irmán dunha amiga. Os Aparellos de Manipulación de Masas subminístrannos o reparto de roles na súa Película. As personaxes aparecen definidas a discreción, se escoitamos á prensa sabuxa do imperialismo, especialista en converter o branco en negro e viceversa aos ollos das “sociedades” sometidas ao poderío da súa “libre información”.
O asasinado era, na realidade, un mozo, de trinta e sete, quen tentaba en Alepo dar protección militar aos habitantes dos barrios, brutalmente asediados por esta nova “Contra nicaraguana” de laboratorio que cociñaron para Siria os nosos vellos inimigos de sempre, co patrocinio saudita wahhabi e co uso do fanatismo xurásico confesional. El e os seus compañeiros chegaban, en camións verde-olivo, a racharen ese rapto con que as hordas mercenarias e sirio-reaccionarias amordazan os habitantes dos distritos ocupados, para os usaren despois como escudos humanos. Chegaban os soldados a liberaren un cacho máis de territorio sirio deste cancro arroupado pola Hexemonía anglosaxoa e polas Potencias do seu Cortello. O grupo, de trinta mozos, sucumbiu aos centos de hienas agochadas tras a cadea de bombas de importación dispostas polos camiños de tránsito común.
Mándenos un email a estoutras@yahoo.com para recibir no seu correo as novidades que publiquemos. Chegaranlle as novidades moito antes que de calquera outra forma e non hai que recorrer a terceiros.
Pola contra,se prefire a través do feed, elixa unha das seguintes opcións:
Sátira política. DE CHOS!
Última actualización (20/03/10)
O Ministerio de Interior confirma a existencia dunha organización terrorista internacional formada por bombeiros